16 ene 2014

Recordatorio: Concentración e Xornadas Antifascistas na Coruña

Recordamosvos a convocatoria para este fin de semana dunhas Xornadas Antifascistas. Os eventos comezarán o venres cunha CONCENTRACIÓN CONTRA AS LEIS FASCISTAS, en referencia a Lei Mordaza, A lei do Aborto e demáis "xoias penais" coas que o goberno pretende devolvernos aos tempos do nacionalcatolicismo. Tamén pretende solidarizarse coa exemplar loita do pobo burgales contra os desmandos especulativos da súa clase política e empresarial. Será no Obelisco as 20:00h do día 17, quen queira pode facela súa (e presentarse coas súas propias pancartas ou reivindicacións), e este é o cartaz:

Durante todo o día seguinte, e dende as 11:00 A.M., se desenvolverán unhas Xornadas Antifascistas no C.S.O. Palavea (Rúa Río Quintas 31, na N-550 xunto a Oh! Coruña) con partidos de futbol (monta tí o teu equipo), exhibicións de boxeo, xantar vegano, charlas de Alfon e de Suso Cela, pases de vídeo e concertos de "Talleres McGiver", "La familia del Delirio", "Bitxo Bola" e máis "Kira D.J.".
Aquí tedes o cartaz:


Subido por C.R. coa información facilitada dende Acción Antifascista Coruña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario