20 mar 2013

Concentración por Noelia (Compostela)

Máis vale tarde que nunca, aínda que a escasas 12 horas do evento en cuestión, damos cumprida conta da petición de difusión da seguinte convocatoria:


Mañá xoves 21 ás 12:00h, na compostelana Praza do Toural, concentración en solidariedade coa presa Noelia Cotelo. Agora que se reúne a Xunta de Tratamento do cárcere de Brieva para decidir sobre o seu caso, é importante que fagamos presión para conseguir que a trasladen a unha prisión galega, como é o desexo desta presa coruñesa.

Tamén podedes presionar ao seu favor chamando ou mandando faxes ás institucións pertinentes como xa explicamos nestoutra nova do noso blog: aquí


Redactado por C.R. con diversa información achegada ao noso blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario