26 feb 2014

"Senlhe" manifesta o seu desexo de que só acuda a familia ao seu vindeiro xuízo na Audiencia Nacional e agradece as mostras de solidariedade.

Recibimos do Colectivo de Apoio a Senlheiro a petición de facer público este seu texto, ao que acedemos gostosas:

Xente, onte fumos ver a Adrián á prisión de Navalcarnero (Madrid IV) onde se atopa agora mesmo á espera do xulgamento. Pese ao nerviosismo e as inquedanzas dada a inminencia do xuízo atopase ben e con forza.

Queremos transmitir o seu desexo de que só acuda a familia ao xuízo, e o seu agradecemento a todas as persoas que estaban dispostas a ir e mostrar a súa solidariedade.

Sinte moito avisar desta decisión tan tarde coas molestias que esta poida provocar, mais é nesta semana na que está a preparar o xuízo cos avogados. Agardamos que comprendades que se sinta máis tranquilo desta maneira. Lamenta moito non poder aproveitar a ocasión para ver rostros de amigxs e coñecidxs mais desta maneira pode centrarse máis na declaración e estar menos nervioso.

Pola nosa banda, agardamos que poida recuperar a ocasión moi pronto, voltando con nós á casa.

O xuízo será os días de antroido, 3 4 e 5 de Marzo na Audiencia Nacional, tras unha espera en prisión preventiva de 1 ano, 1 mes e 24 días.

Xa vos contaremos que tal vai o "conto".

Dende este colectivo queremos voltar agradecer a todas as persoas que dun xeito ou doutro mostraron a súa solidariedade e a todas aquelas que dades folgos no día a día, e agardamos poder disolvelo moi pronto e que Adrián non precise que falen por el, e sobretodo, que poida voltar recuperar a súa liberdade.

Forza ,saúde e grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario