1 feb 2014

Mexico. Carta de Carlos Lopez Marin. AI FERRI CORTI Con sus métodos de dominación

Informabamos acá en Abordaxe da detención de Fallon Poisson e Amelie Pillierst (ambos de orixen canadiano) e a Carlos López Martin (mexicano) compañeirxs anarquistas participantes en varios proxectos e iniciativas de afinidade. Agora reproducimos (traducido) do blogue PublicaciónRefractario esta Carta de Carlos:

Un fuerte abrazo para todxs xs compañeirxs!

Foime moi grato enterarme dos xestos de apoio que dende fóra se nos dá axs tres presxs anarquistas. Seguimos firmes e fortes a pesar das parvas acusacións que se nos fan e dos comentarios amedrentadores (aquí dinnos que pasaremos moito tempo en prisión) que buscan apagar a nosa identidade. Non o lograrán, pois estamos firmes e con convicción.

Hoxe baixáronnos a declarar, esperando que nos declarásemos inocentes ou culpables. Neste punto quero aclarar algo abertamente; no persoal non acepto ningunha das dúas posicións. Culpable?, inocente?, iso sería darlle lexitimidade ás parvas leis do Estado, ao cal non lle recoñezo a sua autoridade. A fin de contas o Estado e as súas leis só son xeradores e
reguladores de privilexios, inxustizas, explotación e dominación.

Decateime de algo que en verdade me revolveu o estómago, que se nos vincula con Movimiento 132, #Posmesalto, e outros similares(*). Aclaro que isto non o acepto de ningún xeito. Non recoñecerei ningún movemento de organización xerárquica institucionalizada. De ningún xeito!

Quero chuspir o meu odio por este sistema carcerario, eu non sei se de verdade haxa xente convencida da "reinserción", é dicir, que ao estar preso as persoas domestíquense e saian a levar unha vida tranquila e en harmonía coas persoas e flores que o rodean. Eu búscolle e só vexo unha cousa SECUESTRO, si, privar da liberdade unha persoa se lle chama secuestro.

Buscan por medio da prisión apagar as vontades de quen loita por un mundo novo e chamanlle violento, perigo para a sociedade, terrorista, a quen se rebela. É o Estado o único terrorista, pois é o principal xerador de violencia, quen ten o monopolio das armas, da
tortura, da violación aos nosos dereitos naturais.

É o sistema de dominación quen nos violenta a diario ao pagarnos soldos de miseria, ao explotar o traballador véndoo non como un ser humano senón como unha máquina xeradora de diñeiro. Violéntanos cando atenta contra a natureza para construír prazas comerciais; violéntanos coa sua programación televisiva que intentan moldear os nosos pensamentos.

AI FERRI CORTI COS SEUS MÉTODOS DE DOMINACIÓN.

Carlos López Marin.

pdt.- Neste enlace da PublicaciónRefractario tendes un outro escrito de Carlos López "El Chivo" con data de 8 de febreiro sobre a situación dxs detidxs atá ese día do que colamos este anaco:

(...)"nos encontramos bien, fuertes y unidxs y hemos llegado al tercer día de encierro entre preguntas, amedentraciones y telenoveleras escenas de montaje como el curioso caso de un falso grupo de derechos humanos que al estar a solas conmigo dieron haber sido enviados por una compañera, me dieron su nombre y características, como en un principio les creí, empecé a ´platicar con uno de ellos que se mostró muy interesado en el caso, pero es bien fácil identificar los métodos utilizados por un puerco (con el perdón de los cerdos) y enseguida supe que era un policía. En su supuesta intención de defendernos, me mostró varias fotos donde aparezco yo y unxs amigxs, y “amistosamente” me pedía nombres y especificaciones y enseguida pensé, ¿cómo puede un policía querer actuar como compañero si en su corazón no existe ya la dignidad?"(...)

(*) Movimiento 132 e #Posmesalto son movimentos reformistas cidadanistas, maioritariamente estudiantís que se moven polas redes sociais pola "democratización" dos medios informativos ou contra a suba das tasas do metro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario