11 oct 2013

O Consello de Europa chama a atención ao Goberno español polo "excesivo uso da forza" nas protestas e por importantes violacións dos direitos humanos, como torturas, racismo e impunidade policial.

A visita que efectuara o comisario de Direitos Humanos do Consello de Europa, Nils Muiznieks, no mes de xuño ten como resultado o informe feito público este mércores (ver acá à ìntegra) no que volvese a constatar, non só a existencia de maus tratos e outros abusos policiais, senon que denuncia a cadena de responsabilidades que permiten que, pese às constantes críticas de organismos internacionais, a tortura sega persistindo amparada polos poderes públicos.

Así, unha vez máis, o Consello de Europa chama a atención ao Goberno español e recoñece o que muitos colectivos e persoas levamos tempo denunciando: que as autoridades recurren a un "uso excesivo da forza" contra as manifestacións cidadás, e que os funcionarios públicos practican importantes violacións de direitos humanos como a tortura ou o racismo institucional, e que o Goberno favorece a impunidade policial indultando a axentes condenados.

No informe sinalanse unhas recomendacións moi claras de cara a impedir que os direitos humanos segan a ser violados por parte das nosas autoridades: "Condenar con firmeza e públicamente todos os casos de maos tratos e abusos cometidos por axentes da orden, abolir a detención incomunicada ( que é onde máis violacións dos direitos humanos se producen), combater os comportamentos discriminatorios entre os membros da forza pública, adoptar, cando antes, unha clara regulación do uso da forza por parte dos antidisturbios en manifestacións ( especialmente o uso das pelotas de goma ), e que, en todo caso, os policías vaian identificados, como non ocorre na actualidade".

Xunto a elo, "recomendan a posibilidade de que as persoas detidas consulten a un médico da sua elección, a que notifiquen a sua detención e o seu paradeiro às suas familias, e a que teñan unha vixiancia por vídeo as 24 horas do día nas zonas de detención".

Ademais o informe do comisario europeo denuncia “o feito de que a maioría das detidas non poidan identificar aos presuntos autores dos abusos, dado que se lles soe vendar os seus ollos durante os interrogatorios” emesmo recolle tambén a queixa da propia defensoría do Pobo de que en ocasións os axentes se dirixan aos avogados das detidas “portando carapuchas”.

Nils Muiznieks “toma nota con preocupación de que a incapacidade das autoridades para identificar aos autores dos maus tratos sexa o principal motivo polo que se desestiman as denuncias presentadas contra axentes das forzas do orden”.

Tampouco sae ben parado o traballo dos xuíces, no que se pode ler que “ao comisario preocupalle que as alegacións de graves maus tratos inflixidos durante a detención, aínda que indicadas a miudo por médicos forenses, non conduciran en muitos casos à apertura de investigacións eficaces” e sinala as diferentes sentencias do Tribunal de Direitos Humanos de Estrasburgo que dan conta da «falla de examens forenses dilixentes e independentes das persoas detidas incomunicadas, o que conduce a investigacións ineficaces das alegacións de maus tratos» por parte dos distintos corpos policiais; neste apartado, o comisario detalla que “toma nota con grande inquetude de que os xuíces soen desestimar os cargos relativos a alegacións de maus tratos inflixidos polas forzas da orden”.

Alén aponta que a cadena da impunidade da tortura ten o seu último eslabón nos indultos. A decisión política de permitir os maus tratos por parte de axentes policiais, atopa un primeiro ámbeto de opacidade na incomunicación, seguida da falla de cooperación na identificación, o escaso celo dos xuíces e, se pese a todo chegase a unha condena, o Goberno acaba indultando a muitos dos condenados. O comisario de Direitos Humanos sostén que istos indultos “sabotean os esforzos encamiñados a combater a tortura” e “menoscaban os principios fundamentais do Estado de direito”.

Colado por eDu segundo información de diversas fontes

No hay comentarios:

Publicar un comentario