25 mar 2014

"Ana Terradillos" e a súa teima: A "xornatonta" da SER focaliza en "Resistencia Galega" os disturbios de Madrid no 22M

O desta tipa (ou tipo, que a min dame a espiña que é o pseudónimo dun home), Ana Terradillos, é de risa ou doutro mundo, despois das súas espectaculares crónicas do descubrimento do "Triángulo Mediterraneo Anarquista" (ver aquí e acá en Abordaxe) agora chega "Todo galego que se mova é de Resistencia Galega".

E así veño de saber por unha crónica do xornal Praza que Resistencia Galega sería quen liderou e organizou os principais altercados que se produciron en Madrid tras a manifestación das Marchas da Dignidade (!!), e remite ao atestado policial adiantado a Cadena Ser, dando un enlace a notícia desta emisora dependente, que nos leva a un recadro asinado pola susodita, que di textual (traducido):

Os actos violentos foron liderados por 150 radicais achegados a Resistencia Galega, segundo a Policía

A Policía recolle no seu atestado policial que os actos de violencia de rúa estiveron liderados por radicais simpatizantes de "Resistencia Galega". A brigada de información de Madrid fala de arredor de entre 150 e 200 persoas todas achegadas a este grupo terrorista que comezaron os altercados dunha forma moi organizada diferente a outras manifestacións sorprendendo incluso aos efectivos policiais despregados.

Entre os detidos de feito hai catro galegos. Entre os obxectos que se lles incautaron hai martelos, tirarollas, e paos que levaban un pincho de ferro na punta a xeito de lanza. Segundo recolle o atestado policial, en total habería arredor de 1.000 violentos que se infiltraron entre o resto de manifestantes para despistar aos antidisturbios e ralentizar a súa actuación.

ANA TERRADILLOS

Vese que para Terradillos o feito de houbera 4 detidas galegas (dun total de 24) é sintomático. O que non aclara é se os obxectos intervidos eran tambén de ascendencia galega ou foran feitos nalgún outro cocedeiro de terroristas.

E pensar que hai quen cobra por escreber esas cousas!!

asdo eDu

2 comentarios:

  1. http://www.cadenaser.com/actualidad/fotos/ana-terradillos-plaza-tahrir/csrcsrpor/20110205csrcsr_2/Ies

    http://www.cadenaser.com/internacional/fotos/egipcio-explica-ana-terradillos-han-pasado-noche/csrcsrpor/20110203csrcsrint_10/Ies

    http://www.cadenaser.com/internacional/fotos/hermanos-musulmanes-queremos-instalar-estado-islamico-civil/csrcsrpor/20110210csrcsrint_2/Ies

    ResponderEliminar
  2. Non é un home, é un ha muller, concretamente unha xornalista de Hora 25, espacio de actualidade política conducido pola progre feoguapa Ángels Barceló.20 veces xa se dixo aquí.

    ResponderEliminar