19 feb 2014

Luis Miguel Mingorance deixou a súa Folga de Fame. Comunicado e poema do compañeiro

Colamos da web da Campaña Carcere=Tortura, na que comentan que o compañeiro abandonou a súa folga de fame indefinida o día 8 de Febreiro por problemas de saude tras case 30 días de protesta. Actualmente atopase en bo estado. Dende aquí mandamoslle a nosa solidariedade.

COMUNICADO dende Soto del Real 9/2/2014

Ola compañeir@s! Son Luis Miguel Mingorance Corral, "Hueso Pavo", estiven en folga de fame dende o 10/1/2014 ata onte 8/2/2014 que tiven que deixala por motivos de saúde, un nivel de acetona nos meus riles moi alto, dor en articulacións, insomnio,... con o que ía quedar tocado para o que me queda de vida e non podo dárlles ese pracer.

A idade non perdoa, agora decátome, teño 47 anos e demasiadas folgas xa no corpo. A mente resísteme, pero non o corpo. Teño visto que eles estaban preocupados, cando empecei pesaba 74 kg e quedei en 62 kg. Agora debo recuperarme, perdín masa muscular e vaime custar máis tempo. Sigo na loita, que o saibades tod@s, aínda que teña que coller outras opcións a partir de agora.

Dende Soto. ¡Saude e rabia!

POEMA

Nos lanzamos a la batalla

fieramente y ciegamente,

y aunque perdamos en ella

no la dejamos en nuestra mente.

Luchamos contra algo inhumano

basado en el corporativismo,

pero ahí esta mi hermano

por el compañerismo.

Estos muros se derribaran

el día que el concienciamiento sea total,

antes solo se arañaran.

Debemos abrir los ojos

al pueblo llano

que vean la realidad.

¡Tras los grises muros!

ECNAROGNIM

No hay comentarios:

Publicar un comentario