9 jun 2014

[Compostela] Sábado 14 ás 18:00 Acto en Solidariedade con Marie Mason e Eric McDavid, no CSO Escarnio e Maldizer.

O acto consistirá nunha palestra para presentar o caso dxs compas "ecoanarquistas" Marie Mason e Eric McDavid, actualmente encarceladxs en EE.UU. por loitar en defensa da Terra e a natureza. Falarase sobre o caso de ambos, o que os levou ata esta situación, e como foron traizoadxs por aquelxs en quen confiaron. Tamén se informará sobre cal é a súa situación actual e como podemos axudar na solidariedade internacional.

Haberá material informativo do caso para o seu reparto e distribución.

O evento pretende ser unha contribución solidaria á xornada do "11 de xunho", que dende xa fai uns anos serve de referencia globalmente para a realización de actos e accións de solidariedade cxs anarquistas presxs de longa condena. Por problemas de axenda do CSO este acto terá lugar o día 14, aínda que procede da convocatoria para o 11 de xunho, da que tedes máis información aquí: http://june11.org

Que este tipo de actos se extendan e a solidariedade se faga patente dentro e fora dos muros.

Pola liberación total e a anarquía!

No hay comentarios:

Publicar un comentario