29 mar. 2013

Pretenden facer un xeriátrico do edificio do C.S.O.A. Palavea

Nova Caixa Galicia, propietaria ata fai pouco do convento das Oblatas onde agora se atopa a okupa coruñesa, vendeu a finca a un empresario de Sada que pretende transformala nun xeriátrico. Así o anunciaba onte a sección local do diario comercial "La voz de galicia" (únicamente na súa versión impresa, non o busquedes por internet) de onde nós extraémos a maioría da información. Según puidemos saber dende Abordaxe, xs okupas xa eran conscientes desta situación aínda que, polo de agora, non se pronunciaron ao respecto.

A finca, de 6800 metros cadrados, con 3500 deles edificados, a comprara no 2007 o ex-futbolista do Celta Valeri Karpin, na súa lamentable faceta de especulador financeiro, por máis de sete millóns de euros. Polo visto ao xogador ruso non se lle daban tan ben os pelotazos urbanísticos como os futboleiros, posto que a execución da hipoteca bancaria por non facer fronte aos pagos deixou a propiedade do edificio nas mans de Nova Caixa Galicia. Foi pouco despois, hai algo menos de dous anos, cando os okupas coruñeses liberaron o espazo das especulativas gazoupas dos boitres finaceiros para convertelo nun prolífico centro social preñado de actividades e rebeldía (blog da okupa: okupacorunha.wordpress.com).

O empresario que agora fíxose coa propiedade do edificio apenas desenvolsou un millón e medio de euros na transacción, cinco veces menos do que pagou Karpin. Agora dí que pretende desaloxalo a medio prazo para forrarse a costa dos anciáns (pois os xeriátricos privados non son filantrópicas asociacións caritativas, senon lucrativos negocios que explotan aos nosos maiores beneficiándose dunha sociedade cada día máis privatizada e envellecida). De tódolos xeitos o caso segue nos xulgados, coma xa estaba antes do cambio de propietarios, e, polo de agora, non coñecemos novidades neste eido. Iso non quita que os solidarixs esteamos atentos ante imprevistos movementos.

Dende aquí só podemos desexarlle ao C.S.O.A. de Palavea unha longa e combativa resistencia.

Seguiremos informando.

C.R.
Leer más...

28 mar. 2013

Para os sancionados da XI Marcha a Teixeiro: ante a desestimación do recurso de alzada.


Como moitos lectores saberedes moi ben, especialmente aqueles que secundáchedes as diversas convocatorias de Marchas a Teixeiro dos últimos anos, a subdelegación do goberno empecinouse obcecadamente en sancionar unha e outra vez aos solidarios anticarcerarios. Dese xeito chegaron multas, en maior ou menor medida, a participantes das últimas cinco Marchas; nas tres primeiras por non estar as protestas legalizadas e nas demáis polas máis peregrinas acusacións que souberon inventar, coma absurdas multas de aparcamento aos coches dos participantes, polos paos das bandeiras ou por levar un cutter. Da última convocatoria aínda non chegaron sancións, pero están a tempo, e, polo dito polos picoletos alí presentes, este ano poden ser de órdago (iso sí, máis que nada aos convocantes, pois esta sí que estaba comunicada). A todo isto temos que engadir os pinchazos de máis de vinte rodas dos coches dos solidarios cos que nos obsequiaron hai catro anos os picoletos... ou os carcereiros... ou ambos os dous corpos represivos en fraternal contubernio (Máis info sobre as sancións dos últimos anos e as Marchas a Teixeiro neste blog aquí, aquí, aquí, aquí,aquí, aquí e aquí).

O caso é que a moitos dos sancionados da XI Marcha a Teixeiro (prevista para decembro do 2010 e realizada finalmente en xaneiro do 2011 merced a oportuna ilegalización da primeira convocatoria pola subdelegación do goberno) chégalles agora a denegación do recurso de alzada, finalizando a vía administrativa e deixando coma derradeira opción o contencioso. Lamentablemente, o noso benquerido ministro xusticieiro Gallardón, farto de que os pobres puideramos esixir os nosos dereitos coma se fósemos persoas, decidiu instaurar as tasas xudiciais para deixar a defensa xurídica únicamente nas mans dos que máis a precisan: os ricos e poderosos. Dese xeito agora para que un xuíz poida escoitar as nosas demandas de que nos quiten unha absurda multa de 300 euros por uns "desordes públicos" que en realidade nunca aconteceron, debemos pagar previamente 200 eurazos de tasas xudiciais (ademais da multa en cuestión, que logo, se gañamos, xa nos devolverán si se acordan).

Deixamos aquí este enlace a "universidade popular" onde podedes atopar o xeito de solicitar a "xusticia gratuita" e evitar o abono da devandita tasa: -AQUÍ. A entrada elaborouse a raíz do caso das multas de Teixeiro, pero vale para calquera outra vez que te desestimen o recurso de alzada.

Pois ala, que o disfrutedes con saúde!

C.R.
Leer más...

27 mar. 2013

[Chile] Comunicado de Hans ante os abusos policiais na morada da sua nai

Hans Niemeyer está prófugo da justiza chilena tras fugarse dende a residencia da sua nai no pasado 7 de decembro de 2012, Hans fora detido en novembro de 2011 tras un bombazo en Ñuñoa e logo se lle imputara a fabricación e colocación de dous explosivos máis no barrió de Las Condes e no monumento ao fundador e senador da UDI, Jaime Guzmán. Dende entón, na sua busca, a polícia non deixa de amedrentar à sua nai e así o venres pasado 22 de marzo foi dictada unha nova orden de aprehensión e ao día seguinte, sábado 23 os uniformados chegaran ao domicilio da nai de Hans arrasandoa con extrema violencia e vexando as mulleres que lá se atopavan, feito que se repetiria dois días despois, o luns 25, con amplia cobertura mediática dos xornalistas-policías, sen obter éxito algún. Cabe sinalar que en 6 de maio se iniciará o xuizo contra Hans.

A raiz destes allanamentos, ergueronse múltiples voces amosando o máis sinceiro desprecio contra todos eles, especialmente para con o chefe da Fiscalía Metropolitana Sur, Raúl Guzmán, e os policías da DIPOLCAR (Dirección de "Intelixencia" de Carabineros de Chile), mas consideramos moi interesante publicar acá en Abodaxe o Comunicado à ìntegra do proprio Hans (copiamos, traducimos e colamos de Hommodolars.org):

"Non pido perdón, non bico a cruz, non digo que son inocente nin culpable, xa que eses termos me resultan estraños. Estou en Chile, desafiándoos día a día e feliz de que a miña liberdade lles provoque ira".

A propósito da seguidilla de arrasamentos á casa da miña nai produto da miña situación xudicial, quixera denunciar o seguinte:

1. Que o pasado Sábado 23 de Marzo, a casa da miña nai foi arrasada con extrema violencia por funcionarios da PDI, o que incluíu malos tratos e vexacións cara á miña familia de parte dos policías, que son moi valentes, con mulleres soas e escudándose tras as súas pistolas, porque sen elas non son nada. Este feito foi acalado pola maioría da prensa, só saíndo á luz hoxe, e súmase aos xa varios arrasamentos que sufriu a miña familia e amigos dende o 7 de Decembro pasado en que tomei o meu dereito a rebelión e non me presentei ante a revogación do arresto domiciliario ante unha situación de prisión preventiva ilegal posto que o xuízo estaba suspendido nese momento por un requirimento no Tribunal Constitucional por parte do Ministerio do interior.

2. O día de hoxe, Luns 25 de Marzo o Fiscal Raúl Guzmán continuou coa escalada de vinganza contra a miña familia e comandou o arrasamento, unha vez máis, á casa da miña nai esta vez con Carabineiros de Chile, o que incluíu un despregamento de medios de prensa onde algúns deles, como EMOL, publicaron o enderezo da miña nai nun feito que, certamente xa non sorprende, pero que non deixa de chamar a atención polas implicacións éticas da devandita acción e as eventuais consecuencias para a integridade física e psicolóxica da miña familia que, como é evidente, nada ten que ver coa situación legal que me afecta.

3. Que unha vez máis denuncio as mentiras dos funcionarios da PDI nas súas declaracións tomadas e arranxadas polo mesmo Fiscal Guzmán. Nese sentido, é mentira que eles foron testemuñas presenciais dos feitos, é mentira que estaban aí, que me viron saír do lugar da explosión; é mentira que botei unha carapucha (de feito na investigación non aparece ningunha), é mentira que un polar encontrado sexa meu (de feito non ten o meu ADN). Denuncio que as peritaxes dos organismos pseudo técnicos de Carabineros (Labocar e Gope) están feitas á medida dos querelantes, uns dos cales é o ministerio do interior que á súa vez é quen está administrativamente a cargo de Carabineiros (alguén pode crer nunha dose de obxectividade dos seus informes e peritaxes?). Denuncio que as peritaxes que me vinculan a outros atentados e á fabricación deses artefactos explosivos desafían a lóxica máis elemental e que iso xamais foi posto en cuestión polos ministros da Corte de Apelacións, cuxa última actuación a perpetraron cando tras un debate de cinco minutos incluíron todas as probas do Ministerio Público. Denuncio que o Fiscal Guzmán levou unha investigación parcial, non investigando os antecedentes exculpatorios aos que lle obriga a lei, senón deixándoos fora como aquela peritaxe que xeorreferencia a situación do meu celular e que me sitúan ás horas de sucedidos os atentados en lugares moi lonxe das explosións. O feito máis groseiro desta cadea de irregularidades nesta investigación parcial é a omisión do feito que eu me encontraba no meu lugar de traballo o día e á hora do atentado á Automotora One. Isto podería ter sido doadamente comprobable investigando as cámaras do Metro en que todos os días me trasladaba ao meu traballo, e ademais está nos informes dos meus compañeiros de traballo na mesma carpeta de investigación. Pero non, o Ministerio Público se abanderou na miña contra e só investigou a liña inculpatoria, sentándose no que di a propia lei que debería ser o primeiro en respectar. A falta de seriedade tamén chegou aos seus puntos altos cando na preparación de xuízo oral se puido coñecer que, a máis dun ano de sucedidos os feitos, nin as policías nin a fiscalía se preocuparon xamais por obter as imaxes das cámaras de seguridade, nada menos que da Embaixada de Estados Unidos e que gravou os feitos. É dicir, aquí non hai unha preocupación pola verdade, senón só por lograr unha primeira condena por Lei Antiterrorista, e que a cabeza de turco para iso son eu.

4. Que non é a miña vocación a victimización, non sinalo que haxa unha montaxe nin nada polo estilo, nin pido trato preferencial do Estado e as súas leis. Digo que a acusación está baseada en mentiras e en conxecturas e isto podería ser verificable por calquera observador obxectivo.

5. Denuncio por último, a innegable presión política sobre xuíces e a utilización do meu caso por parte do goberno e a ultradereita para o despregamento da súa axenda de seguridade cidadá e a reconfiguración do instrumental estatal para adecuarse ás novas condicións do conflito social, é por iso que resulta tan fundamental lograr unha condena por Lei Antiterrorista. Que a intervención política quedou en evidencia polos xuízos a priori que deron o ministro Andrés Chadwick, o fascista e representante da ultradereita, deputado Cristián Letelier e ata o mesmo presidente da república que ocupou un recurso especial ante os xuíces e que inaugurando o Banco Unificado de datos, deu por seguro, ante fiscais e policías, que eu saíra do país.

Ante todos estes feitos, véxome na obriga de dicir o seguinte:

· Que a escalada de arrasamentos corresponde a unha operación de vinganza contra a miña familia levada a cabo pola Fiscalía Metropolitana Sur e as policías.

· Que a devandita vinganza tivo o seu punto máis alto o día Sábado 23 recén pasado en que a miña familia foi vexada e trataron violentamente efectivos da PDI. Esta acción non pode ser catalogada senón como covarde e froito da impotencia e frustración ante a súa chapuza e incompetencia. Recordemos que os mesmos membros da PDI que hoxe rin maltratando as mulleres da miña familia non puideron dar sequera coa miña vivenda en Ramón Cruz con Grecia a noite da miña detención ante o meu dereito a gardar silencio, actitude que tomei por que coñezo esta chusma dende moi novo e sei do trato que lle terían dado á miña esposa e o meu pequeno fillo. Como sen tortura non son nada, gardei silencio e non puideron saber onde eu vivía. A súa ineficiencia cóbranlla agora á miña familia.

· Que fago responsable de calquera cousa que poida pasarlle á miña familia ao Fiscal Raúl Guzmán e ao mando político das policías, é dicir ao Señor Andrés Chadwick, quen en función á estrutura xerárquica das devanditas institucións non puido haber senón sabido do trato violento e vexatorio que sufriron mulleres soas ás mans dos covardes da PDI.

· Advertir que me presentarei ao xuízo e que vaian poñendo as súas barbas a remollo, porque malia o seu ánimo de vinganza e enorme presión política sobre os xuíces, intentaremos deixar en evidencia as súas mentiras, as súas acusacións baseadas en conxecturas e especulacións ridículas e a parcialidade da investigación. Por mentres os delincuentes que poboan a fiscalía metropolitana sur, as policías e o ministerio do interior, ebrios de poder, poden celebrar vingarse contra xente que non pode defenderse, pero recorden que despois da borracheira vén a resaca.

Dende algún lugar do país,

Moralmente enteiro e burlando á policía, despídese Hans Felipe Niemeyer Salinas

25 de Marzo de 2013.

Mais información neste mesmo blogue: [Chile]Começou a vista oral contra Hans Niemeyer.- Caso Bombas 3ª parte?
Leer más...

[Portugal] 5, 6, 7 de Abril.- Conferência Libertária Setúbal 2013

Enquanto espaço de debate e discussom ela proponhem-se aprofundar questons e a reflectir sobre a realidade que atravessamos na regiom portuguesa. Enquanto espaço de reflexom sobre o passado recente, ou nom, pode dar-nos respostas para problemas e questons que nos permitam enfrentar o futuro. Enquanto espaço de convívio e troca de experiências ela procura aproximar pessoas, colectivos, grupos e projectos. Enquanto, simplesmente, conferência proponhem-se a juntar diferentes e variadas perspectivas libertárias que, independentemente das diferenças, partilham a recusa da autoridade como ideia e método.

A Conferência Libertária Setúbal 2013 (CLS2013) está aberta e é dirigida a todas as que se revêm na necessidade de uma prática, um ideário e uma experiência libertárias. Convida, da mesma forma, a participar e atender às variadas conversas, discussões e apresentações que decorrerám em espaços da cidade de Setúbal durante os dias em que terá lugar a CLS2013.

Para apresentaçons de propostas para conversas e painéis contactar para conflib.setubal(arroba)portugalmail.pt

Para breve será divulgado um programa detalhado das actividades que terám lugar durante a CLS2013. Entanto publicamos o texto de apresentaçom, recolhido de ContraInfo.pt :


O momento social e político que atravessamos, na regiom portuguesa e na Europa, oferece-nos a austeridade e a crise como monstros avassaladores que dos quais é impossível fugir e que som impossíveis de ultrapassar. De facto, basta olharmos à nossa volta e lá está a austeridade a ser abanada tanto como soluçom para os problemas, pelos políticos no poder, ou como arma de arremesso e indignaçom, por uma esquerda que espera caçar votos à custa da miséria alheia. As sucessivas rotaçons na cadeira do poder estám aí para durar e neste momento, em Portugal, estamos possivelmente, na iminência de mais uma mudança de governo.

O que sabemos, de anos e anos da mesma história, é que independentemente de quem se sente na cadeira do poder, a exploraçom, como base fundamental da engrenagem da presente sociedade, está mais explícita, mais incómoda e mais violenta.

Mas nós, continuamos a transportar um mundo novo nos nossos coraçons e, ao que parece, a tendência geral é a de que mais protestos tenham lugar nas ruas e que muitos deles se organizem de forma espontânea e horizontal.

Por isso, a presença das perspectivas e ideias libertárias é de extrema importância num mundo em mudança, enquanto contributos para a luta e a alternativa à violência deste sistema. É neste momento que mais urge debater, pensar e reflectir com o objectivo declarado de agir, ou seja, lutar contra e confrontar a exploraçom e a dominaçom que este sistema económico, social e político exerce sobre todos. Da mesma forma, a recusa da autoridade como base da relaçom entre os seres humanos entre si, e destes com a natureza, a autonomia e a acçom directa como métodos e pensamento, som as ideias que queremos desenvolver e propor.
Leer más...

Tres novos relatos de Adri, "Senlheiro", desde o cárcere de Soto

As comunicaçons entre dentro e fora dos muros sempre vam ao seu tempo, esses dias que se passam desde que a pessoa que está encirrada escreve e as que estamos fora recevemos o seu escrito e podemos faze-los públicos, fam-se mais longos que as novidades que atingem à situaçom persoal das pessoas presas, assim hoje recebemos um novo correio do "Colectivo de Apoio a Senlheiro" com novos escritos de Adri, "Senlheiro", desde o talego  madrilenho de Soto del Real (se bem, como já publicamos, Adri está agora preso em Villabona, Asturies, e gosta de receber cartas, postais,...e facilitamos de novo o seu endereço ao final deste artículo). Colamo-los pois por expresso desejo deste colectivo de apoio, e fazemo-lo em ordem cronológico:

Cousas de prisom

El é galego, o primeiro galego que conheço em prisom. É baixo e está "cascao"

-Neno, venho de Puerto de Santa María, “menudo tute” metido na jaula essa.

Entrou no cárcere por roubo, com 19 anos. Umha condenaçom pequena. Agora tem 29 e faltam-lhe uns meses para sair. Pelejas e problemas por droga e dinheiro sumarom anos de condenamento, anos em primeiro grado, fechado numha cela e saindo tres ou quatro horas a um pátio minúsculo mais algumha que outra actividade.

Disse-me que é da Corunha.

Eu dissem-lhe: “- de Montealto, nom?”

-Sim, como o sabes?

Nom lho digo, mas sei-no. Porque Montealto é um bairro empobrecido, um bairro popular, de operários, de parados e precarizados, de economia submergida, de gente que se busca a vida para tirar para adiante.

Hoje, a mim trouxeram-me umha TV e a el umhas pílulas para durmir. A TV custa 183€ e vem de "El Corte Inglés" e quando saia de aqui ficará para a instituiçom. As pílulas, suponho-me que serám proporcionadas à instituiçom mediante algum trato económico com a farmaceútica.

Peta-me na parede e di-me pola janela:

-Paisano, deixa-me berrar-che umha cousa antes de deitar-me. Viva Galiza Ceive “mecagoendios”!.

Soto, 21 de fevereiro de 2013.

O obxectivo do sequestro

O obxectivo do sequestro, a dispersom e o ailhamento por parte da maquinária estatal, além de destruir física e psicológicamente à pessoa, é arrincar-lhe da sua comunidade, "borrá-la do mapa".

Neste caso, as cartas, as chamadas, as vissitas e as publicaçons na rede som o único jeito de estar presente. Também essa rede virtual de duplo fio, que é o Facebook. Rede de comunicaçom impessoal, a rede de control, pola que navigarám estas palavras (quando cheguem). Pois, por desgraça, a rede está a substituír a comunicaçom "cara a cara", á praza, ó parque, ó lugar de encontro; substitue um possível diálogo construtivo entre as pessoas, umha comunicaçom horizontal e livre e umha convivência real por um escaparate virtual.

Num cómic dos anos 80, como fundo dumha vinheta, resaltava umha pintada: "Muros brancos, povo mudo". Hoje é o tempo dos paneis publicitários das multinacionais na rua, e os "muros coloridos" na pantalha do computador.

Mas já que estamos, vem a conto colar aqui estes extractos:

Um panfleto que alguém deixou tirado no pátio dum liceu:
"(...) Centos de aldeias abandoadas, umha língua deturpada e minorizada, moços com presente de miséria, casas sem gente e gente sem casas, mulheres agredidas e  mecanismos de defensa, o meio natural em processo de destruiçom (...)"

Outro panfleto que alguém lançou ao vento numha manifestaçom pola autodeterminaçom:
"(...) Hoje é o tempo no que as palavras sobram. Tempo de mirar-nos aos olhos (...)"

E Mick Farren, um defensor da cultura alternativa, escrevira há 40 anos:
"(...) O Sistema semelha moi assustado pola cor, o destelo e a alta e alegre energia. Se te ocultas baixo os coxíns ou dentro do gueto, se a vida chega a ser monótona ou reservada, entom é que os porcos vam ganhando".

P.D. Se quadra chamar-lhe porcos aos poderosos nom é o melhor qualificativo; os porcos semelham-se mais aos presos em ailhamento, neste cortelho. :)

Soto, 3 de Março de 2013

Fernan “El Loco”.

Chamam-lhe Fernan. Fernan “El Loco”. Leva preso desde os 18 anos. Tem 26. Cae-lhe a baba mentres fala. Está contente porque conseguiu meter umha “playstation” na cela. Tres meses de queixas ao Julgado de Vigilância Penitenciária. Como muitos, recebeu malheiras e malheiras nos centros nos que estivo. Tem umha saca cheia de pílulas de diversas cores e tamanhos.

Ensina as tatuagens que tem no seu peito: "Viviendo para sufrir".

Umha vez fecharam-lhe com os tolos. O mais normal de-les falava e ouveava a seu tempo. Hoje viu-no ver a súa avoa. É a única pessoa que lhe vissita. Seica antes tinha umha moça. Loira. "Cachonda". "Forrada de pasta". Disque era filha dum alto cárrego de Esquerda Unida. Deixou-no porque nom deixava de ter problemas no "caldeiro", e cansou del. Tem sete ou oito delitos pendentes ainda. Todo dios conhece-o aqui. Sínte-se importante entre a gente de aqui.

Mentres me conta todo isto, o seu colega está a acarinhar un paxarinho que caeu medio morto, nom sei moi bem de onde. Fai-lhe o boca a boca. Mais bem, o boca a bico.

Nas reixas do telhado há umha pomba morta. Leva meses lá.

Hoje somos tres no pátio.

Soto, 4 de Março de 2013

Novo endereço:

Adrián Mosquera Pazos

Centro Penitenciario de Villabona
Finca Tabladiello
C.P. 33480 Villabona (Asturies)
Leer más...

[Burgos] A Biblioteca Anarquista "La Maldita" organiza Jornadas Ateas

Recebemos na nossa caixa de correios esta interesante proposta alternativa para esta semana "tam católica", e se bem "pilha-nos" um tanto longe, poida que alguém caia por lá e saiva desfruta-las, além de que o texto de apresentaçom das jornadas é muito interesante, assim que copiamos, traduzimos e colamos (ver cartaz em "leer más"):

Desde a Biblioteca Anarquista La Maldita vos convidamos a umhas pequenas jornadas durante a "Semana Atea".

Aproveitando a tradiçonal semana santa, que reune a fanáticos, radicais pro-sistema, congregaçons…e tra-la posterior proclamaçom do novo papa, fidel aliado da dictadura na Argentina, herdeiro do anterior pontífice e colabourador do nazismo, críamos interesante amossar umha outra visom das religions, diferente das religions amosadas da mão do poder:

Já no Neolítico as crênças e religions naturais e os seus fenómenos relaçonados foram suplantadas e manipuladas polo incipiente poder e a jerarquia, servíndo-se destas para assegurar a desigualdade, cosificando mediante a religiom a orde social estabelecida e imponhendo o patriarcado como a supremacia do home sobre a mulher, justificando os seus privilégios mediante revelaçons divinas.

Com o passo dos séculos o poder, a jerarquia e o patriarcado foram-se perfeiçoando, apoiándo-se nas religions como nexo de enlace destas normas com a sociedade, essas novas leis impostas polo poder que havia que cumprir por medo ao castigo eterno, esse conformismo social gerido polo esperar a outra vida melhor, todos os impérios tiverom-nas (Egípcios, Babilónios, persas, gregos, romanos..) e em todos os momentos históricos estas foram a melhor ferramenta do poder. No último século vimos como diferentes dictaduras asolavam o mundo e em todas, a religiom foi a sua mão direita (franquismo, Itália de Mussolini, nazismo, dictaduras latinoamericanas…)

Na actualidade o capitalismo e a sua necessidade de mercadurias consumíveis tem provocado umha profunda mudança nas religions, estas som mercaduria assim como negócio rendível para o sistema, por um lado geran movimento de dinheiro e por outro desconectam à sociedade da sua preocupaçom polas problemáticas cotidiás, justificam o poder ou simplesmente geran satisfaçom passiva aos seus consumidores. Aparecendo múltiples seitas, pseudo-seitas, ciências...ao tempo que se conservam as religions tradicionais de consumo maioritario que durante miles de anos de dominaçom serviram para aniquilar povoaçons enteiras, justificar a orde imperante, gerar passividade, substentar um mundo masculino... e que hoje em dia seguem a ser o piar básico de todo o actual edifício social. A moralidade, a culpa, os juízos de valores, a caridade ONGística e a integraçom da mulher nos postos de poder reservados para o mundo patriarcal masculino, dam boa conta de-lo.

A religiom é para a vida um lastro conformista que evade a confrontaçom, submete e substenta a paz social, perpetua o poder e a jerarquia.

Esperar umha vida futura é para aquelxs axs que lhes aterra viver em maiúsculas,
aterra-lhes o presente, aterra-lhes ser livres...


Leer más...

26 mar. 2013

Recordatorio Charlas Anarquismo e prisión en Ourense e Coruña

Recordamos que, como xa publicaramos nesta outra entrada: aquí, hoxe martes en ourense e mañá mércores na Coruña poderedes asistir á charla "Imaxinario libertario, movementos anti-carcerarios e represión na España de entre séculos (XIX-XX)". Estará ao cargo de Alejandro Forero Cuellar, membro do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universidad de Barcelona.

En ourense será hoxe día 26 ás 20h no C.S.O.A. A Kasa Negra (situada na rúa Ponferrada,26). Blog: http://akasanegra.blogspot.com.es/

Na Coruña terá lugar mañá 27 ás 18h no C.S.O.A. Palavea (rúa Rio Quintas,31). Blog: http://okupacorunha.wordpress.com/
Antes, ás 14:30h, poderedes asistir ao habitual comedor pro-presxs de todos os mércores.
Leer más...

Campañismo e anticampañismo. Crítica da ideoloxía presista

Interesante artículo para debate asinado, en 18 de juño do ano pasado, por "Asamblea de Solidaridad" en "Argelaga, a nova revista de temática antidesarrollista y llibertaria" da Comunidade Valenciá e recollido e traducido de Tokata que pon en cuestión como abordar as campañas de apoio às persoas presas e que di así:

Aínda que recoñecemos que, como táctica, facer nun momento dado unha "campaña" de difusión ou mobilización pode ser útil e mesmo necesario, para nós a expresión "campañismo" ten un contido fortemente pexorativo: a idea de campaña publicitaria, destinada soamente a que se fale de algo, a chamar a atención por un momento, instando a comprar algo, pero sen maior compromiso. Ou a idea de campaña electoral, pedindo o voto para un partido ou para un sindicato; un xesto tan trivial, tan doado, tan conformista, tan intranscendente, que non pode ir acompañado máis que dunha reflexión superficial, porque as reflexións políticas profundas, nesta época miserable, fan dano e, se o pensas de verdade, non soamente non votas senón que quizais terías que facer algo drástico. Para nós non se trata, pois, de difundir unha mensaxe con criterios cuantitativos e condutistas, de repetir canto máis mellor no menor tempo posible un estímulo que condicione unha resposta determinada. Trátase de manter o pensamento alerta e o corpo disposto para a acción, de desenvolver conceptos críticos, tácticas eficaces, de buscar puntos débiles no réxime de dominación, oportunidades de acción, e de facer iso dende unha práctica colectiva, autoorganizada, con perspectivas críticas e proxección cara ao futuro.

Unha cousa é a publicidade e outra a axitación. Hai unha gran diferenza, por exemplo, entre facer unha cantidade o maior posible de concentracións, sempre con pouca xente, pancartas e todo o aparato (carteis, adhesivos, panfletos, comunicados e fotos en internet, "performances", actuacións musicais, etc.) e que esa mesma xente se dedique, por exemplo, a difundir entre os presos, os seus familiares e amigos propostas concretas, desenvolvidas a partir da súa propia experiencia de autodefensa -solidarias, non asistencialistas- e, dende logo, a intentar levalas á práctica. Propostas de autoorganización para enfrontarse á indefensión, por exemplo combinadas coa presenza permanente na proximidade dos talegos, nos Xulgados de Vixilancia Penitenciaria, ou fronte a Institucións Penitenciarias, para apoiar, poñamos por caso, a presentación colectiva de instancias, recursos e denuncias, concibidas e realizadas coordinadamente. Recorrendo á "difusión" e ás "mobilizacións" non de xeito mecánico e rutineiro, senón cando se considere conveniente segundo uns criterios moito máis matizados e flexibles, xurdidos dunha práctica intelixente e creativa. Unha actividade continua e coherente, enfocada á formulación e satisfacción de necesidades concretas e tecida sobre a base de relacións directas entre os afectados entaboadas en, por e para a loita.

A mera propaganda ou as accións simbólicas, testemuñais, non teñen ningún valor se non serven para recoñecerse entre persoas que están de acordo no fundamental, como expresión dese acordo, para autoafirmarse colectivamente. Polo demais, de nada nos valen as simples aparencias. Aparentar que se loita non é o mesmo que loitar, aínda que nunha loita se poidan utilizar tamén as aparencias. "Visibilizar" non é suficiente; crer que abonda con iso é unha característica da dinámica esquerdista, co seu correspondente discurso. Os cales implican unha separación entre "mobilización social" e "acción política", circunscribindo a primeira ao ámbito da "sociedade civil" ou do "terceiro sector" e a segunda á actividade electoral e institucional. Xa que, ou ben o esperan todo da democracia e do labor de integración social efectuada polas "administracións públicas", intentando fomentar e regular un "mercado da solidariedade", ou ben se conforman con "denunciar" a precariedade, a exclusión e outras eivas do "capitalismo salvaxe", como outros tantos efectos perversos do desmantelamento do "Estado de benestar" e motivos para a súa restauración.

Pero todo iso, habitualmente, dentro dun programa electoral e supeditado para a súa realización ao poder político ou influencia clientelar que se chegue a alcanzar dentro das canles institucionais. A través deles definiríase o marco legal e asignaríanse os medios para a súa execución, é dicir, tomaríanse as decisións. O campo dos "movementos sociais" ou da "sociedade civil" quedaría subordinado a esas decisións políticas, e limitado á realización, cos recursos presupostados, das tarefas asistenciais, científicas, pedagóxicas, morais, culturais, profesionais, etc. prescritas nelas. Aínda que non se queira centrar todos os esforzos no campo da política pura e dura, como moito poderían dirixirse a constituír unha especie de "grupos de presión" que só aspirarán a conseguir os seus obxectivos en función da influencia que logren nos "poderes públicos", non das súas propias estratexias e accións, que de todos os xeitos non superarán nunca os límites dos "labores asistenciais" (subvencionadas ou non), o "debate público", a crítica "científica" ou a actividade académica, as accións xurídicas, etc.

No gueto séguense os mesmos procedementos campañistas da mercadotecnia electoral, da "mobilización social" parcial, dependente da política, ou do clientelismo, pero separados das súas motivacións iniciais. Séguense por inercia, por herdanza ou imitación inconsciente dunha especie de cultura política composta dunha serie de rituais e procedementos rutineiros que, esquecidas as súas verdadeiras finalidades e funcións e o seu contexto orixinario, serven principalmente para constituír unha identidade colectiva "rebelde", máis aparente, publicitaria, "estética" que real. Non obstante, co tempo, grazas entre outras cousas a esa oculta complementariedade das súas respectivas dinámicas, o gueto sempre remata sendo útil á esquerda; como fracción xuvenil ou "radical" do mesmo sector do "espectro político" ou como esperpento da subversión integrado no contrapunto habitual entre violentos e pacíficos. Aínda que non o faga conscientemente senón que chegue a iso perseguindo os seus propios intereses.

Entre a mesta maraña de intereses máis ou menos particulares que configuran o gueto, a miúdo veñen a resultar hexemónicos os do activismo autocompracente practicado correntemente polos individuos e grupos, polo común debilmente organizados e definidos, que medran nel, afectados dunha especie de narcisismo que os leva a conformarse con aparentar que loitan despois de perder sen alcanzala nunca a conciencia de por que o fan. Non necesitan sabelo, porque en realidade se conforman con lograr unha "identidade"; mirándose, por exemplo, no "espello público" constituído polos medios de incomunicación de masas, ou por internet, en versión máis "alternativa". Por iso impórtalles menos a realidade da loita e dos seus efectos que as actividades expresivas e a publicidade.

Outra parte da herdanza esquerdista do gueto é a "síndrome do membro fantasma". Todas as faccións de "a esquerda do Capital" quixeron conquistar o poder do Estado cabalgando sobre o proletariado, a principal forza produtiva, determinada, pola súa "natureza" propia e pola do Capital que a xera, a desenvolverse, a entrar en contradicción coas relacións de produción e a transformar o mundo. É dicir, a "facer a revolución", expresión que para a esquerda autoritaria non é máis que un sinónimo da súa chegada ao poder. Pero o proletariado nin ten xa conciencia de clase, nin ningún "poder produtivo" relevante, nin tampouco un chisco de subxectividade revolucionaria, senón que se converteu nunha masa amorfa de consumidores atomizados que comparten ata a medula os valores da dominación. Agora ben, o "suxeito histórico" non pode ser só unha cabeza, ten que ter corpo, por iso as organizacións esquerdistas continúan buscando corpos sociais, como a cidadanía, a multitude, o xénero e ata "a humanidade", para servirlles de cerebro.

Algo parecido lles pasa aos seus filliños descarreirados, que unhas veces se identifican eles mesmos co mito correspondente e outras o buscan ao seu arredor para admiralo e contemplarse nos seus ollos. De aí xorden, no primeiro caso, os chamados "movementos sociais" e, no segundo, por exemplo o "presismo", que non é máis que a identificación mitolóxica do preso co "suxeito revolucionario" ou co rebelde social consciente. Imaxes nas que proxectar a propia negatividade para non a ter que vivir, escusas para non loitar de verdade: o heroe, o bandido, cuxa coraxe se pode admirar dende a covardía; ou a vítima, o chibo expiatorio, ao que se pode compadecer dende a comodidade, escenificando a baixo custo unha xenerosidade que está moi lonxe de ser real. "Pinturas de guerra" para decorar un radicalismo meramente espectacular, que vive para a galería, abandonando o intento de conquistar independencia, dignidade e liberdade reais.

Para nós, que non sustentamos ningunha das crenzas típicas na bondade intrínseca do sistema nin os intereses e estratexias políticas aparelladas con elas, o obxectivo dun labor de denuncia e "visibilización" que pague a pena só pode ser a deslexitimación do réxime de dominación e explotación do que o cárcere é un elemento indispensable, o seu debilitamento progresivo ata a súa destrución. O que queremos é sabotalo, non o reformar dende dentro baseándonos na defensa duns fundamentos "democráticos" mínimos, como os dereitos humanos, dereitos sociais, garantías xurisdicionais, etc. Ademais, pensamos que os nosos medios deben prefigurar os nosos fins, que habemos de actuar coa maior independencia posible do Estado e do Mercado, a través do diálogo igualitario e da autoorganización, da solidariedade e da acción directa.

Non temos forza para desperdiciar en actividades simplemente testemuñais. Aínda Que voluntariosa e ben organizada e cunha experiencia común de varios anos, somos pouca xente, e queremos que o noso esforzo sexa útil á loita anticarceraria, non que se disperse en aparencias vas. Que os nosos criterios de acción non estean arraigados naquelas, senón nunha investigación verdadeiramente crítica sobre os procesos de constitución da "realidade"; en proxectos realistas e realizables, enfocados á satisfacción de necesidades e desexos concretos e articulados en acordos explícitos e revisables en todo momento, adoptados no diálogo directo, igualitario, horizontal entre os que participan na loita, na reflexión colectiva acerca da experiencia práctica común; non baseados en relacións de dependencia, nin en consignas ideolóxicas, nin en mitificacións, sinais de identidade ou actitudes estéticas.

O noso primeiro obxectivo debe ser a unión, a ruptura do illamento e a coordinación de esforzos na autodefensa permanente, cara á constitución dun proceso colectivo consciente que nos permita, por un encadeamento de actos de rebeldía, autoafirmación e recoñecemento mutuo, fortalecernos para pasar algún día á ofensiva decisivamente. Non ningunha reivindicación determinada nin a negociación reformista co Estado. Cremos que hai que traballar pola constitución, a través de relacións directas, dunha comunidade de loita baseada en primeiro lugar na formulación das nosas necesidades e desexos e na unión e coordinación dos nosos esforzos para intentar satisfacelos. Os dereitos presupoñen o Estado, non son nada se non son recoñecidos por el. As reivindicacións só nos serven como acto de autoafirmación, un paso no camiño cara á constitución desa forza que un día nos permita destruír o noso inimigo, ou polo menos debilitalo, non simplemente negociar con el. Se recoñecemos que o cárcere é consubstancial ao réxime de dominación capitalista e que non se pode rematar con ela sen rematar con ese réxime, a nosa loita ten que ser a longo prazo, non simplemente expresiva, senón disposta a perdurar e estenderse.

Dirixirse, por exemplo, ás institucións de prevención da tortura que, de feito, non son máis que rituais de impunidade e procedementos de lavado de cara para garantila, non pode servir máis que para poñelas en evidencia e recoñecernos nese acto expresivo. Pero non ten sentido supeditar os nosos movementos a criterios publicitarios enfocados á "denuncia pública". Sabemos que non se pode confiar nos "medios de comunicación", nin nos mecanismos institucionais. E desgraciadamente, aínda menos nunha "opinión pública" que non existe máis que como aparencia manipulada, a cal se inclina moito máis por apoiar o endurecemento punitivo que por defender os dereitos de ninguén. Tampouco debemos apelar á "sociedade civil". Á clase media que a forma lle importa un beldro a sorte dos presos. É unha parvada intentar dar mágoa a quen te teme e te odia. Actuando de modo campañista, sen máis cuestionamento, estamos condenados a quedar encerrados nun "gueto comunicativo" de límites infranqueables, nunha rutina activista que non serve máis que para fomentar a autosatisfacción dalgúns, para que poidan xustificarse crendo que se está a facer algo cando en realidade é mentira e, o que aínda é peor, facéndollelo crer aos presos.

Así pois, a nosa actividade de denuncia debe estar insire nun traballo de axitación, non pode consistir nun discurso ideolóxico, abstracto, lanzado dende non se sabe que alturas morais ou teóricas, en forma de publicidade, sobre as masas atomizadas, co propósito de mobilizar as súas enerxías nunha ou outra dirección. Hase de basear máis ben nun discurso crítico digno dese nome, comunicado razoablemente, con argumentos convincentes e información obxectiva, que describa e analice rigorosamente as realidades a que se refire; sinalando, por exemplo, os puntos débiles do sistema penal e as oportunidades de atacalo, deslexitimalo, debilitalo, desafialo, sabotalo e, eventualmente, abolilo. Discurso elaborado dende a perspectiva dunha experiencia práctica de loita contra a submisión e a alienación, con obxectivos definidos e proxectos comúns a todos os implicados, alcanzables a curto, medio e longo prazo, pensados elixidos e valorados nun proceso permanente de diálogo e decisión colectiva que debe procurar tamén o desenvolvemento de ferramentas idóneas e o compromiso nas tarefas necesarias para intentar logralos verdadeiramente. E, dende logo, no apoio mutuo, a solidariedade concreta, persoal, e na acción directa, sen intermediarios, xestores, organizadores ou executores especializados. O que non quere dicir que non poidamos integrar as achegas de avogados e outros expertos, a miúdo indispensables neste campo, senón que, en lugar de deixarnos dirixir por eles ou "utilizar os seus servizos", colaborariamos sobre a base do diálogo e do acordo xusto e explícito.

Asamblea de Solidaridad.

Valencia, 18 de junio del 2012.
Leer más...

79 centros, a maioria privados e da igrexa, levanse millóns de € en "protección do menor" só na Galiza

Unha reportaxe publicada onte nun medio oficialista daba conta do "paraíso dos centros de menores" e facía referencia ao feito de que, entanto numerosas familias seguen en (des)espera de acollida dun bebé tutelado, a Xunta ven de concertar 25 novas prazas para recén nacidos no centro de acollida da Deputación da Coruña. Vinte e cinco novos berces que veñen a sumarse ás 828 prazas de internamento xa existentes, para menores protexidos de todas as idades (52 para menores de seis anos).

Así, no medio dun mar de recortes, os concertos privados con entidades relixiosas non só seguen a flote, senón que se incrementan. Dende a FAG (Familias Acolledoras da Galiza) chegan a falar de "intereses creados", do "negocio que hai montado en torno aos nenos tutelados", e mesmo de "represalias contra algunha familia que criticou o sistema dando a cara e xa nunca volveu recibir nenos na súa casa". Por iso non queren aparecer cos seus nomes.

A Consellería de Traballo e Benestar declara que unha praza nun centro de acollida cústalle á Administración galega "unha media de entre 1.360 e 1.560 euros mensuais que inclúen o gasto en auga e luz", se ben dende a FAG aseguran que ese dato non coincide co que leron no seu día no Diario Oficial de Galicia, onde aparecían concertos "de 3.000 e ata de 5.000 euros no caso de bebés" e que debe pagarse "si ou si porque hai un concerto" aínda que as camas estean desocupadas.

Na Galiza, Benestar adoita dicir que o 70% dos nenos tutelados están con familias, pero nesta porcentaxe inclúe os 1.111 que viven coa "familia extensa" (avós, tíos, etc) unha situación totalmente diferente da acollida con "familia allea", cunha cifra moi inferior (144 menores en toda a comunidade, só o 8%). Pola súa banda, os centros concertados, coas súas 828 prazas de residencia e os seus 375 de atención diúrna, repártense actualmente 691 menores, segundo a consellería.

Todo un negocio para os centros onde as condicións son muitas veces traumáticas para os menores, entanto as familias acolledoras terán que seguir na espera para poder dar amor e cariño sen pretender remuneración algunha por elo.
Leer más...

Político boliviano do MAS de Evo Morales viola a unha traballadora da limpeza

O delito, gravado polas cámaras de seguridade nunha fita que circulou polas redes sociais, volve demostrar a impunidade ante a violencia sexual

Colamos depois de traducido de Pikara Magazine

O 20 de decembro de 2012 violaron unha traballadora da Asemblea Lexislativa de Chuquisaca (Bolivia) na Sala Plenaria desa entidade, e víase vir. Non podía anticiparse o lugar, nin o momento, nin as circunstancias, pero estaba avisado que en calquera oportunidade algo así podía suceder.

Hai unhas semanas circularon na rede e nalgunhas canles nacionais de televisión as primeiras imaxes do asembleísta Domingo Alcibia, militante do partido de goberno (MAS) que, logo dunha festa de fin de ano nas súas oficinas, onde consumiron grandes cantidades de alcohol, abusou sexualmente dunha empregada da limpeza. A muller, xa sen coñecemento, xacía inerte mentres este home cometía o delito: ao rematar, o agresor érguese con total control, sóbese a bragueta e marcha sen cambalearse nin un pouquiño (o vídeo, se a alguén lle interesa, aínda se pode encontrar en Youtube). Nese mesmo festexo, outro asembleísta intentou propasarse con outra traballadora, pero ela non estaba o suficientemente borracha como para correr a mesma sorte que correu a súa compañeira.

"Borracho estaba, non me acordo"

O dito, estaba avisado. O ano pasado, o presidente do Estado Plurinacional, Evo Morales, cantou nun acto público de inauguración das festas de Carnaval unhas coplas que aludían explicitamente ao seu poderío sexual sobre as mulleres do seu gabinete executivo e sobre as militantes dunha organización de mulleres considerada a súa base social feminina. Esperábase que calquera político, con certo nivel de poder, fixese uso da prerrogativa que se lles estaba a outorgar.

Inmediatamente despois de que se coñecese a noticia da violación houbo reaccións; non demoraron en pronunciarse a Defensoría do Pobo, a representación das Nacións Unidas en Bolivia, as organizacións feministas e outras. A mesma reacción se tivo, aínda que máis demorada e nalgúns casos con menos vehemencia, doutros e outras asembleístas, algunha ministra e de compañeiras e compañeiros do Parlamento, pero esta vez o partido de goberno estaba a medias; o agresor era un funcionario público, que accedeu ao cargo que ostentaba despois de ser seleccionado candidato como se fai no MAS, dende o máis alto nivel, e os feitos aconteceron na Asemblea Lexislativa, que preside tamén o MAS.

Mentres tanto, Alcibia declaraba ante os medios de comunicación cousas tan insólitas como: "Non (o) fixen tampouco ao intento (a propósito).... eu estaba indeciso.... nin sequera me acordo, estaba borracho e non me acordo"; "Ela estaba borracha, inconsciente, como saben que non quería? ". Pola súa banda, o gobernador do Departamento, tamén do MAS, botáballe a culpa á oposición, alegando que lle botaran algunha droga ás bebidas.

En palabras de María Galindo, analista, prostituta, artista e loitadora feminista boliviana, os feitos acontecidos "son comparables ás torturas que exercen mariñar os contra os prisioneiros de guerra en Iraq, e son mostra dun fenómeno estendido dentro do goberno do MAS..... Son incontables os testemuños que escoitamos de mulleres que acceden a un cargo público calquera sexa e que son premidas e acosadas para pagar ese posto de traballo na cama".

Impunidade

Pero a primeira persoa en ir ao cárcere non foi o agresor. Dous días despois de que se fixesen públicas as imaxes captadas polas cámaras de seguridade do edificio detiveron o responsable da área de sistemas, que tiña ao seu cargo a custodia das imaxes. Este traballador comunicara por escrito, unha semana antes, que encontrara a súa computadora vulnerada e que subtraeran algunhas gravacións. Mentres, o presidente do Estado tivo que pedir o agresor que renunciara ao seu cargo para que enfrontase a investigación. Fíxolle caso, e dende entón está deaparecido e non se soubo máis del.

Para cando saíu a orde da Fiscalía para que respondese polos delitos de uso indebido de bens e abuso de poder (ollinho, que non por violación), este xa se fixera fume. 4 días despois foi achado nunha comunidade rural na que se refuxiara. A ministra de Xustiza declarou que neste caso, por tratarse a agredida dunha persoa adulta, a Fiscalía non podía actuar de oficio, aínda que as probas sexan contundentes. O presidente do Estado, que pensaba que si se podía actuar, matizou que aínda así cría que os acusados deberían ter a posibilidade de presentar unha licenza ao seu cargo público ata que as autoridades xudiciais desen un fallo. Isto, aínda que pode parecer non ter importancia, contrasta co caso de moitos funcionarios e funcionarias da oposición de nivel departamental e municipal a quen o MAS sacou do seu camiño con acusacións de corrupción, sen necesidade de presentar probas porque así o establece a Lei.

E onde está a muller agredida?
A ministra di que a Fiscalía non vai actuar de oficio, pero resulta improbable que unha muller de orixe humilde, probablemente indíxena (un dos Asembleístas referiuse a ela como "cholita"), presente unha denuncia contra un home con poder, talvez o home que lle conseguiu o traballo e ao que lle debía un favor. Pero ademais, presumiblemente xa tivo que someterse ao escarnio público na súa comunidade, á humillación ante os seus familiares e os seus pares, a crítica social por beber (o consabido "é a túa culpa, ti buscáchescho por andar tomando con homes").

Nun país no que, segundo Nacións Unidas, 7 de cada 10 mulleres sufriron algún tipo de violencia en razón de xénero, onde o 48% das mulleres con cargos de concelleiras municipais e alcaldesas declaran sufrir acoso político, no que de 2009 a febreiro de 2012 se contaban máis de 350 feminicidios, e onde se reportan 9 casos novos de violencia sexual ao día; estes feitos pasan moitas veces inadvertidos. Condición social, repudio comunitario, medo ás represalias familiares e dependencia económica -vaia, o patriarcado cru que se vive en América Latina- son algunhas das causas que levan ás vítimas a calar ante estas agresións.

A vítima, para colmo, quedou sen traballo. Despois de todo, o 31 de decembro caducouse o seu contrato. Non llo renovaron.
Leer más...

25 mar. 2013

Investigan a morte de tres presos de Bonxe por suposta falta de atención médica nos últimos 6 meses

Recollemos dun falsimedio, ao que non queremos dar publicidade, esta notícia da que non temos mais fontes:

Tres mortes en apenas medio ano.

Esa é a tráxica estatística da prisión lucense de Bonxe. Os falecementos dos reclusos están a ser investigados por dúas xuízas de Lugo despois de que os familiares desen conta aos xulgados de que puido producirse unha desatención ás vítimas.

Pilar de Lara e Estela San José, as titulares dos xulgados 1 e 3 de Lugo, compaxinan as investigacións sobre a corrupción das operacións Pokémon e Campión, entre outras, con outros moitos asuntos, entre eles os referidos a estas mortes. Estas investigacións afectan especialmente aos servizos sanitarios e á cúpula encargada da penitenciaría.

A primeira xuíza xa tomou declaración a polo menos unha ducia de persoas con relación ao caso dun lugués de 33 anos, que faleceu, aos poucos días de saír de permiso, por unha pancreatitis aguda no mes de agosto do ano pasado. Entre quen declararon figura unha médica do servizo de urxencias do hospital de Lugo ao que foi conducido o interno. Foron os seus propios familiares quen o levaron ás poucas horas de que estivese a gozar dun permiso. Previamente acudira ao médico do centro, que lle diagnosticou unha gastroenterite aguda. A familia considera que a asistencia recibida pola vítima en Bonxe foi totalmente deficiente. Tanto é así que din dispor de datos que lles fan sospeitar que, cando o enfermo informou de que seguía sentíndose mal, dixéronlle que continuase tomando máis soro. Os seus parentes alarmáronse cando viron o seu estado no mesmo momento en que acudiron a recollelo á porta da prisión, o seu estado era tan deficiente que o trasladaron a un centro. Tiña insuficiencia respiratoria e outros problemas que motivaron o seu ingreso na unidade de coidados intensivos, na que acabou falecendo o 13 de agosto.

A sua irmá quixo destacar a asistencia sanitaria que prestaron no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) «a diferenza do que pasou no cárcere, onde non recibiu a atención debida», destacou.

Outra das investigacións abertas refírese a un interno de nacionalidade estranxeira que apareceu morto no interior da prisión. A familia non acepta a versión que lle deron no sentido de que se tratou dun suicidio, porque, supostamente, apreciaron lesións estrañas.

O terceiro dos casos corresponde a outro interno que faleceu no mesmo momento en que saía de permiso. A súa parella estaba a esperarlle para recollelo. A suposta causa da morte puido ser un infarto, pero os familiares estiman que puido haber desatención.

A maxistrada Pilar de Lara tamén ten tamén un caso de presuntas torturas a un preso ao que, con carácter fulminante, ordenou cambiar de centro.

Sen versión desde a prisión

A prisión non deu unha versión oficial do sucedido. O seu responsable considera que é preciso non interferir no traballo das xuízas. A título particular, varios funcionarios afirmaron que o colectivo desenvolve o seu traballo de forma impecable cumprindo as normas, e achacaron o elevado número de mortes dos últimos meses a «unha mala serie» que non se produciu nos últimos anos. O familiar dunha das vítimas mortais, con todo, dixo ter constancia da morte de cinco reclusos no prazo duns dous anos.
Leer más...

Industria e Enerxía da Xunta continúan ao ditado de Edgewater ao denegar información pública das concesións mineiras

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto denuncia unha vez máis a conivencia entre a Xunta de Galicia e a empresa mineira de Corcoesto na tramitación -chea de irregularidades- deste proxecto para a explotación dunha mina de ouro a ceo aberto, que afecta aos Concellos de Cabana, Ponteceso e Coristanco.

Se antes foi a Dirección Xeral de Conservación da Natureza a que rectificou as súas esixencias ante un escrito do xerente de Edgewater, no que pedía que non se lle obrigase á empresa a facer públicos os datos sobre os niveis de vertidos de metais pesados na fase da explotación mineira, agora sóubose que Ángel Bernardo Tahoces, o director xeral de industria, enerxía e minas, non facilita a información solicitada sobre as concesións mineiras Emilita (en 1912), Ciudad de Landró e Ciudad de Masma (ambas en 1926), porque así o pide a empresa.

Entre os motivos alegados polo director xeral para non facilitar a información solicitada, sinálase que “Ademais, o 17 de xullo de 2012 a sociedade titular dos dereitos mineiros presentou escrito no que se solicita que se denegue a D. ...... a solicitude de obtención de copia de documentos ou toma de vista de aqueles expedientes da empresa que non estean en trámite de información pública...”.

Este feito é unha proba clara da conivencia entre a empresa e a Xunta de Galicia que semellan ser a mesma cousa, e incluso, como queda acreditado neste caso, traballan man a man na custodia dos arquivos públicos. Á vista do acontecido, a Plataforma pola Defensa de Corcoesto considera insólito e contrario a dereito que a Xunta lle dea traslado á empresa mineira da solicitude feita por un administrado sobre datos que obran en arquivos custodiados pola propia Xunta, e que son de acceso público para calquera cidadán da Unión Europea.

Este dereito de acceso aos arquivos e rexistros públicos está expresamente recoñecido no artigo 37 da lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non esixe nin sequera a condición de interesado no expediente, como si ocorría neste caso.

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto, ante a negativa reiterada da Xunta e a empresa mineira a facilitar eses datos, dubida da vixencia das concesións Emilita que data do ano 1912, e Ciudad de Landró e Ciudad de Masma que datan do ano 1926. Estas concesións mineiras necesariamente tiveron que ser obxecto dun tratamento especial ou ter solicitada e prorrogada a súa vixencia. En caso contrario estarían caducadas o que imposibilitaría levar a cabo o proxecto mineiro.

Colado de NonaMinadeCorcoesto.blogspot
Leer más...

[Compostela] Martes 26 às 20:00 Proxeción Documentario "A Educación Prohibida" na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla"

A escola cumpriu xa máis de 200 anos de existencia e é ainda considerada a principal forma de aceso à educación. Hoxe en día, a escola e a educación son conceptos amplamente discutidos en foros académicos, políticas públicas, institucións educativas, medios de comunicación e espazos da sociedade civil. Dende a sua orixe, a institución escolar estivo caracterizada por estructuras e prácticas que hoxe se consideran maiormente obsoletas e anacrónicas.

Dicimos que non acompañan as necesidades do Século XXI. A sua principal falencia encontra-se nun deseño que non considera a natureza da aprendizaxe, a libertade de eleción ou a importancia que ten o amor e os vínculos humanos no desenvolvimento individual e colectivo.

A partir destas reflexións críticas xurdiran, ao longo dos anos, propostas e prácticas que pensaron e pensan a educación dunha forma diferente. "La Educación Prohibida" é un filme documental que propón recuperar muitas delas, explorar as suas ideas e visibilizar aquelas experiencias que se atreverom a mudar as estructuras do modelo educativo da escola tradicional.

Máis de 90 entrevistas a educadores, académicos, profesionais, autores, nais e pais; un percorrido por 8 países de Iberoamérica pasando por 45 experiencias educativas non convencionais, convirten a "La Educación Prohibida" nun fenómeno único. Un proxecto totalmente independente dunha magnitude inédita, que da conta da necesidade latente do crecemento e xurdimento de novas formas de educación.
Leer más...

[Argentina] Companheiro anarquista ferido de bala com arma de lume policial nom vai denunciar à "Justiça"

Recebemos e publicamos (umha vez traduzido) este Comunicado dum espaço afim de Buenos Aires: a Biblioteca Cultural e Popular "Los Libros de la Esquina" ao respeito da repressom ocorrida há poucos dias na Sala Alberdi -ver notícia acá- onde um compa foi ferido por umha bala: Neste Comunicado Colectivo explicam o seu posiçonamento de porque nom participarám do processo legal de denúncia contra os autores dos disparos (polícias uniformados ou à paisana). Esta coerente decisom é tam poucas vezes vista que merece os nossos parabéns e enviamos desde aqui toda nossa força solidária.

Comunicado Colectivo Biblioteca "Los Libros de la Esquina"

A raiz dos enfrontamentos ocorridos na madrugada do mércores 13 de março, durante a resistência ao despeje da Sala Alberdi, um companheiro da Biblioteca "Los Libros de la Esquina" foi ferido na sua perna com arma de lume. A bala de chumbo de 9mm entrou e saiu da sua perna esquerda (perto da virilha), deixando umha lasca no seu interior que foi logo removida umha vez ingressado ao hospital. Nom temos a minor dúvida de que forom polícias da Metropolitana (de uniforme ou nom) quem dispararam sobre as compas que resistiam, deixando tres feridos de bala de chumbo, mais de trinta com bolas de borracha, além das pessoas feridas por culpa dos gases e os golpes e várias detidas.

Queremos comunicar-lhes as compas que desde a Biblioteca decidimos nom acompanhar o processo legal de denúncia que abriria umha investigaçom sobre os feitos ocorridos a noite do 12 e a madrugada do 13 de março. Decidimos fazer isto desde umha posiçom colectiva, pola própria decisom do companheiro ferido que considera que, se bem tocou-lhe a ele, qualquer das pessoas que se atopavam lá nesse momento pudo ter terminado ferida ou morta.

Chegamos a esta decisom porque consideramos que é distinto acusar que defender-nos dumha acusaçom, onde som eles quem nos ponhem na situaçom de defender-nos por médio das suas ferramentas legais (ainda que sempre exista a possibilidade de nom reconhecer-lhes nengumha autoridade para decidir sobre nos, e evidenciar que só o fam a través da força e a violência das suas instituiçons).

Desde a nossa visom da luita, se nos obrigam a entrar aos tribunais elegimos que seja como acusadas, como imputadas, como inimigas; nom como denunciantes, como seres indefensos fronte à sua pretendida omnipotência. Nom imos sentar nas mesmas salas onde se condena (à tortura do encerro e a morte no esquecemento detrás dos muros) às pobres, às luitadoras, às rebeldes e às exploradas a reclamar que o sistema judicial resolva as suas contradiçons. Preferimos visibiliza-las por medio da propaganda, a agitaçom e a luita acorde às nossas possibilidades sem ubicar-nos dentro da sua legalidade. Nom queremos nem respeitamos direitos ou leis por riba de nós. Apostamos a nossas forças e a da nossas compas, e a de todas aquelas pessoas com quem nos reconhecemos na mesma luita.

Queremos eliminar da nossa mente e da nossa práctica a noçom de castigo, e vislumbrar umha justiza que nada tem a ver com leis, polícias, juízes, fiscais ou cárceres, e a mentalidade e relaçons que istos geram.

De nengum jeito desmerecemos nem desprezamos a luita que levam adiante as compas que apoiam e se solidarizam no terreno legal com as pessoas e compas reprimidas, torturadas, assassinadas, encarceradas ou perseguidas polo Estado e as suas instituiçons. A sua constância e firmeza contra a repressom inerente a qualquer Estado e Governo som um ejemplo de luita, singelamente, elegimos encarar esta situaçom desde as nossas possibilidades e em coerência com a nossa visom e os nossos valores, comprendendo o que isto implica.

Nom nos alcança nem queremos que algum polícia ou responsável político termine tra-las reixas. Queremos que os cárceres, a polícia, os tribunais e os juízes; o Estado, o Capital e todos os que servem à sua dominaçom deixem de existir; polo que apostamos à autonomia, afirmando a liberdade, negando a autoridade.

Mais informaçom em:

- Biblioteca Los Libros de la Esquina

- Sala Alberdi

Video do despeje e a repressom ( autoria AntenaNegraTV e Indy Buenos Aires )

Leer más...

Video-Homenagem a Senlheiro

Enviaronos dende o HipHop Ateneu a solicitude de publicar este video dun Remix da canción de Senlheiro "Nolopienses", realizado por Ourobouros

Un pouco como homenaxe, e como dixo Furnier na presentación do remix no Subsolo Rap Fest "Que sirva para achegarnos un pouco os seus pensamentos, actitiude e enerxía...":

Cumprimentando tal pedido, alá vai o video:

Senlheiro liberdade!
Pres@s na rúa xa!!!!!.

Leer más...

Libreto das Jornadas "Dias de Memória e Luita" Atenas-Março de 2012 em Solidariedade com "Luita Revolucionária"

Desde o colectivo de traduçom Flying Theory enviarom-nos um correio para informar-ons de que figerom público um libreto com a traduçom (ao castelám )das Jornadas organizadas pola Assembleia de Solidariedade com o caso de "Luita Revolucionária" celebradas em Atenas há um ano, em Março de 2012.

Para nos trata-se dum gesto de solidariedade com xs membros da organizaçom assim como dum achegamento as hispanofalantes das aportaçons e reflexons que se figeram nissos dias sobre a acçom de Luita Revolucionária assim como sobre a situaçom do ámbeto anarquista-antiautoritário na Grécia.

Para descárrega ou leitura do libreto impreso clicade acá.
Leer más...

22 mar. 2013

Quiçá está achegar-se o dia !!

Colamos da página anarquista CandiaAlternativa , espaço de contrainformaçom desde a ilha de Creta (Grécia) este vídeo-criaçom que recolhe o poema "Quiçá está achegar-se o dia!!" da antologia poética "Antinous - Sussurraste-me rebeliom e eu ouvi liberdade" (traduzido ao castelám por Contra Info no contexto da Campanha mundial de acçons directas de solidariedade com os espaços libertados "Fevereiro Negro")

SOLIDARIEDADE com as okupas, os espaços autogeridos e todxs xs que luitam:



Quiçá está achegar-se o dia
em que ondeem bandeiras
ao ritmo do vento

Quando o vento assobie
ao compás da liberdade

Quiçá esta achegar-se o dia
em que olamos as cinzas
de todas as celas dos povos

E quando o tempo marque zero
dirá que chegou a hora dxs tolxs
dxs que se moverom contra a lógica
à que assassinos sorrintes chamaram ética

E volrarám xs mortxs
(xs que nunca se foram)
a monstrar-nos o caminho
a dar-nos vozes
xs que fossem humanxs
pero com a A em maiúsculas e circulada...
Leer más...

Cinco pessoas agredidas e retidas durante a noite em Setúbal e acusadas de "ter cartazes"

Colamos de Indymedia Portugal:

Na sequência da preparaçom da Concentraçom contra a Violência Policial deste Sábado 23 depois da morte do moço de 18 anos, Rúben Marques (anunciada acá em Abordaxe), durante a madrugada de 21 de Março cinco pessoas foram detidas em Setubal pela PSP. Foram levadas para a 1ª esquadra da Avenida Luisa Todi onde foram detidas por danos e posse de cartazes. Todas as pessoas detidas foram agressivamente pressionadas e humilhadas. Foram feitas ameacas a integridade fisica e um dos detidos foi agredido fisicamente. Todas já estám fora apos 4 horas de detençom. Esta acçom de intimidaçom por parte da policia vem reforçar os motivos que temos para nos concentrarmos dia 23 contra a violncia policial.

Todxs a Setúbal no sábado às 11 h!!!

Contra a violência policial! Contra o terrorismo de estado!


Ao respeito da morte por disparos da polícia do Rubém estám a ser publicados vários artículos de condena que dam um ponto de vista interesante ao respeito de como é a vida cotidiá no popular bairro da Bela Vista, onde já morrerom 5 jovens a mãos da polícia nos últimos anos:

Podedes acceder a eles no Indy Portugal:
- O Caso Rúben
- A morte do Rúben Marques e a “normalidade” do bairro da Bela Vista
Leer más...

[Actualizamos] Senlheiro já está em Asturies fora de Ailhamento em "Módulo de Respeito"

Tal como já digeramos por informaçom recebeda do portal GalizaLivre , Hadriám Mosqueira "Senlheiro",foi trasladado da prisom de "Soto del Real" e já está conficando e encirrado no cárcere de "Villabona" (Asturies) a 312 kms da sua morada e da sua família e amizades, no lugar de Quistiláns.

Hoje soubemos por notificaçom do Colectivo de Apoio a Senlheiro que nesta quarta feira passada (dia 20 de março) por fim sacarom ao "Senlhe" do módulo de ailhamento, no que estivera uns 70 dias em total (entre Soto del Real e Villabona). Agora está no módulo 9, ao que lhe chamam o "Módulo de Respeito".

Suponhemos que a partir de agora já poderá mandar mais de 2 cartas á semana e também recibirá um pouquinho antes as que se lhe enviem.

Atualizamos o seu endereço para que lhe escrevades e lhe contedes qualquer coisa (toda carta ou postal que recebe um preso é um ar de liberdade).

Hadriam Mosquera Pazos

Centro Penitenciario de Villabona
Finca Tabladiello
C.P. 33480 Villabona (Asturies)
Leer más...

Recordatorio e recopilatorio de actividades programadas para esta finde

Dado que cada día son máis as convocatorias que recebemos en Abordaxe para darlle pulo, e que moitas veces fican fora da capa principal do noso blogue, imos facer un recopilatorio das actividades programadas e publicadas para esta fin de semana, por localidades e datas, con enlaces à noticia completa:

- Compostela Venres 22 dende as 16:00' e Sábado 23 dende as 10:00' no Colexio de Avogadxs (r/Eduardo Pondal, 4 baixo) - Xornadas da Coordenadora para a Prevención e Denuncia da Tortura organizadas por EsCULcA (ver aquí)
- Ourense - Sábado 23 as 20:00' Concertazo Punk na Kasa Negra (r/Ponferrada, 26) en apoio ao Tatto Circus do CSO Palavea de Corunha con entrada de balde e actuarán "Eyaculación Post Mortem","Siniestrosis" e "Sobredosis" (ver acá)
- Vigo - Sábado 23 às 20:30' en A Cova dos Ratos(r/Romil,3).- Charla de Alejandro Forero, membro do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans de la Universidad de Barcelona "Imaxinario libertario, movementos anti-carcerarios e represión na España de entre séculos (XIX-XX)" (ver acolá)
- Setubal, Portugal - Sábado 23 às 11:00 na Praça do Bocage.- Concentraçom contra a Violência Policial (ver aquí)
- Salamanca - Actividades en torno a XVII Marcha ao carcere de Topas: Venres 22 às 20:00 Concentración "Non ao encerro. Solidariedade con as persoas presas" ; Sábado 23 às 20:00 Teatro "La esclusa" + Pinchos veganos ; e Domingo 24 de Marzo - MARCHA AO CÁRCERE DE TOPAS (ver acá)
Leer más...

[Chile] Ruka Inche organiza "Puño en Alto" umha actividade comemorativa no "Día del Joven Combatiente"

Recebemos na nossa caixa de correio duas notificaçons do acto programado polo "Colectivo RUKA INCHE... Encerrando NO se Educa!!!" co galho do "Día del Joven Combatiente" chileno em 29 de março, jornada de luta que comemora o assassinato nesse dia em 1985 dos irmaos Rafael e Eduardo Vergara Toledo a mãos de agentes de Carabineros, durante a dictadura do General Augusto Pinochet. Colamos os textos recebedos (umha vez compilados e traduzidos num só):

Como agrupaçom estamos em permanente rede com outras organizaçons e é por elo que este ano se realizará um acto comemorativo desta data tam emblematica, polo mantemento da memória histórica das pessoas assassinadas pola aparatagem estatal pero com enfase na memória de Jose Huenante, jovem Mapuche desaparecido por Carabineros em 3 de Setembro de 2005 (Mais informaçom AKÁ) na "Población Mirasol" de Puerto Montt e que até a data segue em paradoiro desconhecido.

Se realizará umha jornada Reflexiva/Cultural, com o aporte de bandas locais, cordelaço informativo, feira livre, micrófone aberto, entroutras.

Será desde as 15:00 até as 20:30 hrs em "Población Mirasol", especificamente na cancha telhada (Av. la Cruz com Vicuña Mackena)

A participaçom é livre para quem queira aportar. (para elo contactar a traves do seu correio: larukainche(arroba)gmail.com )

Esperamos participaçom e defusom

Agradecidos de antemão.

PD: Solicita-se apoiem com um alimento nom perecível, utis de aseio ou escolar, para os rapazes da Ruka Inche.

*Atentxs a informaçom nova a través do blogue

sAude

Leer más...

Javier Gabarri Jiménez, de 42 anos, Outra "Inevitável" Morte em Prisom ??.

Recebemos esta triste notícia que vem a amossar a nula preocupaçom do régiem carcerário pola saúde das pessoas presas, dado que só assim se explica que haxa centos de pessoas encirradas com doenças graves. A tal efeito lembrar que a raiz da libertaçom do etarra Bolinaga por enfermidade o jornal oficialista "El Mundo" publicara umha notícia com este cabeçalho: "Cada 3 dias morre no cárcere um reo enfermo como Bolinaga" (lêr acá crónica de Abordaxe ao respeito), e na mesma falava-se de que "Mais de 130 presos com enfermidades graves falecem ao ano, como média, nos cárceres espanhois ou nos seus hospitais de referência. É dizer, um cada tres dias"

Contan de AFAPREMA (Asamblea de Familiares y Amigxs de PREsxs en MAdrid) que Javier Gabarri Jiménez, de 42 anos, faleceu em 20 de março no módulo dous do cárcere Madrid V Soto del Real. Estava encirrado em cumprimento dumha condena de 50 dias e padecia um cáncer linfático. Segundo fontes de familiares de presos, esta pessoa nom estava classificada em nengum grado. Suponhemos que a falha da devida e especializada atençom médica unida à falha de celeridade da Administraçom para otorgar-lhe o terceiro grado a esta pessoa, ou resolver humanamente a sua situaçom, rematou com a vida de Javier. O nosso mais sinceiro pésame à família e amizades.
Leer más...

Breve crónica da concentración en solidaridade con Noelia Cotelo en Compos.

Recibimos na nosa caixa de correos, copiamos e colamos tal cal, esta breve crónica redactada por o compa do blogue VozcomoArma tras a Concentración que tivo lugar en Compos onte (xoves 21) pola mañá en solidaridade con Noelia Cotelo e coas demais persoas presas, así como tamén en solidaridade con Charo Lopes:

Un modesto número de persoas solidarias concentrámonos hoxe na praza do Toural de Santiago de Compostela respostando á fugaz convocatoria de solidaridade con Noelia Cotelo e as demais persoas presas e maltratadas da Galiza e do resto do Estado español.

Durante a concentración, na que participaron persoas de distintos colectivos da cidade coma Mugre (Mulheres Galegas Rebeldes e Engraçadas), asamblea feminista recentemente inaugurada, e persoas involucradas na campaña Cárcere = Tortura, repartíronse diferentes modelos de octavilla (tres, ata onde eu sei) que tiveron boa acollida entre xs peatóns e onde se explicaba a situación actual de Noelia e, ademais, facíase referencia tamén ó caso de Charo Lópes, unha moza independentista que afronta agora unha posible condena de 5 anos de prisión pola súa detención con supostos cargos de danos e desordes públicas no marco dunhas protestas contra a
destrucción medioambiental e os plans especulativos do litoral de Massó, en Cangas do Morrazo. Por certo, Charo ten o xuízo o próximo día 2 de abril nos xulgados de Pontevedra. A pesares das miñas diferencias ideolóxicas, toda a miña solidaridade con ela.

Informouse sobre a situación da peña que permanece presa e é torturada impunemente grazas á invisibilidade que proporciona á cruel realidade carcelaria o silencio cómplice dos medios de comunicación, institucións e partidos políticos que consinten estes atropelos á dignidade e integridade desas persoas para perpetuar un sistema inxusto que xera beneficios sementando desigualdades e agochando baixo a alfombra ó resultado das consecuencias destas (marxinalidade, delincuencia, violencia...)

Finalmente, léronse os comunicados repartidos usando un megáfono e disolveuse sen ter que lamentar incidente algún. A policía, de feito, apenas fixo acto de presencia, salvo por un coche da policía local que pasou unhas catro veces polo noso carón maila que non nos inoportunou en ningún momento.

Ademáis, compañeirxs montaron unha mesa con material de difusión (libelos e fanzines con temática anticarcelaria, panfletos etc) que estivo a disposición dxs interesadxs.

Que este pequeno xesto solidario se una a outros espallados polo Estado español e xuntos sirvan de presión para que a Xunta de Tratamento permita finalmente o traslado de Noe a un cárcere galego, onde poida ser visitada con facilidade e frecuencia pola súa familia, amigxs e demáis achegadxs. Que rematen as torturas nos cárceres e os abusos de calquer tipo, porque as presas e os presos tamén teñen dignidade e son persoas (calificativo que a moitos carceleiros sádicos e sen corazón vailles moi grande). Que rematen, por suposto, os tratos vexatorios enfocados especialmente contra
as presas pola súa condición de mulleres, producto dun sistema heteropatriarcal que as fai obxecto dunha violencia particularmente dura, con agresións sexistas que se reproducen de xeito sistemático coma o intento de violación sufrido por Noelia. Que a solidaridade constrúa salvoconductos clandestinos para as voces disidentes dispostas a todo por denunciar no exterior os abusos que se cometen dentro, e que esas voces
rebeldes atopen o eco que precisan para organizarse e poñer fin non só ós cárceres propiamente ditos, senón tamén á sociedade do 4º grado e o seu réxime baseado na morte e a criminalización da pobreza que as súas propias estructuras xeran.

Noelia non está soa. Noelia non estará soa.
Abaixo os muros de todas as cadeas.


Unha outra crónica desta Concentración sae publicada no xornal electrónico Sermos Galiza asinado por Maria Abelleira da que recollemos istos párrafos e a foto:

Concentración solidaria en Compostela pola volta a Galiza da presa Noela Cotelo

Con motivo da inminente revisión da súa condena, unha maré solidaria exixiu a volta a súa terra da rea coruñesa recluída no penal de Brieva, Ávila. Tras dúas folgas de fame consecutivas en protesta polos abusos sexuais que denunciou ter sufrido por parte dun funcionario, que inda traballa no módulo de mulleres en primeiro grado, a saúde de Noelia Cotelo é extremamente fráxil.

Nun manifesto asinado conxuntamente polas organizacións convocantes, os manifestantes denunciaron “a complicidade” coa que médicos e xuíces, afirman, esconden os “maus tratos, torturas e abusos” que sofren @s pres@s no sistema penitenciario do estado español. Exixiron, ademais, pór fin “as vexacións e ataques sexuais” e prohibir a presenza de carceeiros varóns nos módulos de mulleres.

Baixo o lema de que “a pobreza non pode ser castigada coa prisión”, os colectivos de apoio ás persoas presas reivindicaron rematar coa dispersión carceraria, ben como coma pór fin ás reiteradas mortes baixo custodia, amparadas nas “neglixencias médicas” e no “odio e violencia” cos que, parodoxalmente, se pretende levar a cabo a súa reinserción.

Solidariedade con Charo Lopes

Aliás, convócase unha concentración de apoio á independentista galega Charo López que, o 2 de abril ás 12 horas, acudirá aos xulgados de Pontevedra para se enfrontar cunha petición de pena de cárcere de cinco anos por desordes públicos e danos.
Leer más...

21 mar. 2013

Envio de faxes en solidariedade con Joaquin Manrique, preso en luita dende o C.P de Brians 2

Recibimos un correo notificando esta campanha a prol deste preso enfermo grave e, pese a iso, encirrado no penal de Brians 2. Tambén anunciaban unha concentración de apoio que tivo lugar onte, 20 de marzo, en Sarriá (Barcelona). Colamos a tradución da notícia que recollemos do blogue da Campanha estatal Carcel=Tortura e que asina o Grupo de apoio e individualidades en apoio a Joaquín Manrique Encina:

O estado de saúde de Joaquin é critico como consecuencia dun tratamento a un cancro á garganta, asociado a problemas dentais e inmunolóxicos. El actualmente encóntrase no módulo de enfermaría. Require con urxencia de tratamentos e medicamentos específicos, os cales foron entregados polo equipo médico de forma absolutamente deficitaria ou nula. A súa situación de saúde vaise empeorando cada día e sonlle denegados os permisos e o terceiro grao de xeito sistemático, sendo que hai argumentos abondo pola súa situación de saúde para que poida acceder a estes beneficios. Cabe sinalar que el tivo un rol activo dentro da campaña Cárcere = Tortura denunciando situacións de maltrato, principalmente no cárcere de Lledoners, polo cal consideramos que este posicionamento político dentro do cárcere determinou o tipo de trato e atención que recibiu por parte dos carcereiros.

Por isto facemos un chamado solidario esixindo de forma inmediata o que poida acceder ás atencións que necesita, así como tamén que se lle outorgue o terceiro grao pola súa situación de saúde. O chamado é a realizar envíos de fax entre os dias 18 e 22 de marzo con estas esixencias (achégase modelo de fax con números das institucións ás cales queremos chegar).

Porque xs nosxs compas presxs non estxn só, solidariedade activa¡¡¡¡

nºs de FAX
Fax CP Brians 2: 936935013;
Fax SGIP: 913354052;
Fax Juzgado de Vigilancia Nº5: 935548749;
Fax colegio Medico: 935678899

Módelo de FAX (copia e cola):

DENUNCIAMOS LA SITUACIÓN DE ABANDONO MEDICO SISTEMATICO EN EL C.P. DE BRIANS 2 EN EL QUE SE ENCUENTRA JOAQUIN MANRIQUE DADO SU DELICADO ESTADO DE SALUD.

Joaquín fue sometido a partir de Septiembre del año 2011 a un tratamiento de quimioterapia tras diagnosticarle cáncer en la base de la lengua Si bien el tratamiento fue exitoso en cuanto a la extirpación de los tejidos cancerígenos, su recuperación ha sido compleja y dolorosa, teniendo a la fecha toda la zona bucal y de la garganta muy delicada, lo que le provoca fuertes dolores que le impiden ingerir alimentos. Su situación de salud se agudiza aun mas considerando que se han asociado además problemas dentales y deficiencias inmunológicas.
Él actualmente se encuentra en enfermería del C. P. de Brians 2. Requiere con urgencia de tratamientos y medicamentos específicos, los cuales han sido entregados por el equipo médico de forma absolutamente deficitaria o nula. Su salud empeora cada día, y le son denegados los permisos y el tercer grado de manera sistemática, lo que le permitiría una mejor recuperación junto a su familia. Queremos recalcar que él ha tenido un rol activo dentro de la campaña Cárcel = Tortura denunciando situaciones de maltrato principalmente en la cárcel de Lledoners, por lo cual consideramos que este posicionamiento político dentro de la cárcel a determinado el tipo de trato y atención que ha recibido por parte de los funcionarios-carceleros.
Frente a estas situaciones de negligencias médicas se han interpuestos dos quejas en el Juzgado de Vigilancia Nº 5 de Barcelona (Octubre 2012 y enero 2013) sin tener repercusiones sustanciales en las demandas de mejora de atención. Es por esto que conjuntamente con la ofensiva judicial que se seguirá realizando, queremos denunciar con todas nuestras fuerzas la situación de abandono en la que se encuentra por parte del personal médico de Brians 2 como consecuencia directa de su determinación en denunciar situaciones de maltratos y torturas al interior de las cárceles, dejando claro que Joaquín no esta solo y que en resonancia con su grito de preso en lucha frente a una maquinaria de opresión y tortura carcelaria, haremos eco de su arrojo, apoyándolo en esta delicada situación, exigiendo de forma inmediata una atención acorde a sus necesidades. Así también de forma categórica exigimos que él pueda acceder a permisos y al tercer grado por motivos de enfermedad grave considerando que su situación justifica plenamente esta exigencia. Con esta demanda especifica queremos abrazar también a todos/as los/as presos/as que se encuentra en condiciones graves de salud, exigiendo su libertad inmediata


Leer más...

Ao Rico Negocio dos Cárceres na Espanha da Crise !!

Colamos, depois de traducido, esta editorial da web de AFAPREMA (Asociación de Familiares e Amigxs de Presxs en Madrid)

O desvío "legal" do diñeiro público ás arcas privadas dunhas cantas empresas (sempre as mesmas por certo) para enriquecer uns empresarios (sempre os mesmos por certo) co diñeiro de todos nós, non é nada novo. A privatización dos cárceres é o negociazo do século, algo parecido ao que xa son os desastrosos centros de menores. Fagan cálculos. Case 80 cárceres en España, algunhas con máis de 1.500 persoas presas consumindo produtos, luz, auga... encerradxs, sen máis alternativa que consumir o que outros deciden, traballar polo prezo que outros poñen... un ano tras outro e tras outro. Sempre hai persoas presas, e se non as houbese... búscanse! Que empresas participan en toda este deseño, construción e abastecemento dos cárceres? Alguén puido velo nalgún sitio? Nós non... é público? Si... pero non... Onde está publicado? Por que non se achega esa información? A realidade é que é un negocio que non vive crise... Finalmente os cárceres privatízanse xerando primeiro a idea de que nos sae moi caro cada persoa presa, para logo argumentar que nos sairá máis barata a opción privada ao resto da sociedade (cando o que nos sairía moito máis económico sería revisar con seriedade a quen e por que están presas as persoas que hai dentro -a maioría por delitos contra a propiedade e por delitos contra a saúde pública- e se realmente, a estas persoas non se lles podería substituír estas penas de cárcere por outras medidas que beneficien realmente á sociedade). Por que non se fai? Pois dá que pensar... O negocio dos macrocárceres está servido. Neste contexto, xa no mes de abril comezaremos a ver a privatización dunha parte: vixilantes de varias empresas de seguridade privada constituíron unha UTE (unión temporal de empresas) e van conseguir a seguridade exterior dos cárceres, tal como informaramos neste mesmo blogue de Abordaxe
Leer más...