25 nov 2013

Carta de Mariano, preso valencián no CP Teixeiro

Colamos, depois de traducido, do Diario Libertario de Lugo e Galaxia "El Retroceso"

Son Mariano, teño 24 anos e son pai dunha nena de case tres aniños, levo desde o 8/7/10 en 1er grado 1ª fase, saio 3 horas ao patio e non hai ningunha actividade. Aquí fan o que lles peta. Aquí o que queren son borregos para mandalos como lles dá a gana, por iso algúns estamos en 1er grado pola cara, por que aqui existen torturas tanto fisicas como psicolóxicas. Entran na cela 20 funcionarios, danche unha malleira e logo denúncianche con atentado á autoridade e claro, máis anos de condena.

Isto é un negocio para eles, aquí non se reinserta, nin se rehabilita, si non que se castiga con total impunidade por uns verdugos vestidos de azul e outros de bata branca que cobren todas as torturas que se fan. Os médicos son os cómplices xa que foron neglixentes na Seguridade Social e este é o único sitio que lles queda para traballar.

Segundo as súas leis art. 45 L.O.G.P. e a 72 R.I.P., cando un é alxemado deben parar de golpealo, pero é ao revés, aí é onde comeza a tortura e o ensañamiento. Alxemado nunha cama de pés e mans rebentado pola tortura, chega o verdugo de bata branca e nin che explora, o seu xuramento non é hipocrático, senón hipócrita. Buscan anular o pensamento. Só queren colaboradores e chivatos, para eles son os seus preferidos, presos de confianza. O que non entre no seu maldito xogo queda marcado e sometido á violencia continua dos carceleros e os seus delatores. Aquí todo se compra e se vende, permisos, condicionais e privilexios.
Aborregan á xente a base de metadona e pilulas, asi téñenos ben colleitos.

Agora os carceleros en 2º grado van repartindo tortazos, si, si lévanche para un cacheo estando no patio xa sabes o que che toca ¡plas, plas! e sempre onde non haxa cámaras. Os rapaces non se defenden, non queren buscarse problemas, bastante problema é estar preso... pero o/a que se revela xa sabe o que lle espera: TORTURA, sumario, condución, 1er grado e mais sufrimento. E si a unica proba que tes para demostrar a túa inocencia (a cámara) non cha dan, pois mais sufrimento lonxe dos teus seres queridos pois eu son de Valencia e téñenme en A Coruña, na outra punta deste país, o que conleva un gran desarraigo familiar, xa que non podo ver á miña filla que vai cumprir 3 aniños. Aquí en Teixeiro non temos actividades ocupacionais, nin estudo individualizado do equipo de tratamento.

No patio de 20 metros de longo por 8 de ancho rodeado de "concertivas" alambradas de guerra, non temos nin un servizo. Estamos facendo as nosas necesidades nunha alcantarilla xa que si picas na porta PROBLEMAS. O educador era xefe de servizos, outro verdugo. Aqui un xexún non se pode facer pois só nos poñeriamos dúas persoas e téñennos no punto de mira, as represalias serian inmediatas, un chapeo si pode facerse, só seriamos dous o resto xa o crebaron. O compañerismo esta desaparecendo, por desgraza é unha loita desigual. Dunha formiga contra un elefante ¡Pero habemos formigas guerreiras!

A súa xustiza é cega, xorda e muda neste corrupto pais. Isto son centros de exterminio e o que se revela e cre na autodefensa só quédanlle mais anos de carcel e a eterna compañeira: A soidade.

Habito unha mazmorra de seis metros cadrados, sete pasos de longo da fiestra enreixada á porta, onde só podo ter tres mudas de roupa e que, cando vou saír, uns carceleros entran a visualizar, a cachear, póñenme cara a parede cos brazos en cruz, palpeo, pásannos unha raqueta detectora de metais e para o patio onde se escoita o tic-tac das agullas do reloxo.

Aquí as normas de regimen interior da verduga Adela, subdirectora de seguridade, estan por encima da L.O.G.P. e o R.I.P., ela é a que rexe a nosa vida. Os carceleros simples peóns que veñen descargar os seus complexos e frustracións contra nos...

¡Seguimos resistindo! Isto non poderá connosco xamais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario