31 ene. 2014

3,4 y 5 de Febreiro.- Envio de Faxes polo asesinato do compañeiro Orka

Onte mesmo faciamos público neste blogue de Abordaxe a noticia de que Orka aparecera morto na mañá do mércores 29.

Agora e grazas a un correio dunha compa do grupo de apoio Galiza sur da Campaña Cárcere=Tortura, vimos de saber que dende esta Campaña están a promover o envío masivo de faxes polo asesinato encuberto do compañeiro Jose Luis Ocaña Diez "Orka" na prisión de Aranjuez (fax nº 91 809 90 47).

Tambén propoñen realizar chamadas telefónicas constantes ao Centro de Exterminio de Aranjuez (tfne 91 809 90 29) durante estes días para que saiban que afora temos constancia das torturas e asesinatos que alí ocorren e seguimos en luita para que non fiquen impunes.

Disponibilizamos acá dun modelo de fax

Tambén podedes descargar octavillas informativas.

NON MÁIS MORTES EN PRISIÓN. ABAIXO OS MUROS
Leer más...

[Burgos] Comunicados contra a criminalización do Gamonal

Colamos de diario de Vurgos estes dois interesantes Comunicados tirados por unha banda pola Biblioteca Anarquista "La Maldita" ubicada nese barrio e por outra pola Asamblea de Gamonal en resposta aos intentos de criminalización da luita.

1.- Comunicado da Biblioteca Anarquista "La Maldita": Sobre os ensaios de literatura da policía de Burgos

Responder a acusacións e calumnias non é nin agradable nin creativo, non obstante sentímonos obrigadxs de facelo porque outros falaron sobre nos. Dicir que nin nos emociona demasiado e en gran parte é unha perdida de tempo. Por iso deixaremos ben explicito que non imos responder a cada intoxicación, nin imos entrar en dialogo nin coa policía nin cos xornalistas; só pretendemos deixar unhas cousas claras.

Os medios de comunicación tiveron constantes intentos de manipulación: primeiro os de fóra, logo os profesionais dos disturbios, antisistemas e radicais, que se os anarquistas....

Estamos na rúa non somos espectáculo.

É insultante á intelixencia para nos e para xs demais veciñxs, o de atribuír "liderados" ou "manipulacións", sobre todo cando sucede na horizontalidade, espontaneidade e igualdade.

Non seremos os que fagamos a análise de que sucede e sucedeu en Gamonal. Porque non nos corresponde para defendernos e non temos porqué analizalo dende esta posición. Somos veciñxs e solidarixs.

Non temos ningún motivo para escondernos, nosxs veciñxs saben quen somos, como pensamos e como actuamos. Participamos, compartimos e respectamos as decisións.

Non podemos dicir o mesmo nin de policías nin de xornalistas, eles están aí por un soldo, como mercenarios, os primeiros tratando de ver como reprimir e vixiar e os segundos en busca de carnada e morbo sensacionalista.

A Biblioteca Anarquista La Maldita leva 5 anos e medio no barrio, e de presenza con carteis, xornadas, proxeccións, charlas..... Non é nada novo, a xente sabe o que facemos e quen somos. Tampouco é por casualidade que La Maldita estexa no Gamonal, barrio obreiro e pobre, de loitas veciñais e solidariedade no cotián.

Isto é unha parte máis de toda a represión que vimos días atrás, algo máis, que sumarlle ás porradas, ás detencións, as provocacións, os seguimentos ou a chularía da policía.

As loitas non son legais ou ilegais, son xustas.
Seguiremos, nin un paso atrás


Biblioteca Anarquista La Maldita

2.- Comunicado da Asemblea de Gamonal (2014) en resposta aos intentos de criminalización:

Despois de ler as noticias relacionadas co informe policial que vincula ao movemento de Gamonal con determinados grupos de esquerdas ou xente de ideas anarquistas, creo que debemos facernos algunhas preguntas e varias reflexións.

As primeiras son: Que pasa se entre nos hai persoas con este tipo de ideas? Onde está escrito que non se poida ser, por exemplo, anarquista? As respostas son claras: Nada e en ningún sitio.

Nas multitudinarias mobilizacións que vimos estes días puidemos constatar a presenza de anarquistas, comunistas, xente do PSOE, de organizacións sindicais, e mesmo de xente que no seu día votou ao PP. Todo isto vén a demostrar que a asemblea e o movemento son complexos e diversos, ao igual que a sociedade á que pertence. Por iso, cando dende o poder tratan de criminalizarnos poñendo o foco sobre persoas ás que se acusa de ser anarquistas, individualmente sentirémonos máis próximos a@s compañeir@s con estas ideas. E se mañá se trata de criminalizar comunistas, pois sentirémonos comunistas. E postos a imaxinar absurdos, se dentro duns días din que o problema é que hai xente do Madrid ou do Barça, moit@s tamén nos sentiremos madridistas e/ou barcelonistas.

Por outro lado, pode preguntarnos a policía polas nosas ideas ou filiación política? Pode basear as súas investigacións e actuar baseándose nas ideas que temos? A resposta é non. E a súa propia lei así o di. Se están interesados en buscar as persoas que orixinan o conflito e as manifestacións de violencia, lles suxerimos que miren nas súas propias filas. Tamén poden buscar entre os gobernantes e poderosos que planifican actuacións en contra dos intereses do pobo e cando este se rebela mandan a policía a reprimilo. E é que aínda que non sexa tan visible, para nos esta é unha violencia constante, máis custosa e moito máis indiscriminada.

A nosa asemblea está formada por persoas con diversidade de ideas, crenzas e perfís. Hai xente nova, maior, mulleres, homes, comerciantes, traballadoras, pensionistas, obreiros... e por desgracia demasiada xente no paro. E é aquí onde o poder e as súas policías teñen un problema. Tomando prestado algunha frase de temas de rapaces rapeiros, talvez nos ven como formigas e por eses trátannos de "formigonar" coas súas obras faraónicas e sobre todo nos "asfaltan" o respecto.

Esquéceselles ou ocultan as cuestións máis evidentes. E é que esta sociedade segue tirando grazas aos traballadores e traballadoras, e a pesar deles. Así as fábricas funcionan grazas aos obreiros e obreiras, e non pola flexibilidade laboral ou polas leis aprobadas en contra da clase traballadora. Os hospitais e escolas seguen funcionando pola tenacidade e profesionalidade de moit@s d@s seus/suas traballador@s e a pesar dos recortes que as administracións implementar. Se se quere falar de "milagres económicos" non debemos mirar a Montoro ou De Guindos, mellor fixámonos en pensionistas, parad@s ou amas de casa que con presupostos ridículos son capaces de alimentar, vestir e sacar adiante familias enteiras.

Estas son as nosas xentes e estes son os vimbios cos que tecemos a nosa asemblea. E é que aquí non sobra ninguén, ou como dixo alguén, todo o mundo é necesario, ninguén é imprescindible.

Dentro desa visión miope que pretende converternos nunha especie de formigueiro ou colmea, non sabemos que papel se arrogan os poderosos, a policía e algúns medios de comunicación. Talvez sexan a bota que pretende esmagarnos, talvez se crean raíñas con dereito a someter e rematar coa dignidade nas nosas vidas. Se é así, queremos que saiban que as obreiras decidimos que non o imos consentir, e que se sobra alguén son os "abázcaros" e "raíñas" que pretenden gobernarnos para continuar aumentando os seus beneficios.
Leer más...

Á ABORDAXE !! Xá está na rúa o nº 4 da nosa Revista Anarquista en papel !!!

Despois de un longo proceso de redacción, recopilación, tradución, montaxen, impresión e encuadernación, todo feito na casa e con a colaboración especial das compas da imprenta alternativa Irrintxi de Vitoria-Gasteiz, temos xá na rúa o novo número da nosa revista en papel, o nº 4, con un amplo contido de temáticas anarquistas e colabouracións especiais e "inéditas" ata hoxe, en 68 páxinas para ler con a calma ou con ávidez (ao gosto de cada quen) e por só 2 €.

Queremos aproveitar para agradecer a todas as persoas que colabouraron para que esta Revista sexa unha realidade. En breve publicaremos unha listaxe con os lugares de venda e distribución (se estades interesadas en distribuila poñervos en contacto con nós) e con as localidades onde imos presentala. Tambén estamos a traballar nun novo blogue (abandonamos google para irnos a wordpress) que será inaugurado con a publicación en pdf deste nº 4 para a súa leitura e descarga gratuíta.

Colamos o índice temático (por orden de paxinación):
- A Modo de Editorial
- Breve Historia da Piratería (artigo de C. Rivas para Aobordaxe!)
- Isto non é o casco vello de Donosti (artigo sobre a okupación da Sala Iago de Compostela)
- "O Occidental Abominable" (Auto-entrevista de Pedro García Olivo sobre as suas actuais liñas de investigación, feita en especial para este nº de Abordaxe)
- "Lumes e lumes" (artigo sobre a criminalización social do lume)
- "Son un Labrego" (Poema criativo)
- "Big Brother Porto Ano 29 da era Orwell" (panfleto atopado nas rúas de Porto)
- "O Laboratotio Helénico" (unha visión sobre o mundo libertario grego)
- "Luita e Represión nos Cárceres" (artigo sobre a Historia da Campaña Cárcere=Tortura dos anos 2011 ao 2013 polo Grupo de Apoio de Galiza Sur)
- "Proclama da Okupación"
- "Foronse as Árbores" (Poema anónimo)
- "Breve Exposición da Noción de Territorio e a súas Implicacións" (artigo de Miquel Amorós en especial para este nº de Abordaxe)
- "Amancio Ortega, um ejemplo a seguir por todas?"
- Sobre a violencia (dous diferentes reflexións sobre o seu uso): "Estou Farto de Chachachá" e "Condenamos as vosas Condenas de Violencia"
- "Miedo y Asco en el Chiringuito" (artigo sobre as drogas nos 80 e agora)
- "Conversa con Alfredo M. Bonanno"(transcripción das conferencias impartidas no estado español en 2012 feita con a colabouración e consentimento do mesmo, para este nº)
Leer más...

[A Corunha] Nota de prensa Stop Desafiuzamentos: Hoxe venres 31 xaneiro.- Apropiámonos dos caixeiros e Concentración familias afectadas polo Parque Ofimático

Colamos esta convocatoria para hoxe de Stop Desafiuzamentos, recebeda hai unhas horas na nosa caixa de correos:

VENRES 31 de XANEIRO:

[10.30hrs.] Apropiámonos dos caixeiros que nos desafiúzan.

[14.00hrs.] Concentración das familias en risco de desafiuzamento polo P. Ofimático.


A partir das 10.30hrs. de hoxe, venres 31 de xaneiro, e con saída dende a praza de Ourense, levaremos adiante a performance reivindicativa “Apropiámonos dos caixeiros que nos desafiúzan”, enmarcada dentro das accións impulsadas pola Asamblea de Afectadas pola Vivenda e a Hipoteca, cuxa terceira reunión tivo lugar o pasado 11 de xaneiro.

Seguindo o camiño marcado no Roteiro contra o terror bancario celebrado no pasado mes de decembro, estas accións deseñadas polas persoas en risco de desafiuzamento son unha mostra clara de unidade e empoderamento cidadán diante das agresións cometidas polas entidades financieiras.

Así, novamente sairemos á rúa para sinalar aos culpábeis da estafa financieira e do roubo bancario, reivindicando que se faga efectivo un dereito básico universal como é o da vivenda.

Por outra banda, ás 14.00hrs. terá lugar un venres máis a Concentración embaixo do paso elevado que cruza a Avda. Alfonso Molina á altura da Igrexa de Eviña, coa que as familias en risco de desafiuzamento pola construción do Parque Ofimático visibilizan cada semana a ineptitude e abandono do Concello da Coruña, reivindicando a desafección do Plan das casas ubicadas na marxe dereita de Alfonso Molina, así coma solucións para as familias cuxos fogares fican arestora rodeados de escavadoras, no medio da lameira na que este plan urbanístico especulativo converteu os terreos rurais que antano daban a benvida á cidade da Coruña na súa entrada pola zona de Elviña. Sinalar tamén que o alcalde Carlos Negreira segue sen aceptar reunirse cas familias afectadas malia a terse comprometido publicamente e térselle rexistrado varias solicitudes de reunión a través das canles administrativas ordinarias.

Moitas grazas pola vosa atención

Saúdos, boa xornada e moi bon final de semana,

STOP Desafiuzamentos A Coruña.
Leer más...

30 ene. 2014

Un par de apuntamentos sobre as protestas en Ucraína e o papel nelas da ultradereita.

Colado e traducido do blogue "Hablando República":

Ante o tratamento informativo das protestas que están a ter lugar en Ucraína paga a pena explicar, con algo máis de detalle que o proporcionado polos grandes medios de comunicación, algunhas das imaxes que habitualmente chegan dende alí para que o/a lector/a poida analizar estes sucesos dende un punto de vista máis amplo que o simplista "mobilizacións cidadás", facendo fincapé na notable presenza nestas, se non mesmo no liderado, de grupos de extrema dereita.

É interesante, ao observar as impactantes imaxes da praza da Independencia de Kiev repleta de manifestantes, facer un breve repaso das bandeiras que alí se axitan: unha gran cantidade delas teñen relación con grupos de ultradereita. Sirvan de exemplo as bandeiras bermellas e negras que aparecen en gran número nestas manifestacións e que poden observarse en practicamente calquera imaxe difundida por televisión. Pois ben, é preciso aclarar que estas bandeiras non son, nin moito menos, símbolos anarquistas senón que, orixinalmente é o emblema do Exército Insurxente Ucraíno, son agora utilizadas polos grupos nacionalistas ucraínos. Cabe recordar que o Exército Insurxente Ucraíno foi unha guerrilla nacionalista que comezou loitando contra a ocupación alemá durante a II Guerra Mundial e rematou facéndoo contra os partisanos soviéticos e o Exército Vermello ao termo da contenda; esta guerrilla perpetrou, entre outras, o masacre de 80.000 polacos considerado actualmente un acto de xenocidio.

Destaca a masiva presenza de militantes e ata deputados do partido de extrema dereita Svoboda ("Liberdade"), de corte racista e homófobo, que conseguiron un oco non só nas mobilizacións contra o goberno senón tamén nas institucións ucraínas das rexións máis occidentais (precisamente nas que se están a producir as protestas). Este partido, por dar un exemplo que resulte máis próximo, mantén relacións con grupos fascistas españois como o Movimiento Social Republicano (MSR).

De feito, e malia utilizar as manifestacións pro-europeas para gañar visibilidade e votos, o propio Parlamento Europeo redactou en 2012 unha resolución na que mostraba a súa preocupación "polo aumento do sentimento nacionalista en Ucraína, expresado no apoio a Svoboda", recalcando que "as actitudes racistas, antisemitas e xenófobas van contra os valores e principios da Unión Europea".

Tendo en conta o anteriormente exposto, preocupa o descoñecemento xeral da opinión pública española a este respecto, bombardeada pola información nesgada (cando non directamente falsa) dos grandes grupos de comunicación que denominan a estas protestas como "manifestacións cidadás" ou mesmo "Revolución Azul", como o bautizaron algúns medios.

Se o feito de derrubar unha estatua de Lenin, entre berros de "Grazas a Deus!" e coa presenza dun sacerdote que bendicise o martelo con que se golpeaba a cabeza do revolucionario ruso, non daba pistas das tinguiduras que tomaban estas protestas, pode que si o fagan os símbolos que portan algúns dos manifestantes que encabezan as marchas e lideran os enfrontamentos coa policía:

Non obstante, os medios de comunicación encárganse de que esta información non chegue aos seus lectores e, como El País na súa edición en papel, mostran a imaxe dende unha perspectiva que oculta a simboloxía fascista, engadindo pés de foto e textos (máis próximos ao editorial que á noticia) en que se fala de "réxime ucraíno", "resistencia dos cidadáns" ou simplemente "choques coa policía" seguidos, ata hai uns días, por dramáticas narracións baixo titulares como "Batalla campal" ou "Reina a violencia"... facendo referencia a Burgos.
Leer más...

Morre na prisión de Aranjuez o Compañeiro "Orka" partícipe da Campaña Cárcere=Tortura

Colamos de Tokata:

Están a deixarnos morrer. Están a matarnos a todos. Isto é un xenocidio... estas palabras eran as que introducían a noticia da morte de 'Orka' J.M.O.D. Na mañá de hoxe (29-01-14) encontraban morto na súa cela á hora do reconto a 'Orka'. A morte ten debido á desasistencia e abandono médico ao que estaba sometido.

Sufría de continuos ataques epilépticos debido a unha bala aloxada no seu cranio tras un disparo hai máis de 10 anos. No último ano padecera dúas perdas de conciencia. En decembro, tras un ataque epiléptico puxéronlle un parte que motivou a retirada do permiso que tiña outorgado. Orka debía de ter estado en observación constante en enfermaría debido aos seus continuos ataques e perdas de coñecemento. Ademais de ter diagnosticado (entre outras) unha hepatopatia crónica por virus C non tiña tratamento ningún estando en estudo para un posible inicio dun para a infección por VHC, a pesar de que o artigo 208 do regulamento penitenciario prevé, respecto das prestacións sanitarias, que "a todos os internos sen excepción se lles garantirá unha atención médico-sanitaria equivalente á dispensada ao conxunto da poboación".

Orka estaba involucrado na loita contra o réxime penitenciario e participaba na Campaña de denuncia contra a Tortura e os Malos Tratos dentro de prisión.

Dende Tokata (e dende Abordaxe) solidarizámonos coa súa familia e amigos.

Honra para Orka. Forza para a súa familia.

Despedímonos de Orka recordando as súas palabras:

"Un viva á liberdade"

Ante todo un saúdo sincero para todos/as os/as compañeiros/as que manteñen unha loita contra o sistema penitenciario e demais organismos represivos que intentan acalar as nosas voces e ideas.

A miña loita comezou en 1.987 cando só contaba con 16 anos e fun privado, entre outras cousas, da miña liberdade física pero nunca xamais lograron dobregarme da miña liberdade psíquica, o que para a "Sociedade" representa un perigo, para min é unha liberación e obriga ética e moral, certamente digo que non expresei o que a miña conciencia me dita dende hai moito tempo e non por temor a nada, senón polos tantos anos de encerro que son os causantes da mingua intelectual á que me vin abocado.

Hoxe por hoxe continúo privado de liberdade pero sigo con estas, ou máis, ganas de expresar todas as inxustizas, abusos, torturas, físicas, psíquicas e sociais ás que me enfronto cada día, non só no ámbito penitenciario, senón en xeral, os desafiuzamentos que o Goberno permite, arrancando dos seus fogares familias que foron enganadas vilmente por un sistema que non é sincero nin verdadeiro, de selo non permitirían que anciáns, nenos, enfermos, cidadáns honrados, o perdan todo, todo por ser enganados por unha política inapropiada e inxusta.

Tan só quixera portar o meu grao de area para que a montaña continúe elevándose ata que dunha vez por todas, os gobernantes saiban e entendan que a Anarquía non é un grupo que se rebela contra a Sociedade, tan só rexeitamos as grandes inxustizas da sociedade, como o sistema penitenciario onde a práctica de torturas, psicolóxicas e físicas, vai en aumento ao mesmo compás que os tempos actuais cambian.

E que a partir da data de hoxe podedes contar con outro compañeiro máis, disposto a loitar cóbado con cóbado cos compañeiros/as dispostos/as a chegar ata o final con todas as consecuencias, así seremos máis, para que as nosas voces e actos se oian máis alto e con maior forza.


ORKA

Aínda que as forzas desfalezan, as voces alzaranse por enriba dos muros.

P.D. Non preguntes por saber, loita por entender o que non se pode preguntar.

Leer más...

Mapa das aldeas deshabitadas de Galicia

Colamos da web Calidonia Hibernia esta interesante investigación de Carlos Neira Cortizas sobre as aldeas deshabitadas con un mapa no que (visitando a súa web) podedes atopar información ampliada sobre cada un dos pontos sinalados. Ademais Carlos fai unha valoración do traballo, deixando claro que os dados provén dun rexistro administrativo e pode non corresponder exactamente coa realidade. Mais, para mellor información colamos o texto que acompaña ao mapa:
Queres saber onde están as aldeas deshabitadas do noso País? E aquelas que corren risco de estalo no futuro inmediato? Estes son os máis de 3.000 lugares despoboados ou en risco de estalo de xeito inminente. Case un 10% das entidades singulares de poboación de Galicia.

O mapa permite facer zoom sobre o territorio e clicando nun marcador desprega unha xanela informativa co nome do concello e o do lugar (nesta imaxen de Abordaxe non é factible a ampliación da información, mais da unha ideia da distribución xeográfica destas aldeas abandonadas ou case). Nela poden consultarse tamén as súas coordenadas xeográficas (sen dúbida útiles para as persoas interesadas en andar, investigar, descubrir e eventualmente repoboar ;-) o noso territorio) e a evolución do seu número de habitantes (en intervalos cuadrienais desde o ano 2000 até o 2012).

Lembra que o número de habitantes que aquí se amosa provén dun rexistro administrativo e pode non corresponder exactamente coa realidade. Hai persoas empadroadas en lugares onde xa non viven ou non o fan habitualmente, e tamén hai casas ocupadas por persoas que non son viciños do concello.

Os nomes das entidades singulares e a súa poboación están extraídos dos Nomenclatores publicados polo INE e o IGE (estou pendente de que o IGE publique no seu servidor os datos do ano 2013 que xa publicou o INE para actualizar o mapa). Estas informacións cruzáronse cos datos de localización xeográfica dispoñibles no IGN. A xeorreferenciación é practicamente coincidente coa que emprega a Comisión de Toponimia da Xunta.

Os marcadores poden non coincidir exactamente coa localización dun núcleo de poboación ou aldea en particular, e apuntar en troques ao centro xeográfico da entidade singular de poboación ou lugar ao que está adscrita. Moitas aldeas non acadan a condición administrativa de núcleo ou non están identificadas debidamente polos servizos estatísticos de cada concello. Os lugares reciben nome e están rexistrados por unha mestura de causas nas que se mesturan a Historia, a tradición e o criterio administratico, e por iso poden evocar realidades moi diferentes: lugares con un ou varios núcleos ou con hábitat disperso, casas illadas, igrexas e casas parroquiais, illotes, parques empresariais, rueiros desaparecidos baixo a expansión urbanística das cidades… Aínda que depurei coidadosamente a base de datos con certeza unha pequena porcentaxe dos puntos non se corresponde co que a priori se espera atopar.

A visualización interactiva realizouse cunha chamada da API de Google Maps ás Fusion Tables, a base de datos xeorreferenciados da Google. Entroutras representacións este servizo permitiu elaborar os seguinte mapas de calor, que amosan as partes do territorio galego onde o abandono de asentamentos é máis intenso.

Como pode apreciarse o feito de que o tipo de hábitat dominante no interior sur de Galicia sexa concentrado e non disperso reduce susbtancialmente o número de lugares e aldeas con risco de abandono.

Ao contrario, a zona que concentra o maior número absoluto e relativo de núcleos deshabitados é o norte das provincias da Coruña e Lugo, nomeadamente as comarcas de Ferrol, Eume, Ortegal, A Mariña Occidental e o sector noroccidental da Terra Cha.

Nun segundo plano salienta a concentración de lugares a piques de ficar deshabitados na zona central de Galicia, arredor de dúas áreas: Unha, a Montaña coruñesa, que corresponde coas comarcas oficiais de Arzúa, Melide, o sector meridional da de Betanzos, A Ulloa e o poñente da de Lugo. Outra, practicamente toda a área de influencia da Ribeira Sacra: Chantada fundamentalmente, pero tamén amplas zonas da Terra de Lemos, Terra de Caldelas e Ourense. Outra áreas menos extensas a salientar son a Montaña lucense, O Carballiño, A Paradanta e Terra de Celanova.
Leer más...

"O persoal e o político conflúen?"

Colamos este artigo de opinión que recibimos na nosa caixa de correos enviado por unha compa, e que está asinado por "Selvas Insurrectas", onde fan -tomando como guía a palestra "A opresión múltiple: Xénero, raza, clase. Crítica ao racismo nos movementos sociais" impartida no “XI Encuentro del Libro Anarquista de Madrid” por Carla (feminista, negra, lesbiana)- unha acertada crítica a certas defensas ou mostras de actitudes cómplices con agresións machistas, fascistas, especistas, convivenciais, capitalistas, consumistas e autoritarias en xeral nos nosos espazos. Colamos traducido à ìntegra:

Para pensar nesta e outras cuestións achegámonos ao XI Encontro do Libro Anarquista de Madrid, onde Carla desenvolveu o tema "Xénero, Raza e Clase. A Opresión Múltiple". Pareceunos interesante destacar algúns puntos da exposición para non esquecer certos temas que nos afectan a tod@s día a día. Entre outros moitos, comentaba a necesidade de "nomear o que vivimos polo seu nome", que "nunca é analizado en termos de racismo" senón como "unha cuestión persoal, de carácter, de malos entendidos, de bromas fora de lugar, de conflitos entre esta e aquela..." pero "non nomeamos o que é: exclusión racial". Explicando a enorme problemática e barreiras das mulleres, emigrantes e pobres, engade tamén que a miúdo "o feito de que os nosos espazos sexan racistas e clasistas" dificulta e mesmo "non permite o seu achegamento ao noso contexto" e "de aí a súa ausencia entre nos". "Non é unha crítica gratuíta" a "a política antirracista dos nosos espazos" e engade que "participou nalgúns colectivos antirracistas mixtos", "dos que tiven que irme” e "isto porque facemos política antirracista sen cuestionar o noso privilexio racista". Unha cousa "é combater o racismo d@s demais, o racismo da Frente Nacional, o partido de extrema dereita, etc. Outra cousa é combater o racismo en si, o racismo interiorizado. Afirmar a necesidade de combater o racismo é recordar que as relacións sociais de raza estruturan o noso xeito de ser, comportarse e pensar. En consecuencia, a loita contra o racismo ten que ver no espazo político e no espazo persoal".

"En espazos e colectivos antirracistas o meu rol era facer ver os meus compañeiros e as miñas compañeiras brancas o seu propio racismo. Iso é un traballo que tedes que saber facer sos, eu non son unha ferramenta para que vexades o voso racismo. Iso non calla, iso non funciona". "A tendencia da política antirracista é falar de e polas persoas emigrantes sen cuestionar as situacións, condicionamentos e contextos das nosas vidas que nos distinguen, que as nosas ferramentas de loita moitas veces non son as mesmas. Todo isto sen ter en consciencia nin facer un traballo político real acerca do racismo e o clasismo. Que a loita antirracista non se reduza á repetición de slogans, tópicos pouco afondados aos que recorredes nun momento determinado para facer ver ou enganarvos a vos mesmas ou as demais acerca da súa conciencia sobre o racismo e do traballo político no campo da emigración".

Estas palabras fixéronnos pensar o seu en experiencias máis que graves dende un punto de vista feminista e antes de nada queremos aclarar, aínda que resulte obvio, que Carla non guía nosas propias cavilacións. Vemos claro que boa parte do ámbito persoal é tamén político, dende o momento en que unha acción afecta á sociedade, a outr@s seres viv@s, ao seu ámbito, etc. Isto rompe o mito libertino burgués que reza: "Eu na miña casa fago o que me dá a gana" ou "Eu coa miña vida fago o que me peta", tan comúns para defender ou mostrar actitudes cómplices con agresións machistas, fascistas, especistas, convivenciais, capitalistas, consumistas e autoritarias en xeral. Por outro lado, a súa crítica adoita eludirse con paternalismo e botando balóns fora que tratan de relativizar o problema intentando situalo a menor altura que certas condutas doutras persoas, que poden ser igual de obxectables. Xustificarse aludindo a outros males que tamén deberían ser criticables.

Mesmo pode tratar de invisibilizarse a inxustiza apoiándose na complicidade e apoio de familiares, amig@s, compañeir@s, persoas influentes... permitindo xa non só manter as súas consecuencias sociais, tamén reforzar a súa difusión e un sentido acrítico imposto como hábito autoritario. Estas actitudes poden deixarse pasar, estando xa o dano feito e agora amplificado, coma se nada tivese pasado, pero a experiencia demóstranos que o autoritarismo así reforzado e multiplicado retorna con maior violencia noutro lugar da sociedade que pode ser o noso ou o de outr@s.

Resulta relativamente sinxelo posicionarse en contra da inxustiza cando o sangue chega ao río e a agresión cométena outr@s -sexa o Estado, o capitalismo, un violador, un maltratador, etc. Pero preguntámonos algunha vez que estamos a facer nas nosas vidas para combater aquilo ou mesmo a aquel@s que propagan estas miserias con total descaro, pracer e impunidade? E, pensando en todo isto sempre máis alá do victimismo e de ideas irracionais, compartindo as experiencias de muitas compas de loita ao longo dos anos somos conscientes de que isto tamén se ceba en cada vez máis espazos liberados de aquí e de alá onde calquera mamonaz@ pode deixarse caer tirando de carisma e simpatía mentres se posiciona de forma manifesta a favor de actitudes patriarcais e/ou autoritarias sólidas ata que se produce, por desgracia non en todos senón só no mellor dos casos, unha resposta colectiva para invitar a est@s radicais de chaqueta a que se vaian sementar hostias a outra parte?

O certo é que, sen poder completar o círculo nun artigo, tamén nos gustaría traer á mente de tod@s uns cantos enreixados cos que máis de unha nos topamos: que o fin xustifique os medios, que o cuantitativo se antepoña ao cualitativo, o consumo de slogans rápidos, tópicos, estética e falsa conciencia. A revolución convertida nunha simple relixión política. Demagoxia, populismo e simplismo proxectados ao exterior onde moitas mentes críticas se ven dispersadas, destes movementos. Por outro lado, inercias e tabús que asintan o "bonrollismo" e a falta de autocrítica.

Cando apartamos piares como o esforzo voluntario, a empatía e o compromiso, antepoñendo o desexo, a apetencia, o interese persoal ou a autosatisfacción, igual que formas de nihilismo, placerismo e autodestrución que o propio Estado administra, o embrutecemento e a miseria non tardan en reaparecer. Sen un grande esforzo reflexivo que avive o debate colectivo as accións diarias afóganse na confusión e a fé activista, máis aínda baixo o goberno do non pensar.

Selvas Insurrectas.

Leer más...

29 ene. 2014

[Barcelona] Seis pessoas detidas ontem por agressom a oito fascistas e hoje Registro policial desmesurado no CSO Can Vies em Sants

Construimos esta notícia em base ao Comunicado publicado na web de Can Vies e ampliamos informaçom de meios e agências (neste momento está a ter lugar umha assembleia aberta na praça de Sants):


Um desmesurado operativo policial irrompeu esta madrugada pelo Centro Social Okupado Can Vies, rebentando a porta com violência, com o objectivo de efectuar o registo ordenado pela juíza de instruçom numero 19 de Barcelona. Segundo os Mossos d'Esquadra, o registo está relacionado com as detençons de 6 pessoas, presumivelmente implicadas nos acontecimentos de 12 de Outubro. As detençons ocorreram em diversos pontos do território.(1)

Dentro de Can Vies dormem 6 pessoas que nom estám detidas mas sim retidas desde as primeiras horas da manhã, as quais estám impedidas de comunicar com amigos e família.(2)

Face a estes acontecimentos, desde Can Vies queremos denunciar, para começar, a desproporcionalidade do operativo policial intimidatório mobilizado pela Brigada Mòbil dos Mossos d'Esquadra, acompanhada por numerosos agentes à paisana, destribuidos por todo o bairro. Assim mesmo, denunciamos o constante cerco policial, judicial e administrativo de que sofre Can Vies desde há anos e mostramos a nossa solidariedade para com os seis companheiros detidos ontem, previamente denunciados por ultras de extrema direita.

Para finalizar, apelamos à participaçom na concentraçom de solidariedade com Can Vies e de repúdio à operação policial que se mantem desde as primeiras horas da manhã na Praça de Sants.

(1)Os acontecimentos de 12 de Outubro referem-se ao ataque antifascista a ultras de extrema-direita, no feriado nacional do estado Espanhol conhecido como "dia da Hispanidade". Os Mossos d'Esquadra detiveram em martes a seis pessonas e imputam-lhe os delitos de lessons, com a agravante de motivos de ódio, e de danos.

(2)O registro dos Mossos d'Esquadra em Can Vies concluiu sobre as 17.30, mais de 10 horas desoois, sem que houvera novas detidas segundo informarom a Europa Press fontes da polícia catalana.

A juíza justifica o registro porque lá "preparou-se" a ataque a ultras (EFE)
Segundo o auto da juíza, umhas quince pessoas armadas com barras, cadeias, pedras e objectos contundentes "atacarom de forma sorpressiva a um grupo de oito pessoas" que tras acudir á manifestaçom ultra estavam a tomar algo num bar da rua Farell.

Para a juíza, a motivaçom ideológica da ataque fora "evidente" porque os autores levavam sinais da sua ideologia e os agressores berraram "fachas de merda, imos matar-vos' e outros insultos similares.

No auto de autorizaçom da entrada e registro de Can Vies, a juíza justifica a medida porque as seis pessoas relaçonadas com os feitos "foram observados (e gravados) quando, pouco antes da ataque, saiam de Can Vies, em inequívoca actitude e conducta de preparaçom da acçom".

Assegura que "se pode observar como se dam indicaçons da direcçom a seguir, como adoptam precauçons para intentar ocultar rostros e indumentárias, e portam barras, paus, pedras ey outros objectos contundentes".

Segundo a magistrada, tra-la agressom "contundente, rápida e direita dirigida contra pessoas determinadas, quanto menos tres dos autores volveram ao interior de Can Vies".

A investigaçom determina que os investigados estám relaçonados com a Plataforma Antifeixista de Barcelona, que organiza nesse centro diferentes actos culturais e lúdicos e que o edifício é "centro de reuniom habitual dos identificados".

Por todo elo, a juíz viu "necessário" o registro em Can Vies, para esclarecer os feitos e identificar a todos os participantes, donde assegura podem atopar objectos, instrumentos, papeis, material informático e outros efeitos relaçonados com o delito.

De momento é o que sabemos, nom temos notícias do que puidera atopar a polícia, mas de seguro que se levarom um bo feixe, dado o material buscado, que se pode atopar em qualquer centro social.

eDu
Leer más...

[México]: Nota á entrevista feita a Individualidades tendendo ao salvaxe (I.T.S.)

Colamos traducido de ContraInfo:

Hai unhas semanas foi publicado o libro: “¡Que se ilumine la noche! Génesis, desarrollo y auge de la Tendencia Informal Anarquista”, onde se expón unha entrevista a Individualidades Tendendo ao Salvaxe, pola nosa banda queremos (de novo), recalcar o noso total agradecemento aos que fixeron posible que as nosas palabras fosen difundidas desta forma. Aínda que recentemente, ao ler de novo a entrevista, I.T.S. decidiu facer algunhas modificacións (aínda que moi mínimas) ao texto orixinal que mandamos o 28 de Abril de 2012, e que deseguida expoñemos.

Individualidades Tendendo ao Salvaxe
Chicomóztoc, México
24 de Xaneiro 2014

1.- Cando xorde Individualidades Tendendo ao Salvaxe (I.T.S.), que ideais o motivan como grupo de afinidade e que estratexias decidiron seguir para darlle continuidade a este proxecto antagonista?

A primeira aclaración que I.T.S. quere facer antes de comezar a responder esta entrevista, é que non compartimos moitas ideas das que se plasmarán neste libro, vimos unha posibilidade de poder explicar nun plano máis actual as nosas ideas e iso é o que estamos a facer. Non queremos remarcar militancias con ninguén, as nosas ideas son só as nosas, pero xa que as sacamos á luz pública, é necesario que se comprendan na súa totalidade (ou parte importante desta), aínda que parece ser que hai moita confusión, no que respectan varios temas (incluídas criticas dadas antes nos nosos comunicados) que, ou non son comprensibles para o lector ou non se quere aceptar e/ou asumir.

Aínda que non somos anarquistas, agradecemos a esta editorial ácrata este espazo.

Aclarado isto, comezamos co cuestionario:

Individualidades Tendendo ao Salvaxe (I.T.S.) fórmase a principios do ano 2011, e é motivado polo razoamento que adquirimos durante un proceso lento de coñecemento, cuestionamento e rexeitamento contra todo o que engloba o esquerdismo e o civilizado, axiña, empregando todo o anterior vimos necesario executar o ataque directo en contra do Sistema Tecnoindustrial. Pensamos que, a loita en contra deste non só se posiciona en querer abandonar a Civilización regresando á Natureza, ou en rexeitar os valores do sistema, senón tamén, en atacalo.

Os nosos obxectivos inmediatos son moi claros: ferir ou matar científicos e investigadores (por medio de calquera acto de violencia) que fan que o Sistema Tecnoindustrial siga o seu curso. Como o temos declaro en varias ocasións, o noso obxectivo concreto non é a destrución do Sistema Tecnoindustrial, é o ataque con todos os recursos necesarios, arremetemos a este sistema que ameaza con pechar todos os camiños para alcanzar a nosa Liberdade Individual, poñendo en práctica o noso instinto de defensa.

A nosa postura non se queda en cuestionar o que moitos aínda non se cuestionan (como o risco da utilización e expansión da Tecnoloxía complexa), senón que ademais empregamos a violencia (que como seres humanos, nos distinguiu dende os nosos máis afastados, primitivos e salvaxes antepasados) para atacar aquilo que intimida o desenvolvemento da Liberdade humana salvaxe e tende á artificialidade de todo o potencialmente libre. En resumo, somos a parte contraria ao Sistema Tecnoindustrial, somos a reacción ante a acción, resultado da causalidade; mentres uns se dedican a manipular, destruír e artificializár o natural, nós respondemos á súa agresión.

2.- O 8 de agosto (2011), Individualidades Tendendo ao Salvaxe, ocupou os titulares das primeiras planas dos rotativos de México coa noticia do ataque explosivo contra a área de investigacións en nanotecnoloxía do Tecnológico de Monterrey, campus Estado de México, onde resultaron feridos dous dos seus científicos: Armando Herrera Corral -para quen ía dirixido o "paquete-bomba" - e o seu colega, Alejandro Aceves López. O feito, provocou escepticismo en sectores da esquerda que non validan a loita contra as novas tecnoloxías e polo tanto, non a inclúen no seu acostumado catálogo de "frontes". Mesmo, escoitouse máis dun discurso acusatorio, sinalándoos como "terroristas" na típica acepción do léxico utilizado polo Poder. Gustaríanos coñecer a súa opinión sobre este feito, así como os seus comentarios en torno aos diferentes posicionamentos que motivou o seu accionar antitecnolóxico.

O ataque ao Tec de Monterrey e a súa reivindicación causou unha gran conmoción nacional e internacional, nós como I.T.S., sabiamos que tal acto pegaría forte nas esferas policíacas, políticas, sociais e dende logo, científicas. O feito foi tal e como o esperabamos, con consecuencias de gran magnitude. Con isto, non só sóubose que estábamos desde algúns meses levando a cabo estes actos, senón que se abría o pano que evidenciaba a existencia dunha tendencia radical que se opón á raíz dos problemas que nos afectan nesta época, a cal é a máis alta expresión da dominación: A Tecnoloxía complexa.

Seguindo coa pregunta, tamén sabiamos que os nosos actos non serían ben vistos nin pola sociedade, nin polos sectores esquerdistas (esquerda, de centro e dereita política). Pero todas esas "campañas" ou sinalizacións non nos importan máis, non empregaremos as nosas forzas en tratar de facer ver estas persoas que somos os "activistas bos" que están afeitos a ver, porque non o somos.

Sinalóusenos como terroristas, porque de feito, esta etiqueta sempre se lles dá aos individuos ou grupos, que danan persoas por algunha motivación (sexa cual sexa). É por iso tamén que, antes de que nos mencionasen como tales, tomamos a palabra e I.T.S. mesmo nomeouse como un grupo terrorista.

Centrámonos en atacar os científicos que perfeccionan a nanotecnoloxía (iso é un feito), pois é a ciencia que por agora tivo un avance significativo en México (á parte da biotecnoloxía e a enxeñaría xenética con iso dos transxénicos), e é que, quizais moitos non se puxeran a pensar o que nun futuro carrexará a nanotecnoloxía (ou máis en concreto, a Tecnoloxía complexa mesma), de todas as maneiras I.T.S. xa o abordou anteriormente e non tería caso volver sinalalo; se se quere ler máis sobre este tema, aconsellamos que se lea dende o primeiro ata o cuarto comunicado (onde se trata, notablemente, o tema da nanotecnoloxía).

3.- Cal é o obxectivo de I.T.S.? É a destrución do sistema tecnoindustrial?

Cabe destacar que I.T.S. nunca se propuxo a destrución do Sistema Tecnoindustrial como obxectivo concreto, aínda que quixésemos e declarásemos que o noso obxectivo é destruír completamente todo este sucio sistema, estariamos a mentirnos a nós mesmos, estariamos a adiantarnos a algo que non sucederá pronto, é por iso que non reivindicamos tal aventurado obxectivo. I.T.S. quixera ver todo este sistema destruído e colapsado, quixera que esa "consigna" sexa a que defendemos, pero non é así.

Como diciamos, I.T.S. dende un principio propúxose como obxectivo o ataque ao sistema, esforzándonos por facer que este tipo de ideas dese a volta ao mundo con actos extremos, en defensa da Natureza Salvaxe e así fixémolo.

O que fixemos é que con estes actos, estamos a deixar sobre a mesa a proposta contra a Tecnoloxía e a Civilización, facendo tensión, e pensamos que, co tempo, eses ataques se irán afinando. Actuamos baixo ensaio-erro, aprendendo dos nosos erros pois non temos (como o escribimos antes) a "fórmula secreta".

4.- Non é moi reducionista que o seu obxectivo, entón, sexa só o ataque e non algo máis alá?

Pode soar moi simple ter no mira ao Sistema Tecnoindustrial para o seu só ataque, pero é o que hai ata agora. Se nos propoñemos destruílo caeriamos no fantasioso, no utópico.

Atacamos a este sistema dende a nosa individualidade, non só con atentados, senón rexeitando á Sociedade Tecnoindustrial xunto cos seus valores e intentando abandonar a Civilización, de nada serve atacar ao sistema e seguir tendo arraigados os seus propios valores (ou viceversa).

5.- O denominado movemento 15 M no Estado español e a súa réplica noutras cidades do mundo xerou expectativas en sectores da esquerda que, mesmo, chegaron a cualificalo de Spanish Revolution Como ven vostedes o desenvolvemento deste movemento? Que esperan del ou que críticas lles xera?

O movemento 15 M é, tan só un movemento máis que propón reformar ao sistema e que este se mellore. As demandas dos suxeitos que conformaban este movemento baseábanse en consignas políticas sobre a carestía, a falta de emprego e unha "mellor" estratexia económica (entre outras); o que fai este tipo de movementos é, que as persoas que están ao mando do goberno se decaten que a forma de administrar a súa economía, manexo financeiro (etc.), é errónea e, que se non queren que unha crise forte estale (ou en caso moi extremo, unha guerra civil), deben de aplicar algunhas reformas para que o sistema siga o seu curso, en poucas palabras, o sistema toma as protestas deste tipo de movemento como propostas para que este se faga máis forte; a este tipo de persoas chámaselles esquerdistas (o termo manexámolo xa en diferentes comunicados de I.T.S., e vén explicado tamén na Sociedade Industrial e o seu Futuro de Freedom Club), o esquerdismo convértese nunha das tantas funcións máis enxeñosas do Sistema Tecnoindustrial. Miles de persoas (ou inclusive uns cantos) dinse rebelarse contra este, cando en realidade só lle axudan a que se decate dos seus fallos, mellórese, renóvese e se auto perpetúe.

6.- Seguindo co tema do esquerdismo, na crítica pública que lles fixeron o grupo Editorial "Anónimos con Cautela", eles din que os seus ataques só serviron para que o sistema se faga máis forte, pois moitas universidades e institucións redobraron vixilancia con respecto ás enxeñarías en nanotecnoloxía e en torno aos investigadores que as desenvolven, Cal é a súa posición a esta crítica?

Mira, a crítica deste grupo editorial queda xa curta ao que somos agora, de feito iso poderalo ler no noso último comunicado datado o 28 de Xaneiro deste ano (2012).

Respondendo á túa pregunta, non pensamos que o sistema se faga máis forte co tipo de actos que executamos, e isto evidenciámolo.

Dende o que paso no Tec, institucións, empresas e universidades que desenvolven nanociencia, se declararon en alerta inmediata, principalmente co que lles chega por correo de mensaxería, ben, diso non hai dúbida.

Agora, O sistema fíxose máis forte cando detonou un explosivo en mans dun catedrático e deixou (ademais) o seu colega ferido? Só nese momento o sistema reforzou seguridade, pero non se reforzou na súa totalidade, recordemos que o sistema non é só a nanotecnoloxía, senón que o comprenden outras raíces iguais ou quizais máis importantes que a ciencia a nanoescala. Así que, non se pode dicir que o sistema se fixese inmune aos ataques polas nosas accións porque, ademais disto, comprobamos que este alardea e di que se reforzou cando en realidade non é así; iso quedou moi claro no ataque á Universidade Politécnica de Pachuca en Fidalgo (o 8 de Decembro de 2011), o noso artefacto (que chegou por mensaxería, de feito) deixou a un catedrático ferido (cabe dicir aquí, que no comunicado da reivindicación deste ataque, houbo unha falla co nome da investigadora en nanotecnoloxía que foi noso branco, o seu apelido era Villanueva e non Villafaña), con este feito evidenciouse que o sistema non se solidificou porque aínda cos protocolos de seguridade, unha persoa resultou ferida de novo por I.T.S..

Isto non só é confirmado agora por I.T.S., senón tamén no pasado, Freedom Club igualmente evidenciouno, 23 persoas feridas e 3 mortos en case 20 anos, non é sinal de que o sistema sexa resistente a estes actos.

De calquera xeito, dicir o que dixo este grupo editorial é esaxerar co que ata agora fixemos, os ataques de I.T.S., se ben, non tiveron resultados destrutivos máis fortes que danos materiais, paranoia, algúns cantos feridos e algún morto, ademais do cal ata hai uns meses eramos o único grupo público con este tipo de ideas levadas á práctica. Para o sistema iso non abonda para considerarnos como unha ameaza real, porque apenas estamos a empezar, seguro que no futuro os individuos ou grupos, tomando en conta os nosos erros, executarán accións máis destrutivas contra o Sistema Tecnoindustrial; con isto, non estamos a dicir que temos fe en que isto pase, senón que é lóxico que non seremos os únicos.

7. O 8 de novembro de 2011, a só tres meses do envío do paquete bomba á área de investigacións en nanotecnoloxía do Tecnológico de Monterrey, onde resultaron feridos Herrera Corral e Aceves López, foi executado dun tiro na cabeza, o investigador do Instituto de Biotecnoloxía da UNAM (Universidade Nacional Autónoma de México), Ernesto Méndez Salinas, en plena avenida Teopanzaolco, na cidade de Cuernavaca. Este feito provocou novas e variadas especulacións en torno á autoría da acción, apuntando os reflectores sobre as I.T.S. novamente. I.T.S. reivindica este atentado? E -no hipotético caso de ser os autores- por que non se responsabilizaron a través dun comunicado público como foi sempre o seu costume? Acaso decidiron (como algúns outros grupos de acción antisistémica) renunciar a este tipo de pronunciamentos centrándose na propaganda polo feito?

Sobre este feito, queremos declarar publicamente que o grupo I.T.S. toma a responsabilidade do devandito atentado.

O "prominente" investigador, Méndez Salinas, recibiu o disparo na cabeza que acabou coa súa vida, de parte deste grupo extremista, iso é un feito.

A policía do Distrito Federal sabe moi ben que I.T.S. xa se responsabilizara por este acto. A mediados de Novembro de 2011, enviamos unha carta coa reivindicación dentro dun sobre dirixido ao director do Instituto de Física da U.N.A.M., ao Dr. Manuel Torres Labansat. Dentro do sobre, había unha bala calibre .380, ademais, encontrábase a nota onde practicamente dicía que, os investigadores do devandito criadeiro rematarían igual que Salinas. O enviou do paquete coa bala e a nota, reivindicámolo no noso último comunicado (28 de Xaneiro de 2012), só que non mencionamos isto, por cuestións prácticas.

Queremos deixar en claro que os actos que levamos á práctica, os reivindicamos dunha forma prudente, se a situación é favorable, a adxudicación vén deseguida (como se viu con pasados ataques), pero se as cousas non son tan favorables ou lles podemos sacar máis xugo", esperamos e é o que fixemos.

Practicamente, vendo a situación dese ano (2011), todo estaba en tensión con respecto ao que empezaramos a facer, ademais, sabiamos de antemán, que a policía non ía declarar aos medios que nós eramos os responsables do devandito atentado. Así que o estamos a gardar para un momento preciso.

Honestamente non sabemos cando se fará pública esta entrevista, pero supoñendo que se dilatará na súa publicación, pensamos adxudicarnos este feito máis detalladamente, cando executemos algún outro ataque nun futuro non moi afastado, pois, tamén é claro que esta pequena parte da reivindicación do asasinato de Méndez Salinas, tampouco se fará tan pública cando este libro saia á luz.

8. Desexan agregar algo máis?

Esperamos que con este cuestionario (datado do día 28 de Abril de 2012) quedase un pouco máis en claro a nosa postura para os lectores. E ben, agradecemos á editorial por esta entrevista e ás persoas do portal War on Society por servir de intermediarios para facer este intercambio posible.

Por agora é todo o que diremos.

Individualidades Tendendo ao Salvaxe (I.T.S.).
Leer más...

[Estados Unidos] Anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos

Colamos este artigo de opinión asinado por Aragorn! aparecido en "Anarquía: Un xornal de desexo armado", n.º 63, da primavera-verán de 2007 e que reproduce agora ContraInfo, e que traducimos ao galego:

A maioría das tendencias dentro dos círculos anarquistas teñen unha concepción limitada sobre o que fai exactamente a un/unha anarquista, que é un proxecto anarquista e como sería a transformación a un mundo anarquista. Xa sexa verdes ou vermellxs, comunistas ou individualistas, activistas ou críticos, xs anarquistas pasan tanto tempo defendendo as súas posicións especulativas nestes complicados asuntos, como o que pasan aprendendo o que outrxs teñen que ofrecer -sobre todo, outrxs anarquistas.

Ao final, moitxs danse conta de que preferirían facer os seus proxectos, políticos e sociais, fóra dos círculos anarquistas. Xa sexa porque pensan que o seu proxecto particular non é interesante para outrxs anarquistas aínda que, cren que é importante (como na maioría dos casos de activismo progresista) ou porque non gozan especialmente da compañía doutrxs anarquistas e o tipo de tensión que supón traballar con anarquistas. Ambas as dúas razóns son case totalmente responsables da profunda desconfianza que xs anarquistas senten por outros programas anarquistas.

Houbo unha vez un chamado anarquista por un "anarquismo sen adxectivos" referíndose a unha doutrina que tolerase a coexistencia de diferentes escolas de pensamento anarquista. En lugar de cualificar o anarquismo como colectivista, comunista ou individualista, o "anarquismo sen adxectivos" rexeitaba a preconcepción de solucións económicas para os tempos post-revolucionarios. Ao contrario, o "anarquismo sen adxectivos" argumentaba que a abolición da autoridade, non as discusións sobre o futuro, é de vital importancia.

Hoxe en día hai moitas (senón máis) divisións sobre como tería que ser a abolición da autoridade, como divisións houbo sobre a cuestión do programa económico para o despois da revolución hai 120 anos. Xs anarquistas activistas ("organizadorxs") cren que o poder dende abaixo poderá abolir a autoridade. Xs anarquistas da loita de clases cren que a clase traballadora rematará coa autoridade da sociedade capitalista. Xs colapsistas cren que as condicións económicas e ambientais inevitablemente conducirán á transformación social e á fin da autoridade.

Por outra parte, moitxs anarquistas non cren que a abolición da autoridade sexa de tan vital importancia para xs anarquistas. Argumentan que a autoridade non se pode entender de xeito simple (é o capitalismo e o Estado e ningún dos dous a este tempo). Que xs anarquistas non teñen o poder (político, social, persoal ou material) para levar a cabo esta abolición e que a autoridade se transformou en algo moito máis difuso que os reis e monopolistas do século XIX. Se a autoridade pode entenderse mellor, hoxe en día, como un espectáculo, entón, está tan difusa como concentrada. Esta flexibilidade por parte da sociedade do espectáculo resultou en que se entenda o esforzo pola abolición da autoridade (e a práctica de moitxs anarquistas), porque si, como utópico e (espectacularmente) ridículo.

Anarquistas de todas as modalidades están de acordo en que os programas revolucionarios do pasado quedaron moi curtos para a liberación total dxs oprimidxs. Xs esquerdistas cren que os programas estaban no certo pero que o momento e as condicións foron erróneas. Moitxs outrxs anarquistas cren que o momento dos programas rematou. Estas perspectivas están representadas na historia do anarquismo e son fonte de interminables disputas na creación e encontros de grupos anarquistas.

A historia debería usarse para dar contexto a estas perspectivas discrepantes, pero en vez diso, vese como provedora de probas para unha ou outra. En lugar de tratar de comprenderse os uns e as unhas aos outros e ás outras, de comunicar, parecemos aproveitar a nosa falta de éxito para fixar as nosas posicións e discutir por rendementos en diminución.

Se a anarquía non ten mapa de ruta, entón nós (como anarquistas) podemos traballar xuntxs. Os nosos proxectos quizais non estean ao mesmo nivel que unha folga xeral ou sequera a paralización do fluxo do comercio dunha grande área metropolitana, pero poderían ser proxectos anarquistas. Unha anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos pode ser unha na que o contexto das decisións que tomamos xuntxs sexa da nosa creación en vez dun imposto. Podería ser unha anarquía de agora, en vez da esperanza dun mañá. Implicaría que xs que teñen un obxectivo político común (a abolición do Estado e o capitalismo) terían que confiar os uns e as unhas nos outros e nas outras, en vez de nos que non teñen ningún obxectivo ou cuxos obxectivos son contrarios á anarquía.

Unha anarquía sen mapas de ruta nin adxectivos non ignora a diferenza pero a coloca no contexto que lle corresponde. Cando nos enfrontamos a un momento de tensión extrema, cando todo o que coñecemos parece cambiar, entón escolleremos diferentes bifurcacións na ruta. Ata que chegue ese momento, xs anarquistas deberían achegarse con esa inxenuidade coa que nos achegamos ao mundo. Se cremos que o mundo pode cambiar e que podería cambiar nunha dirección radical á transitada os últimos varios miles de anos, entón, deberiamos confiar nxs outrxs que desexan as mesmas cousas.

Aragorn!
Leer más...

Declaraçom de Xabi Omaña desmintindo a sua vinculaçom com o anarquismo a La Directa.

Por um comentário anónimo na notícia publicada em Abordaxe com o cabeçalho: "Anarquistas??. Ao respeito da suposta vinculaçom anarquista dxs detidxs na última operaçom jurídico-policial" vimos de saber que Xabi Omaña, o detido em Lugo, fijo declaraçons em 27 de janeiro (só 2 dias despois de publicar-se a entrada antedita em Abordaxe) a "La Directa" (meio de comunicaçom em catalám de actualidade, investigaçom, debate e análise que quere ejercer a funçom social de denunciar os abusos e as injustiças e potenciar as alternativas) dando a sua verssom sobre a detençom, e que colamos (umha vez traduzido):

"Quando se dera o ataque contra a sede do Círculo de Empresários de Galicia eu estava em Canárias, o que podo demonstrar". O acusado denúncia que permaneceu 72 horas incomunicado e que sofrera privaçom de sonho. "As luzes permaneciam acessas dia e noite e, regularmente, acordavam-me com comentários como 'Ay, gallego, que te comerás un buen marrón'", assegura.

O detido incluso desminte a sua vinculaçom com o movimento anarquista e declara que nem sequer conhece ao terceiro arrestado (suponhemos que em referencia ao asturiano detido em Ciudad Real).

Vida social coarctada e ameaças anteriores

O moço assegura que, tra-la sua detençom, está tendo muitos problemas para atopar trabalho e um piso de aluguer. Além, explica que, dous meses antes das detençons, duas pessoas encarapuçadas assaltaram-no na noite dum venres e golpearom-no. Os assaltantes digeram-lhe que "últimamente se estaba dejando ver demasiado". A estes feitos hai que sumar-lhe as ameaças que, segundo el, recebera por parte de polícias uniformados que lhe teriam assegurado que "si lo detenían no sería por hacer pintadas, sino por algo más grave".
Leer más...

Nota de Prensa de "Que Voltem para Casa!" ante a situación de María Osório

Recebemos de "QueVoltem", esta nota de prensa das familiares e amizades de María reclamando que cumpra a súa condena nunha prisión galega, dado que: Se o recurso presentado ante o Tribunal Supremo faia contra María, case con toda seguridade será internada nunha prisión a centos de kilometros do seu fogar e da sáu familia o que afondará no seu desarraigo e separación da súa realidade cultural e socio-afectiva. Na Galiza existen cinco centros penitenciarios polo que non entenderíamos que María fose dispersada a unha prisión a centos de kilómetros. Calquera decisión nese sentido será un acto cruel, de vinganza e castigo adicional contra María e a súa familia, contrario aos dereitos humanos.

En setembro de 2013 a audiencia nacional condenou a María Osorio Lópes a dez anos de prisión. No seu momento, os avogados de María interpuxeron un recurso ante o Tribunal Supremo que debe ser resolto nas próximas semanas. No suposto de que o Tribunal Supremo non teña en conta este recurso, María Osorio deberá ingresar en prisión de maneira inmediata.

A dispersión é ilegal

Neste sentido, cómpre lembrar que a propia Constitución española establece no Artigo 25.2. que “as penas privativas de liberdade e as medidas de seguridade estarán orientadas á reeducación e reinserción social”. Por outra parte, a Lei orgánica xeral penitenciaria estabelece no seu artigo 12 que “a situación dos establecementos penitenciarios será fixada pola administración penitenciaria dentro das áreas territoriais que sexan designadas. En todo caso, procurarase que cada unha conte cun número suficiente de aqueles para ficaren satisfeitas as necesidades penitenciarías e evitar o desarraigamento social das persoas condenadas”.

Por tanto, estamos ante unha cuestión que afecta ao dereito básico da reinserción social que recoñecen como fundamental a Constitución e os textos internacionais en materia de dereitos humanos, civís e políticos asumidos polo Estado español. Abonda lembrar que, segundo se desprende do artigo 25 da Constitución, en liña coa interpretación da xurisprudencia en materia de dereitos humanos, ás persoas condenadas recoñécenselle, entre outros, os dereitos á propia reeducación, reinserción social, ao acceso cultural e ao desenvolvemento integral da súa propia personalidade.

Tamén é oportuno remarcar que a ONU, mediante Resolución 663 do Consello Económico e Social sostivo que o sistema penitenciario non debe agravar os sufrimentos inherentes a unha situación de reclusión, indicando (regra 79) que “se velará particularmente polo mantemento e a mellora das relacións entre a persoa reclusa e a súa familia”. Por outra banda, debemos lembrar que en abril de 1994 o Comité Europeo para a prevención da tortura, nun informe destinado ao Estado español, lembraba que “consideracións humanitarias, sen mencionar o obxectivo da rehabilitación social, falan a prol de que as persoas presas cumpran as súas sentenzas na rexión [sic] onde teñan lazos sociais e familiares” (punto 143 do Informe).

Xa que logo, o dereito fundamental á reinserción social que as normas, tanto estatais como internacionais, recoñecen a todas as persoas que cumpren penas en prisión, está directamente vinculado ao cumprimento das penas en ámbitos territoriais onde teñan lazos familiares e sociais, de xeito que a dispersión e afastamento que se lle aplicaría a María Osorio afecta negativamente á efectividade deste dereito básico.

A dispersión é cruel e inhumana

Non hai ningún dato que nos faga pensar que María Osorio non vaia ser obxecto desta política ilegal, criminal e inhumana que é a dispersión dos presos independentistas. Con case toda seguridade María será internada nunha prisión a centos de quilómetros do seu fogar e da súa familia o que afondará no seu desarraigo e separación da súa realidade cultural e socio-afectiva. Na Galiza existen cinco centros penitenciarios polo que non entenderíamos que María fose dispersada a unha prisión a centos de quilómetros. Calquera decisión neste sentido será un acto cruel, de vinganza e de castigo adicional contra María e a súa familia.

A política de dispersión penitenciaría non só supón un castigo engadido ás persoas privadas de liberdade, senón tamén aos seus familiares e amigos que se ven obrigados a desprazarse centos de quilómetros para poder efectuar unha visita de 40 minutos nos centros penitenciarios, asumindo un enorme custo económico, emocional, de tempo e de saúde. Se María ingresa nunha prisión fóra de Galiza, a súa familia e amigos porán en perigo a súa vida polo risco acrecentado de accidentes na estrada, pois as viaxes fanse habitualmente de noite e están condicionadas polas xornadas laborais e polos estritos horarios dos centros penitenciarios, moitas veces fixados de maneira arbitraria para dificultar as visitas.

A defensa de dispersión é cínica e hipócrita

Algúns responsbales políticos do PP e do PSOE na Galiza, ante a evidencia da excepcionalidade da dispersión e o seu carácter inhumano, teñen xustificado o afastamento d@s pres@s polític@s como unha medida moi eficaz para evitar a reoorganziación d@s pres@s polític@s en prisión e que se relacionen entre eles. Pois ben, no caso de María, esta xustificación carece de calquera sentido. María é a única muller do colectivo de pres@s indepedentistas galeg@s; independentemente da prisión galega na que fose internada, o contacto con outros presos políticos sería fisicamente imposible. Se María é dispersada fóra de Galiza evidenciarase aínda máis a hipocresia e o cinismo de quen defende a dispersión con estes argumentos.

Por todo o exposto anteriormente reclamamos que, no suposto de que o Tribunal Supremo faie contra María Osório Lópes, esta poda cumprir a súa condena nunha prisión radicada na Galiza, en cumprimento da lexislación estatal e internacional en materia de dereitos humanos, e por unha cuestión estritamente humanitaria. Para promover esta reivindicación Que voltem para casa! vai por en marcha unha campaña da que daremos cumprida información.
Leer más...

Alguén tiña que facer estas preguntas.

Contaramos días atrás aquí en Abordaxe, medio de brincadeira, medio de sopetón, a noticia de que o ministro do Interior confía no brazo incorrupto de santa Teresa para sair da crise. Agora vimos de saber por EuropaPress que Amaiur tomou a iniciativa de facer unha serie de preguntas ao goberno Rajoy no congreso para que explique como é que intercede santa Teresa de Jesús por España e a crise, e se a virxe do Rocío axuda neste mesmo propósito (Fátima Báñez, ministra do desemprego, atribuiulle o ano pasado a esta virxe o "regalo" da saída da crise) e alén quere saber se é que existen "máis intercesións divinas e sobrenaturais" na actual situación do Estado.

Do mesmo xeito, preguntan si se ten notado "melloras" no ministerio de Interior tras condecorar en 2012 á Virxe do Pilar e se, en termos xerais, o goberno considera que con este tipo de actuacións respeita a aconfesionalidade do Estado ou se prevé impulsar que España se converta nun Estado confesional.

Colamos de seguido a imaxen desta iniciativa de Amaiur que aplaudimos e rimos:

Leer más...

28 ene. 2014

[Italia]: Operación Ousadía – A fiscalía retira a acusación de Asociación Subversiva con Fins Terroristas na audiencia preliminar

Colamos (traducido) de ContraInfo (en castelán) esta información tirada de Informa-Azione (en italiano) sobre a audiencia preliminar que xulgará a chamada Operación Ousadía (Ardira) da que falamos extensamente en Abordaxe dende o 13 de xuño de 2012, cando foran arrestadas 8 persoas na Italia: Stefano Gabriele Fosco e Elisa Di Bernardo de Pisa e membros do blogue anarquista Culmine, Sergio Maria Stefani (o único que permanece aínda en prisión) e Katia Di Stefano de Roma, Giuseppe Lo Turco de Genova, Alessandro Settepani e Paola Francesca Iozzi de Perugia e Giulia Marziale de Terni; ademais nesta "Operación" a fiscal do caso, Manuela Comodi, de Perugia, pretendia implicar na mesma a Gabriel Pombo (na altura, encirrado en Alemania) e Marco Cavenish (encirrado en Suiza) como "ideólogos". Tempo despois, ficaría a acusación só contra Stefano Gabriele, Elisa Di Bernardo e Sergio Maria Stefani.

O venres, 17 de xaneiro, levouse a cabo a audiencia preliminar da operación Ousadía [Ardire]. Contra todas as expectativas, a fiscal Comodi pediu o "non ten lugar a proceder" para a acusación do 270bis ("asociación subversiva con fins terroristas"). O xuíz aceptou a solicitude e quedou só o cargo de imputación polo delito específico (danos) para tres dxs acusadxs.

Máis alá do obvio suspiro de alivio de todxs ante a idea de terse quitado de enriba longos anos de xuízo con todo o que iso implicaría, aínda que ao día seguinte continuaba -despois dos festexos da noite- tanta amargura, rabia e un profundo sentimento de frustración ao ver como as vidas das persoas podense distorsionar, manipular, encerrar e botar como penso á mesquindade dos que viven á conta dxs demais sen pagar nunca, sen ter que enfrontarse á responsabilidade das súas accións.

A "señora" fiscal dixo o venres que ela non quería facer gastar o diñeiro dos contribuíntes para montar outro "circo" (en palabras textuais) que despois outros xuíces -a pesar dos seus esforzos- terían botado abaixo.

Circo

Un circo que lles custou un ano de vida a algunhas persoas, mesmo máis, a outras. Si, exactamente un circo, un espectáculo, un teatro do grotesco, da miseria, da mesquindade, da parte máis traizoeira, malvada, sucia, mediocre, baixa dunha muller que se prestou a calquera petición, desexo, capricho dos seus "ROS" (Grupo Operativo Especial dos Carabinieri)- verdadeiros monicrequeiros de toda a historia- sen ter a máis remota idea, moitas veces, de que estaba a facer.

É difícil sorrir hoxe. Moi difícil quitarse de enriba a fea sensación de que en calquera momento poidan facer da túa vida o que consideren máis oportuno para os seus programas políticos, para a súa xestión da orde, para as súas carreiras, para dirixir a atención das cabezas, pouco pensantes, da maioría.

Así te chaman terrorista.

Encérrante como o peor inimigo e perigo para a sociedade.

Impútanche un papel e un modo de actuar que en realidade sempre foi de quen ten nas mans o poder das armas, da policía, dos exércitos, do voto, do goberno, da prensa, do poder xudicial.

De quen ten o Poder para dispoñer da vida da persoas, de decidir que nunha terra xa non se deba vivir como sempre se fixo, senón que débase facer pasar un monstro de vías e alta velocidade.

De quen ten o poder para transformar o sentido das palabras e o sentido da xustiza (a verdadeira, a que crea a distinción entre o que é xusto e o que é inxusto, non a escrita nos códigos) ese poder que, co seu mil mans, cunha destrúe, con outra castiga e encerra e con outra, ademais, difama e transforma o sentido da realidade. Ese poder que permite dar máis valor a unha ventá rota que á vida dunha persoa, que protexe aos que matan as persoas encerradas no cárcere, que che espía a vida ata baixo a roupa interior, que impunemente cambia, distorsiona, rompe a vida das persoas, que na guerra constante que leva contra quen está baixo o seu control non permite ningunha réplica, ningunha oposición.

Así, hoxe, os terroristas do último minuto son a compañeira e os compañeiros arrestadxs en Turín. Hoxe a etiqueta é para elxs. Incómodxs, fastidiosxs, difíciles de manexar, tercxs como todxs aquelxs que se obstinan a non ceder ao TAV, e que o fan con todos os medios que consideran necesarios para a loita, para a defensa da súa terra e das súas vidas.

Hoxe, algúns quitáronse de enriba, porque así foi decidido, a palabra terrorista. Outros téñena sobre as súas costas. A estxs, toda a solidariedade e proximidade.

En canto aos acontecementos de Perugia, coa esperanza de que se rematasen dunha vez por todas e que se rematasen os delirios dos ROS e da fiscalía, non máis que correrse un mesto veo, esperando que cubra o fedor a podre que aínda emana e que seguirá emanando por moito tempo.
Leer más...

27 ene. 2014

[Burgos] Aparece MORTA unha Persoa Presa no Cárcere

Recollemos esta información de Salhaketa
Segundo fontes da súa propia familia, unha persoa presa, varón, veciño de Bizkaia, apareceu o pasado día 12 de xaneiro de 2014 aforcado na prisión de Burgos na súa cela. Trátase de J.G.R., de 25 anos de idade, que pronto ía cumprir o tempo da condena pola que se encontraba recluído en prisión.

Este feito lutuoso, non notificado por Institucións Penitenciarias, representa unha nova crónica de mortes anunciadas nos cárceres tal e como viñemos denunciando.

Queremos denunciar a sistemática política de ocultamento destas mortes das que non se facilita ningún tipo de información pública, como parte da estratexia de impunidade ante as mortes non naturais que está a acabar coa vida destes mozos no seo de institucións públicas coas que manteñen unha relación de suxeición especial e cuxo dereito á saúde e á vida depende única e exclusivamente destas. Que está a pasar? Por que se ocultan estas mortes? Por que non se esixen responsabilidades ou polo menos se investigan? Acontecería o mesmo se as vítimas fosen outras? Pódense tolerar impunemente estas mortes no seo dunha institución do estado como é o sistema penitenciario?

Preocúpanos a nula iniciativa de actuación por parte das autoridades xudiciais competentes para esclarecer as circunstancias destas mortes por causas non naturais, na súa gran maioría de persoas novas que non o esquezamos manteñen unha relación de suxeición especial coa administración do estado e, este, ten a obriga de garantir entre outros, o seu dereito á vida. Esta situación é inaceptable, sobre todo cando a maioría desas mortes poderían evitarse, simplemente, coa aplicación estrita da actual legalidade vixente.

Unha vez máis preguntamos á Dirección Xeral de Prisións, ao Ministerio de Interior e ao Goberno como vai rematar con esta terrible situación. Preguntarémoslle cantas mortes aconteceron realmente, quen era os mortos, cuais foron as causas, que medidas preventivas se estableceron, por que non se excarcerou persoas en avanzado estado de enfermidade, por que as condicións de vida en xeral e sanitarios en particular empeoran, que está a facer con respecto ao amoreamento, como é posible que haxa tantas persoas presas con enfermidades mentais graves e a grande maiorías delas sen diagnóstico nin tratamento, por que non cumpre a súa propia legalidade cando esta o é en beneficio da persoa presa e se excede no seu cumprimento cando o é no seu prexuízo... son demasiadas as preguntas sen responder.

Para rematar con estas mortes reclamamos medidas concretas tales como:

Que o Ministerio Fiscal non se inhiba e investigue de oficio estas mortes a maioría delas en estrañas circunstancias, tal e como lle corresponde, para o esclarecemento das circunstancias e motivos as mesmas, con o fin de depurar as responsabilidades políticas, administrativas e penais que se desprendan destes feitos.

A inmediata excarceración das persoas presas gravemente enfermas, en especial aquelas en fase terminal, así como as que padezan enfermidades mentais que en moitos casos supoñen a indución ao suicidio. Estas persoas necesitan uns coidados e un seguimento médico incompatibles co cárcere que en moitas ocasións xera problemas de desequilibrio e enfermidade mental.

A inmediata reforma da lexislación penal e penitenciaria que alonga innecesariamente as condenas e restrinxe o acceso a permisos de saída, terceiro grao e liberdade condicional que son as formas de cumprimento máis acordes co obxectivo final que a lei outorga ás penas privativas de liberdade e que contribúen a diminuír a presión e mal trato psicolóxico que sofren as persoas presas.

A redución do número de reos ata a capacidade óptima de cada prisión para evitar a actual masificación, que aínda que non é o único, si é un dos motivos que inflúe nestas mortes, así como o cumprimento das condenas no centro máis próximo ao lugar habitual de residencia.

O final dos réximes de incomunicación e illamento. Estes espazos de impunidade para torturas e/ou malos tratos, son á vez espazos de risco para a aparición e/ou agravamento de determinadas enfermidades mentais, o que significa que, de por si, o illamento é unha tortura psicolóxica a erradicar.

SalHaketa Bizkaia – SalHaketa Araba

Leer más...

26 ene. 2014

Se tocan a unhas - Solidariedade con Mónica e Francisco

Colamos (e traducimos) este texto colado este venres pasado, 24 de xaneiro, en IndymediaBarcelona asinado por "anarquistas":

Pasaron xa 2 meses dende que Mónica e Francisco, xunto a outras 3 compas, foron detidas, illadas e as 2 primeiras encerradas posteriormente baixo o duro réxime FIES e as outras en liberdade provisional (con firma semanal) en espera de xuízo baixo os mesmos cargos.

Moitas compañeiras de diferentes partes comentáronnos do aparente aura de «secretismo» que se percibe en todo o relacionado coa situación das compas e co caso en si, e que logo do bombo mediático con todo o referente ás detencións habería que terse pronunciado. O certo é que, como xa sabemos, contra a propaganda do réxime e os seus ideólogos, é dicir, contra a prensa, pouca cousa pódese facer a xeito de contrapeso; pódella evidenciar, ver como van tecendo as súas redes, e como cóbado a cóbado co Estado van facendo un oco a encher co seguinte inimigo interno: islamitas, independentistas galegos, animalistas acusados de abrir máis gaiolas da conta, anarquistas... Estes -os que non queiran pasar pola ortodoxia do clero que di representalos ou que marca o xeito correcto (é dicir democrática, legal, etcétera)- serán os que enchan o baleiro deixado por ETA, baleiro non só como inimigo interno que alimenta todo un arsenal burocrático, represivo e xudicial, o chamado antiterrorismo (unha institución en si mesma que se nega a desaparecer e polo tanto ha de demostrar a súa necesaria existencia e eficacia), un baleiro que tamén se notaría nas celas por encher e nas páxinas de prensa, que deixaría espazo a outras preocupacións na cabeza dos lectores; pouco importan os desafiuzamentos, que millóns de persoas non teñan forma de buscarse a vida -nin sequera nas canles da escravitude laboral-, que os políticos se enchan as arcas e rían na nosa cara. Hai fantasmas moi perigosos, dinnos, aos cales realmente temer: os inmigrantes, os terroristas, etcétera.

Os que visen as noticias aqueles días recordarán toda a carga xenófoba coa que estes apuntaladores do existente con palabras, os xornalistas e ideólogos do réxime, cualificaron as nosas compañeiras. As intencións son evidentes: xerar falsos mitos. Fálannos do "triángulo mediterráneo", de que "son xente de fóra", daqueles "estranxeiros e estranxeiras que veñen a facer cousas malas", de "anarquistas malos que veñen de fóra" e de "anarquistas gregos e italianos que veñen a instruír aos e as de aquí", etcétera. O que son incapaces de recoñecer estes "expertos" da mentira é que no Estado español existe unha longa tradición -por chamala dalgunha forma- anarquista, grande, diversa e flutuante, pero case tan antiga como o anarquismo mesmo: dende as loitas dos libertarios andaluces, os ecos da propaganda polo feito, a Semana Tráxica de 1909, a Revolución de 1936, a guerrilla antifranquista, as millóns de persoas na Barcelona libertaria de 1977, o anarcosindicalismo, todos momentos e sucesos que deixan claro que aquí non é nada nova a identificación coas ideas e as prácticas ácratas.

Con respecto á investigación contra os nosos compañeiros e compañeiras detidas, encóntrase pechada, o cal non quita que novas probas poidan aparecer da noite á mañá. O que tamén sabemos é que existe outra investigación aberta que ao parecer busca crear unha organización anarquista internacional, cun forte acoso a varias compañeiras. Non temos nin idea de por onde nos sorprenderán xa que vimos nestes últimos meses que a capacidade inventiva policial é bastante ilimitada, nin tampouco sabemos se as últimas detencións na Galiza forman parte desta trama. Non negamos as existencia de "relacións internacionais", nin que as anarquistas se movan -como o resto das persoas- nun mundo que en gran parte te obriga a moverte aínda que non o queiras; mesmo tamén viaxamos en busca de complicidades, non imos negar unha evidencia, pero si nos negamos rotundamente a recoñecer a existencia desa organización ficticia estructurada que á policía e aos xuíces lles encanta imaxinar.

Unha vez máis intentan buscar elementos que encaixen coas súas teorías, aínda que a súa figura xeométrica necesite deformarse e engadir máis ángulos. O que se vimos cos nosos propios ollos foi a colaboración (ou simple paripé) entre as policías e autoridades chilenas, españolas e italianas, vimos as súas roldas de prensa, os seus apertóns de mans e os seus eloxios e nos deu noxo. A única organización terrorista internacional que coñecemos, que sabemos da súa existencia é a dos Estados e as súas institucións.

Da herdanza que nos deixou a relixión, da laicización de conceptos que foron máis alá da relixión mesma, son a noción de culpa e de castigo os que máis arraigadas en nós encóntranse. "Se non foron elxs, por que non o din? " din unhas voces inxenuas. Outras menos inxenuas falan do feito concreto do que se lles acusa para negar a solidariedade. Ambas as dúas actitudes apuntan co seu dedo acusatorio e policial -conscientemente ou non- carra algún sitio (xa dicían as nosas nais que era un mal costume apuntar co dedo á xente). Todas as accións son discutibles, mesmo aquela pola que as compas se encontran imputadas, pero entre nós, entre compañeiras, dun xeito serio, consciente e para sacar conclusións que favorezan á continuidade da loita. O machuque mediático buscou, dende un primeiro momento, minar o posible camiño da solidariedade, para crear unha brecha e un baleiro, para separar. Máis duros que os paneis de formigón que componen as prisións é o baleiro que xera a insolidariedade. Lamentablemente en parte encontráronse cun terreo aboado por nós mesmas: outra vez os anarquistas bos e os malos, os insus e os sociais, os culturais e os de acción, e un longo etcétera, apoiándose nunha falsa separación, unha falsa dicotomía inexistente e proveniente dunha análise simplista e superficial na nosa opinión, que o único que fai é enfrontar as diferentes frontes da loita anarquista.

A prensa e a policía emitiron claras mensaxes ao respecto: "Se ousades intentar subverter a orde establecida encerrarémosvos, publicaremos as vosas caras e nomes (1), e tratarémosvos como o que sodes, como terroristas", "se vos solidarizades coas que fan estas cousas ou están acusadas de facelo tamén seredes tratadas como terroristas", etcétera. E se como dun duro pai corrector se tratase, a man ameazante deste finalmente é máis efectiva que o golpe. Pero, e se aprendemos a enfrontarnos ao golpe para que nos faga o menor dano posible?

Se nos negamos a solidarizarnos con aquelas de cuxas acusacións non estamos de acordo, é dicir, coas cales non compartimos as accións das que se lles acusan, estamos a lexitimar a voz do Estado e afirmando as acusacións, estamos a entrar nun terreo que non é o noso senón o dos nosos verdugos. Máis alá do que pensemos sobre os feitos, estamos convencidas de que a solidariedade nunca debe ser vista dende un punto de vista moral, punto de vista moi influído polos medios de comunicación, e tamén, dende a óptica completamente inversa non cremos que a validez dunha acción calquera haxa que vela en relación a un código penal, dende o dura que poida ser unha sentenza. As leis e a moral (que implicitamente tamén xera leis) deixémola aos xuíces, aos curas, aos lagrimeros xornalistas, ás que teñen medo de si mesmos. E da rabia das oprimidas.

A comunicación directa coas nosas compañeiras encarceradas foi difícil dende o principio. Sabemos que están ben de ánimo e fortes. Están a recibir cartas (algunhas delas tardan moito en chegar) e só poden enviar dúas cartas semanais, unhas das cales é para comunicarse entre elas. Francisco está a recibir visitas, pero leva semanas sen ver outros presos porque quedou só no módulo. Hai uns días notificáronlle que lle aplicarán tamén o art.º 10 (FIES 1) e que será trasladado a Córdoba. Mónica despois de estar en observación, soa en ingresos, e sen dieta vexetariana, encóntrase en Brieva (Ávila) baixo o art.º 10, nun módulo xunto a 4 presas políticas e 8 presas comúns (2). Aínda non ten visitas (xa que os burocráticos trámites se han de volver facer cada vez que hai un traslado) pero si que pode facer algunhas chamadas telefónicas.

A detención e encarceramento sacáronnos a flote algunhas cuestións: como expresar a solidariedade?, como facer que non só sexan aquelas persoas máis próximas ás detidas/imputadas as que teñan que cargar con todo?, que significa o FIES para os presos anarquistas e que podemos facer?, como non claudicar ante a chantaxe do cárcere e a súa sombra?

Abrimos un correo para que aquelas que queiran saber máis sobre a situación de Mónica e Francisco poidan escribir. Tamén estamos a xuntar diñeiro para os gastos actuais e futuros, xa que seguramente a prisión preventiva a terán que cumprir completa ata que sexa o xuízo e todas sabemos os gastos que supón isto.

Calquera dúbida, achega, crítica, pregunta: solidaridadylucha (at) riseup.net

Non deixaremos soa ningunha. Se tocan a unha tócannos a todas di unha frase que nos encanta berrar. A ver se a podemos poñer en práctica.

Liberdade e solidariedade!


Notas:

(1) Sen esquecer que fan o mesmo cada día na prensa con outras persoas, que finalmente as que estamos pendentes deste feito en si somos as afectadas, o resto da xente esquécese e pasa a pensar en noticias máis frescas.
(2) en Abordaxe xa deramos o novo enderezo de Mónica en Brieva:
Mónica Caballero
Ávila – Prisión Provincial
Ctra. De Vicolozano
Apdo. 206
5194 Brieva (Ávila) – España
Telf: (0034) 920259022 / 23 / 29

Francisco segue, de momento, encirrado en Navalcarnero e este é o seu enderezo:
Francisco Javier Solar Dominguez
CP Madrid IV Navalcarnero
Crta N-V km 27,7
28600 Madrid

Máis información en Abordaxe sobre este caso.

- Noticias represivas e solidárias - Escrito de Mónica Caballero e Francisco Solar
- Palabras de Francisco Solar dende o cárcere de Navalcarnero (Madrid) e Chamado Solidario Internacional
- Xs compañeirxs Mónica Caballero e Francisco Solar quedan en prisión preventiva, xs 3 compañeirxs restantes están na rúa
- Detidas 5 persoas en Barcelona acusadas dun delito por estragos terroristas

colado e trad x eDu
Leer más...