13 dic 2013

[Chile] Mais información sobre o intento frustrado de expropiación dun Banco

Información recibida no correo facilitada pola "nosa corresponsal" en Chile e pola Agência de Notícias Anarquistas-ANA. E incluimos estoutro video doutro falsimedio:



Comenzamos con a noticia redactada pola "nosa corresponsal":

Colo dúas noticias de canais chilenos con videos sobre o acontecido antonte:

Allanan vivienda en Estación Central por robo en banco de Pudahuel
Detenidos por asalto a Banco Estado gritan consignas

Os detidos pasaron xa a disposición xudicial, e están sendo investigados (máis aínda que antes deste suceso). De feito, como conta unha das noticias, están entrando nas súas casas en busca de "probas". Poñer de relevancia o dito nun dos vídeos do canal 13, en referencia ao edificio que a policía foi asaltar (obviamente estes compañeiros estaban sendo vixiados, pois a policía sabía que se reunían aquí a menudo): "se encontraron algunos elementos que hablan de esa situación, como por ejemplo algunos recibos de tintorería con el nombre de las personas que están involucradas en este asalto, y eso habla entonces de la pertenencia de estas personas a un círculo anarquista.."

Así, os medios están a cumprir dúas misións moi importantes. A primeira, ensalzar a figura do garda de seguridad como heroe, quen disparou contra o compañeiro asasinado á primeira de cambio, antes se quera de que este puidera facer nada; e pintar en contraposición aos compañeiros detidos e asasinado como perigosísimos delincuentes, quenes "terían matado a todos os presentes na sucursal bancaria de non ser pola "magnífica labor" do garda". A segunda das nefastas misións á que están contribuíndo os medios, axudando ao corpo de carabineros, é a de preparar unha auténtica caza de bruxas, revivindo o Caso Bomba, xa que é o fío do que están a tirar para as súas investigacións (-acoso), e comezando unha persecución contra todos aqueles "sospeitosos de pertencer a grupos anarquistas ou levar a cabo iniciativas de dita índole".

De momento non se teñen máis datos do acontecido. Así que atención ao que vaia vindo e solidaridade. Apertas!
.......................

E de seguido colamos a información facilitada por ANA:

Expropriación a banco estatal termina con un compa morto, outros dois presos e un fuxitivo

Antonte (11 de decembro), por volta das 9h30, foi morto a tiros o compañeiro Sebastian Oversluij Seguel, de 26 anos, cando ele e outros compañeiros estabanse preparando para expropriar un banco estatal na comuna de Pudahuel.

Sebastian foi morto polos tiros disparados por un vixiante-lacaio que estaba protexendo as instalacións do banco. O compañeiro recebeu canto menos 6 balas no seu corpo.

Outros dois compañeiros foram presos nas proximidades do local, Alfonso Alvial, de 27 anos, e Hermes Gonzalez, de 25 anos. Os compas detidos pasaron onte (día 12) polo posto de control no Centro de Detención chileno, por volta das 16h.

Durante a noite de antonte foran invadidos varios lugares, sendo un deles a casa onde os pais de Sebastian vivian.

Alén destes feitos, as autoridades chilenas están querendo vincular os dois compañeiros detidos con outros asaltos, feitos este ano no mesmo lugar, e de outras accións de natureza política, dado que eles xa foran detidos nalgunhas actividades de rúa en apoio a compañeiros que naquela época estaban envolvidos no proceso xudicial coñecido como o "Caso Bombas".

Hermes e Alfonso, á rúa!

Solidariedade!

Compañero Sebastian Oversluij Seguel, Presente!



No hay comentarios:

Publicar un comentario