31 mar. 2014

Detidos do 22M en Madrid denuncian o trato inumano recebedo na comisaría

Colamos de Esculca:

D.C. e I. mozos galegos postos en liberdade (con cargos mais sen fianza nin medidas cautelares) despois a súa detención na Marcha da Dignidade celebrada o pasado sábado en Madrid, denunciaron o "pésimo trato" recibido nas horas seguintes ao seu apresamento e posterior traslado aos calabouzos de Moratalaz onde permaneceran case 48 horas.

D.C. lembra que minutos antes de concluír a hora fixada para o fin da mobilización, a policía comezou a cargar, sobre as 20.45 horas, e que pouco despois foi detido. "Estaba a manifestarme na rúa Xénova de forma pacífica. Entón veu un policía da secreta sen identificación, deitoume ao chan e púxome as alxemas", relatou, e asegurou a seguir que o único que lle dixeron é que se lle ía "a caer o pelo, simplemente por escapar deles".

Da súa permanencia no calabouzo, lembra o "trato pésimo" que lles deron tanto a el como ao resto de detidos.

"Foron dous días pésimos, a comida pésima, a luz estaba acendida, non podiamos durmir, tiñamos que mexar polos ocos da cela, porque non podiamos ir ao baño", relatou.

Manifestou ademais, que os axentes os calificaron de "independentistas extremistas", cousa que rexeitou.

Outro dos arrestados foi I., guitarrista galego do grupo Skandalo, que permaneceu case dous días nos calabozos xunto cunha muller (tamén galega) que o acompañaba.

"Andando xa fóra da manifestación, un grupo de policías secretas e antidisturbios tiráronnos ao chan e detivéronnos; tivéronnos media hora coa cara contra o furgón e nin me deixaban mirar para a miña compañeira nin poder relaxarnos un mínimo", denuncia nun texto que circula por varias redes sociais. O guitarrista de Skandalo denuncia que el, xunto a outros detidos, foron enviados a unha comisaría, onde estiveron "nove horas de pé, cos brazos ergueitos contra a parede mentres recibiamos berros e insultos".

"Logo leváronnos aos calabouzos, onde prendían e apagaban as luces aleatoriamente para que perdesemos a noción do tempo... Non nos deron nin un mísero vaso de auga en 35 horas e só nos deixaron ir mexar cada 12-13 horas", explica, tras denunciar tamén que os axentes "prendían o aire acondicionado" para que os detidos pasasen frío, mentres seguían a "insultalos e desprecialos".

"Tratáronnos coma se fosemos ratas", insiste o galego detido, que destaca que o grupo que formaron todos os arrestados impediu "que os ánimos caesen". Todos -menos un mozo de 21 anos (Miguel) que permanece en prisión preventiva acusado de intentar agredir un policía cun adoquín na cabeza- foron postos a disposición xudicial e posteriormente en liberdade con cargos a espera do xuízo.
Leer más...

Ofensiva represiva do goberno contra a Dignidade do pobo

Colamos (traducido) este artigo de opinión de AlasBarricadas:

As dúas manifestacións celebradas antonte en Madrid e en Barcelona remataron sendo disoltas a paus pola policía antidisturbios. Ambas as dúas tiñan motivos diferentes, pero ambas as dúas desafiaban frontalmente o sistema. Unha pedía a renuncia da monarquía, e a outra a retirada de cargos das vinte persoas procesadas polo rodeo do Parlament de Catalunya, de 2011 ademais de contra a Lei de Seguridade Cidadá.

Xunto coas marchas da Dignidade da semana pasada, e as folgas estudantís e obreiras, o que queda de manifesto é que o estado se está a blindar de cara a un aumento e radicalización da protesta social. Os medios de comunicación afíns ao Goberno, preparan o terreo. O problema para eles é que a credibilidade do goberno, e dos seus propios medios de comunicación é tan baixa que non poden ter éxito. O bloqueo informativo féndese. O millón de persoas que se manifestaron o outro día, ou as miles do sábado non poden silenciarse.

O Goberno entrou nunha fase desesperada de intentar desactivar a disidencia, non importa a que sexa. Quérea sacar da rúa, invisibilizarla, illala. Toda persoa descontenta que se manifesta é unha inimiga á que anular á primeira ocasión. E esta medida vaille saír cara. Tenlle que saír cara. Cara, posto que xa non podemos permitirnos seguir aguantando novas derrotas, novos recortes, novas leis represoras. Non podemos quedar de brazos cruzados mentres se arruína o noso futuro e condénasenos por queixarnos.

Agora mesmo a prioridade ademais de organizarnos máis e mellor, pasa por desactivar as medidas represivas que se nos queiran impoñer. Non podemos permitir os ataques á liberdade de expresión, de manifestación, de opinión ou de comunicación. Non podemos permitir o illamento e o esquecemento da xente que foi detida e encarcerada por loitar. Debemos exercitar a solidariedade cos que sexan os nosos compañeiros de loita. Debemos axitar e actuar para estender a concienciación doutros sectores populares que acaben de comezar na loita social. É necesario máis que nunca converter todas as protestas sociais en mobilizacións de masas. É necesario tomar conciencia da necesidade de organización para que o noso movemento poida ser algún día decisivo no curso da vida política e social deste país. A dispersión e atomización fainos débiles, permite que se nos poida illar, dividir e enfrontar.

Este sistema debe caer.
Leer más...

[Venezuela] O Chavismo de Maduro - O mellor monicreque do Ímperio

Colamos do blogue venezolano "SocialDemencia" este artigo de opinión asinado por Víctor Camacho onde analisa ese dito "moi á lixeira" de que os ianquies pretenden inxerir na política venezolana para roubarlles o petroleo, cando a realidade é que xa teñen muito poder sobre ese petroleo, sobretodo grazas á proliferación de empresas transnacionais de capital mixto onde grandes emporios do petroleo, muitos deles ianquies, coparticipan con a empresa pública venezolana do petroleo PDVSA; e non só nas petroleiras hai empresas mixtas, tambén existen en materia agrícola, industrial, automotriz e tecnolóxica con muitas oturas grandes transnacionais, o que leva ao Víctor Camacho a concluir con que o mellor goberno monicreque para os gringos é aquel que responde aos seus intereses con o apoio popular do país saqueado. Colamos traducido o artigo:

Dise moi doadamente que a actual situación de Venezuela é unha inxerencia dos EEUU para roubar o petróleo, pero a verdade é que EEUU xa ten poder sobre o petróleo venezolano e non só non lle interesa desestabilizar a Venezuela, senón que non lle convén.

O verbo incendiario contra EEUU do goberno venezolano non pasa máis alá diso, dado que nos feitos hai moitos negocios e cooperación coas transnacionais norteamericanas e entre outras potencias, en especial en materia petroleira. A figura preferida é a das empresas mixtas (empresa resultante de capitais públicos e privados), entre as que destacan (1):

Petroboscán, S.A.= PDVSA + Chevron (EE.UU.)
Petroregional del Lago, S.A.= PDVSA + Shell (Reino Unido-Países Baixos)
Petroquiriquire, S.A. = PDVSA + Repsol (España)
Petrodelta, S.A. = PDVSA + Harvest-Vinccler (EE.UU.)
Petroindependiente, S.A. = PDVSA + Chevron (EE.UU.)
Petrolera Sino-Venezolana, S.A. = PDVSA + CNPC (China)
Baripetrol, S.A. = PDVSA + TECPETROL(Arxentina)+ LUNDIN(Suecia)+ PERENCO(R.Unido-Francia)
Boquerón, S.A. = PDVSA + TNK-BP (Rusia)
Petroperijá, S.A. = PDVSA + TNK-BP (Rusia)
Petrowarao, S.A. = PDVSA + PERENCO (Reino Unido-Francia)
Petrocumarebo, S.A. = PDVSA + VINCCLER (EE.UU.)
Petroguárico, S.A. = PDVSA + INPEX (Xapón)
Petronado, S.A. = PDVSA + CGC (Arxentina) + BPE (Ecuador) + KNOC (Corea do Sur)
Petrowayu, S.A. = PDVSA + PETROBRAS (Brasil) + WILLIAMS (EE.UU.)
Petroven-Bras, S.A. = PDVSA + PETROBRAS (Brasil) + COROIL (Francia)
Petrokariña, S.A. = PDVSA + PETROBRAS (Brasil) (2)

E iso só por mencionar algunhas e exclusivamente en materia petroleira, pois tamén hai empresas mixtas e cooperación en materia agrícola, industrial, automotora e tecnolóxica con moitas outras grandes transnacionais. Inclusive, executivos da petroleira Chevron dixeron sentirse moi orgullosos de ser socios de PDVSA(3), e por conseguinte, da Revolución. Dese modo, veremos que EEUU xa ten pleno acceso ao petróleo venezolano e os seus mercados e non necesita de ningún outro tipo de inxerencia para logralo. Ademais, problemas na produción petroleira levou a unha insuficiente subministración de gasolina para o consumo interno(4), polo que o goberno se viu na necesidade de importar gasolina, especialmente dos EEUU. Isto non só pon en risco a independencia enerxética, senón que nos devolve aos períodos da 4ª República en que eramos exportadores de materias primas e importadores de produtos procesados ou refinados. O ambiente economicamente hostil de Venezuela, con alta inflación, control cambiario, pesadas regulacións, beneficia ás grandes compañías que poden compensar eses obstáculos, ao mesmo tempo que evita que elas teñan que competir con novas empresas. De feito, as grandes transnacionais xa establecidas no país, a pesar do verbo anti-empresarial do goberno, queren permanecer en Venezuela dado que as ganancias son exorbitantes a pesar do riesgo(5). Así se demostra que Venezuela non representa ningún rompemento co capitalismo internacional, senón un afondamento enmascarado deste.

Doutro lado, a tese dun EEUU famento de petróleo estranxeiro xa non é tan válida como antes. Dende a chegada do goberno de Obama, EEUU ten dado grandes pasos cara a unha política de independencia enerxética, a cal foi bastante agresiva. De aí a alegría dos gringos polo desxeo do Ártico (con posibles fontes de hidrocarburos baixo mar xeado), a explotación de xisto e o desvastador fracking. Mesmo Obama, antes do desastre no Golfo de México pola plataforma Deepwater Horizon, fora un gran promotor da explotación petroleira en augas profundas. Despois do desastre ambiental, quizais viu que isto daría mala publicidade. O gran punto é que EEUU vai camiño á autosuficiencia enerxética (6) e, moi posiblemente, nos próximos anos convértase en exportador de petróleo, competindo cos seus actuais vendedores(7).

Ata ese día, a EEUU non convenlle unha situación de desestabilización en Venezuela, dado que iso adoita vir acompañado con fallas na subministración e máis altos prezos do barril. O goberno venezolano, de Chávez a Maduro, representan o mantemento do status quo, dado que son as súas accións e non o seu discurso o que importa aos EEUU. Mesmo, o goberno venezolano é efectivo contra a disidencia, non só en contra da oposición, senón contra os mesmos movementos sociais que reivindican os dereitos ambientais, laborais e indíxenas, criminalizándoos e acusándoos de traidores e de traballar para as oligarquías. Este descrédito a calquera loita social que non estea acorde cos intereses do Estado, adoita beneficiar ás transnacionais, de calquera industria e país.

Moitos chavistas e esquerdistas din que non queren un goberno monicreque dos EUA, pero o mellor goberno monicreque para os gringos é aquel que responde aos seus intereses co apoio popular do país saqueado. Un goberno monicreque que un pobo enganado manterá no poder.

Notas:

1) Lista publicada en la página web de PDVSA: http://www.pdvsa.com/index.php?tpl=interface.sp/design/readmenu.tpl.html&newsid_obj_id=7565&newsid_temas=97
2) Con información de la Asociación Venezolana de Hidrocarburos: http://www.avhi.org/convenios07.htm
3) Chevron orgullosa de poder ser socia de Pdvsa en la Faja del Orinoco: http://www.aporrea.org/energia/n244082.html
4) Se dispararon 138% las importaciones de derivados petroleros: http://www.eluniversal.com/economia/130629/se-dispararon-138-las-importaciones-de-derivados-petroleros
5) ¿Por qué las multinacionales no se van de Venezuela? http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2014/02/140205_venezuela_economia_transnacionales_dp.shtml
6) EE.UU., próximo a la autosuficiencia energética http://www.aporrea.org/internacionales/a158227.html
7) EE.UU. sería el primer productor mundial de petróleo en 2017: http://www.lanacion.com.ar/1525813-eeuu-seria-el-primer-productor-mundial-de-petroleo-en-2017

Leer más...

Recopilatório de Accións Solidairas con os encausados en Chile no Caso Security

Na web ContraInfo foronse subindo diversas acción solidarias con Freddy, Marcelo e Juan, os tres chilenos acusados no xuízo político coñecido como "Caso Security" circunscritas no marco da "Xornada de Axitación Solidaria Internacionalista" que se convocara para os días entre o 14 e o 25 de Marzo (ver acá).

Entre elas este deseño realizado por Mónica Caballero (chilena encirrada no cárcere de Brieva acusada de poñer un artefacto explosivo na basílica de El Pilar de Zaragoza). Tendes acceso a tal recopilatorio solidario neste enlace (en português) e nestoutro enlace (en castelán). Motíns, sabotaxens, pintadas, ataques a sucursais bancarias, faixas... foran algunhas destas accións realizadas e reivindicadas en diferentes lugares do mundo (Chile, Arxentina, Grécia, Uruguai, Galiza, Andalucía, Alemaña, Indonesia,...)


colado x eDu
Leer más...

[Grécia] Encontro Europeu Antifascista em Atenas 11, 12 e 13 de abril de 2014

Reproduzimos esta convocatória europeia facilitada por ANA-agência de notícias anarquistas:

POR UMHA EUROPA LIVRE DE FASCISMO, RACISMO E SEXISMO EM UM MUNDO DE LIBERDADE E SOLIDARIEDADE SOCIAL

Setenta anos depois da Segunda Guerra Mundial e da derrota do fascismo, a Europa se encontra frente ao desafio de umha ultradireita nazi e racista em ascensom. Em tempos de crise econômica e de duros ataques contra os direitos dos trabalhadores e da populaçom em geral, especialmente os direitos dos povos do sul da Europa, da França até a Ucrânia (com os nazis no poder) e da Noruega até a Grécia, partidos e grupos xenófobos começam a ter influência na sociedade, inclusive nas classes pobres e excluídas, por toda a Europa. Começaram a tomar parte na formulaçom de desenvolvimentos políticos e a se envolver nas sociedades, colégios, ruas e bairros da classe trabalhadora, assim como em parlamentos nacionais e instrumentos estatais, sobretudo na polícia.

A ascensom da ultradireita Nazi e racista nom surgiu do nada. Foi disparada pelas políticas anti-imigraçom dos governos europeus, pelo crescimento da islamofobia, pelo conceito de umha Europa-fortaleza, pela histeria, o terror e a xenofobia propagadas pelos meios de massas; se alimenta do desenvolvimento de diversos nacionalismos, como resposta desorientada à globalizaçom capitalista, da irresponsabilidade do imperialismo e da demonizaçom das diferenças culturais; foi acelerado pelo aumento da repressom estatal, o cancelamento dos direitos de grande parte da classe trabalhadora e o aumento do desemprego; é estimulado pela fragmentaçom social e a crise de identidade de amplas camadas da populaçom, com o pano de fundo dos valores tradicionais (pátria, fé, família, etc.), o reforço dos padrons sexistas e patriarcais, os modelos de comportamento militaristas e machistas; é legitimado pela corrupçom e a falta de confiança no sistema político que está no poder, pela carência de acçom política radicalmente anti-sistema nas décadas passadas e pela confusom ideológica de grande parte da classe trabalhadora.

Desta forma, no entorno favorável da “lei e da ordem”, a “consolidaçom da segurança” e a “luta contra o crime”, nazis, fascistas e racistas apontam suas armas, metafórica e literalmente, contra o novo “inimigo interno”: homens e mulheres imigrantes, refugiadxs, ciganxs, gays, lésbicas, transexuais, seropositivxs, e qualquer pessoa que nom esteja de acordo com as normas e estereótipos dominantes. As mesquitas e sinagogas, assim como os lugares onde se reúnem as pessoas sem teto ou viciadxs em drogas, enfrentam a violência nazi.

Por desgraça, assim como se provou ao longo da História, a retórica e a acçom fascista coincidem com os objetivos dos governos e da autoridade, mesmo que as vezes pareçam se enfrentar ou tentar restringir xs fascistas; depois de tudo, som o último argumento dos estados quando todas as outras ferramentas para a manipulaçom política e ideológica da sociedade foram esgotadas.

Particularmente hoje, quando os ataques neoliberais contra os direitos sociais e as liberdades políticas nom param de crescer, quando as práticas do “estado de emergência” constituem a base da maioria das políticas governamentais europeias e das estratégias da Uniom Europeia, quando a democracia parlamentar foi reduzida a “democracia governamental”, a luta contra o racismo, o fascismo e o Nazismo, para que seja efetiva, tem de se focar também contra aquelxs que saqueiam e destroem sociedades, que se alimentam da “guerra contra xs pobres” para permanecer no poder, aquelxs que impõem a uniformidade asfixiante da pureza nacional e racial, a normatividade sexual e o alinhamento político com sua própria ideia de legitimidade com o fim de aumentar a desigualdade social.

Racistas e Nazis definitivamente têm um oponente que continua ficando mais forte: o movimento massivo e plural que luta nas ruas de toda a Europa, nom só contra o terrorismo fascista, mas também contra aquelxs que o sustentam e protegem: as políticas contra movimentos de base, o comportamento policial arbitrário, o totalitarismo neoliberal em si e o sistema que o impõe.

Com estas ideias em mente, acreditamos que o Encontro Europeu Antifascista, que será em Atenas nos dias 11, 12 e 13 de abril, deve:

• Transmitir umha forte mensagem de luta coordenada contra o fascismo, tomando iniciativas em nível europeu (dias comuns de acçom, protestos frente a embaixadas de países culpados por crimes racistas, de Lampedusa até Farmakonisi, etc.) e a nível nacional ou local (bloqueio de um campo de concentraçom, apoio a um evento de orgulho gay em países onde estes eventos som reprimidos, etc.).

• Mostrar que a luta contra o fascismo e o Nazismo é ao mesmo tempo umha luta contra o racismo e o sexismo, fazendo o melhor uso da campanha, dos discursos chave e oficinas, incluindo seus textos e práticas; que umha pessoa antifascista nom pode apoiar políticas que promovam o fascismo, e que portanto nom pode ser sexista ou reclamar do número de imigrantes que vivem em seu país.

• Ajudar xs companheirxs, locais e extrangeirxs, que lutam contra o fascismo, conectar sua luta com a batalha de classes populares mais amplas, especialmente a juventude, e elevar suas acçons em todos os níveis: nas ruas, nos bairros, nas escolas, nos campos de futebol, nos centros de trabalho, na difuso de informaçom também nos tribunais, centros de detençom, etc.

• Contribuir, tendo em vista as eleiçons europeias, no destaque de alguns conflitos que normalmente som subestimados, como a igualdade social sem distinçom de origem, aceitaçom da diversidade como um princípio democrático, e nom como umha excepçom ou um privilégio, auto-determinaçom do corpo humano, eliminaçom da Europa-Fortaleza e garantia do direito a liberdade de movimento, oposiçom completa à repressom estatal e a criminalizaçom da resistência militante.

Coordenaçom Antifascista de Grupos e Iniciativas em Athenas-Piraeus

Original em: http://antifasistikossyntonismos.blogspot.gr/
Leer más...

[Catalunya] STOP xuízo encausadas 15-xuño-2011 "Eu tambén estaba no Parlament"



Unha compa envíanos un correo da Campaña "Jo també estava al parlament. Io tornaria a fer" ("Eu tambén estaba no parlamento. E voltaría a facelo") onde solicitan axuda para difundir o xuízo político que comenzou hoxe, luns 31 de marzo, na Audiencia Nacional e no que están encausadas 20 persoas acusadas de atentar contra as institucións do estado ás que lles peden ata 8 anos de cárcere (as peticións veñen da fiscalía do estado, do parlament catalán, da generalitat e mesmo dos fascistas onegeros "Manos Limpias" que son os que fan a maior petición). Son persoas vinculadas á acción masiva de 15 de xuño de 2011 "Aturem el Parlament", e afirman que está a costarlles sacar a campaña de denuncia afóra de Catalunya, pois non son muitas persoas as que están a tirar dela e necesitan apoio na súa difusión.

Ademais ligamos a esta crónica do IndyBarcelona sobre a Manifa deste sábado pasado polas rúas de Barna en solidariedade con as encausadas, onde acudiran miles de persoas e que rematou con una carga brutal do mossos d'esquadra, cando non houbera incidentes.

Apontan a que claro que sí, que estaban intentando parar o Parlament ese día para que non se aprobaran uns recortes que nos precarizan a vida, que violencia é non chegar a fin de mes e que están fartas das súas leis, que incluso queren mandar nas nosas conas e que abaixo os muros da Audiencia Nacional e de todos os xulgados e cárceres!

Neste seu blogue tedes máis e mellor información sobre a campaña que xa comezou e que hoxe luns 31 de marzo estaba previsto que compas de Madrid se concentraran diante da Audiencia Nacional en San Fernando de Henares dende as 09h30', e tambén hoxe ás 20:00 outra concentración na Praza do Sol.

E en Barcelona teñene previsto concentrarse en 2 e 3 de abril diante da Audiencia Provincial de Barcelona (tal como anuncian neste cartaz):


Ademais din que: "Está claro que, é un xuízo político, porque realmente non houbera nengún dano aos políticos, no entanto a pena que pesa sobre eles/as é grave, ata 8 anos!!. A fiscal da Audiencia Nacional Teresa Sandoval solicita cinco anos e meio de cárcere para os acusados, ao considerar que provocaron "un fundado temor na seguridade" dos deputados que intentaban entrar na cámara. Atribuelles ás acusadas un delito contra as Institucións do Estado en concurso con outro de atentado contra a autoridade.

O Parlamento catalán pede tres anos de cárcere para as acusadas polo primeiro delito, entanto que a Generalitat solicita a mesma pena para catro delas. Manos Limpias, que exerce a acusación popular, solicita oito anos e meio de cárcere.

Pensamos que, o apoio social é a maior defensa con a que poden contar estas compas"
.
Leer más...

Fanzine de crítica á psiquiatría (en castelán) "Manifiesto Reclama Tu Mente"

O compa de "La Rebelión de las Palabras" nos comunica que ven de editar en castelán este fanzine a partir da súa traducción personal do texto "Reclaim your mind Manifesto", publicado de maneira anónima no portal anarquista de fala inglesa 325 (http://325.nostate.net/) no ano 2003, e republicado en formato fanzine en 2011 polo propio Colectivo 325.

Para leer online ou descargar e/ou difundir: PORTADA ; CORPO

Máis información acá, no seu blogue
Leer más...

[Cangas] Sábado 5 ás 20:30' Mostra da Barbarie no bar Fonte do Galo

Outra convocatoria que recibimos e damos pulo. Desta volta no-la envían por correio compas do Colectivo que forma a Mostra Da Barbarie onde convidan á inauguración desta exposición con o nome de Mostra Da Barbarie e consta de 18 ou 19 obras que mesturan a palabra e a imaxe.

Din-nós as compas que estarían encantadas de que pasases a mirala o día da inauguración e que nada faríalles máis felices que disfrutarades coa mostra e a pequena festa que están a preparar.

Tambén apontan que teñen un seu blogue onde, polo momento, podedes ver o cartaz de presentación (o deseño que acompaña esta convocatoria) e máis un pequeno texto-manifesto (que reproducimos a continuación), ademais de anunciar que a partir do día seguinte da inauguración da Mostra, liberarán as obras no seu blogue "para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira".

E por último, agradecen a difusión que se poida facer da mostra.

Agardámosvos cunha aperta!

TEXTO-MANIFESTO: É realmente isto unha mostra?

Moita xente dirá que non, que o que aquí pódese ver non ten valor ningún. Por suposto, esa falla de valor é unha esixencia das persoas que un día desexamos facer estas combinacións de imaxes e palabras. A liberdade non pode ser taxada. Rexeitamos o uso do diñeiro e ao mercado e á industria do ARTE. Antes disto xa rexeitaramos á industria e ao mercado de todos os bens de consumo que perpetúan este noxento sistema motivado unicamente pola ansiedade imbécil de gañar diñeiro. Esta ansiedade é a que define o valor das cousas adicadas ao ocio. Cando algo pódese vender ten valor, así convertese nunha mercadoría que aniquila a esencia humana depositada nese algo. Rexeitamos así tamén o ocio.

Se é que hai algo que nos impulsa coidamos que é o libre obrar. Se as elites artísticas perpetúan a distancia entre arte e vida cotiá, nós rexeitamos ao ARTE e ao/a ARTISTA reivindicando a gratuidade deste libre obrar que transita nos circuítos do local para o local, que non ten pretensións de universalidade nin aspira ao consumo; a unión entre obra e vida, o seu carácter orgánico; a súa inutilidade para o sistema.

Estas motivacións lévannos directamente á politización deste libre obrar, a súa unión indisoluble coa vida cotiá. Unha politización entendida exclusivamente como a revolución, un acto destrutivo que dará paso a unha nova experiencia e creación utópica. Esta politización dá finalmente a razón as persoas que creen que isto non é unha mostra.

Así a todo, esta acción podería ser unha manifestación dunha tradición viva e antiga que fala, a quen quere e de modo negativo a quen no quere, cun discurso de axitación político-contracultural. Unha tradición disidente ancorada na autoxestión, autopublicación e autodifusión e necesariamente colectiva. Unha tradición chea de contradicións que non se alínea en ningunha ideoloxía de esquerda radical pero bebe de todas elas. Unha tradición do antiprofesionalismo e ultimamente anónima...

As obras de esta acción están liberadas para copialas, modificalas, presentalas con este o outro ou ningún nome, ou para facer con elas o que se queira aquí en http://mostradabarbarie.wordpress.com a partir do 6 de Abril.
Leer más...

[Ourense] Venres 4 de abril ás 19:30h Presentación da Escola Experimental de Bioconstrucción e Permacultura “A Curuxa” no C.S.O. A Kasa Negra

Damos pulo ao convite recibido, onde "A Curuxa" Obradoiro Experimental de Bioconstrucción Cooperativa din ter a ilusión de presentar a xestación do "Proxecto Ruínas de Manzós" onde se dará formación e información para xerar debate acerca doutro xeito de construír, a bioconstrucción, e explicarase a forma de levar a cabo a construción artesanal dunha vivenda con materiais de refugallo (latas, botellas, pneumáticos...) e naturais (palla, madeira e barro) que non leven a xeración de residuos ou cascallos, que permitan o uso de técnicas de construción sinxelas e que faciliten a rapidez na execución das diferentes fases na obra, co fin de desenvolver un estilo de vida sostible a longo prazo e facendo viable a autoconstrución.

Tentaremos, tamén, demostrar que é posible organizar as diferentes esferas da nosa vida (traballo, vivenda, educación, saúde, alimentación, transporte...) dende a autoxestión e, ao mesmo tempo, crear espazos de encontro entre os proxectos autoxestionados e a cidadanía en xeral, favorecer a aparición de novas redes de apoio e fortalecer as xa existentes.

Esperámosvos en Ourense, o venres 4 de abril ás 19:30h no C.S.O. A Kasa Negra.

Se quéresche informar ou participar na creación dun espazo aberto de autoaprendizaxe, un espazo alternativo e autoxestionado, un novo recuncho máxico para impulsar e desenvolver a Bioconstrucción e Permacultura en Galiza, estas invitadx á presentación da Escola Experimental “A Curuxa” con o seguinte Programa:

19:30' Presentación da Escola Experimental “A Curuxa”
20:00' Información do "Proxecto Ruínas de Manzós"
21:30' Proxección Documental (V.O.S.) "O Guerreiro do Lixo" de Oliver Hodge


Lugar: C.S.O. A Kasa Negra (r/ Ponferrada, 26/ Bus urbano liña 5. Perdigón- Ourense)
Leer más...

Ciclóxenese Cultural na Universidade de Vigo

Damos pulo a esta convocatoria recibida na nosa caixa de correos para esta semana (hoxe luns e mércores e xoves):

Benvid*s á cicloxénese cultural!

Benvid*s aos días de temporal cultural na Facultade de Filoloxía e Tradución (FFT) da Universidade de Vigo!

O luns 31 de marzo, presentaremos a cicloxénese ás 12 horas na cafetería da FFT e inauguraremos a exposición "Lois Not Dead" de Emilio Cabezas para o cal contaremos coa presenza do propio artista e canda el, Leo Arremecaghona e Gonzalo Navaza.

O mércores 2 de abril, o teatro invadirá diferentes espazos da facultade coa Interpretación Simúltanea de Acción palabra pigmento de Lailarina Kenoesbailarina; De por que os nenos se suicidan por María Costa e Entre abaladas de Xandra Táboas.

O xoves 3 de abril, a cicloxénese tórnase poético-musical e poderemos gozar con Cintaadesiva -grupo poético musical composto por Silvia Penas e Xesús Tejada- e Xenderal, o home máquina do beatbox ao ragga stye!

"Es incuestionable; no hace muchos días lo deciamos y hoy lo repetimos: estamos ya en el principio del fin. La lucha es terrible pero inevitable (...) La lucha es inevitable, porque, como dice Volney, la codicia, el egoísmo y la ignorancia de las personas, así lo quieren". R. M.



Xustiza ......................................... 1.500.754,04

Defensa ......................................... 5.654.454,39

Seguridade ciudadá e institucións penitenciarias. 7.880.953,26

Educación........................................ 2.174.996,11

Cultura.......................................... 717.971,02

Este é o orzamento real -miles de euros- para o ano 2014 no estado español.

E ti que opinas? Non te asusta? A nós si e non estamos de acordo! De aí esta cicloxénese cultural!

Benvidas ao temporal cultural! Coidado!

Vimos cargadas de pintura, teatro, música e poesía para facervos tremer.

Somos vento xeado golpeándote na mañá -ese que te desperta da inopia onde te teñen atrapad*-.

Somos esa chuvia da que non podes defenderte -esa que te empapa de cultura e te obriga a cambiar o camiño-.

Somos lóstregos electrificantes e mortais!

Atenta! Atento!

Estate alerta!

Vén, cultívate, rebélate e goza canda nós!

Saúde!
Leer más...

28 mar. 2014

Crónica gamberra da Marcha da Dignidade do 22M

A mani foi moi concorrida, si, pero desenganémonos, un tostón impenitente. Un porrillón de xente iso si, pero un coñazo como un piano. Moi loable o de que fose convocada polos sindicatos minoritarios e os colectivos sociais sen axuda do vendeobrerismo institucional, eu non digo que non, pero tan sosuna, longa e monótona como un día sen pan. Por non haber, non había nin sequera un triste bloque negro que amenizase o cotarro; pois os compas madrileños, seguros como estaban de que a cousa ía estar máis descafeinada que unha infusión de valeriana, na súa maioría non se dignaron nin a vir, e os que o fixeron foi sen pretensións e cunha man diante e a outra detrás. O máis parecido a un bloque combativo foi, para que vos fagades unha idea, o sector da C.N.T., co seu chiringuito móbil despachando bebidas e bocatas e os seus altofalantes berreando consignas moi de moda cando a Comuna de París.

E así ata o final do percorrido, cando, chegados á praza de Colón, tivemos que tragar un incomprensible discurso dos popes de turno vendéndonos vai tí a saber que moto (había tanta xente e a megafonía ía tan mal que non nos enteramos de nada). Cando xa pensabamos que a Marcha da Dignidade ía ser a resurrección zombi do 15M, e que nos íamos marchar para casa con tres palmos de narices, a cousa empezouse a quentar. Antes mesmo de que os dignos ponentes rematasen a súa homilía, antidisturbios e encapuchados confluíron na rúa Genova (cada un dun lado, evidentemente). O ambiente foise quentando ata que un par de petardos e algún que outro proxectil furtivo fixeron detonar as primeiras salvas policiais.

Cargas, carreiras, porradas e algunhas detencións. Na esquina de Genova coa Castellana improvísanse as primeiras barricadas. A inmensa sucursal do Barkleys Bank, que ten alí a súa sede, é redecorada con saña polos manifestantes. Déixana de verán: moito máis ventilada e accesible. O seu letreiro, tras perder algunhas letras como unha árbore de folla caduca, di agora soamente “Bar”. Continúan as cargas pero intensifícase a resistencia. Todo obxecto susceptible de converterse en proxectil é manipulado polos alborotadores ata transformalo en incesante chuvia sobre as cabezas dos uniformados. A Castellana queda convertida en campo de batalla, con escaramuzas simultáneas no carril central, nun dos carrís accesorios e no pequeno parqueciño que os separa. Algúns manifestantes caen como “pichóns”, derrubados polos bolazos dos policías, mentres os encapuchados retroceden lentamente, ao ritmo das consecutivas cargas policiais.

Nun momento dado, un reducido continxente maderil queda incomprensiblemente descolgado do groso dos seus secuaces, e vense obrigados a probar nas súas carnes a receita que eles mesmos acostuman a administrar aos demais. Que lles abriron un pouco a cabeza e lles quitaron algún que outro dente... pois que se meterán a churreiros, que carallo! Ninguén se preocupou tanto polo manifestante que perdeu un testículo... e xa me diredes que é peor. Dous furgóns dunha especie de corpo antidisturbios dos munipas (¿?) tamén quedan atrapados, acaparando para si a súa xenerosa porción de palazos e pedradas.

Unha vez a contenda retrocede ata a praza Cibeles a madeira recomponse e recupera a iniciativa. Sucesivas cargas realizadas sen baixar das grilleiras dividen o continxente subversivo, rompéndoo en varios anacos que enfilan diferentes direccións. Rematouse o que se daba, os madeiros recuperan o mango da tixola e aos manifestantes só quédalles poñerse a salvo e evitar ser detidos pola cara ao pasar xunto a calquera grupo de uniformados.
Había tempo que non se vía recuar aos antidisturbios. Doentes e humillados fustrigan ao populacho ata altas horas da noite polas inmediacións do barrio de Lavapies.

Un par de puntualizacións finais:

Sobre a tan cacarexada organización dos manifestantes, o asunto é tan gilipollesco que sobra case mencionalo. Aquilo tiña tanta organización como os macrobotellóns dos xardíns de Mendez Nuñez, se non quizais un pouco menos. O de "lideres" berrando "ordes" durante os disturbios iso xa é como para mexar e non botar gota. Que uns supostos xefes dicían consignas como "a por eles", "matádeos " ou “dadelles duro"? e que coño se supón que debería dicir unha turba alporizada no medio dun motín para non estar organizada? Quizais “non lles deades moi forte”, "tratádeos con cariño" ou "na cabeza non, que aí lle doe moito"? En fin...

Por certo que o feito de que alí o único que se tirasen fosen pedras arrancadas do pavimento e do mobiliario urbano debería dar pistas sobre o nivel de organización dos disturbios. Nun disturbio planificado, non deberían abundar os foguetes pirotécnicos (como é o caso dos mineiros), os tirapedras (como nas folgas do metal) ou os cócteles molotov (como se estilaban por Euskadi)? Pois aquí, a parte dalgún petardillo e algunha bengala que máis que ter unha efectividade real serviron para dar algo de ambiente ao balbordo, nada de nada. Pedras e paus, vamos, tan organizados como os monos de “2001 Odisea no espazo”.

Co de "Resistencia Galega", o meu máis sincero parabén. O dos autobuses de Jarrai xa nolo tiñamos coñecido, pero o da "escisión de Resistencia Galega" non se lle tería ocorrido nin ao mesmísimo Gila no seu monólogo de "es el enenmigo?". Menos mal que ninguén estaba a comer un Donner Kebapp, porque entón a culpa sería de Al Qaeda. É moi convincente iso de que un suposto grupo terrorista clandestino, que acapara o groso da atención dos servizos de información do estado español, monte buses para enviar aos seus comandos a liala parda en Madrid, a catrocentos quilómetros da fronteira territorial do que consideran o seu país... e que os madeiros só se decaten a touro pasado. Teríalles saído mellor botarlle a culpa ao "quentamento global", á fin e ao cabo algo de quentamento si que se empeza a sentir, mesmo a nivel global (Grecia, Turquía, Brasil...).

Por outro lado quero dicir que continuar abundando aínda a estas alturas na teoría conspiranoica dos “encapuchados-infiltrados policiais-provocadores das cargas” é, ao meu modo de ver, como falar do planeta Raticulín do imperecedoiro CarloJezú. De verdade cremos que a policía e o poder queren que empecen a desbordarse os acontecementos e se fenda a paz social? De verdade cremos que á xente lle fan falta os infiltrados para ter ganas de rebentar esta sociedade, os seus símbolos e aos que os defenden e protexen? Tamén foron infiltrados os que a liaron en Gamonal, ou na conca mineira? Por que cada vez que nalgún sitio se consegue algo máis alá de facer o fodido ridículo ou de ser ignorados supinamente nos empeñamos en culpar as forzas policiais? Por favor pediríalles, aos apoloxetas da conspiranoia, que se limitasen aos seus "chemtrails", os seus Ovnis, os seus "Iluminatis" e á fluorización dos nosos fluídos corporais, pero que deixasen as manifestacións en paz dunha vez por todas.

Por último dicir que o das cifras de manifestantes iso si que xa é de traca, eu non sei canta xente habería alí (medio millón, un millón, millón e medio... é difícil dicilo a pé de rúa), pero falar de 35.000 persoas (a capacidade, por exemplo, do estadio de Riazor) é un auténtico chiste. E o feito de que a gran maioría da prensa (mesmo a supostamente "progre") reflectise números similares fai dubidar se non estarán ao servizo do mesmísimo Goebbels. Se ata a prensa estranxeira falaba de manipulación mediática!. Pero xa se sabe, aquí o "Ministerio da Verdade" opera con total transparencia e obxectividade. Se a manifa fora contra o aborto falarían de cinco ou seis millóns, iso seguro.

E así é como vivimos o asunto en directo e dende a rúa, iso si, aporrando os nosos timbais e facendo soar os nosos bongós ao berro de "que non, que non, que non nos representan"... E que non dubiden de avisarnos cando monten outra destas.

Fdo.: Alfredo Landa en "Vente a Alemania Pepe"
Leer más...

Que é Violência ? 6 Assassinatos de Estado

Nesta semana soubemos que a morte de Antonio Guile numha prisom, nom deveria ter passado, dado que vem de resultar abosolto pelo Tribunal Supremo do delito que o levara á cadeia. O TS determinou que fica acreditado que o delito nom o cometera Antonio, e estima o recurso de revissom que apresentara a Fiscalia despois de que, um ano e 5 meses depois dos feitos, aparecera a prova de ADN que evidencia a inocência do condenado, pero chega tarde quando já a sentência era firme e Antonio já morrera na prisom. Um assassinato de Estado.

Soubemos também da morte de Jomian Leonel que contava 13 anos, o meninho dependente a quem o Governo regional de Cospedal exigira facturas para pagar os seus coidados, num caso no que a Conselheria de Sanidade de Castilla-La Mancha vulnerou até nove normativas!!. María Dolores Cospedal e os seus, ninguneram durante meses a Yulisa, a nai deste gram dependente aqueixado, ademais, de múltiples doenças graves e exigiam-lhe aportar facturas de todo tipo, com o correspondente IVE, por suposto, para justificar os míseros 387,64 euros que recebia como ajuda para o coidado de Jomian. Nom só isso, o Governo de Cospedal justificava isto dizendo que assim se asseguravam que o dinheiro fora para o dependente, lançando assim todo tipo de sospeitas de fraude sobre a nai. O portavoz da Plataforma da Defensa da Lei de Dependência, José Luis Gómez-Ocaña, mandou um comunicado aos méios, donde di que: “Yulisa, a sua nai, rota de dor, poderá erguer a sua cabeça e seguir caminhando pola vida com a lembrança do seu filho na ialma e a cabeça bem alta, e pergúnta-se: Poderá dizer o mesmo el ou a responsável da morte deste meninho??. Dois assassinatos de Estado.

E como colofom soubemos também da morte de quatro meninhos da mesma família de 3, 5, 8 e 12 anos de idade a consequência dum lume declarado na noite no piso de El Vendrell que reocuparam despois de ter sido desafiuçados. A familia, de orige magrebí, "arrastrava dificultades" económicas e por isso fora desafiuçada. Desde há um ano voltaram ao piso e supostamente tinham enganchada a corrente eléctrica. Seis assassinatos de Estado.

eDu
Leer más...

[A Guarda] 25, 26 e 27 de Abril.- II Feria do Livro Anarquista

Recibimos e colamos esta convocatoria, cunha programación mui interesante ainda que pendente de confirmar e actualizar nos vindeiros días. Repoducimos a continuación este primeiro chamamento de compas de A Guarda:

Vaise achegando esta II edición da “Feira do livro anarquista” en A Guarda, que este ano se desenvolverá os días 25, 26 e 27 de abril, e trae con ela un programa completo e do máis diverso dentro dos nosos límites pretendendo cubrir tódo-los ámbitos e representa-las diferentes formas de expresar as nosas ideas, indo dende material escrito, teatro, música, e experiencias de loita, entre outras.

Salientar que en Galiza non existe este tipo de encontros e cremos que representan unha ferramenta necesaria para a difusión do ideal antiautoritario e o intercambio material, ideolóxico e persoal, contribuindo á destrucción das relacións de dominación e explotación que actualmente rixen as nosas vidas, polo que esperamos que se reproduzan este tipo de iniciativas por outros lugares do territorio.

As actividades repartiranse entre o C.S. Fuscalho (fronte á Atalaia) e a Praza de S. Bieito (próxima ao porto).
Habilitarase espazo para aloxamento dxs asistentes e mesas para exposición de material antiautoritario.
Tóda-las comidas servidas nos xantares, ceas e desaiunos serán veganas e ademáis haberá unha zona de bebidas e comida a prezos populares durante o desenvolvemento das actividades.
Os horarios son aproximados.
Existe a posibilidade de aportar propostas de mellora, posibles cambios, críticas, recomendacións, temas a tratar, posibles presentacións ou palestras e todo tipo de colaboracións.
Contacto: acaros-baixominho@hotmail.com
Sen mais unha aperta e esperamos contar con todxs vos.
Leer más...

[Vigo] Sábado 29 ás 19:00' Concentración Solidaria co C.S.O. Palavea na Farola de Urzaiz

Desde a Asamblea Solidaria C.S.O. Palavea de Vigo informannos desta convocatotia solidaria, coincidente en día e hora con a convocada en Coruña no Obelisco:

BASTA DE REPRESION AOS MOVIMENTOS SOCIAIS
CONTRA A VIOLENCIA DO ESTADO RESPOSTA POPULAR


SÁBADO, 29 DE MARZO, MOBILIZACIÓN DE PROTESTA CONTRA O DESALOXO DO C.S.O. PALAVEA E EN DEFENSA DOS ESPAZOS LIBERADOS

ÁS 19:00H NA FAROLA DE URZAIZ, VIGO.

Porque os espazos liberados son ferramentas de transformación social coas que combater o sistema de dominación.

Vémonos nas rúas!!

DEZ, CEN, MIL CENTROS SOCIAIS
UN DESALOXO OUTRA OKUPACIÓN!!!

Leer más...

[Uruguai] Iniciativa e acçons: Este ano fecha o zoológico

De novo a agência de noticias anarquistas-ANA envia-nos esta interesante informaçom ao respecto da campanha que se está a levar por um grupo de gente do Uruguai agrupada na Coordenaçom contra o Zoológico: Pintadas, murais, intervençons em espaços públicos, acçom directa. Esses som alguns dos componentes da campanha “Este ano fecha o zoológico”, realizada em Montevidéu e arredores, que tem por objectivo fechar o inferno que é o zoológico de Villa Dolores. A seguir, reproduzimos um folheto que eles editaram para ampla divulgaçom:

Algo tam absurdo como um zoológico é unicamente possível em um mundo em que a vida é considerada mercadoria.

Um zoológico é um espaço no qual nom só se nega a liberdade, também se nega a vida, já que a umha vida vivida sem liberdade nom pode assim ser chamada. Esta nom transcorre entre as grades oxidadas que trancam os leons, nom continua nos limites das jaulas que separam os pássaros do céu, nom seguem além do charco de água em que se encontram as focas e os lobos marinhos, nem tampouco continuam nos caixons de vidro em que se encontram as serpentes.

No zoológico Villa Dolores acontece o mesmo que em todos os zoológicos do mundo, animais dos mais diversos lugares do planeta som trancados em jaulas, compartilhando assim espaço com animais que, de outra maneira, jamais conheceriam -obrigados a suportar as diferenças climáticas, sons aos quais nom estavam acostumados e dietas artificiais que tentam simular as que teriam em seus habitats naturais; até o acasalamento e a reproduçom, se nom som eliminados, se limitam às condiçons de seus espaços. Igualmente, umha coisa é clara: as jaulas continuam sendo jaulas por mais que sejam grandes e o confinamento continua sendo confinamento, por mais que seja enfeitado. As condiçons nom som o ponto em si de qualquer forma nom há liberdade. Um zoológico, seja do tamanho que for, sempre será a total negaçom da liberdade.

A Intendência Municipal de Montevidéu é responsável por tudo isso. Junto aos que assistem o funcionamento do macabro espaço em que, com 20 pesos, podem passar umha tarde olhando a miséria em que vivem mais de 500 animais.

A campanha contra o zoológico Villa Dolores é um marco na luta para que fechem todos os zoológicos do mundo e a entendemos como um golpe a um mundo de dominaçom que avança esmagando a vida em seu caminho.

Vivemos tempos em que a destruiçom da Terra avança a toda velocidade. A Terra é vendida à empresas sedentas de dinheiro, a contaminaçom da água e do ar está aumentando e é impossível nom relacioná-la. É o mundo no qual vivemos e onde vivem os demais animais.

Propomos pensar/fazer entre todos, como podemos fazer para levar uma vida em que nom exista a exploraçom ou dominaçom de uns sobre outros.

Voltamos a dizer: Este ano fecha o zoológico. Este ano o fechamos!

Coordenaçom Contra o Zoológico

Mais infos, fotos, videos desta Campanha (em castelám)
Leer más...

[Berea-Grécia] Declaraçom do Grupo Anarquista do CSA Baruti (Pólvora): “Por que somos a Sexta”

Reproduzimos esta informaçom facilitada por ANA - Agência de Notícias Anarquistas:

Texto do Grupo Anarquista do CSA Baruti (Pólvora) da cidade grega de Berea publicado no seu blogue, com motivo da Sexta Declaraçom da Selva Lacandona:

Em dezembro de 2012 os zapatistas de Chiapas, México, fizeram uma chamada internacional pela solidariedade e a difusom da luta pela democracia, a igualdade e a justiça em todo mundo. Nós somos a Sexta.

Há anos que temos deixado de buscar salvadores que nos conduziriam a uns paraísos que eles planificariam para nossa redençom. Cremos que nós mesmos somos os responsáveis do paraíso, o qual temos elegido viver no agora, sem nengumha expectativa de um futuro que nom concirna à vida e às relaçons do presente.

Através de nossas lutas temos visto os muitos erros que temos feito, e como a negaçom de um mundo que está baseado na exploraçom, na desigualdade, no Poder, nom é suficiente por si mesma para derrotá-lo, e muito menos para mudá-lo. Nós percebemos que a recusa é enxertada apenas naquelas almas que acreditam (geram) relaçons cotidianas de alegria, edificando a solidariedade, a autonomia por e para a gente decente, sem a necessidade de patrons, políticos ou de qualquer outro representante. Já começamos a construir, e queremos construir um mundo de autonomia.

Reconhecemos, claro, ainda que seja agora, que a destruiçom do autoritário existente enche nossos pulmons de ar fresco e vontade de construir o novo sobre as ruínas do velho. Vemos como muitas pessoas como nós, que nom vam carregadas da etiqueta de anarquista, de quebrador de cristaleiras ou de extremista, desfrutam desta destruiçom da mesma maneira que nós. Por outro lado, à destruiçom e ao caos do capitalismo nom se contesta só fazendo sabotagem a ele, senom que também com a liberaçom social de estructuras, recursos e sobretudo de relaçons, os quais, “os de cima” tem atado e seguem atando com grande esmero ao carro que está arrastando nossos cadáveres, nos mercados, nas fábricas, nas escolas, nos hospitais e em outros lugares.

Consideramos que haja um grande sol vermelho que sai do leste e se pom no oeste para todas as pessoas em todo o mundo. Este sol de hoje a lógica dominante do Estado e a patronal o priva a milhares de milhons de pessoas em todo o mundo: aos operários e às operárias, aos desempregados e às desempregadas, aos homens e às mulheres, sejam nativos em umha terra ou imigrantes. “Os de cima” privam os meios (recursos) a “os de baixo”, ferramentas, as maneiras de construir um mundo de felicidade colectiva. “Os de cima” fecharam umha cortina negra sobre a humanidade de “os de baixo”, e os ataram com as correntes que ainda levam postas.

Nom aspiramos a substituí-los, como umha vanguarda, como um novo “partido”, como um Poder que conduz “os de baixo”, nom temos nengum conhecimento superior do acontecido, nom actuamos de umha maneira hierarquizada em relaçom com as forças sociais existentes que destroem e criam, resistem e desencadeiam a evoluçom de nossa vida diária. Somos parte destas forças e nos colocamos conscientemente dentro delas, contra os “de cima” pela liberaçom social.

Entre nós, vai encontrar desempregados e desempregadas, operárias e operários, médicos e advogados, professores e estudantes, pessoas diferem entre si, mas em conjunto constituem o poder da autonomia de “os de baixo”.

Reconhecemos a diversidade como umha força de retençom de qualquer Poder, mas também como umha força de intervençom activa até a mudança e a evoluçom. As autoridades utilizam a diversidade, classificando às pessoas em tabelas de linhas e colunas, desejando deste modo extrair delas o máximo de sua energia, com o fim de transformá-la em produtividade, consumo, espetáculo. “Os de cima”, em todas as instituiçons sociais ordenam a “os de baixo” estar encerrados nas celas de sua vida cotidiana, nas escolas e nas fábricas, no seio da família e nos governos locais, nas filas do supermercado e nos grandes armazéns, nos consultórios médicos e nas clínicas.
Queremos liberar cada recurso, cada estrutura, cada canto desta terra, na qual vivemos sendo elos da cadeia da ganância e da exploraçom. Nom reconhecemos a nengum patrom na Terra em que vivemos, a nengum banqueiro ou banco, a nengum caudilho na família e nos partidos, o direito a governar nossa vida. “Os de cima” levam séculos gerindo nossa própria miséria, com a cenoura ou com o chicote, para sua satisfaçom imoral e para obter mais benefícios, mais riqueza, mais poder. Lutamos e seguiremos lutando até o final para liberarmos da escravitude de “os de cima”, criando resistências assim como novas estructuras em cada sector da vida, no qual nom há nem “os de cima” nem “os de baixo”.

Descobrimos no decurso dos séculos que a única maneira de conseguir um bom governo é o diálogo e a criaçom de pequenos e grandes acordos (unanimidades) entre os que pertencem a “os de baixo”. Para nós a Democracia, ou seja, o Poder do demos (povo, cidadania), pode existir só em formaçons colectivas, nas quais tudo é decidido por todos, tudo é controlado por todos, tudo está a cargo de todos, em umhas estructuras sem alguns eternos “desde cima”. E isto se consegue mediante o uso comum e nom a propriedade (privada ou estatal) dos meios de produçom, dos recursos, das ferramentas, dos espaços públicos. Ninguém tem direito a usurpar a riqueza que criamos colectivamente durante toda umha vida. Todos têm direito a todos os recursos, ferramentas, espaços públicos, para satisfazer suas necessidades e desejos, para desenvolver suas habilidades (destrezas), que generosamente oferecem aos demais com o fim de que se alcance a felicidade colectiva. E esta felicidade, inclusive hoje em dia a conjuntura de crise, se encontra em cada momento de nossa convivência, nas assembleias, em nossas lutas, na edificaçom de umha vida nova.

Vemos que nossos irmáns e irmãs em todo o mundo, pouco a pouco vam despertando-se da letargia da felicidade de plástico do capitalismo e do estatismo, e estám reclamando o óbvio, a autonomia de seus corpos, de suas relaçons, dos espaços públicos, das fábricas, das universidades, etc. Na Turquia, Egito, Espanha, Alemanha, América, México, China..., em todo o mundo se estám desencadeando explosons pequenas ou grandes, cuja principal característica é a activaçom de “os de baixo” contra “os de cima”. Estamos nos fixando neles, estamos comparando, analisando, estamos nos colocando em contato com eles, aprendendo de suas lutas e erros, já que eles também aprendem dos nossos e estamos seguros disso. Já que é tempo que todas estas pessoas diferentes entre si em todos os cantos da Terra desenvolvam um movimento global de solidariedade e luta pela democracia direta, por justiça, por bens públicos e livres.

Pela paz mundial, em um mundo de mundos e singularidades autônomas, pela felicidade e a vida colectiva, em uma Terra de seus seres humanos e animais.

Por todas estas razones e por todas as razons dos insurgentes em todo o mundo, somos a sexta.

Vinte anos zapatistas... Somos vocês... Somos a Sexta.


Grupo Anarquista Baruti (Pólvora), janeiro de 2014.
Leer más...

[Salamanca] XVIII Marcha a Topas - Actos das Xornadas do 3 ao 6 de abril

As compas que levan a organización do Encuentro del libro anarquista de Salamanca fanos chegar un seu correo notificando que este ano participan activamente destas xornadas aportando a proposta da presentación dolibro "Cárceles en Llamas" de César Lorenzo y nos facilitan o programa de actos previstos, que ampliamos con a información e cartazes que recollimos do blogue da propia Marcha xunto a este texto explicativo (que traducimos):

A xeito de presentación...
XVIII MARCHA A TOPAS


Un ano máis (e xa van 18) volvémonos xuntar non só para invitarvos a reflexionar sobre o cárcere e o seu papel no actual modelo social, político e económico, senón tamén para animarvos a unirnos para denunciar a crua realidade do Sistema Penitenciario e para mostrar o noso apoio e solidariedade a aquelas persoas que o sofren a diario.

Falar de todo o relacionado co cárcere e sobre todo, poñer en cuestión a súa existencia, é sempre complicado pois hai moitas ideas moi arraigadas: "que se están alí é porque algo terán feito", "que pasaría cos violadores", "se viven como deuses que teñen ata ximnasio", etc. Pódense chegar a escoitar opinións para todos os gustos e algunhas moi disparatadas, pero nós, a pesar de ser mares de dúbidas, temos algo claro, e é que este mundo está dividido entre os que mandan e os que obedecen, entre os de arriba e os de abaixo, entre a clase política e empresarial, e nós, traballadores, estudantes, amas de casa, parados, pensionistas, inmigrantes, buscavidas, etc., e para manter o actual estado das cousas, que tantos beneficios lles reportan, o cárcere xoga un papel moi importante, pois non só permite encerrar e illar a aqueles que se saian do establecido senón que ademais consegue que os demais andemos con medo, por se algún día rematamos dentro.

Para finalizar, tan só queriamos remarcar a importancia, nestes tempos que corren, de reflexionar, debater, ser críticos e actuar contra aquilo que nos impide ter o noso destino nas nosas propias mans.

Un saúdo, esperamos poder encontrarnos polo camiño.

XVIII Marcha a Topas do 3 ao 6 de Abril Todas as actividades (excepto a propia Marcha)
serán no CSA La Perrera (C/Vitigudino, 7)

Xoves 3 de abril
20:30 Concentración contra os cárceres
"Nen FIES nen dispersión nen enfermos en prisión" (na Praza del Liceo)

Venres 4 de abril
20:30 Charla
"Colectivos invisibilizados en prisión" con Myriam de Cáritas

Sábado 5 de abril
17:00 Charla
"Cárceles en llamas. El movimiento de presos sociales en la transición" con César Lorenzo

Domingo 6 de abril
XVIII Marcha ao cárcere de Topas

15:00 saída dende o CSA La Perrera (C/Vitigudino, 7)
16:00 saída dende a praza de El Cubo del Vino
Leer más...

27 mar. 2014

27 março 1961- Assassinato de Javier Batarrita, a primeira vítima do chamado "conflito basco"

Elabourada esta crónica segundo a informaçom recolhida de dous artículos, um asinado em 2011 por Iñaki Anasagasti em Deia e outro de hoje mesmo assinado por Iñaki Egaña em SareAntifaxista:

A primeira vítima do conflito tras o nascemento da ETA chamava-se Javier Batarrita Elexpuru e morreu hoje, há 53 anos, en Bilbo, metralhado pola polícia franquista «por erro». Na realidade pretendiam matar a militantes daquela nova organizaçom. Essa polícia franquista que nunca seria julgada e que continuou ocupando os seus postos de mando com a nova democracia na que "todo ficara atado e bem atado". Esta é a história:

Em 27 de março de 1961, inspectores do Corpo Geral de Polícia, junto a Gardas Civis e números da Polícia Armada, apostaram-se em fronte dumha gasolineira á entrada de Bilbo. Case eram as dez da noite quando um Garda para um "Peugeot 403" e apontando ao conductor com a sua metralheta, ordena-lhe que estacione. O conductor, alarmado, obedece, detem o automóvil e abre a sua porta para averiguar que se passa. Soa um disparo e logo, durante segundos, um traqueteio furioso de metralhetas misturadas com disparos de fusil e pistola. O conductor caeu coma um fardo. Da sua boca sae um chorretom de sangue que se mistura com os restos de aceite da estrada e deixaria umha grande mancha de cor parduzca. Os agentes, despois de efectuar o metralhamento, abandoam tranquilamente o lugar, convencidos de que acabavam de ejecutar a Julen Madariaga, José Mari Benito del Valle e Manu Agirre. No entanto no intérior do veículo ficava morto, assassinado, Javier Batarrita, de 33 anos, vinculado ao ciclismo esportivo e motociclista de professom. José A. Ballesteros, segundo ocupante do coche, iase debater durante várias semanas entre a vida e a morte e ficaria paralítico e postrado numha cadeira de rodas de por vida, e um terceiro ocupante Larizgoitia, resultaria ileso. Os tres, directivos da empresa de motocicletas Lube, voltavam a Bilbo, desde Gasteiz, despois dumha jornada de trabalho. Batarrita tinha nove balaços na sua cabeça e quarenta no corpo.

“Matadeos” fora a orde.

O "Crime de Bolueta" como seria conhecido, deixava constância para a primeira geraçom de militantes de ETA, de que determinadas actitudes podiam-se pagar com a vida. Neste caso tres moços totalmente alheios a qualquer organizaçom (o ferido grave era filho dum exgovernador civil de Ourense) foram literalmente fusilados, e o foram porque as forças policiais os confundiram com militantes de ETA que, na altura adicavam-se a pouco mais que fazer pintadas com a palavra "Askatasuna", em lembrança do bombardeio de Gernika.

Julen Madariaga, o objectivo real da acçom policial, possuia um coche das mesmas características e cor que Javier Batarrita. A pista que supostamente seguia a polícia, provinha dumha reuniom celebrada entre Benito del Valle, Manu Agirre, Rubén López de Lakalle e Angel Aranzabal em Gasteiz para formar um grupo de ETA na capital alavesa. A polícia, que tinha notícias da reuniom sem saber o lugar concreto, andava á busca do coche de Madariaga (um "Peugeot gris") nas entradas de Bilbo.

Ao dia seiguinte, Ibáñez Freire, governador de Bizkaia, alumbrava umha nota na que se anunciava a "versom oficial": "As forças de polícia receberam umha notificaçom de Vitoria comunicando que um veículo com idénticas características ao do Sr. Batarrita levava a tres terroristas armados. Por erro de veículo, escapou-se um disparo e hai que lamentar um morto e um ferido grave". Em verdade, Batarrita recebera 49 impactos, Madariaga andava na altura na universidade inglesa de Cambridge, e Benito del Valle, quem sim voltava esse mesmo dia de Gasteiz, manejava um "Seat 1400" negro.

As forças “de orde” franquistas os metralharam na convicçom de que eram tres membros de ETA e abandoaram o lugar (só volverom a él quando era evidente a sua equivocaçom, para borrar as suas pegadas). Ballesteros, o ferido grave, paralítico de por vida, com umha bala incrustada na sua espinha dorsal, fora recolhido pola vizinhança e ingressado clandestinamente num hospital baixo nome falso.

A viuva de Batarrita soubo do tiroteio no transcorrer dumha processom católica por umha vizinha sua. Acudira ao Hospital de Basurto, tomado por mais de trinta polícias, donde nom lhe informaram de nada, nem do estado do seu home, e nem muito menos que já fora morto. Quando por fim soubo, reacçonara chamando assassinos aos gardas sendo imediatamente detida e transladada á Comissaria de Indautxu.

Só se permitira publicar umha esquela á família, mas nom ás suas amizades e achegadas. Censuraram toda referência que aludira nom já a assassinato, senom a tiroteio, violência, etc... Só se permitira aludir a ”um accidente”. A imprensa só publicara umha breve nota na secçom de Esportes.

Ainda assim o seu enterro e funerais foram verdadeiras manifestaçons de dor e adesom. Batarrita, polo seu vínculo com o ciclismo, era moi conhecido e apreciado.

Os medios também cumpriram o seu papel: “É humano errar ainda que os erros tenham ás vezes tam dorosas consequências”, escrevera El Correo Español. Os juizes também: o juízo que se seguira contra dez polícias, rematara na Audiência de Bilbo com absoluçom para os assassinos, o tribunal apreciou a eximente completa de responsabilidade motivada por actos fundados “na obediência devida” se bem nadie foi quem de identificar ao autor (autores) dos disparos. Os polícias foram transladados de Bilbo, com aumento de soldo e escala.

A transiçom foi um fraude, e a lei de amnistia de 1977 umha lei de ponto e final, policias assassinos seguirom escalando e nunca seraim julgados os resposnsaveis reais deste assassinato. Franco o deixara todo “atado e bem atado”. Por isso hai que lembrar estas cousas. Para começar a desata-lo

eDu
Leer más...

Por fin un pouco de dignidade

As denominadas como marchas da Dignidade, efectivamente, trouxeron finalmente algo de dignidade ao triste panorama contestatario do estado; e non precisamente polo concorrida da manifestación que lles deu colofón, se non pola ruptura co patético buenrollismo hipyflower que revestiu a inmensa maioría das protestas dos últimos anos. Así que, na miña humilde opinión, foi o feito de que por fin os cidadáns decidiron indignarse en serio e mandar a paseo as cívicas formas de protesta auspiciadas polo poder, inflando a hostias os mercenarios do estado e descargando a súa rabia contra os símbolos da opresión capitalista, o que conferiu os manifestantes, dunha vez por todas, un pouquiño de dignidade.

Porque sexamos sinceros, o feito de que medio mundo leve anos ardendo en resposta aos indecentes recortes de dereitos e liberdades auspiciados pola crise mentres no estado español, especialmente castigado polo paro, os desafiuzamentos, a destrución de garantías sociais e a corrupción institucional, as protestas transcorrían polas inocuas canles establecidas, entre o timbaleo quincemeiro e a mortecina liturxia sindicalera, era dun patetismo que relaba no esperpéntico. Mal que lles pese os apologetas da paz social, responder con mansedume ante as peores agresións ás conquistas do pobo organizado que se recordan en varios séculos (conseguidas, todo hai que dicilo, a sangue e lume) non te converte en digno, se non, moi ao contrario, en servil e submiso.

O mundo enteiro leva anos alucinando con España: unha burbulla inmobiliaria do tamaño da capela sixtina, cotas de paro superiores ás dos países do terceiro mundo, recortes salvaxes de salarios e prestacións sociais, un incremento da pobreza descomunal, unha drástica redución do nivel de vida das capas populares que contrasta brutalmente co incremento de beneficios dos máis ricos e poderosos, unha corrupción galopante digna dunha república bananeira que fai pensar que vivimos na maior cleptocracia de todo o continente, un descrédito xeneralizado de todas as institucións que pringa nas súas corruptelas ata ao xefe do estado... e todo iso mentres se endurece o código penal, se intensifican as medidas represivas e se recuperan lexislacións propias dos peores anos do fascismo. E mentres, aquí a por uvas, como moito cantando o cumbayá na porta da tenda de campaña. Pois iso, permitídeme que volo diga, non é digno. Máis ben todo o contrario.

Acaso se presenciamos unha violación ou un asasinato nos contentaremos con afearlle a conduta ao agresor educada e pacificamente, permitíndolle que nos ignore olimpicamente e que siga co seu malia as nosas respectuosas e inofensivas protestas? Evidentemente ante esta disxuntiva todo o mundo dirá que non, que o que habería que facer é empregar todos os medios ao noso alcance para impedir o abuso, utilizando a forza se a situación o require sen nengún remordimento. Pois por que razón ante as salvaxes agresións que estamos a padecer, non unha ou dúas persoas se non o pobo enteiro do estado, debemos ter miramentos para cos responsables de sumirnos no desastre? Acaso os suicidios ás portas dun desafiuzamento, os inmigrantes masacrados nas fronteiras ou as familias que non poden dar de comer aos seus fillos merecen menos consideración que as propiedades de banqueiros e empresarios? Pois eu creo que non, e se temos que pasar por enriba dos mercenarios do estado, con centos de marcas nas súas porras e escopetas, cans gardiáns da clase adiñeirada que cobran por reprimir a aqueles que protestan, pois mellor que mellor.

O 22M vivimos en Madrid o resurximento da dignidade do pobo. A labazada sobre a mesa que, esperemos, preceda á labazada sobre a cara daqueles que nos gobernan. O punto de inflexión que supón cruzar o Rubicón da paciencia. O momento en que, unha vez esgotadas sen éxito as canles establecidas, só queda a loita como único camiño. Non é que nós, como anarquistas, non abalásemos a confrontación co existente dende moito antes, mesmo dende sempre; pero aplaudimos o feito de que os que antes discorrían polo inofensivo sendeiro do institucionalmente aceptado por fin espertasen.

O gozo invádenos cunado presenciamos as imaxes dos magníficos disturbios. Disfrutamos como nenos vendo retroceder aos madeiros acurralados; cantas veces nos vimos nós do outro lado. Non sentimos ningunha pena pola cabeza aberta do badulaque uniformado, fartos de chorar ás agachadas a impotencia polos nosos corpos tumefactos e ensanguentados. Internet permítenos unha e outra vez encher de alegría os corazóns das inmensas hostes dos eternos explotados, paladeando o sabor dunha pequena vitoria no medio da nosa cotiá derrota.

No fondo, aínda que eles agora se fagan os sorprendidos, isto que pasou non é nada novo para o poder. Por que se non terían multiplicado exponencialmente o presuposto dos antidisturbios durante os últimos anos? Para que se non compraron inxentes cantidades de pelostas de goma e renovado o equipamento antimotíns dos madeiros? Evidentemente o goberno sabía que se recruarían as protestas. Sabían que todas as súas agresións ás capas populares terían unha resposta. Como non o ían saber se saben que levan fodéndonos longo tempo? O famoso "que se jodan" pronunciado por Andrea Fabra ante o maior paquete de recortes aplicado polo goberno é clara proba diso. O único que lles estrañou é que tardásemos tanto. Se ata a prensa estranxeira leva tempo vaticinando o agravamento da protesta en España e situándonos no máis alto do ranking de países susceptibles do estalido social.

Pois por unha vez non corremos espavorecidos ante as súas porras e as súas pelotas de goma. Esperemos que sexa o preludio de tempos máis combativos e conscientes, o principio dun espertar social. Por unha vez o protagonismo das protestas non o levaron os politicuhos de turno ou os aspirantes a selo; os partidos minoritarios con ansias de promover un cambio para que todo poida seguir igual; os renovadores dun capitalismo que non merece outra cousa que non sexa a sua total e completa destrución. Os histéricos berros das tribunas foron supinamente ignorados pola masa anónima en loita contra o poder.

Antes de rematar unha última reflexión: tod@s somos o rapaz encarcerado, porque tod@s gozamos vendo recuar aos madeiros. El está a pagar por unha insolencia da que tod@s nos sentimos cómplices, así que agora debería esparexerse a nosa solidariedade para c@s detid@s.

E que non decaia, as barricadas pecharon a rúa pero abriron o camiño, como dicían algúns fai xa máis de medio século. Agora sabemos que tamén recúan, é o momento de avanzar. Quen dixo medo habendo hospitais.

C. Ribas
Leer más...

"Argelaga" nº4 Revista Antidesenvolvista e Libertaria nas rúas o 1 de Abril

As compas de Argelaga, revista feita en Barcelona enviáronos un correio notificando que en 1 de abril estará listo o número 4 e nos envían esta breve presentación dos seus contidos (que colamos e traducimos, se ben deixamos os titulares nas súas linguas orixinais, catán ou castelán):

Editorial

La invención de Brundtland. Sobre la noción de desarrollo sostenible, de Luis Ponce, é o artigo central do presente número, que versa acerca da reconstrución ideolóxica do capitalismo emprendida a finais dos oitenta do século pasado no contexto de prezos altos do petróleo, derrubamento no «Leste» do capitalismo de Estado e xiro mundial cara ao neoliberalismo. O concepto de sostibilidade será a idea comodín que definirá unha nova etapa de crecemento económico baseada na conciliación da economía e a ecoloxía a través do mercado mundial da catástrofe ambiental. No momento en que o desastre ecolóxico se volve rendible, o capitalismo vólvese ecoloxista; a economía de mercado devén compatible e complementaria coa ecoloxía institucionalizada. A partir deste momento, o capitalismo será «verde» ou non será. O desenvolvemento capitalista ha de ser sostible, é dicir, ha de conter o desastre ou, como mínimo, disimular os seus desmandos, senón terá serias dificultades. A devandita sostibilidade non pode ser garantida simplemente polo mercado, polo que se requirirán os servizos dun estado forte e con capacidade de intervención rápida fronte a situacións críticas. O capitalismo sostible camiña da man dun estado ditatorial máis ou menos encuberto.

El oro de Salave. Minería, especulación y resistencias. Introducción, de Eduardo Romero, do colectivo Cambalache, de Asturias, é un artigo que contribúe á loita contra o proxecto da empresa Astur Gold. A liquidación da época industrial e mineira en Asturias inaugura un período de agresións territoriais doadas de enumerar: tendidos eléctricos, autoestradas, urbanización salvaxe, túneles que baleiran acuíferos, despoboación absoluta do campo, prospeccións de gas non convencional, etc. Nunca antes fora máis evidente que os modos de vida, as relacións sociais nas que están inmersos e a nova morfoloxía do territorio asturiano dependen de decisións especulativas tomadas en calquera despacho lonxe de alí. Como di Eva Martínez nas conclusións del ouro do Salave (Cambalache, 2013), «Asturias foi quedando cada vez máis soa en metade da terra. Comunidade periférica na periferia europea, parece que só pode aspirar a sufrir o espolio das multinacionais que gobernan os mercados ou servir de laboratorio experimental para a enésima política de reaxuste.»

Diario de campo de un incendio en el campo, de César E. Luque, é un artigo rescatado polo interese dos aspectos sociais das catástrofes mal consideradas como naturais. O que subxacer nelas son os desequilibrios introducidos polo «progreso», responsable do estado de abandono do campo, do bosque e da devesa. Un fenómeno, ata certo punto natural, áchase en oposición coa natureza grazas a un modelo de ordenación territorial que leva consigo o amontoamento da poboación nas urbes e unha incompetente protección burocrática. O crecemento «natural» da economía autónoma induce ao incendio. Entón, o Estado aprópiase do territorio, lexisla, ordena e prohibe. O resultado final posto de manifesto polo lume é a guerra declarada da natureza contra o maltratado e desarmado territorio.

Apunts sobre la reapropiació comuna de l’espai urbà, de Guiomar Castaños, sinala o conflito formulado polos intentos de reapropiación do territorio urbano entre os seus habitantes desposuídos e un sistema que non deixa nada fóra del. Contra a metrópole dos dirixentes, a cidade dos refractarios á súa dirección. É ante todo unha cuestión de supervivencia; numerosos proxectos convivenciais e asemblearios veciñais prodúcense como resposta ao illamento e pobreza da vida urbana. Unha sociedade dentro doutra e en loita contra ela, disputándolle o seu espazo e resistindo a presión das institucións. Respectouse a lingua orixinal do texto. Se ben Argelaga aspira a unha difusión nacional, non por iso deixa de ser unha revista editada en Cataluña, dirixida tamén aos oprimidos de alí.

Manifest català per a historia social a vina i camp, de Miquel Amorós e Joan Carles Gelabertó, é unha reivindicación da historia como arma da loita de clases, algo que parece esquecerse cando se esgrime a cuestión nacional. O manifesto denuncia que a manipulación histórica das forzas soberanistas enxalza institucións oligárquicas do pasado, cuxo retorno non serviría máis que para reforzar a opresión económica cun aparato político autóctono con maiores posibilidades de asegurala. En cambio, unha lectura do pasado en clave libertaria descubrirá nel a cuestión social que, como unha constante histórica, se mostra a través de multitude de revoltas contra os opresores, tanto urbanas coma campesiñas e das formas de defensa e autoorganización que lles son propias. O texto vai acompañado dun plan xeral de traballo axeitado.

Crítica de la denuncia jurídica como estrategia de lucha contra los centros de menores, de Jorge del Arco, formúlase un cambio de perspectiva na loita contra os cárceres para nenos «infractores» e a denuncia do maltrato que é habitual nelas. Non despreza o recurso xurídico pero considérao insuficiente, posto que o obxectivo non pode ser o cumprimento dunha lei represora que nin sequera seguen os funcionarios maltratadores, senón o peche dos centros de menores. Tal obxectivo non pode conseguirse limitando a protesta ao ámbito xurídico correspondente, senón transformando a sociedade, creando outra que non necesite confinar unha parte crecente da poboación, sexa adulta, menor de idade ou estranxeira. Avoga pola coordinación de colectivos e asociacións específicas en pro dunha transformación radical das relacións sociais.

Camino hacia una sociedad sin Estado, de Miquel Amorós, recorda o primeiro paso a dar no inicio dun cambio revolucionario: a abolición do Estado. Como ben se desprende das ensinanzas da guerra civil española (1936-1939), nada bo pode esperarse á sombra do Estado, por máis arruinadas que se encontren as súas institucións. O proceso de desestatización non discorrerá polas mesmas canles, pois as condicións actuais son moi diferentes das de entón. A modo ilustrativo, o artigo vai acompañado da chamada ás armas da Comuna de Lyon, intento revolucionario de setembro de 1870 que Mijail Bakunin e os seus compañeiros aliancistas protagonizaron a través dun Comité para a Salvación de Francia.

Un resquicio para levantarse. Historia subjetiva de la Asociación de Presos en Régimen Especial. Capítulo final, de Javier Ávila, un dos seus fundadores na prisión de Ferreira da Mancha, en 1990. As circunstancias que presidiron a creación da APRE eran moito máis duras que as que propiciaron o seu antecedente máis próximo, a COPEL. A existencia practicamente ignorada fóra da prisión dun réxime especial equivalente a un cárcere dentro do cárcere, onde a vida dos presos transcorría en condicións extremas de illamento, sen apoios, a mercé de todas as coaccións e abusos, abocó a unha minoría de irredutibles a accións nunca antes practicadas como a toma de reféns. A raíz dos numerosos motíns e incidentes contra o endurecemento do encerro, nos que se destacarían os presos que constituirían a APRE, o ministro correspondente, Asunción, levantou acta dos tristemente célebre ficheiros FIES. Unha abertura para levantarse (Tokata, CSO La Gatonera, L ´ Escafandre, 2014), cuxa lectura recomendamos, é intenso e apaixonado, trasmite forza e aclara ideas que nos inducen a preguntarnos acaso o cárcere non é unha institución punitiva dentro doutra?

Elisée Reclus y la ciudad sin límites, de José Ardillo, que tamén escribiu dúas recensións de libros. Reclus é, xunto a Kropotkin, o pensador anarquista que máis influído nos reformadores partidarios da cidade xardín e a planificación rexional, tales como Howard, Unwin, Geddes, Mumford ou Vestíbulo. A actualidade da súa obra non estriba nunha reivindicación da natureza contra a civilización, cuxos males están encarnados nas conurbacións, senón precisamente na fusión de ambas as dúas. Reclus é progresista e, aínda que ama a natureza, busca na cidade a arte e a ciencia. A cidade é para el un feito civilizatorio definitivo, que non ten por que afastarse da natureza, senón que ha de fusionarse con ela. A defensa da natureza é tamén unha loita pola cidade en consonancia con ela. A cidade non se concibe sen estar en harmonía co territorio, nin o territorio coa cidade.

La descongestión de las ciudades es una necesidad inmediata y urgente, do grupo Reclus, pertencente á rexional catalá da FAI. O artigo apareceu o 1 de outubro de 1936 no semanario «Terra e Liberdade», que se editaba en Barcelona. Trátase pois dun texto único en varios sentidos, publicado en plena revolución, no que formula o problema do desconxestionamento urbano mediante un reequilibrio co campo que a colectivización facía posible. O abastecemento das grandes cidades era o problema máis urxente que se presentaba á revolución. O traballo colectivo de terras tiña como misión absorber a masa de campesiños que a proletarización lanzara á cidade para incrementar o exército de man de obra en reserva, con toda a secuela de baixos salarios, paro e miseria, e así garantir as subministracións de alimentos á poboación. A crítica non obstante non cuestionaba a industrialización nin o crecemento urbano; o proletariado revolucionario era a súa principal consecuencia.

La tierra no se vende, se cultiva y se defiende, informe aparecido en «Desde la estrada», n.º 4, novembro de 2013, publicación do Centro Social Autoxestionado palentino "Doble o Nada". Denuncia a degradación do territorio castellanoleonés unha vez foi despoboado de campesiños. Lugar para situar cemiterios nucleares, vertedoiros contaminantes e incineradoras que tratan residuos máis ou menos perigosos procedentes das cidades e polígonos industriais; tamén para especular con pistas de esquí ou estacións da ave, pasando por prospeccións de gas non convencional ou explotacións mineiras de forte impacto ambiental. As confluencia de intereses entre políticos, banqueiros, industriais e construtores son máis que evidentes, e o territorio é o grande sacrificado. Toda rehabilitación deste pasaría pola agricultura tradicional, os usos colectivos e a autodefensa, non polos empregos que poidan xurdir da súa destrución.

Noticias breves

Recensións

Comunicados

Contraste de pareceres

[84 páx. 21 x 29 cm]
Leer más...

[Medina del Campo (Valladolid)] Sábado 29 Xornada de actos contra os fascistas de "Democracia Nacional"

Recibimos de compas de castela esta convocatoria de repulsa veciñal á presencia do lider deste partido fascista DN, Manuel Canduela, quen ten previsto realizar unha homenaxen floral ás 12 da mañán á unha estatua de Isabel la Católica ubicada na praza maior de Medina del Campo e pola tarde unha charla ás 19:00' nun "centro civico" desta vila con o mesmo nome da raiña que montaba tanto como seu home e que pasou a historia popular como a guarra que nunca mudaba de camisa, actos que anuncian os fascistas na súa web e que poden verse na foto adxunta.

Ante semellante acto, un grupo de individualidades está a repartir pola vila esta informacion, que colamos (traducida):

Non son democratas, son fascistas

Fronte á futura candidatura presentada nalgúns medios de comunicación locais polo partido neonazi Democracia Nacional, a cidadanía de Medina que cremos na tolerancia e na liberdade, a marxe de partidos políticos dun ou outro signo, expresamos o noso maior e máis profundo rexeitamento a esta agrupación racista e xenófoba. A pesar das suas mensaxes populistas e demagóxicas non conseguirán ocultar o que realmente se agocha tras esas siglas.

Isto non é unha opinión dun grupo de difamadores, non. Son feitos ou sentencias que respaldan esta acusación, como a da xuíza María Teresa de la Asunción Rodríguez do Xulgado de primeira instancia número 33 de Madrid, quen sentenciou: «conforme ás probas practicadas e as manifestacións dos propios membros do partido, son eles os que dan a visión ao resto da sociedade de ser un partido de ideoloxía Nazi».

Son agresións que perpetraran afiliados á agrupación á que facemos referencia e polas que foron xulgados. Son asasinatos por motivos ideolóxicos (como o de Carlos Palomino ou Guillem Agulló) os que mancharan de sangue as proclamas desta agrupación e dos que non poden renegar porque hai sentencias firmes nas que se lles declara culpábeis.

Non podemos permitir que en Medina se de cobixo a semellantes criminais neonazis, que as súas mentiras e distorsións da realidade teñan eco en medios locais que din ser respetábeis. Non é tolerábel que o grupo de “información periodística” composto por TeleMedina Canal 9, La Voz de Medina e Onda Medina realizara longas entrevistas, con unha pretendida inxenuidade,
sen o minor compoñente crítico e un marcado carácter de plataforma divulgativa, a membros de Democracia Nacional.

A última destas entrevistas foi a realizada a Manuel Canduela, quen dirixe o partido político, obviando a súa longa traxectoria de ultradireitista como a súa militancia en Falange e Acción Radical (agrupación valenciá neonazi) e a súa participación no grupo de música División 250, coñecido polo seu marcado carácter tambén neonazi. Por se fose pouco, este individuo viuse involucrado en diversos procesos xudiciais e condenado polas súas accións criminais. Só hai que tirar de hemeroteca para descobrir a verdadeira faciana desta xente: traen ás súas charlas a membros do Ku Klux Klan, están irmanados con partidos xa ilegalizados como Mencer Dourado na Grecia, con membros detidos por homicidios e terrorismo e niegan crimens contra a humanidade como o Holocausto.

Non permitamos que ensuxen a nosa vila con as súas mentiras e a súa máscara de “transversais” e democráticos. Non permitamos que tiren beneficio da crise e da desinformación.

Rulade esta información con familiares e coñecidos.
Infórmate pola túa conta. Se desexas contactar con nos e opoñerse a istos xermens fascistas podes facelo no seguinte enderezo de correo electrónico: medina_contraelfascismo@riseup.net

Durante o día se desenviolverá unha xornada de actos, se estades interesad@ escrebede ao mail de arriba
Leer más...

26 mar. 2014

Manifestación de protesta contra o desaloxo do C.S.O. Palavea (A Coruña)

Deixamos aquí, a petición da asamblea do xa desaloxado C.S.O. Palavea, o cartaz da manifestación en repulsa do desaloxo e en defensa dos espazos liberados prevista para o vindeiro sábado 29 ás 20:00h no Obelisco da Coruña.

Aproveitamos tamén para deixar esta foto, recollida da prensa comercial, da concentración de protesta de onte (día do desaloxo), que congregou a algo menos dunha centena de persoas entre cánticos okupas, contra a policía e contra a paz social. Despois dunha hora de protesta, ben custodiada por catro furgonetas de antidisturbios, a concentración disolveuse sen incidentes.
C.R.
Leer más...