13 dic 2013

Recordatorio de Convocatorias para esta finde

Dado que ficaron fora da capa principal do noso blogue, recordamos acá estas convocatorias anunciadas para esta fin de semana con o títular e o enlace as mesmas. Aproveitamos para lembrarvos a todas as compas que participades en proxectos antiautoritários e anticapitalistas da Galiza (e proximidades) sen vinculación a partidos ou sindicatos, que o noso correo está a vosa disposición para que nos enviedes as vosas convocatorias se queredes que saian anunciadas en Abordaxe: De tal xeito só tendes que enviarnos un correo con o texto e cartaz (se é que hai) e nós daremoslle pulo en canto o miremos. Iso si tambén se agradece que, antes de re-envialas ou facer envíos múltiples (cando son convocatorias conxuntas), mirarades se xa foi cuberta tal convocatoria antes.

[A Guarda] Sábado 14 dende as 14:00' no CS Fuscallo.- Xornada contra-informativa e xantar solidario coas persoas presas

[A Coruña] Sábado 14 as 12:00' no Obelisco.- Bicicletada contra o desaloxo do C.S.O. Palavea

[Vigo] Domingo 15 as 13:15': Cadea Humana: Os cartos de todas para todas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario