9 may 2014

[Italia]: Presentación de Cruz Negra Anarquista de Roma

Reproducimos o escrito da recén creada Cruz Negra Anarquista de Roma na súa presentación pública na ocupa Bencivenga de Roma o pasado 25 de abril, que recollemos de ContraInfo:

Lumes de revolta seguen arriscando as tebras dun mundo, doutra forma orientado ao aniquilamento do individuo e á escravitude homologada: estas páxinas están destinadas a atizar estes lumes e a acender novos.

Unha das poucas vantaxes dadas pola parasita busca de información global é descubrir que tamén nas antípodas hai corazóns que palpitan ao mesmo ritmo que o noso e que arman mans hábiles para facer moito máis que teclear sobre un teclado. A carreira cara ao abismo da sociedade tecnolóxica faise cada vez máis tola, pero os combatentes de todo o mundo manteñen o paso e, aínda a risco de ser escachados por un monstro xigantesco, intentan obstaculizalo e facelo caerse. Agora é o momento de arremangarse e facer máis.

Con esta tensión, decidimos de dar vida a unha nova Cruz Negra Anarquista. Empezamos este percorrido coa conciencia de vivir en tempos nos cales é sempre máis doado pagar un prezo alto por decidir continuar difundindo certas ideas e prácticas, pero sempre dixemos que a resignación é complicidade e -se ben non nos encontramos entre xs que cren que "o bolígrafo vale tanto como o fusil"- resulta xa evidente que tamén no interior do chamado movemento anarquista veuse a crear unha intolerable homoxeneidade de pensamento, que as prácticas que o acompañan se parecen cada vez máis ao resultado dunha poxa á baixa e que entón sexa imprescindible volver facer oír outras voces. Rompamos o silencio enxordecedor destes últimos anos, conscientes do feito de que certas voces, tamén as nosas, durante demasiado tempo, non se fixeron oír.

Esta nova Cruz Negra nace co obxectivo específico de converterse en palestra de ideas con, como mínimo denominador común, a centraliade da práctica destrutiva: xa abonda usar a definición "acción directa", visto que parece ter adquirido o significado de "todo e o contrario de todo"... Obviamente daremos o maior espazo posible á contribución dxs compañeirxs que remataron nas redes da represión sen reducirnos a unha especie de cruz vermella pintada, senón apoiando de todas as formas a continuación dos seus camiños de loita.

O obxectivo do proxecto, que nunca deberá asumir o ton ou as formas do asistencialismo, é o de relanzar certas ideas e, consecuentemente, certas prácticas.

Esperamos que, partindo destes presupostos, se cree un debate real, que non caia nunca na miserable conformidade, senón que máis que nada estea vivo ata o punto de acenderse ata o enfrontamento, porque estamos cansos do morno e hipócrita "está ben todo".

Decidimos dar forma de papel ao boletín, máis tanxible e duradeiro do pasar veloz da rede, mantendo de todos os xeitos o correspondente blog coa fundamental función de reserva e de instrumento máis rápido para a difusión de noticias e comunicados sobre as accións e a represión. Sentimos a decisión da forma física do xornal non como un fetiche estéril e nostálxico, senón convencidxs que non podemos seguir lamentándonos dos danos destrutivos da sociedade tecnolóxica e ignorar como tamén nós, anarquistas, nos deixamos reducir a simples "usuarixs" dun mundo cada vez máis virtual no que tamén as loitas entran no idiota mecanismo de ser maiormente "de éxito" sobre a base de cantos "me gusta" máis reciben.

Ademais desexamos recrear un lugar físico no que verse, consultarse e encontrar novxs cómplices. Esperamos recibir moitas contribucións, tamén críticas e faremos o posible por crear ocasións para presentar o boletín e finalmente volver mirarse aos ollos mentres se fala daquilo que segue sendo noso desexo máis ardente: a destrución deste existente que nos aniquila e a alegría de contribuír a velo caer en entullos.

Bencivenga ocupado
Via Bencivenga 15 Roma

No hay comentarios:

Publicar un comentario