30 ene 2014

"O persoal e o político conflúen?"

Colamos este artigo de opinión que recibimos na nosa caixa de correos enviado por unha compa, e que está asinado por "Selvas Insurrectas", onde fan -tomando como guía a palestra "A opresión múltiple: Xénero, raza, clase. Crítica ao racismo nos movementos sociais" impartida no “XI Encuentro del Libro Anarquista de Madrid” por Carla (feminista, negra, lesbiana)- unha acertada crítica a certas defensas ou mostras de actitudes cómplices con agresións machistas, fascistas, especistas, convivenciais, capitalistas, consumistas e autoritarias en xeral nos nosos espazos. Colamos traducido à ìntegra:

Para pensar nesta e outras cuestións achegámonos ao XI Encontro do Libro Anarquista de Madrid, onde Carla desenvolveu o tema "Xénero, Raza e Clase. A Opresión Múltiple". Pareceunos interesante destacar algúns puntos da exposición para non esquecer certos temas que nos afectan a tod@s día a día. Entre outros moitos, comentaba a necesidade de "nomear o que vivimos polo seu nome", que "nunca é analizado en termos de racismo" senón como "unha cuestión persoal, de carácter, de malos entendidos, de bromas fora de lugar, de conflitos entre esta e aquela..." pero "non nomeamos o que é: exclusión racial". Explicando a enorme problemática e barreiras das mulleres, emigrantes e pobres, engade tamén que a miúdo "o feito de que os nosos espazos sexan racistas e clasistas" dificulta e mesmo "non permite o seu achegamento ao noso contexto" e "de aí a súa ausencia entre nos". "Non é unha crítica gratuíta" a "a política antirracista dos nosos espazos" e engade que "participou nalgúns colectivos antirracistas mixtos", "dos que tiven que irme” e "isto porque facemos política antirracista sen cuestionar o noso privilexio racista". Unha cousa "é combater o racismo d@s demais, o racismo da Frente Nacional, o partido de extrema dereita, etc. Outra cousa é combater o racismo en si, o racismo interiorizado. Afirmar a necesidade de combater o racismo é recordar que as relacións sociais de raza estruturan o noso xeito de ser, comportarse e pensar. En consecuencia, a loita contra o racismo ten que ver no espazo político e no espazo persoal".

"En espazos e colectivos antirracistas o meu rol era facer ver os meus compañeiros e as miñas compañeiras brancas o seu propio racismo. Iso é un traballo que tedes que saber facer sos, eu non son unha ferramenta para que vexades o voso racismo. Iso non calla, iso non funciona". "A tendencia da política antirracista é falar de e polas persoas emigrantes sen cuestionar as situacións, condicionamentos e contextos das nosas vidas que nos distinguen, que as nosas ferramentas de loita moitas veces non son as mesmas. Todo isto sen ter en consciencia nin facer un traballo político real acerca do racismo e o clasismo. Que a loita antirracista non se reduza á repetición de slogans, tópicos pouco afondados aos que recorredes nun momento determinado para facer ver ou enganarvos a vos mesmas ou as demais acerca da súa conciencia sobre o racismo e do traballo político no campo da emigración".

Estas palabras fixéronnos pensar o seu en experiencias máis que graves dende un punto de vista feminista e antes de nada queremos aclarar, aínda que resulte obvio, que Carla non guía nosas propias cavilacións. Vemos claro que boa parte do ámbito persoal é tamén político, dende o momento en que unha acción afecta á sociedade, a outr@s seres viv@s, ao seu ámbito, etc. Isto rompe o mito libertino burgués que reza: "Eu na miña casa fago o que me dá a gana" ou "Eu coa miña vida fago o que me peta", tan comúns para defender ou mostrar actitudes cómplices con agresións machistas, fascistas, especistas, convivenciais, capitalistas, consumistas e autoritarias en xeral. Por outro lado, a súa crítica adoita eludirse con paternalismo e botando balóns fora que tratan de relativizar o problema intentando situalo a menor altura que certas condutas doutras persoas, que poden ser igual de obxectables. Xustificarse aludindo a outros males que tamén deberían ser criticables.

Mesmo pode tratar de invisibilizarse a inxustiza apoiándose na complicidade e apoio de familiares, amig@s, compañeir@s, persoas influentes... permitindo xa non só manter as súas consecuencias sociais, tamén reforzar a súa difusión e un sentido acrítico imposto como hábito autoritario. Estas actitudes poden deixarse pasar, estando xa o dano feito e agora amplificado, coma se nada tivese pasado, pero a experiencia demóstranos que o autoritarismo así reforzado e multiplicado retorna con maior violencia noutro lugar da sociedade que pode ser o noso ou o de outr@s.

Resulta relativamente sinxelo posicionarse en contra da inxustiza cando o sangue chega ao río e a agresión cométena outr@s -sexa o Estado, o capitalismo, un violador, un maltratador, etc. Pero preguntámonos algunha vez que estamos a facer nas nosas vidas para combater aquilo ou mesmo a aquel@s que propagan estas miserias con total descaro, pracer e impunidade? E, pensando en todo isto sempre máis alá do victimismo e de ideas irracionais, compartindo as experiencias de muitas compas de loita ao longo dos anos somos conscientes de que isto tamén se ceba en cada vez máis espazos liberados de aquí e de alá onde calquera mamonaz@ pode deixarse caer tirando de carisma e simpatía mentres se posiciona de forma manifesta a favor de actitudes patriarcais e/ou autoritarias sólidas ata que se produce, por desgracia non en todos senón só no mellor dos casos, unha resposta colectiva para invitar a est@s radicais de chaqueta a que se vaian sementar hostias a outra parte?

O certo é que, sen poder completar o círculo nun artigo, tamén nos gustaría traer á mente de tod@s uns cantos enreixados cos que máis de unha nos topamos: que o fin xustifique os medios, que o cuantitativo se antepoña ao cualitativo, o consumo de slogans rápidos, tópicos, estética e falsa conciencia. A revolución convertida nunha simple relixión política. Demagoxia, populismo e simplismo proxectados ao exterior onde moitas mentes críticas se ven dispersadas, destes movementos. Por outro lado, inercias e tabús que asintan o "bonrollismo" e a falta de autocrítica.

Cando apartamos piares como o esforzo voluntario, a empatía e o compromiso, antepoñendo o desexo, a apetencia, o interese persoal ou a autosatisfacción, igual que formas de nihilismo, placerismo e autodestrución que o propio Estado administra, o embrutecemento e a miseria non tardan en reaparecer. Sen un grande esforzo reflexivo que avive o debate colectivo as accións diarias afóganse na confusión e a fé activista, máis aínda baixo o goberno do non pensar.

Selvas Insurrectas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario