31 oct 2013

Tres (supostos) Suicidios en prisón nos últimos días

Defundimos esta nova recollida de Tokata:

Dende Tokata tivemos noticia de tres novas mortes dentro das prisións estatais: Málaga, Menorca e Fontcalent.

En Alhaurín (Málaga) o pasado 26 de outubro, á suba a celas tras a cea, aproximadamente ás 20.00 horas, os carcereiros de servizo no módulo 4 (que aloxa presos reincidentes) encontraron aforcado na súa cela a F.J.F.S., de 20 anos. Anoara coas súas propias sabas unha corda coa que acabou coa súa vida. Permanecera na cela durante a tarde xa que se encontraba de baixa médica por unha lesión no xeonllo. Descoñécense cales foron os motivos que o levaron a tomar a drástica decisión de suicidarse.

En Fontcalent (Alacant) o 13 de outubro, despois dunha pelexa con outro preso, Jesus -de 22 anos, cumpriu 23 o xoves pasado- foi ingresado no módulo de illamento, aforcándose horas despois. Esa é a versión oficial. A familia nega a pelexa e o suicidio.

No cárcere de Maó (Menorca) (xa recollido acá en Tokata)

A institución penitenciaria ten a obriga de velar pola vida das persoas presas e polo respecto dos seus dereitos e porque as penas privativas de liberdade se executen en pro do cumprimento da finalidade que lle atribuíron, a "reinserción" (aínda que ben sabemos de que esta non é a súa finalidade), e non que o cárcere remate en morte. A morte dentro de prisión é unha sentenza oculta de pena de morte e revélanos que o cárcere modificou pouco as consecuencias da pena corporal, porque tamén o cárcere leva á morte. E cando leva á morte, esta non se pode banalizar nin pasar desapercibida como un evento máis.

Coa morte de personsas presas por suicidios en prisión a realidade imponse e exponse clara, advertíndonos non só de que non temos unha regulación penitenciaria humana, senón que a prisión mata e que impón sentenzas de morte por vía de feito

No hay comentarios:

Publicar un comentario