30 oct 2013

Outro cárcere non é posible. Lledoners "o cárcere com piscina" : Crónica de cinco anos de exterminio

Recollemos de BoletínTokata este artigo que à sua vez recolleron da publicación en papel "El Pèsol Negre" nº 62:

En novembro fará cinco anos que a prisión de Lledoners entrou en funcionamento. Cinco anos dunha Institución opaca á bisbarra onde a maioría da poboación queda xorda, cega e muda ante esta. O espellismo que nos mostraba a Generalitat da man dos medios de comunicación, agora hai cinco anos, posicionaba Lledoners como a prisión modélica de Cataluña. Un "modelo" que se foi baseando en irregularidades, enganos, maltratos, tortura, abusos de poder e confabulacións terapéuticas.

Entre o 24 e 25 de outubro de 2008 pasaron máis de 11.000 persoas nas xornadas de "portas abertas". Rapidamente apareceron algúns dos tópicos que a día de hoxe, desgraciadamente, aínda se manteñen: "Agora as prisións parecen hoteis", "Vívese mellor dentro da prisión que fóra", "As prisións de agora non son como as de antes, son unha vangarda", "Entran ao cárcere e enriba teñen traballo asegurado", etc. Ante estes tópicos hai que berrar e con forza que a situación actual dentro de Lledoners e do resto de prisións catalás (e estatais) é moi precaria, que hai unha alta taxa de masificación dos espazos, unha progresiva redución e calidade da comida e, pola contra, vai en aumento a taxa de enfermidades mentais e outras enfermidades físicas. E é que segundo fontes de Institucións Penitenciarias preto do 30% da poboación reclusa sofre algún tipo de enfermidade psíquica, un 10% está infectada polo VIH e máis do 50% padece algún tipo de drogadicción. A conformidade social penitenciaria está baseada na medicación forzada e o uso abusivo de psicofàrmacos por parte da institución como mecanismo de control.

E é que entrando no ámbito do control, a maioría de beneficios penitenciarios (como o acceso á piscina, a non ter problemas coas comunicacións, a ter permisos, a acceder ás actividades, etc.) convértense en chantaxes para manter un comportamento submiso da persoa presa. Por outro lado, as relacións sociais e familiares das persoas presas pasan a ser institucionalizadas, controladas e dodificadas pola administración penitenciaria rompendo os poucos lazos afectivos que teñen en extras muros. Ademais, hai que deixar claro que a prisión é un amplificador de desigualdades e neste sentido, é fai máis patente a situación económica dos presos.

Os economatos estanse a converter en tendas a prezos de luxo xestionadas pola mesma administración a través do CIRE. No campo do traballo asalariado, lass empresas están vendo nos módulos produtivos un substancioso negocio explotador por unha man de obra que non supera os 200 euros ao mes.

Maltratos, tortura e mortes.

Ledoners foi fonte de polémica polas diversas denuncias por maltratos e tortura que foron aparecendo ao longo destes cinco anos. Varias mortes salpicaron a prisión, entre as cales encontramos o escandaloso caso de Luis Dalmau. Un home de 73 anos que morreu na súa cela, en condicións moi precarias, despois de que a dirección da prisión recibise reiteradamente a súa petición de liberdade condicional por causas humanitarias recollido no artigo 104.4 do regulamento penitenciario. Máis adiante estala a campaña contra a tortura e os malos tratos dentro de prisión (Cárcere=Tortura) a cal iniciou a tarefa de sacar á luz pública as diversas situacións de maltrato. Entre elas encontramos varias denuncias perpetradas en Lledoners e en especial no Departamento Especial de Réxime Pechado (DERT) desta prisión: malleiras, vexacións, humillacións, contencións con sujección mecánica ata 8 horas boca abaixo, inxeccións forzadas que deixan en estado vexetal e teñen efectos destrutivos a nivel mental, etc. Varios carcereiros foron imputados en casos de maltrato polos Xulgados de Manresa, entre eles a cabeza de unidade do DERT de Lledoners.

Desmitificando os módulos de respecto

O ano 2010 aparece o Grupo 33, un lobby dentro do mundo penitenciario que ten como base fundacional a implantación dunha aparente "alternativa" dentro das prisións - o seu lema é "outra prisión é posible" - baseado no modelo da Unidade Terapéutica de Villabona (Asturias). Os apoios que ten o G33 son varios e engloban varios ámbitos. Os máis notorios son os partidos políticos, os cales todos van incluír nos seus programas electorais de 2010 os puntos pedidos pola liña política do GR-33 en ámbito penitenciario. Tamén inclúen o apoio adherido no manifesto de organizacións como o Rotary Club del Berguedà (xaneiro de 2011)

Este grupo empezou a sua activitade no Módulo 6 de Participación e Convivencia (MPC en Lledoners). Neste módulo destinábanse a metade da asignación do presuposto total de todos os módulos da prisión e tamén se investían a maioría de recursos -exemplos a Asociación Ared, a cal só achegaba actividades e voluntarios a este módulo 6- o Grupo 33 pagaba a edición da revista exclusivamente do módulo nun formato bastante caro e discriminatorio á situación de todos os outros centros penitenciarios, segundo datos extraidos dun informe de Serveis Penitenciaris relativo aos MPC-. En decembro de 2012, entra en Lledoners un Novo Plan Funcional en todos os módulos do CP Lledoners (menos o DERT) denominándoos "Módulos Tipos". Actualmente os módulos 4 e 6 quedan como MPC -pero con moitos menos recursos dos que contaban- e o resto de módulos intentan parecer espazos baseados nos MPC. Un modelo que por moito que nolo escondan, encobre a submisión, a explotación, a censura, a tortura e a impunidade

Pero que é o MPC?

Segundo datos do mesmo G33 estes módulos baséanse en 7 principios e poderíanse resumir en "a creación de espazos libres de droga e violencia, xerar novos hábitos de conduta e traballo e establecer unha convivencia que resulte terapéutica, co acompañamento e a implicación do carcereiro". Poderiamos dicir que estes módulos teñen unha maior dotación de recursos e intentan crear espazos de autoorganización dentro do módulo, dando marxe de decisión aos presos. A carencia de control e vixilancia por parte dos carcereiros é substituída polo control que exercen os propios presos de dentro do Módulo. Así pois, o preso convertese en carcereiro e calquera comportamento que se saia das pautas "terapéuticas" é motivo de expulsión do módulo. Tamén son motivos de baixa o feito de presentar recursos ou denuncias. Os "módulos tipos" de Lledoners teñen unha intervención especializada, que na práctica comporta a inscrición máis ou menos forzada nos programas específicos -a negación a realizalos é vista como unha grave falta conductual-. Os módulos organizaranse en comisións e estableceranse persoas delegadas ou representantes ademais de dinamizadoras. Inténtase, que os presos ocupen o seu tempo o 100%, xa sexa con actividades como con programas. A distribución da poboación presa nos módulos será estratéxica, posto que se equilibrarán entre todos os módulos a presenza dos que denominaron presos "con conductas desestruturadas para evitar a estigmatización, o fomento de liderados negativos". A tradución desta frase, é o illamento de persoas que denuncian as vulneracións de dereitos dentro da prisión e non se presentan cunha actitude submisa ante a institución carceraria. Encontramos varios exemplos que constatan esta estratexia en Lledoners, xa sexa separando os presos que denunciaron torturas en varios módulos ou directamente trasladándoos a outras prisións de Cantalunya.

Varios grupos de apoio a persoas presas e colectivos anticarcerarios criticaron reiteradamente estas artimañas que só poñen remendos e non atacan o problema de raíz. Como se pode crear espazos libres de drogas, cando a institución mesma fai uso e necesita desta drogadición, xa sexa con substancias legais como ilegais?

Como se pode pedir que o carcereiro actuei como guía, cando ao mesmo tempo é quen se encarga de aplicar maltrato e tortura? Como crear espazos libres de violencia cando a Institución carceraria, en si mesma, xa é unha fonte de violencia? Como se pode denominar e converter en "terapéutico" o encarceramento? Neste último sentido, o máis grave é a omisión do por que estas persoas se encontran encerradas, posto que a maioría destas proveñen da exclusión social. O sistema punitivo está ao servizo do actual marco político-económico e toda aquela persoa que desestruture esta orde delinquirá e, quizais, polo só feito de sobrevivir (máis do 63% das condenas son por delitos contra a propiedade e saúde pública). Polo tanto, esta tarefa "rehabilitadora" e "terapéutica" o que fai é tratar este conflito social como se fose unha patoloxía, despolitizando a raíz do problema. Como ben expresa o autor e antropólogo Alvaro Garreaud: "Por medio desta operación abstracta, o goberno terapéutico fai posible unha alianza inédita entre presos, gardas e cadros técnicos no interior dun novo réxime de verdade que elimina toda referencia á conflitividade ou o enfrontamento social (de clases), e no que, inclusive, pasa a segundo plano a distinción entre o legal e o ilegal".

No hay comentarios:

Publicar un comentario