18 jun 2014

Chile – Os compas Hermes González e Alfonso Alvial, condenados en procedimento abreviado a 5 anos de liberdade vixiada

Traducimos do publicado polo compa de "Rebelión de las Palabras":

Os anarquistas Alfonso Alvial e Hermes González foran detidos o pasado 11 de setembro de 2013 na comuna de Pudahuel (Santiago de Chile). Foran arrestados nas proximidades dunha sucursal de BancoEstado onde pouco antes un outro compañeiro, Sebastian Oversluij, intentara levar a cabo unha expropiación, morrendo asasinado polo bastardo garda de seguridade, que o furou a tiros.

Agora, tras máis de 6 meses de prisión preventiva, e segundo comunica unha noticia publicada no blog das compas de Publicación Refractario, o pasado 13 de xuño os dous compañeiros terían aceptado un procedemento abreviado coa Fiscalía Occidente, no cal os dous terían quedado condenados a 5 anos de liberdade vixiada por cargos de roubo con intimidación en grao de tentativa e porte ilegal de armas de fogo, saíndo ese mesmo día do cárcere. Así, agora os compas poden volver rodearse dos seus, aínda que con vixilancia constante e medidas preventivas. En calquera caso, é mellor que o cárcere...

Solidariedade e forza para os que seguen tras as reixas!
Solidariedade e forza para Tamara Sol, que se encontra encarcerada por vingar a morte de Sebastian, disparando - non fatalmente por desgracia - contra outro garda de seguridade dunha sucursal do mesmo banco!


Máis información en Abordaxe sobre Alfonso Alvial e Hermes González:

11/12/2013.- [Chile] Un guarda de seguridade mata un atracador e a prensa volta falar do caso Bombas

13/12/2013.- [Chile] Mais información sobre o intento frustrado de expropiación dun Banco

7/3/2014.- [Chile] Semana de axitación e solidariedade revolucionaria con os/as presos/as da guerra social en Santiago.

No hay comentarios:

Publicar un comentario