7 jul 2014

[Sanxenxo] Nota de Prensa de SOS Panadeira ante as acusacións de agresón a un aluno da escola de vela

Puxeronse en contacto con nós dende este colectivo que está luitando polo respeito ao mar e a terra contra os desmáns dos intereses especulativos e destruitivos, e levan meses protestando contra a construción de novos amarres para embarcacións de ricos nas praias urbanas de "A Panadeira" e "Os Barcos" por parte do "Real Club Náutico de Sanxenxo" e do que xa vimos dando conta en Abordaxe. Agora, alarmadas pola repercusión mediática das mentiras lanzadas por Pedro Campos Calvo-Sotelo, presidente do "Real Club Náutico de Sanxenxo", acusando a un membro desta Plataforma veciñal de empurrar e tirar ao chan a un meniño de 11 anos e por unhas supostas ameazas de morte contra el aparecidas en cartaces e pintadas. Ademais o señor presi e regatista colega de JuanCar e familia, presentou denuncia ante a Garda Civil por estes supostos feitos.

A todo isto SOS Panadeira rexeita tais acusacións, alega que non houbo agresión algunha e que teñen a certeza de que a campaña dos cartazes (ver foto*) foi osquestrada polo mesmo Pedro Campos, ademais doutras coisas, e colamos para axudar na sua difusión e tambén convidamos a difundir por todos os medios:

NOTA DE PRENSA DE SOS PANADEIRA

A Plataforma veciñal SOS PANADEIRA ante las falsas e alarmantes declaracións realizadas por Pedro Campos Calvo-Sotelo aparecidas nos medios de comunicación do pasado fin de semana MANIFESTA o seguinte:

PRIMEIRO.- Mostrar su total apoio a ese membro tan activo, precisamente pola súa actividade, sempre pacifica e conciliadora, na defensa de dos bens de todos.

SEGUNDO.- É absolutamente falsa a acusación de agresión o menor e así se demostrará en xuízo. Porque os que alí estábamos sabemos perfectamente que só se ofreceu a axudarlle a baixar o seu veleiro pola rampa, por onde accederan os seus compañeiros. É moi lamentable que Pedro Campos Calvo-Sotelo utilice a un menor para calumniar a noso colectivo. Queda así definida a súa catadura moral.

TERCEIRO.- Os únicos actos terroristas – e non precisamente de baixa intensidade – que se produciron dende o inicio desta defensa das praias os sufriron os membros de SOS PANADEIRA, e foron varios:

* Agresións a dous membros de SOS as 7 da mañán por matóns que, tras a súa violencia, refugiaronse no Náutico.
* Agresións levadas a cabo polo dirixente do Náutico Cesar Elizaga Viana na rampa de acceso a Praia a un membro de SOS PANADEIRA de avanzada idade.
* Ademais de outras 3 agresións sufridas por membros de SOS PANADEIRA e que contan con parte de lesións e que poñemos a disposición dos medios.

Ningún destes actos nunca foron condenados por Pedro Campos Calvo-Sotelo, quen promove coa complicidade da Xunta de Galicia nas persoas de Feijó e Durán outro terrorismo de moi alta intensidade polas súas consecuencias: o medioambiental.

CUARTO.- A escola de vela a que fai referencia Pedro Campos Calvo-Sotelo NON EXISTE. Perdeuse fai tempo pola súa mala praxes a favor de Vilagarcía de Arousa

QUINTO.- Fronte o victimismo de Pedro Campos Calvo-Sotelo, destacamos a insoportable presión que cada día membros de SOS PANADEIRA sofren en forma de insultos, ameazas e calumnias, por parte de individuos a soldo do RCNS, e supostamente a ordes do seu xefe. Neste enlace do blogue de SOS PANADEIRA tendes un arquivo de audio con documento sonoro do sofrido día a día.

SEXTO.- Rexeitamos todas as acusacións de Pedro Campos Calvo-Sotelo sobre carteis(*) e ameazas, pois temos a certeza de que foron planificadas por el para demonizar a SOS PANADEIRA, pois non é casual esta campaña orquestada xusto antes da inauguración.

SEPTIMO.- Fala co seu descaro habitual Pedro Campos de cruzar límites inadmisibles precisamente el, tan acostumado a que nosas administracións admitan todos os seus excesos, abusos e corruptelas, sen límite algún. Tamén menciona os seus exiguos e interesados apoios, e aquí lle recordamos que as adhesións a SOS PANADEIRA no seu único obxetivo, que é a defensa das praias, recibiu e recibe o permanente respaldo dende todos os continentes, así como de moitos socios do Club que lle paga o seu salario.

Por último, queremos transmitir que SOS PANADEIRA seguirá na súa loita xudicial, que sabe larga. Asimesmo, non dubida de que alcanzara o seu obxetivo, de modo pacífico e dando a cara, como ata agora, e co apoio de todos os veciños, que neste pasado fin de semana sufriron esta campaña de intoxicación por parte de Pedro Campos Calvo-Sotelo, e que tanto danou a imaxe da nosa vila.
.............................

Nota de Abordaxe:- A foto está colada dun xornal dixital onde dan publicidade da versión de Pedro Campos sen contrastar con a de SOS Panadeira (ainda que nós tampouco damos a del), curiosamente no pé da foto figura © Club Náutico de Sanxenxo (será pola foto ou será polo cartaz? ou por ambas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario