30 dic 2013

Alfredo María Bonanno e o anarquismo de práxe no século XXI

Vimos de saber que, poucos días despois de que fose restrinxida a entrada por parte do Estado chileno a Alfredo María Bonanno, agora foi nas terras controladas polo Estado mexicano onde foi vetada a chegada do compañeiro. Neste post reproducimos un comunicado dende México realizado polo compañeiro Gustavo Rodríguez no blogue Rojoscuro analisando a situación.

“As prácticas de acción directa son agora o corolario desta bagaxe conceptual. Cara a cara contra o inemigo, sen mediacións nin xestorías: aí a divisa e o emblema dunha práctica de intención, orientación e potencialidade anarquista”.
Rafael Spósito (Daniel Barret)

Fai exactamente catro anos, tres meses e 22 días, recibín a chamada dun entrañable compañeiro comunicándome unha lamentable nova: o querido Alfredo Bonanno, foi detido tras unha expropiación fallida na vila de Trikala ao norte de Grecia. Hoxe, tiven unha breve conversa vía telefónica co compa Alfredo, e producíume a mesma indignación e impotencia que aquela tráxica chamada.

En medio do griterío e as expresións altisonantes dos represores que lle mandaban apagar o teléfono, informoume de que as autoridades migratorias impedíran o seu ingreso no territorio dominado polo Estado mexicano, declarándo "persona non grata" pola súa presunta "peligrosidade" e “antecedentes penais”, motivo polo que foi deportado a Argentina. Pese ao pouco tempo que puidemos falar sentín nas súas breves palabras a fortaleza dun irreductible. O primeiro que lle preguntei é cómo estaba de saude e contestou que ben. Embravecido, o único que atinei a dicirlle é que lamentaba moito a decisión destes merdas fillos de perra e respondeume optimista, coa serenidade e a condición reflexiva que o caracteriza: "É lóxico que nos pase isto".

E sí, con esas palabras sinxelas e ese comentario conciso, Alfredo resumía a realidade do espertar anárquico no século XXI e a natural represión que padecemos. Sen que quepan dúas opinións ao respecto, somos de novo o pior pesadelo da dominación. Hoxe o anarquismo de práxe levántase con ímpetu e reclama imperativamente a renovación teórico-práctica e a superación das experiencias de loita pasadas, abandoando por sempre a museografía arqueolóxica, o cobarde inmovilismo e o protagonismo de pose do académico "progre" (ese ao que se refiren os grupos de afinidade nun dos seus máis que recentes comunicados), para recuperar o seu talante transgresor, a súa conflictividade permanente e a súa natureza destructora.

Como comentaban algúns dos compañeiros organizadores das Xornadas Informais Anárquicas/ Simposio Internacional, ante estes atroces acontecementos: na Idade dourada do anarquismo clásico; nos anos épicos daquél accionar anárquico que se enaltecía como paradigma subversivo indiscutible, as deportacións, os encarceramentos e os asasinatos de compañeiros e compañeiras anarquistas estaban á orde do día. ¿Cantas veces non foron deportados e encarcerados os nosos compañeiros de antaño? ¿cantos non foron asasinados e/ou executados nos patíbulos de anquilosadas monarquías e modernas repúblicas? Qué hoxe deporten, encarcéren e asasinen aos nosos compañeiros é a proba fiable do espertar anárquico, a millor demostración de vitalidade e lozanía da nosa teoría e práctica, a máis contundente expresión de proxección anárquica.

De aquí en diante, xa non poderemos prescindir da práxe anárquica; hoxe a reflexión teórica a acción práctica comezan a ubicarse no contexto histórico que lles é propio otorgándolle maior preeminencia aos compañeiros e compañeiras recén incorporados na loita ácrata que fan énfase na necesaria comunión entre ideas e acción, na urxencia ineludible de levar á práctica a nosa teoría e de reverdecer o noso campo teórico a partir da práctica.

Lamentablemente, o compañeiro Alfredo Bonanno non nos acompañará físicamente neste xigantesco esforzo de renovación teórico-práctica.

Os nosos inimigos non podían darse o luxo de permitirnos unha aventura fundacional transxeneracional de tan grandes proporcións, por iso recorreron unha vez máis á proscripción e á exclusión. Con todo, esa gama inmensa de vibracións comúns que fai posible a realización destas Xornadas Informais é a recreación indiscutible desa épica transxeneracional que hoxe é concretada a través do anarquismo de práxe.

Por iso, a pesar das proscripcións e exclusións estarán ao noso lado, cara a cara contra o inimigo, todos os ausentes. Con nós estarán —pese ás adversidades— Bonanno; o noso irmán Gabriel Pombo Da Silva; a entrañable Felicity Ann Ryder; Mario González; Stefano Gabriel Fosco e Elisa Di Bernardo; os nosos afíns Argyrou Panagiotis, Nikolopoulos Mihalis, Nikolopoulos Giorgos, Tsakalos Gerasimos, Tsakalos Hristos, Polydoros Giorgos, Bolano Damianos, Hadzimihelakis Haris, Ikonomidou Olga, Alfredo Cospito y Nicola Gai; Hans Niemeyer; Marcelo Villaroel; Freddy Fuentevilla; Juan Aliste Vega; Carlos Gutierrez Quiduleo; Mónica Caballero Sepúlveda; Francisco Solar; Víctor Montoya; José Miguel Sánchez; Hermes González; Alfonso Alvia e tantos outros irmáns e irmás presas, en restricción domiciliaria e en fuga.

E —¿por qué non?—, tamén estarán presentes os inolvidables: Sergio “Urubú” Terenzi, Claudia López Benaige, Jhonny Cariqueo, Lambros Foundas, Xosé Tarrío González, el Punky Maury Morales, o meu Rafael Spósito, Matías Catrileo Quezada, Sebastián Oversluij Seguel e tantos compañeiros irremplazables que marcharon pero continúan mostrándonos o camiño.

¡Qué viva a Anarquía e se deixe ouvír ben forte no latexo do seu renovado corazón en todos os confíns do Planeta!

Gustavo Rodríguez


México, 24 de decembro, 2013

P.D. informativa: De momento, xa sofremos o primeiro golpe. Onte agardábamos a chegada de Alfredo ás 21:50 e nunca saiu pola porta de chegada. Preguntamos en Migración e dixeron que se era por "motivo de interrogatorio" podería tardarse de 3 a 5 horas retido e que se despois dese lapso de tempo non saía era porque se lle negaba a entrada no país. 6 horas máis tarde, desesperados e preocupados, voltamos a preguntar e comentáronnos que non estaban autorizados a dar información sobre se había ou non persoas detidas ou deportadas nin as causas quemotivaban tal decisión; con todo, pouco despois do intento fallido, os porcos comentaronme que podería ter sido transferido aos apartados da Terminal I para ser deportado
unha vez acordado o país de destino. Inmediatamente trasladeime para alá pero tampouco obtiven ningunha información esclarecedora, polo que deduxen que fora deportado, o estrano era que nunca se comunicou conmigo e tiña o seu móvil apagado, o que me levou a pensar que podería seguir detido en México.

Despois deste trago amargo, quédanos o bo sabor de boca de que, tras 3 longas horas de interrogatorio, deixaron ingresar no país a Constantino Cavalleri e a lendaria Jean Weir, que compartirán as súas reflexións e experiencias nas Xornadas Informais.

Curiosamente, durante o "profundo" interrogatorio que realizaron os axentes de Gobernación, a ambos preguntáronlles se eran anarquistas e ao contestar que sí, indagaron sobre o "tipo de anarquismo" que profesaban. Ante tan absurda interrogante tanto Jean como Constantino esixiron que foran máis específicos ao que os interrogadores contestaron que "había un anarquismo bo e outro anarquismo malo", elucubración que completaban coa seguinte pregunta: ¿Quen son os seus heroes ou persoaxes lendarios? e remataban coa interrogante do millón de dólares: ¿veñen vostedes ao Simposio anárquico ou á "Escuelita" Zapatista? Sen dúbidas, a contestación desta última pregunta brindaballes a oportunidade aos axentes de lograr sen equivocación posible a clasificación antes mencionada.

Traducido ao galego por FTJPO (Firma os Teus Jodidos Post Ostiax!!!!)

2 comentarios: