6 ago 2014

Preso enfermo moi grave foi maltratado e encirrado en régimen especial de castigo (illamento) no cárcere de Soto del Real

Informa Boletín Tokata.- Escríbenos unha persoa presa digna e solidaria denunciando a terrible situación doutro compañeiro, enfermo grave e en illamento, onde recibiu varias malleiras dos carcereiros, sen ningunha consideración ao seu estado:

Ola, estimados rapaces! Recibín a vosa publicación -retomada- alégrame saber que a razón dun propósito deixe fóra calquera mal entendido ou diferenza dalgúns... a loita ante tanta inxustiza é para un ben común, pero como sempre digo DECATARSE É GRATIS!! "Quen non se rebela contra a opresión sométese a si mesmo á inxustiza".

Por acá andamos con escritos a ver se lle dan a liberdade condicional a un compañeiro por enfermidade incurable, ainda por riba estes verdugos e a "conchesumadre" no mes de marzo déronlle dúas malleiras, os días 12 e 13. Coa segunda tivérono que hospitalizar 4 días ao hospital da rúa. A raíz de aí foi empeorando, téñeno que sacar de aquí, de illamento, todos os días para darlle respiración asistida unhas horas en enfermaría. Chámase P P P V, leva dous anos en illamento, primeiro grao. En breve mandarei un escrito ao grupo de Galicia para que fagan un comunicado e se faga unha presión con fax a diferentes estamentos: valedor do pobo, ministerio de saúde, DGIIPP, congreso dos deputados...

Que como tivo movida cun verdugo o putean ao rapaz. Xa ten 50 anos e leva 16 preso.

Ben, sen máis me despido desexándolles moita saúde e ánimos para seguir loitando para un ben común.

No hay comentarios:

Publicar un comentario