31 oct. 2013

CIG, ELA, CCOO, UGT e CSIF na defensa dos cárceres, reclaman máis carcereiros e novos cárceres.

Os sindicatos pactistas non paran de sorprendernos. Vimos de saber, grazas ao envío dun correo dun dos nossos leitores, que o persoal laboral e funcionario participou onte a mañá nunha concentración de protesta ás portas da prisión ourensá de Pereiro de Aguiar.

Segundo recollemos da web da CIG estas centrais conxuntamente veñen de facer público un seu comunicado onde reclaman que non se privaticen os cárceres (como se fosen un servizo público máis) ou "que se aborde o déficit estrutural de persoal, cuestión imprescindibles para desenvolver o plan de creación de centros penitenciarios”.

Ademais esixen que se respecte aos empregados/as públicos/as penitenciarios, que se recoñeza a súa profesionalidade e que se defenda a dignidade do seu traballo (no comunicado non especifican se as torturas forman parte da súa dignidade).

eDu
Leer más...

"La Coz de Malicia" segue a ser vozeira de Edgewater e já fala de medio milhom de postos de trabalho!!

A laboura de "jornalistos" nas páginas de "La Voz de la Mina" seguem a deixar no seu sítio a estes meios comerciais que subsistem maiormente graças ás moi generosas subvençons de governos e governinhos (ou seja com os quartos de todas nós) e aos anúncios de prostituiçom (no caso deste falsimeio disfarçados com o sugestivo nome de "relax"). Este é o caso de Mario Beramendi, quem vem de assinar o artículo em questom que fala da criaçom de "MEIO MILHOM de postos de trabalho que se gerariam nas labouras de preparaçom" da mina.

A persistència do vozeiro desta minaria destrutiva (se bem eu nom crio que haja minaria nom destrutiva) em ressaltar os supostos postos de trabalho perdidos tras o anúncio da Junta de paralisar o projecto por nom cumprir os requerimentos financeiros e técnicos esigidos, é digna de se passar à história do jornalismo como ejemplo de até que ponto umha empresa mediática é quem de vender-se à qualquer emprendimento capitalista (mesmo desde umha posiçom de prepotência, sabedores como som, de que vam seguir sendo necessários para os nossos governantes como ejército de manipuladores, tergiversadores e altavozes repressivos contra toda pessoa e colectivo que ponha em questom a Dictadura do Capital na que sobrevivemos).

Colamos as palavras textuais deste "mercenário da escrita": "La actividad ordinaria de Mineira de Corcoesto dejaría cada año en la comarca ocho millones de euros en salarios que corresponderían a las 271 personas que conformarían la plantilla de la empresa, una cantidad que se incrementa si se suma el medio millón de puestos de trabajo que se generarían en las labores de preparación y los 1.400 empleos indirectos que había estimado la Universidade de Santiago".

Da outra banda fica a vizinhança de Corcoesto que seguem teimando na luita com a Campanha "Eu digo nom á mina de Corcoesto" a até que a Junta declare que este projecto destruitivo nom se vai levar a efeito por razons de saúde e de vida, ou seja até que anule o projecto e a sua declaraçom de impacto ambiental (DIA). Além perseguem que este tipo de minaria a ceo aberto que emprega o cianuro se proiba, e nom só na Galiza.

Pola Vida, Nom a Minaria!!

eDu
Leer más...

[Ponteareas] Recordatorio 1 e 2 de novembro VI Tardes Libertarias

Difundimos convocatoria recibida no noso correo do Ateneo Libertario Lume Negro:

VI TARDES LIBERTARIAS en Ponteareas. Este ano celebramos 10 ANOS DE LUME NEGRO.
Na casa dos veciños e veciñas de Angoares (Ponteareas)
Programa:

Venres 1 de novembro:

- 19h: Presentación da PUBLICACIÓN @PERIÓDICA nº especial X ANIVERSARIO.
Proxección da curtametraxe "BALANDO CON HOMOS", de Audiovisuais Lume Negro

- 20h: Charla de ELISEO FERNÁNDEZ: "HISTORIA E MEMORIA DO ANARQUISMO GALEGO".

Sábado 2 de novembro:

- 19h: Charla de MIGUEL AMORÓS: "LA CRÍTICA ANARQUISTA ACTUAL A LA PARTITOCRACIA Y AL ESTADO".

- Ó rematar celebraremos un MAGOSTO

Entrada gratuita

Consulta o mapa si non sabes chegar a Casa dos veciños e veciñas de Angoares (Ponteareas, Pontevedra).

Máis información: lumenegro.blogspot.com

Ateneo Libertario Lume Negro
Leer más...

Recordatorio: Hoxe Charla de Miquel Amorós no C.S.O. Palavea de A Coruña

Despois de conferenciar nas Xornadas Anarquistas de Compostela, e antes de facelo en Lugo (-AQUÍ), Ponteareas (-AQUÍ) e Vigo (-AQUÍ), hoxe tócalle o turno a A Coruña. As 19:00h no C.S.O. Palavea (Rúa Río Quintas 31, na N-550 xunto a discoteca OH! Coruña), este escritor e pensador anarquista falará sobre " A defensa do Territorio a nova Loita de Clases".

Blog da Okupa: http://okupacorunha.wordpress.com/
Leer más...

Tres (supostos) Suicidios en prisón nos últimos días

Defundimos esta nova recollida de Tokata:

Dende Tokata tivemos noticia de tres novas mortes dentro das prisións estatais: Málaga, Menorca e Fontcalent.

En Alhaurín (Málaga) o pasado 26 de outubro, á suba a celas tras a cea, aproximadamente ás 20.00 horas, os carcereiros de servizo no módulo 4 (que aloxa presos reincidentes) encontraron aforcado na súa cela a F.J.F.S., de 20 anos. Anoara coas súas propias sabas unha corda coa que acabou coa súa vida. Permanecera na cela durante a tarde xa que se encontraba de baixa médica por unha lesión no xeonllo. Descoñécense cales foron os motivos que o levaron a tomar a drástica decisión de suicidarse.

En Fontcalent (Alacant) o 13 de outubro, despois dunha pelexa con outro preso, Jesus -de 22 anos, cumpriu 23 o xoves pasado- foi ingresado no módulo de illamento, aforcándose horas despois. Esa é a versión oficial. A familia nega a pelexa e o suicidio.

No cárcere de Maó (Menorca) (xa recollido acá en Tokata)

A institución penitenciaria ten a obriga de velar pola vida das persoas presas e polo respecto dos seus dereitos e porque as penas privativas de liberdade se executen en pro do cumprimento da finalidade que lle atribuíron, a "reinserción" (aínda que ben sabemos de que esta non é a súa finalidade), e non que o cárcere remate en morte. A morte dentro de prisión é unha sentenza oculta de pena de morte e revélanos que o cárcere modificou pouco as consecuencias da pena corporal, porque tamén o cárcere leva á morte. E cando leva á morte, esta non se pode banalizar nin pasar desapercibida como un evento máis.

Coa morte de personsas presas por suicidios en prisión a realidade imponse e exponse clara, advertíndonos non só de que non temos unha regulación penitenciaria humana, senón que a prisión mata e que impón sentenzas de morte por vía de feito
Leer más...

Otro Cárcere Foi Posible - A luita da COPEL

Publicamos acá este artículo asinado por César Lorenzo Rubio extraído e traducido do Boletin Tokata:

Agora que o cárcere ocupa as primeiras páxinas dos xornais a raíz da derrogación da doutrina Parot, vólvese poñer de manifesto a ambigua relación da nosa sociedade co sistema penitenciario. O cárcere permanece ausente de todo debate de actualidade, salvo cando se invoca para reclamar máis man dura. Este desinterese maioritario polo que sucede tras as reixas, salpicado de ataques de populismo punitivo, efectista e vingador, non é novo: trinta anos de desentendemento e uso interesado da alarma social contémplannos. Pero houbo unha época en que as prisións acapararon a atención da opinión pública, e mesmo se formularon alternativas ao modelo penitenciario que acabou impoñéndose.

Tras a morte de Franco, en sucesivos indultos e amnistías, as cancelas das prisións abríronse para deixar saír os opositores encarcerados. Desta forma poñíase fin a un dos eixes fundamentais da ditadura -a persecución política-, pero en absoluto significaba o final dunhas leis e prácticas caracterizadas pola severidade, a ausencia de garantías e os abusos. Ademais, aínda quedaban preto de 10.000 presos por delitos comúns, que só foron afectados polas medidas de graza de forma moi tanxencial, e non estaban dispostos a ver saír aos seus compañeiros de reclusión sen reclamar o mesmo trato. Ante a perspectiva do inicio dun novo réxime de liberdades que a Transición anunciaba, os presos comúns -sociais, na linguaxe da época- conseguiron dotarse dun discurso e unhas reivindicacións propias que os presentaban como vítimas da ditadura e, polo tanto, con dereito a unha oportunidade.

Entre 1976 e 1978 a Coordinadora de Presos en Loita (COPEL) liderou centenares de motíns, paros, folgas de fame e autolesións colectivas para reclamar a liberdade de todos os encarcerados, a reforma do Código Penal e un cambio drástico das condicións de reclusión. Moi poucas prisións saíron indemnes do estalido: de Málaga a Basauri e de Valladolid a Valencia, as galerías ilumináronse polo lume das cacharelas. Foi tal a importancia que adquiriu este movemento de protesta que as súas proclamas chegaron ao Senado en forma de Proxecto de Lei de Indulto -rexeitado-, primeiro, e despois provocaría a aprobación da Lei Xeral Penitenciaria, primeira Lei Orgánica da democracia (1979), que pretendía acabar tanto cos agravios de orixe franquista denunciados polos presos, coma coas mesmas protestas. Tras a redacción dun novo Regulamento Penitenciario, e diversas reformas penais da man do primeiro goberno socialista, pechouse definitivamente a porta a calquera alternativa ao cárcere como "mal necesario". Polo camiño quedaron propostas parlamentarias tan audaces como recoñecer o dereito de asociación para os reclusos, inaudito hoxe en día, ou un anteproxecto de Código Penal que prevía un tope de 25 anos de estanza máxima en prisión, moi lonxe da cadea perpetua con que ameaza o actual goberno.

Pero despois da tormenta, non chegou a calma. Os textos legais quedaron lonxe das declaracións de intencións, e máis aínda da realidade que se vivía nos patios de Carabanchel ou a Modelo. A irrupción masiva do consumo de drogas e o aumento imparable do número de encarcerados que esta provocou -coa inestimable axuda do discurso de inseguridade cidadá alentado por determinados medios-, converteron as prisións dos anos oitenta en auténticas potas a presión. A maioría dos implicados nas loitas da COPEL desmolibizáronse rapidamente e moitos pereceron vítimas da heroína, os abusos policiais, ou as liortas entre bandas rivais. Algúns seguen andando a tombos, aínda hoxe, polas novas prisións da democracia.

Tres décadas e media máis tarde, puidemos reconstruír a súa historia da man dos poucos que conseguiron sobrevivir ao círculo vicioso de cárcere, marxinalidade e delito. O seu testemuño, xunto á consulta de fondos documentais ata agora inexplorados, como o da COPEL, conservado no Centre de Documentació dels Moviments Socials de la La Ciutat Invisible, ou os informes inéditos do director da Modelo, entre outros, permitiu reseguir as interioridades dunha mobilización que permaneceu oculta entre o descoñecemento e o esquecemento. Á luz dos datos, as protestas dos presos sociais revélanse máis complexas e poliédricas do que algúns estamentos políticos as presentaron. E non só iso: os métodos termidorianos para rematar con elas dubidan do discurso de solemnidade e consenso tecido entorno á orixe do noso sistema penitenciario. A tinta da Lei Penitenciaria non estaba feita cos loureiros do triunfo da modernidade humanizadora, senón coa feluxe das prisións en chamas, e a suor e o sangue dos presos subidos aos tellados. Coñecer como se puxeron os cimentos da prisión actual pode servir de punto de partida para repensar o presente penitenciario, entender a súa evolución e, talvez, apostar por un sistema menos cruel de resolver os conflitos sociais; continuar ignorándoo só afondará na indiferenza abúlica e conformista sobre a sorte das 70.000 persoas que enchen diariamente as prisións da democracia.
Leer más...

4 meses, 4 mortes: accións descentralizadas para a semana do 4 ao 10 novembro

Damos pulo a esta convocatoria que recollimos da web Cárcere=Tortura:

Saude compañeirxs!

Dirixímonos a vos para pedir, unha vez máis, vosa solidariedade coas persoas presas. Recentemente morreron en circunstancias sospeitosas 4 persoas no cárcere de Ponent (Lleida), e a impunidade coa que carcereiros, xuíces, e médicos actúan contra a dignidade e integridade física das persoas presas é grave.

Ademais o día 7 de novembro celebrarase un xuízo contra o compañeiro Juankar Santana, preso en loita na campaña de CARCERE=TORTURA, no que se lle acusa de denuncia falsa, por unha denuncia que puxo tras unha malleira recibida ás mans dos carcereiros no CP Ponent en 2012.

Por todo isto facemos un chamamento ás accións descentralizadas para a semana do 4 ao 10 noviembre.

Se non se che ocorre que facer, aquí achegamos un modelo de escrito que se pode dirixir por fax ou correo ordinario ao director do cárcere de Lleida e ao Xuíz de vixilancia penitenciaria. Tamén se poden facer chamadas para premer e pedir explicacións polo que está a pasar. Se podemos concentrar os envíos e chamadas para o luns dia 4, a repercusión será maior.

Centro Penitenciario de Ponent
Carrer Victòria Kent, s/n
25071 Lleida
Tel. 973 22 03 33
Fax 973 24 96 63

Juzgado de Vigilancia Penitenciaria nº 3 (Lleida)
C/ Canyeret, 1 CP 25007
Teléfono: 973 70 00 92
Fax: 973 70 02 96

Ampliar a información en:
7 de Novembre xuizo por “denuncia falsa” a Juankar Santana Marín
4 meses, 4 mortes

Asinan:

Grup de Suport a presxs en lluita de Ponent
CÁRCERE=TORTURA

MODELO DE FAX (en castelán)
4 meses, 4 muertes; CÁRCEL=ASESINATO
Al director del Centro Penitenciario de Ponent:
Al Juez de Vigilancia Penitenciaria:

Ante la escalofriante noticia de las 4 muertes ocurridas en los 4 últimos meses en ésta cárcel, quiero denunciar mi más profunda preocupación por las condiciones en las que viven y son tratadas las personas aquí privadas de libertad, así como en especial la asistencia médica que reciben.

Las estadísticas del alto índice de encarcelamiento, de reincidencia, del perfil sociodemográfico de las personas presas, y por ende las sospechosas muertes en prisión, que para nada parecen suicidios como ustedes dicen, dan que pensar que la cárcel es una institución de tortura y asesinato a pobres y disidentes.

Por eso, exigo:

Fin de la tortura y los maltratos.
Fin de los aislamientos y las palizas.
Fin de las intervenciones y restricciones a la comunicación
Límite máximo de cumplimiento en prisión (20 años)
Libertad de los presos con 20 años o más cumplidos de condena
La aplicación de la libertad condicional para aquellas presas y presos que hayan cumplido las 3/4 o los 2/3 de la condena (según el código penal aplicado).
La aplicación de las redenciones que correspondan sin ningún tipo de discriminación.
Que los beneficios penitenciarios no sean usados como chantaje
La inmediata puesta en libertad de las personas presas con enfermedades graves e incurables. Cumplimiento en el lugar de vinculación familiar
El derecho a la defensa jurídica.
Atención sanitaria digna.
Posibilidad de ser visitados por médicos de confianza.
Reforma del artículo 75 del reglamento penitenciario (limitaciones Regimentales)
Derogación de las leyes, sentencias y tribunales de excepción: Ley antiterrorista, ley de partidos, Audiencia Nacional
Fin del F.I.E.S.
Impugnación del contrato en los módulos terapéuticos y de respeto. Paralización total de la reforma del código penal en curso.
CÁRCEL = TORTURA
Leer más...

Agresiones cometidas por Baldomero Lara Sánchez

Recollemos, traducimos e difundimos esta noticia da web da Campaña Cárcere=Tortura que está asinada e a ser difundida polos Grupos de apoio a presxs de Galiza sur, Galiza norte, Barcelona, Lleida, Sevilla, Madrid, Salamanca, Valladolid e Granada, ao respeito das graves agresións machistas e acoso a distintas compañeiras e en diferentes vilas e cidades e de xeito reiterado, cometidas por Baldo dende a sua saída da prisón, aproveitándose da confianza depositada nele como membro activo dende dentro dos muros da Campaña Cárcere=Tortura.

Escribimos este comunicado un grupo de persoas de diferentes lugares que compartimos espazos e loita con Baldomero Lara Sánchez. Vémonos na necesidade e obriga de poñer en coñecemento e aviso o resto de compañeirxs sobre as actitudes e accións desta persoa.

Antes de nada, queriamos expoñer as nosas dúbidas sobre usar como método o comunicado. Partimos da crítica das limitacións que xera e somos conscientes de que non é a forma máis coherente pero si a que nos pareceu máis viable nestes momentos, xa que o noso obxectivo é romper o silencio, pois vemos que se tivésemos sabido o que expoñeremos moito diso podería terse evitado.

Baldomero cometeu graves agresións machistas, ameazas e acoso cara a distintas compañeiras en diferentes cidades ao longo do ano pasado. Ao poñernos en contacto unhas con outras tomamos conciencia de que non son feitos puntuais, senón unha actitude reiterada e permanente.

Baldo sae de prisión hai practicamente un ano e medio apoiado pola Campaña Cárcere=Tortura e varios grupos de apoio. Antes de saír levouse a cabo unha campaña concreta para o seu caso, de aí que depositásemos nel a nosa confianza. A raíz disto abrímonos a el como persoas e abrímoslle os nosos espazos. A raíz desta confianza empezamos a sentir e sufrir situacións de acoso, ameazas, graves agresións machistas, violencia, forzar a diferentes compañeiras, insultos, chantaxes, imposibilidade para desconectar del e poñerlle lìmites, vulneración destes, sentirlle enriba, victimismo, invalidar politicamente as compañeiras que empezaban a poñer distancia, intentar xerar medo a xs compañeirxs e intentar xerar división e ruptura entre todxs; todo isto a diferentes compañeiras do estado español.

Neste período de tempo estivo a suceder isto e fómonos encontrando con que casualmente somos todas mozas.

Engadir que, ademais do evidente e profundo calado político do exposto anteriormente, esta persoa entorpeceu outros proxectos e prácticas políticas. Traballando con èl no àmbito anticarcerario vimos reiteradamente actitudes autoritarias, faltas de respecto aos ritmos alleos, imposición das súas formas, involucrar a compañeirxs en accións sen o seu consentimento - chegando a poñer o seu nome en carteis ou verbalizando que pasará por enriba dela para conseguir os seus intereses-, terxiversar informaciòn...

Cremos na autonomía e capacidade de cada individuo ou grupo para tomar as súas propias decisións ao respecto, pero detectamos que, á hora de xestionar agresións nos espazos politizados, tanto a nivel individual como colectivo, ás veces, se dá unha clara falta de posicionamento (que poden estar motivados por medos, temor a preguntar, pasotismo, "buenrollismo", status social que ten a persoa agresora...) que ten consecuencias como, por exemplo, que sexan as persoas agredidas as que teñan que marchar dos espazos ou sentirse incómodas neles cando aparecen xs agresorxs.

Outro problema é a necesidade de demostrar a veracidade das nosas palabras sen ter que entrar en detalles. O noso obxectivo non é outro que informar do sucedido para previr situacións similares, posto que nos sentimos coa responsabilidade de facer saber o resto de compañeiras que este tío é un agresor e que segue movéndose libremente polos nosos ámbitos.

Sendo conscientes das técnicas de manipulación que Baldo adoita empregar, e de que tratará de evadir calquera responsabilidade neste asunto, achacándoo a problemas persoais con xente concreta, queremos deixar claro que os grupos das diferentes cidades que formamos a campaña asinamos este comunicado.

ASINADO:

Grupos de apoio a presxs de Galiza sur, Galiza norte, Barcelona, Lleida, Sevilla, Madrid, Salamanca, Valladolid e Granada.
Leer más...

30 oct. 2013

Sergio Roel deixa a folga de Fame

Se estes días pasados informamos en varias ocasións da Folga de Fame iniciada polo preso coruñés Sergio Roel (-AQUÍ e -AQUÍ), agora temos a satisfacción de comunicar o remate da mesma tras da consecución de duas das súas reivindicacións (unha delas o restablecemento das visitas co seu pai, que era a súa demanda principal) e a promesa de que as outras dúas llas concederán despois de depoñer a protesta.

Sergio dixo que era "unha vitoria a medias" (xa veremos se finalmente cumpren a súa palabra), pero vitoria polo menos. Atópase moi contento e manda bicos e abrazos para todxs aquelxs que apoiamos dende fóra.

Redactado por C.R. coa información facilitada por Sergio a solidarixs anticarcerarixs.
Leer más...

“Eu digo NON á mina de Corcoesto”. A loita continua ata acadar de verdade que se prohiba a minería a ceo aberto.

Colamos esta nova da web Que Pasa na Costa:

A loita continúa a pesar da suposta cancelación do proxecto, como xa no lo lembraba a tira cómica de Hermanager Producións. E quen teñen claro que esto non rematou son os membros da Plataforma Contramínate, que ademais de valorar o feito de ter creado un gran tecido social, comezaron unha campaña que leva por título “Eu digo NON á mina de Corcoesto”.

Xa son máis de 200 veciños os que xa deron a cara, pousaron co carteliño e enviaron a súa foto aos espazos de facebook de Contramínate ou ao grupo Corcoesto: non é todo brillo no ouro. Un xeito de amosar que a sociedade bergantiñá, pequenos, medianos e maiores, está en contra deste proxecto.

A intención da Plataforma é incidir en que o peche do proxecto ten que chegar dado polos problemas mediambientais, e non só financieiros como argumentou a Xunta. Por iso, consideran necesario que

Por iso, invitan a todo o mundo a descargar e imprimir o carteliño de “Eu digo NON á mina de Corcoesto” e mandalo a través do FB.

Falan os veciños

E en marcha segue tamén a documental “Tesouro de Corcoesto” (1) que nos vai dexando píldoras do que vai ser e facendo fincapé do movemento de conciencia social xerado. Así falan os veciños:







--------------------

(1) Cabe lembrar que en martes 5 de novembro as 20:00' na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" de Compostela estará Cora Peña para inaugurar a nova tempada do Cinema Forum Anarquista con o seu documentario "Apash, os de fóra" e tambén nos falará de como vai o seu novo proxecto documental "Tesouro de Corcoesto"
Leer más...

Outro cárcere non é posible. Lledoners "o cárcere com piscina" : Crónica de cinco anos de exterminio

Recollemos de BoletínTokata este artigo que à sua vez recolleron da publicación en papel "El Pèsol Negre" nº 62:

En novembro fará cinco anos que a prisión de Lledoners entrou en funcionamento. Cinco anos dunha Institución opaca á bisbarra onde a maioría da poboación queda xorda, cega e muda ante esta. O espellismo que nos mostraba a Generalitat da man dos medios de comunicación, agora hai cinco anos, posicionaba Lledoners como a prisión modélica de Cataluña. Un "modelo" que se foi baseando en irregularidades, enganos, maltratos, tortura, abusos de poder e confabulacións terapéuticas.

Entre o 24 e 25 de outubro de 2008 pasaron máis de 11.000 persoas nas xornadas de "portas abertas". Rapidamente apareceron algúns dos tópicos que a día de hoxe, desgraciadamente, aínda se manteñen: "Agora as prisións parecen hoteis", "Vívese mellor dentro da prisión que fóra", "As prisións de agora non son como as de antes, son unha vangarda", "Entran ao cárcere e enriba teñen traballo asegurado", etc. Ante estes tópicos hai que berrar e con forza que a situación actual dentro de Lledoners e do resto de prisións catalás (e estatais) é moi precaria, que hai unha alta taxa de masificación dos espazos, unha progresiva redución e calidade da comida e, pola contra, vai en aumento a taxa de enfermidades mentais e outras enfermidades físicas. E é que segundo fontes de Institucións Penitenciarias preto do 30% da poboación reclusa sofre algún tipo de enfermidade psíquica, un 10% está infectada polo VIH e máis do 50% padece algún tipo de drogadicción. A conformidade social penitenciaria está baseada na medicación forzada e o uso abusivo de psicofàrmacos por parte da institución como mecanismo de control.

E é que entrando no ámbito do control, a maioría de beneficios penitenciarios (como o acceso á piscina, a non ter problemas coas comunicacións, a ter permisos, a acceder ás actividades, etc.) convértense en chantaxes para manter un comportamento submiso da persoa presa. Por outro lado, as relacións sociais e familiares das persoas presas pasan a ser institucionalizadas, controladas e dodificadas pola administración penitenciaria rompendo os poucos lazos afectivos que teñen en extras muros. Ademais, hai que deixar claro que a prisión é un amplificador de desigualdades e neste sentido, é fai máis patente a situación económica dos presos.

Os economatos estanse a converter en tendas a prezos de luxo xestionadas pola mesma administración a través do CIRE. No campo do traballo asalariado, lass empresas están vendo nos módulos produtivos un substancioso negocio explotador por unha man de obra que non supera os 200 euros ao mes.

Maltratos, tortura e mortes.

Ledoners foi fonte de polémica polas diversas denuncias por maltratos e tortura que foron aparecendo ao longo destes cinco anos. Varias mortes salpicaron a prisión, entre as cales encontramos o escandaloso caso de Luis Dalmau. Un home de 73 anos que morreu na súa cela, en condicións moi precarias, despois de que a dirección da prisión recibise reiteradamente a súa petición de liberdade condicional por causas humanitarias recollido no artigo 104.4 do regulamento penitenciario. Máis adiante estala a campaña contra a tortura e os malos tratos dentro de prisión (Cárcere=Tortura) a cal iniciou a tarefa de sacar á luz pública as diversas situacións de maltrato. Entre elas encontramos varias denuncias perpetradas en Lledoners e en especial no Departamento Especial de Réxime Pechado (DERT) desta prisión: malleiras, vexacións, humillacións, contencións con sujección mecánica ata 8 horas boca abaixo, inxeccións forzadas que deixan en estado vexetal e teñen efectos destrutivos a nivel mental, etc. Varios carcereiros foron imputados en casos de maltrato polos Xulgados de Manresa, entre eles a cabeza de unidade do DERT de Lledoners.

Desmitificando os módulos de respecto

O ano 2010 aparece o Grupo 33, un lobby dentro do mundo penitenciario que ten como base fundacional a implantación dunha aparente "alternativa" dentro das prisións - o seu lema é "outra prisión é posible" - baseado no modelo da Unidade Terapéutica de Villabona (Asturias). Os apoios que ten o G33 son varios e engloban varios ámbitos. Os máis notorios son os partidos políticos, os cales todos van incluír nos seus programas electorais de 2010 os puntos pedidos pola liña política do GR-33 en ámbito penitenciario. Tamén inclúen o apoio adherido no manifesto de organizacións como o Rotary Club del Berguedà (xaneiro de 2011)

Este grupo empezou a sua activitade no Módulo 6 de Participación e Convivencia (MPC en Lledoners). Neste módulo destinábanse a metade da asignación do presuposto total de todos os módulos da prisión e tamén se investían a maioría de recursos -exemplos a Asociación Ared, a cal só achegaba actividades e voluntarios a este módulo 6- o Grupo 33 pagaba a edición da revista exclusivamente do módulo nun formato bastante caro e discriminatorio á situación de todos os outros centros penitenciarios, segundo datos extraidos dun informe de Serveis Penitenciaris relativo aos MPC-. En decembro de 2012, entra en Lledoners un Novo Plan Funcional en todos os módulos do CP Lledoners (menos o DERT) denominándoos "Módulos Tipos". Actualmente os módulos 4 e 6 quedan como MPC -pero con moitos menos recursos dos que contaban- e o resto de módulos intentan parecer espazos baseados nos MPC. Un modelo que por moito que nolo escondan, encobre a submisión, a explotación, a censura, a tortura e a impunidade

Pero que é o MPC?

Segundo datos do mesmo G33 estes módulos baséanse en 7 principios e poderíanse resumir en "a creación de espazos libres de droga e violencia, xerar novos hábitos de conduta e traballo e establecer unha convivencia que resulte terapéutica, co acompañamento e a implicación do carcereiro". Poderiamos dicir que estes módulos teñen unha maior dotación de recursos e intentan crear espazos de autoorganización dentro do módulo, dando marxe de decisión aos presos. A carencia de control e vixilancia por parte dos carcereiros é substituída polo control que exercen os propios presos de dentro do Módulo. Así pois, o preso convertese en carcereiro e calquera comportamento que se saia das pautas "terapéuticas" é motivo de expulsión do módulo. Tamén son motivos de baixa o feito de presentar recursos ou denuncias. Os "módulos tipos" de Lledoners teñen unha intervención especializada, que na práctica comporta a inscrición máis ou menos forzada nos programas específicos -a negación a realizalos é vista como unha grave falta conductual-. Os módulos organizaranse en comisións e estableceranse persoas delegadas ou representantes ademais de dinamizadoras. Inténtase, que os presos ocupen o seu tempo o 100%, xa sexa con actividades como con programas. A distribución da poboación presa nos módulos será estratéxica, posto que se equilibrarán entre todos os módulos a presenza dos que denominaron presos "con conductas desestruturadas para evitar a estigmatización, o fomento de liderados negativos". A tradución desta frase, é o illamento de persoas que denuncian as vulneracións de dereitos dentro da prisión e non se presentan cunha actitude submisa ante a institución carceraria. Encontramos varios exemplos que constatan esta estratexia en Lledoners, xa sexa separando os presos que denunciaron torturas en varios módulos ou directamente trasladándoos a outras prisións de Cantalunya.

Varios grupos de apoio a persoas presas e colectivos anticarcerarios criticaron reiteradamente estas artimañas que só poñen remendos e non atacan o problema de raíz. Como se pode crear espazos libres de drogas, cando a institución mesma fai uso e necesita desta drogadición, xa sexa con substancias legais como ilegais?

Como se pode pedir que o carcereiro actuei como guía, cando ao mesmo tempo é quen se encarga de aplicar maltrato e tortura? Como crear espazos libres de violencia cando a Institución carceraria, en si mesma, xa é unha fonte de violencia? Como se pode denominar e converter en "terapéutico" o encarceramento? Neste último sentido, o máis grave é a omisión do por que estas persoas se encontran encerradas, posto que a maioría destas proveñen da exclusión social. O sistema punitivo está ao servizo do actual marco político-económico e toda aquela persoa que desestruture esta orde delinquirá e, quizais, polo só feito de sobrevivir (máis do 63% das condenas son por delitos contra a propiedade e saúde pública). Polo tanto, esta tarefa "rehabilitadora" e "terapéutica" o que fai é tratar este conflito social como se fose unha patoloxía, despolitizando a raíz do problema. Como ben expresa o autor e antropólogo Alvaro Garreaud: "Por medio desta operación abstracta, o goberno terapéutico fai posible unha alianza inédita entre presos, gardas e cadros técnicos no interior dun novo réxime de verdade que elimina toda referencia á conflitividade ou o enfrontamento social (de clases), e no que, inclusive, pasa a segundo plano a distinción entre o legal e o ilegal".
Leer más...

A Ditadura do Decano de Direito da USC

Contavamos ontem (acá em Abordaxe) o caso de Tatiana, a moça estudante do último curso de Direito na USC represaliada, polo membro do Opus Dei e Decano desta faculdade da USC, Luís Míguez Macho, por formar parte dum piquete no dia da greve de ensino. Agora soubemos por Diário Liberdade que, se bem o reitorado tomara cartas no assunto depois de ser celebrada ontem a concentraçom (ver imagem) às portas da Faculdade de Direito ( que se converteu posteriormente em manifestaçom ) e pese a que a secretária Geral da USC, Lourdes Noia, deu a razom à aluna ao ditaminar que as normas da USC marcam que o decano nom pode excluir arbitrariamente a ninguém de participar na atribuiçom de vagas de práticas e que o professor e decano terá que receber Tatiana Maseda e atribuir-lhe vaga consoante as suas qualificaçons académicas, este fascista opusino nega-se a aceitar este ditamem do reitorado e recusou receber a aluna, que se dirigiu na tarde de ontem ao seu gabinete na Faculdade de Direito.

Ante isto, convoca-se para hoje as 12h umha outra concentraçom às portas da faculdade para dizer-lhe bem às clarinhas a este fascista que se vaia e que dimita.

Táti, filiada de AGIR, organizaçom estudantil independentista que indicou pouco depois que "com esta atitude intolerante o Decano de Direito opta pola confrontaçom direta com o estudantado", será assim novamente apoiada nesta nova concentraçom convocada conjuntamente pola própria AGIR, junto à Liga Estudantil Galega e aos Comités.

Esta segunda concentraçom tenciona forçar a resoluçom do caso de repressom académica protagonizado polo ultra que detém o cargo de decano da Faculdade de Direito. As entidades estudantis garantem que vam manter a mobilizaçom até que a companheira poda realizar as suas práticas correspondentes ao último ano de curso com normalidade, consoante as normas que o decano se recusa a acatar sem que até agora tenha sido obrigado a fazê-lo, nem sancionado, por nengumha autoridade superior.

eDu
Leer más...

[EEUU] A Repressom dentro da prissom.- Prisioneiro é encirrado em ilhamento por portar “abundante quantidade de publicaçõns anarquistas”

Colamos esta crónica, que nos chegou desde a Agência de Notícias Anarquistas-ANA-, escrita por Will Potter:

Um detido em Illinois está no confinamento da incomunicaçom desde julho por possuir “abundante quantidade de publicaçons anarquistas” e “textos escritos a mam relacionados ao anarquismo”, de acordo com os documentos da prisom.

Mark "Migs" Neiweem é prisioneiro na prisom de segurança máxima “Pontiac Correctional Center”. Além das publicaçons e de seus escritos sobre o complexo industrial prisional, também foi encontrado na possessom de símbolos anarquistas, incluindo um “A na bola” e um “E no círculo” (este último que representa Igualdade, é descrito no relatório da prisom como representativo da “Guerra de Classes, os 99%”).

"Eu faço este trabalho desde 1979 e nom consigo lembrar de nengum outro caso em que alguém recebeu umha notificaçom disciplinar por algo tam obviamente político quanto isso”, disse Alan Mills, advogado de Neiweem's e professor na Universidade Northwest (Noroeste).

Neiweem também possuía documentos da Cruz Negra Anarquista (CNA) em sua cela, que o Departamento de Correçom de Illinois descreve como “umha organizaçom política que apoia abertamente aqueles que cometeram actividade ilegal na prossecuçom de objetivos revolucionários”. Esta é umha forma ameaçadora de dizer que o grupo escreve cartas para prisioneiros e solicita doaçons para que eles poidam comprar comida da prisom.

Oficiais da prisom passaram meses investigando Neiweem, vasculhando sua cela e até mesmo utilizando um informante confidencial para obter mais informaçons sobre suas perspectivas acerca do anarquismo. De acordo com um relatório disciplinar do dia 8 de agosto, 2013, Neiweem foi identificado pola Unidade de Inteligência como anarquista, e o informante confidencial relatou que ele estava tentando recrutar outros prisioneiros para “fazer parte de um colectivo”.

Em umha escuita disciplinar, na qual Neiweem nom obtivera permisso da presença de um advogado, foi enquadrado na violaçom de duas regras departamentais: possessom de símbolos de “máfia” e de “material escrito que apresenta séria ameaça para a segurança das pessoas ou das instalaçons”.

No entanto, Neiweem nom está sendo acusado de conspirar para ferir guardas ou outros prisioneiros; suas ideias políticas por si só som descritas como umha ameaça.

“Em nengum momento eles sequer lhe perguntaram, “O que é Anarquismo?”, disse Mills. “Se eles realmente lessem o que ele escreveu, teriam umha impressom muito diferente sobre o que anarquismo realmente significa”.

Para Neiweem, anarquismo significa solidariedade e apoio mútuo – pessoas confiando umhas nas outras, ao invés de confiar na polícia, nos tribunais e nos políticos. Significa opor-se “ao patriarcado, à homofobia, ao sexismo, ao racismo, ao genocídio, ao encarceramento em massa, à destruiçom ambiental, ao capitalismo”. Em umha declaraçom pública, ele disse que o apoio que recebeu enquanto está preso apenas reforçou estas ideias antiautoritárias: “Todos estes actos de solidariedade continuam a provar o quam maravilhosa realmente é a humanidade e as pessoas, e demonstram porquê nós nom precisamos de um Estado e de umha força para regular e paralisar nosso crescimento, impedindo-nos de experienciar nossa humanidade plena”.

O conselho de revisom da prisom nom retornou telefonemas buscando informaçons sobre essa história.

Neiweem foi movido para incomunicaçom no dia 13 de julho. As suas puniçons incluem 6 meses de cela segregada, sem acesso ao pátio da prisom e sem contacto de visitas. Por meio de umha medida incomum, ele recebe mais tarde um companheiro de cela: um supremacista branco.

“Eles estám em umha cela muito pequena sem poder sair durante o dia”, disse Rachel Unterman, que trabalha com o Comitê de Apoio à Neiweem. “Os carcereiros estám fazendo tudo o que podem para o degradarem. Mas ele está incrivelmente espirituoso”.

Unterman diz que ela nom conhecia Neiweem antes de ser preso, mas ela voluntariou-se no Ocuppy Chicago e ajudou a organizar os protestos contra a reuniom da OTAN também em Chicago, em 2012. Na sequência dos acontecimentos deste protesto, Neiweem e outros – apelados como "Os 5 da OTAN" – foram alvo de policiais infiltrados e presos. A polícia os acusou de tentar utilizar dispositivos incendiários; os advogados dos direitos civis questionaram o peso que os informantes da polícia tiveram neste caso.

Como parte de seu castigo, também contaram para Neiweem que teria seu tempo de “bom comportamento” revogado, o que significa que ele nom será qualificado para libertaçom antecipada. Unterman e outros ativistas organizaram umha campanha de ligaçons e cartas para Neiweem. Como pequena vitória, o Departamento de Correçons de Illinois recentemente reduziu o tempo de bom comportamento perdido de Neiween de 3 meses para 1 mês. Sua libertaçom está marcada para o dia 12 de dezembro.

Entretanto, ele ainda tem em torno de dez semanas restantes no confinamento incomunicado.

“Eu estendo meus braços e toco ambas as paredes como espaço de sobra”, ele diz em umha carta para seu apoio legal. “Eu nom sei as dimensons, mas é de longe a menor cela em que eu já estive. A parte da frente é de placas de aceiro com algumhas perfuraçons e a pequena vista é de umha parede de tijolos 10 passos distante. Nom há luz, mas a que deixam acesa permanece por 24h…”

“Por favor, me envie fotos de pessoas, lugares, e coisas. Estas paredes som feias”
.
Leer más...

29 oct. 2013

"Femen": O novo feminismo?

Com este titular (em castelá) a "revista da mulher, moda & deco, Yo Dona", suplemento do pseudo-jornal "El Mundo", adicava a capa principal e o tema "estrela" ao "Novo Feminismo" com estes "apaixonantes" artículos: "25 mulheres opinam sobre Femen"; "Fala a fundadora Inna Schevcchenko"; e "Entramos no seu campo de treinamento en Paris". Mergulhando-me na rede dim com este singular comentário ao respeito (escrito em castelá, e traduzido, recomendo que se lea com retranca):

Assim começei a minha manhã, lendo sobre "O Novo Feminismo" e Femen em Yo Dona (Risa Malvada)NOOOOM tem desperdício! A sério! Ainda que nalgum momento arranquei a pintura das paredes com os meus dentes, desfrutei muito. É a canha! Ou seja, há fotos de Lara, a líder de Femen Spain, com descripçom lateral "Lara leva um jersei de lá de Massimo Dutti, e pantalons de ....." Vo-lo juroooo!

E além de Femen (que já som algo de "per se") e as entrevistas (Inna é agora Okupa e merca roupa de segunda mão e foi encirrada em Madrid com "duas prostitutas"). Há citas de "feministas" espanholas; por ejemplo a líder feminista Bimba Bosse di-nos "se por riba estám estupendas, qué melhor que protestar a través da beleça. É lícito." Nom só Bimba, sae-nos por ejemplo a científica María Blasco com "a palavra feminismo se passou de estar case em desuso à atualidade" ... case em desuso... ou seja, como podemos perder-nos este suplemento??

Ou seja, é a óstia! é para saltar da balconada para chegar ao primeiro bar e roubar o suplemento Yo Dona, ou simplemente descarrega-lo desde esta ligaçom (música de terror): http://uploaded.net/file/6wk6ktmv

1, 2, 3,,,, "GO" como di a Comandante Inna

eDu
Leer más...

[Compostela] Estudante represaliada por integrar piquete em greve do ensino

Recolhemos esta informaçom de Diário Liberdade:

Tatiana Maseda, estudante de último ano de Direito na Universidade de Compostela, sofreu a expulsom de um ato académico tras ser diretamente "acusada" polo decano dessa Faculdade e membro do Opus Dei, Luís Míguez Macho, de participar num piquete de estudantes na jornada de greve de 24 de outubro.

O piquete em que ela participava, organizado polas três entidades estudantis convocantes (LEG, Comités e AGIR), apresentou-se na Faculdade de Direito no dia da greve, para evitar que se realizasse o ato académico de distribuiçom de vagas para as práticas de estudantes de último ano de Direito (no qual se atribuem destinos para a realizaçom dessas práticas internas e externas, o chamado Practicum, no valor de 15 créditos obrigatórios), ato protagonizado polo referido professor e decano, Luís Míguez Macho, que o tinha convocado para contrarrestar a greve num claro gesto de pressom contra os e as estudantes.

O ato foi finalmente interrompido. Porém, o decano nom esqueceu o rosto de Tatiana e, na repetiçom do mesmo, a aluna foi increpada, ameaçada e expulsa por Míguez Macho: "Além de reconhecer que o motivo da expulsom é a minha participaçom num piquete de greve, ameaçou-me diretamente com um expediente" declarou Tatiana a Diário Liberdade e resaltou que "O certo é que o suposto "expediente" com que me ameaçou nom tem nengumha base, mas já conseguiu que eu nom pudesse exercer o meu direito a escolher destino em funçom das normas oficiais marcadas para isso, ao expulsar-me do ato em que se realizou essa escolha. Isso pode mandar-me para o fim da lista, obrigando-me a viajar a muitos quilómetros diariamente durante um mês, com o que isso suporia de castigo económico".

Dizer, além, que hoje mesmo às 12 horas haverá umha concentraçom às portas da Faculdade de Direito, junto à Biblioteca Concepción Arenal, em solidariedade com Tatiana e em repulsa da atuaçom do Decano.
Leer más...

[Sevilla] Manifestación Fascista de "Respuesta Estudiantil", Contra-Mani Antifa e Comunicado

Durante a manifestación en Sevilla de "Respuesta Estudiantil", organización de carácter fascista, houvo escolta policial para protexer aos fascistas da Contra-mani organizada pola Coordinadora Antifascista de Sevilla. Houbo cargas policiais contra xs persoas assitentes á Contra-mani e unha persoa detida (que sairia aos poucos tras solicitar un "habeas corpus"), ademáis de diversos enfrontamentos con a policía, todo o tempo moi preocupada de "salvaguardar aos seus amigos fascistas", o que veu derivar en que o centro desta cidade ficara sumida no caos e que se viviran momentos de auténtico pánico con berros, carreiras, xente encirrada en comercios con as persianas botadas, crianzas chorando, lanzamentos de cadeiras e botellas,...


A convocatoria de Respuesta Estudiantil era a nivel estatal (español que din eles), e pese a que acudiron militantes de toda a xeografía española, só reuniron a uns 150 indesexables, na sua maioría mozos (a presencia feminina era mínima) que iniciaran o seu percorrido, fortemente custodiados por un cordón policial. Uns minutos despois a manifestación fascista chegaba à altura da Catedral entre vivas a Hitler e saudos fascistas, e allí permaneceu un bon rato parada por ordes policiais, entanto enfronte, a unha distancia prudente, grupos dispersos de antifascistas berraban proclamas como “fora fascistas da cidade”.

Con as cousas así, con o grupo máis numeroso de antifascistas ficando a máis de 20 metros detrás da protesta de Respuesta Estudiantil e separados por media duzia de furgóns policiais, as antifas acordaron mudar de lugar e se ubicaron justo enfronte do protesto de RE. Antes de permitir de novo iniciar a marcha ultradireitista, os furgóns da Policía Nacional adiantaranse, os axentes tomaron posicións e comenzaron a cargar às carreiras e a disparar pelotazos de goma. En medio de todo isto ficaran persoas completamente alleas aos protestos, mesmo familias que paseaban polo centro da cidade aproveitando a tarde do sábado. Ante a violencia policial, muitos comercios fechaban as suas portas e viraron convertidos en refuxios para familias enteiras, entanto a policía seguía a dispersar a calqueira cidadán que paseara polas ruas. De tal xeito, os guardiáns da orden e a lei, protexeron aos fascistas e mesmo foron custodiados ata unha zona alonxada do centro para evitar que sofreran "incidentes". Ao concluir a mani fascista, Ángel Castro, delegado de RE en Sevilla, denunciou que “a maioría das bolsas de estudantes son para inmigrantes” (???).

A Coordinadora Antifascista de Sevilla tirou no seu blogue, do seguinte Comunicado, que colamos à ìntegra, unha vez traducido:

O pasado sábado 26 de outubro o sindicato fascista Resposta Estudantil (RE) tiña convocada unha manifestación na Praza do Salvador de Sevilla, co fin de protestar en contra os recortes en educación, seguindo a súa liña de disfrazar as súas crenzas fascistas e nacionalistas baixo mensaxes populistas. Segundo «o devandito sindicato estudantil apolítico», estarían acompañados por militantes doutras partes do estado español, demostrando así o seu mínimo calado social na nosa cidade.

A Coordinadora Antifascista de Sevilla, co apoio e presenza de gran diversidade de colectivos cidadáns, organizou unha concentración pacífica -no mesmo lugar pero unha hora antes-, co fin de mostrar a nosa repulsa ante tal exhibición ultradereitista. A pesar dos intentos da Policía Nacional de que ambas as dúas marchas non se cruzasen, finalmente encontráronse na Avenida da Constitución. Ante a negativa das persoas congregadas a deixar aos fascistas marchar pola cidade, a Policía Nacional apoiada pola Policía Local cargou con violencia, levándose por diante non só aos contramanifestantes senón tamén a viandantes, turistas e veladores, creando un caos de carreiras, porradas, escopetas de pelotas de goma, salvas, detencións e tendas e bares pechando con persoas refuxiadas dentro, por todo o centro da cidade.

A Coordinadora Antifascista quere denunciar non só o carácter ultradereitista de RE, senón tamén a complicidade e a irresponsabilidade da Subdelegación de Goberno e do Concello de Sevilla, representados por Felisa Panadero e por Juan Ignacio Zoido respectivamente, ao pasear, escoltado pola policía, un espectáculo lamentable formado por 90 hooligans locais e foráneos, saúdos fascistas, bengalas e berros e bandeiras con mensaxes extremistas, por todo o centro histórico da cidade -dende a Porta de Xerez ata a rúa Imagen-, e en plena hora punta de familias de paseo, turistas de visita e cidadáns gozando do espazo público. Esta complicidade institucional coa extrema dereita racista, homófoba e xenófoba vénse repetindo dende que o PP ocupa a alcaldía, en forma de autorizacións para actos con mensaxes ultranacionalistas, subvencións económicas e axudas materiais, como aconteceu por exemplo o pasado 12 de outubro na "Plaza de la Pescadería".

Queremos condenar tamén a manipulación e a demagoxia dos medios de información, que tratan de equiparar a resposta cidadá antifascista coa convocatoria minoritaria da extrema dereita, e a total falta de veracidade informativa destes medios á hora de investigar a relación entre as institucións e os grupúsculos fascistas. Condenamos ademais a represión e a violencia policial sufrida polas persoas que decidiron bloquear pacificamente a manifestación fascista, e mostramos a nosa solidariedade co compañeiro detido nunha das cargas.

Fora fascistas das nosas rúas e das nosas aulas.
Por unha Sevilla plural, de todos e antifascista.

Coordinadora Antifascista de Sevilla

Leer más...

28 oct. 2013

O que nom contam os "mass merdas": Monumental pitada aos principes e a rainha despanha em Uvieu

As inmediaçons do Teatro Campoamor de Uvieu, que albergou a cerimónia da entrega dos Prémios Príncipe de Asturias, acolheu desde as 17.00 horas da tarde do venres umha nutrida concentraçom na que primavam as bandeiras republicanas, justo antes do ato no que iam estar presentes os príncipes de Asturias e a rainha dEspanha.

A concentraçom convocada por diferentes colectivos estivo vigiada moi de perto polos efectivos da Polícia Nacional, com um amplo despregue de agentes que protegiam o acesso às ruas polas que chegarom personalidades e premiados à cerimonia que comenzava hora e meia despois, às 18.30 horas.

Os falsimedios obviarom a sonora protesta que vos facilitamos:


Leer más...

URXENTE: 28 e 29 outubro.- Campaña de envío de faxes en Solidariedade con Sergio, preso anarquista en folga de fame no CP Teixeiro

Dende AFAPP envíanos unha mensaxe con esta proposta, que recollen de BoletínTokata, de apoio a Sergio, quen, tal como xá informaramos acá en Abordaxe, comezara en 20 de outubro unha folga de fame, e o motivo principal de tan severa protesta foi a arbitraria denegación das comunicacións co seu pai, ao que acusan sen proba ningunha de subministrarlle 300 euros nun vis a vis:

Sergio Roel Barreiro, compañeiro preso no CP Teixeiro, comenzou en 20 de outubro unha Folga de Fame, enviando os escritos pertinentes ao XVP e a outras institucións estatais e internacionais, polos abusos aos que é submetido continuamente en represalia pola sua actitude combativa e à sua adhesión à Campaña Cárcere=Tortura.

Dende afora convidase a apoiar a sua reivindicación con o envío masivo de faxes [modelo de fax] ao CP Teixeiro [981778595] e máis ao XVP de Coruña [981185201] hoxe e mañan, días 28 e 29 de outubro de forma coordinada.

En palabras de Sergio:

“Ao final tomei a decisión de empezar unha folga de fame. Os motivos da folga son:

1º Que me quitaron as comunicacións con o meu pai (o art. 42.2 apartado d. da Lei Orgánica Xeral Penitenciaria di “durante un mes como máximo”) 6 meses, sen nengunha proba de que él me trouxera os 300 pavos, pasanse polos collóns a presunción de inocencia do meu pai, ademáis, por ese motivo estou a pagar 30 días de privación de paseos (a sanción máxima), o cal viola o principio de proporcionalidade da constitución española, polo que exixo que a restricción das comunicacións con o meu pai sexa derogada imediatamente (xa se pasaron 2 meses dende o día dos feitos).
2º Que se me ingresen os 300 pavos incautados na miña conta de peculio imediatamente (levan dous meses puteándome con ese tema).
3º Que se me autorice a entrada dunha guitarra española, dado que son o único a quen non lle deixan tela.
4º No mes de maio (ao voltar de permiso) retiraronme as "Transilium 50" decíndome que en mes e medio ou dous meses ianme devolvelas, non cumpriron a sua palabra e non me sacan ao psiquiatra, polo cal exixo que se me receiten dous "Transilium" diarias.

Bo compañeiro, vou intentar facerte chegar isto (…), se me botades unha man con envíos de faxes ou o que se vos ocurra volo agradezo, eu non vou ceder.

¡¡Vencer ou morrer!!
¡¡Morte ao estado e viva a Anarquía!!
¡¡Abaixo os muros das prisións!!

Leer más...

[Vigo] luns 4 novembro as 20:00' Charla de Miquel Amorós no CS A Cova dos Ratos

Segundo nos comunican a xente de GAS, a través dun correo, Vigo sumase à xira que o historiador, teórico e anarquista valenciano, Miquel Amorós vai realizar por Galiza.

Neste caso, GAS Vigo xunto à distribuidora Lapsus organizan esta charla na que, con o título de "Nuclear a resistencia en torno ao problema enerxético, do comité Irradiés á MAT", Amorós (responsábel da selección e traducción dos textos recollidos no libro "Fisuras en el consenso") preséntará esta antoloxía de textos do "Comité Irradiados do Mundo Unídevos", enlazando as actividades e posicionamentos do colectivo francés coa movilización actual contra as liñas da MAT (Moi Alta Tesión) coas que se pretende introducir en terras catalanas a enerxía xenerada nas centrais nucelares francesas .

"Na súa forma catastrófica, de Hiroshima a Chernobil, a enerxía nuclear é incompatíbel coa existencia biolóxica. Pero é na forma que din "pacífica", en funcionamento "normal", cando se amosa especialmente incompatíbel coa vida humana".

Pódese dicir máis alto pero non máis claro, esa era a marca da casa do Comité Irradiés nun tempo que pretendía verter luz sobre o sorprendente consenso acadado en Francia arredor da cuestión nuclear para asíabrir brecha e axitar conciencias.

Un terreo, o da teoría, pero tamén o da práctica, abondo fértil para dar debida resposta, en tempo e forma, aos máis variados desafíos. E de entre eles un, a MAT, que na actualidade ameaza con levar por diante todo canto atope ao seu paso nas comarcas do Gironés, Pla de l´Estany e Alt e Baix Empordá, baixo o pretexto da eficacia no transporte de enerxía a grandes distancias.

O luns 4 de novembro teremos a oportunidade de achegarnos a estas dúas experiencias, non só dende o punto de vista da análise da ameaza nuclear, senón, sobre todo, da plena vixencia da loita antidesenvolmentista e da necesidade de acumulación das experiencias pasadas, tanto teóricas como prácticas, para armarnos de cara ás loitas presentes e futuras, tanto neste, como en calquera outro ámbito.

No Centro Social "A Cova dos Ratos" de Vigo ás 20:00h. r/Romil,3.
Leer más...

[Grécia] A empresa mineira "Ouro Grego" admite que financia a Polícia

A empresa mineira "Ouro Grego" (Elinikós Jrisós) é umha subsidiária da multinacional canadiana “Eldorado Gold”. Ambas estám a buscar instalar um mega projecto de mineria de ouro no noroeste da província de Calcídica, no norte do território do Estado grego. Os trabalhos de mineraçom nesta regiom teria consequências desastrosas para o meio ambiente e a vida humana.

Os interesses do Capital local e transnacional gozam do apoio do Estado grego. Reiteradas vezes o Regime desencadeou ataques terroristas contra os habitantes da província, que resistem aos planos desta aliança de interesses e à repressom das forças policiais. Foram numerosas as investidas da Polícia contra manifestantes, mulheres, crianças e moradores da regiom: invasons, agressons, sequestros de lutadores, terrorismo.

Nunca pugemos em dúvida o papel da Polícia em geral, especificamente nesta ofensiva que foi desencadeada contra os homens dignos da província. Tampouco temos posto em dúvida a relaçom entre a Polícia grega e o Capital, além de sua já óbvia ligaçom com as máfias fascistas. No entanto, merece umha mençom a declaraçom oficial desta empresa mineira reconhecendo que financia a Polícia grega:

Na revista da empresa, que pode ser lida em seu site, lemos que "no contexto da responsabilidade social da empresa, umha grande parte do lucro vai para os serviços públicos e as forças de segurança, através de apoio financeiro e logístico, em qualquer nível (combustível, pneumaticos, manutençom do veículo etc.)".

A empresa emprega a linguagem do Poder de umha forma que varia entre o ridículo e a desfaçatez ("responsabilidade social corporativa", "lucratividade", "serviços públicos", "forças de segurança") para admitir descaradamente que financia a Polícia, ou seja, as forças armadas do Regime, que há dois anos estám furiosamente tentando suprimir a luta do povo de Calcídica e dos solidários com sua causa. Todas essas escórias interligadas do Estado, do Capital e todas as suas marionetes e muletas som o primeiro extremo. O outro extremo é o mundo da dignidade, o mundo que luta contra o capitalismo, o totalitarismo moderno e barbárie que o primeiro extremo quer impor.

Fonte: http://antigoldgreece.wordpress.com.
Leer más...

[A Coruña] Dúas mozas son multadas por berrar consignas contra a policía na greve estudantil.

Colamos esta información que recibimos na nosa caixa de correos de "La Rebelión de las Palabras":

Segundo informou o medio Sermos Galiza, dúas rapazas, de 15 e 17 anos respectivamente, terían sido multadas tras a mani que se realizou na Coruña contra a LOMCE dentro do contexto da greve estudantil porque, polo visto, cando o cortello manifestante pasou por diante da subdelegacion do averno (perdón, do goberno) na cidade berraron "Vergüenza me daría ser policía!" en alusión ós axentes que protexían o edificio institucional. Os madeiros non interviron nese intre pero, unha vez a mani rematou e despois de ter pasado xa media hora dende que se disolvera o persoal, cando estas rapazas estaban sentadas nun banco da rúa xunto outras dúas amigas, os policías se lles acercaron preguntandolles con actitude intimidatoria: "a ver, ¿a quién le daría vergüenza ser policía?, ¿a ti y a ti?, ¡Vamos!, ¡a comisaría!"; levandose as mozas a comisaría despois de ser identificadas e de chamar ós pais e ás nais de cada unha delas ( para que fosen buscalas dada a súa condición de menores de idade), "Á miña nai dixéronlle que eu os insultara e, de feito, é iso o que pon na denuncia".

Na comisaría os madeiros minten afirmando que as rapazas os insultaron, cousa que non é certo, pois non é o mesmo dicir que te daría vergonza ser policía (unha opinión persoal) que chamarlle imbécil ou can do Estado a un deles (insulto ou adxectivo calificativo sen malicia segundo se mire). Ó final, 400 pavos de multa para cada unha das dúas rapazas. A liberdade de expresión, coma sempre, segue en paradeiro descoñecido.

"Estabamos a exercer o noso dereito a expresar unha opinión", di unha delas. Con todo, a policía española entende iso como "unha falta de respecto aos axentes e provocación para o resto de manifestantes secundaren os insultos", malia que, como explica a moza, o protesto xa fora disolto había tempo. "Mandaron catro axentes para levar á comisaría duas rapazas de 15 e 17 anos. Ían dous de diante e dous detrás, coma se fosemos delincuentes. A xente alucinaba. Unha señora até dixo que o panorama merecía ser gravado", continua a moza.

"Dixéronlles aos nosos pais que non nos vai constar como antecedente, que só é un aviso". Un "aviso" que custará 400 euros a cada familia destas dúas mozas e para o cal elas teñen outra explicación: "é unha falta de respecto á nosa liberdade de expresión" porque elas, remarcan, "só estabamos a expoñer a nosa opinión. Que lles senta mal? Bon... é o noso dereito".

Como nota curiosa e aclaratoria de como funciona a policía, colamos acá o que escrebeu un comentarista nesta noticia en SermosGaliza, que ven a aportar algo máis à nova:

"Podo falar, por estar presente xusto detrás do membro da UIP. Xa coa mani disolta 2 policías cruzaron o paso de peóns que vai dende a Delegación do goberno en dirección ós Xardíns de Méndez Nuñez. Nese intre, escoitouse: "Qué está en rojo!", en alusión ó semáforo. E o policía que di despois o de "a ver, a quien le daría vergüenza ser policía?" déuse a volta e colleu ó primeiro que estaba por alí e lle soltou: "Eres el graciosillo del grupo, ahora mismo tengo que pedir 4 identificaciones, quieres darme tu la tuya, por listo?". Tamén cunha actitude bastante intimidatoria.

Xusto despois, voltaron hacia os xardíns eses dous policías e outros dous por detrás, vixiando o panorama. E si, o policía pediulles a identificación usando esa mesma frase e cunha actitude chulesca e intimidatoria.

Dito isto, VERGOÑA ME DARÍA, SER POLICÍA!"


Leer más...

[Compostela] "A Ghavilla" distribue material de Volapük Ediciones, unha nova aventura editorial de ámbeto anarquista en Guadalajara.

Soubemos de Volapük Ediciones por un correo na nosa caixa que Sergio Higuera, o "alma mater" deste proxecto, nos fixo chegar co gallo da saída à rúa do segundo volume desta editorial autónoma e autoxerida que naceu con "a intención de rescatar textos, autores e contidos que se manteñen afastados da atención das editoriais convencionais ou das institucións culturais" ben "por tratarse, en casos, de autores nóveles aos que os grupos editoriais non apoian ainda que o seu interés é relevante, ou temáticas condenadas ao ostracismo por non interesar aos poderes literarios ou mediáticos, como poden ser textos ou estudos libertarios, de ecoloxía social, ou políticamente incorrectos"; se ben, aclaran, "non queremos limitarnos e ficamos abertos a calqueira proposta que vaia xurdindo".

Así entramos en contacto e amañamos para distribuir na Ghavilla os seus libros, e de momento istos son os dois libros que teremos à venda (ademais de que, un exemplar de cada, con que Volapük nos agasallou, irán para fondo da nosa biblioteca de consulta):

"Exiliados del Paraíso. Relatos" de Josean Aparicio Tercero e "Abriendo Brecha. Los inicios de la lucha de las mujeres por su emancipación. El ejemplo de Soledad Gustavo" de Julián Vadillo Muñoz son, ata agora, os dois títulos desta editorial con este curioso nome Volapük, que tal como conta Sergio, "Volapük é unha lingua universal, antecesora do esperanto, que se creara a finais do século XIX. Tivera entre os seus propagadores ao "guadalajareño" Fernández Iparraguirre quen redactara unha gramática e un diccionario desta lingua, e que chegara a editar a “Revista del Ateneo Caracense y Centro Volapükista español”. Esa conexión entre os valores universais e fraternais do Volapük e o especial arraigo que conocera na cidade determinou a elección do nome para este proxecto".
"Exiliados del Paraíso. Relatos"
Josean Aparicio Tercero
Volapük Ediciones, Guadalajara, 2012
20x13, 196 páginas, Rústica
ISBN: 978-84-940852-0-8
12 euros

Así fala do libro o seu autor Josean Aparicio Tercero. Molina de Aragón (Guadalajara), 1962:

"Este título ia destinado, en principio, a agrupar varios relatos cortos que tratan sobre persoas todavía arraigadas à natureza, seres ao marxen do progreso e desa sociedade que na altura chamaran do benestar - ainda que nistos momentos ese termo empeza a pertencer ao pasado-, persoas que ainda vivindo en diferentes zonas do planeta, teñen un soño común, que lles deixen vivir en paz con a terra, con as suas costumes e con o seu xeito de vida. Seres pertenecentes à natureza, que souberon vivir en harmonía con ela criando mundos que aos poucos desaparecen sen apenas deixar pegada. Unha herdanza e unha sabiduría que despreciamos, en muitas ocasións, cegos por eses outros valores do progreso, ese progreso que quizás estamos pagando demasiado caro e que na realidade, a maioría das veces, tampouco nos conduce à felicidade.

Continuei escribindo outros relatos nistos últimos anos, e a maioría deles teñen a ver dalgún xeito con esa temática, a do exilio dun paraíso ou outro, que ben pode ser o da infancia, o dos nosos ideais ou incluso o da propia inocencia. Por iso quixen facer unha recopilación de todos eles unificándo-los con este título."


Muita máis información acá no blogue de Volapük.

"Abriendo Brecha. Los inicios de la lucha de las mujeres por su emancipación. El ejemplo de Soledad Gustavo"
Julián Vadillo Muñoz
Prólogo de Laura Vicente
Volapük Ediciones, Guadalajara 2013
296 páginas, 13x20 cm.
ISBN: 978 84 94085215
13 euros

“Estamos ante unha breve, pero interesante, obra de recopilación e divulgación a través da cal Julián Vadillo resgata a unha das mulleres que máis aportou ao feminismo anarquista dende o ponto de vista ideolóxico” (do prólogo de Laura Vicente).

"Abriendo Brecha" é un achegamento à historia da luita das mulleres pola conquista dos seus direitos, inserto ademais, como así foi, no movimento obreiro. Especial atención prestase à participación da muller no anarquismo, movimento que decote comprendeu que as reivindicacións femininas eran fundamentais para a consecución da sociedade igualitaria que pretendían. E cómo, as mulleres no anarquismo, organizaranse para conseguir emanciparse da explotación que a sociedade lles impuña. Por último, centrase o libro na figura de Soledad Gustavo, ou Teresa Mañé, unha das pioneiras no desenvolvimento do feminismo dende unha perspectiva obrerista. Foi mestra, impulsora de escolas laicas e de prensa anarquista como La Revista Blanca, conferenciante activa e autora de numerosas obras de análises libertario. No libro recollense os escritos máis significativos de Soledad Gustavo.

Também muita máis información acolá no blogue de Volapük
Leer más...

25 oct. 2013

Questonando a escola. Alternativas á educaçom convencional.

Co galho de greves e demandas dumha educaçom pública sem ponher nada mais em questom, como se a situaçom antérior fosse defendível, publicamos esta reflexom dxs compas de TodoporHacer

     “A Escola (pública, moderna) jurde no século XIX para resolver um problema de ordem público, para amoldar o material humano ás exigências da produçom (a fábrica) e da política (a democracia). Reforma moral da povoaçom, tendente a forjar “bos operários” e “bos cidadáns”: esse foi o seu objecto. A partir de entóm, abre-se umha fissura descomunal, um hiato maiúsculo, na história da transmissom do saber e dos procedimentos socializadores: decreta-se a reclussom forçosa da infância e da joventude, o seu confinamento “educativo”. Desde essa hora e até hoje mesmo, o “estudante” define-se como um prisioneiro a tempo parcial.
    Pero á infância nom se lhe enclaustrou, sem mais, para “educa-la”. Encirrou-se e encerra-se para outras cousas…
    A Escola “serve” para combater e neutralizar as restantes esferas de transmissom cultural, as vias alternativas de socializaçom dos saberes, como apuntara A. Querrien -esferas e vias menos permeáveis aos projectos político-ideológicos da institucionalidade, ás proclividades adoctrinadoras do Estado. Como anti-rua, e para um maior control da subjectividade, a Escola aspira á hegemonia educativa.
    A Escola sequestra tambémn para conferir á “actuaçom pedagógica sobre a conciência” a duraçom e a intensidade que require a fim de constituir hábitos e estructuras de carácter assimilados, e assim denunciou-no Bourdieu.
    E vale a Escola, engadira Donzelot, para que a povoaçom “interiorice” a preeminência do Estado, organizaçom que impom o rapto temporal da joventude e força aos pais a cooperar em tal captura e em tal retençom.
    Hei aqui os propósitos prioritários da encarceraçom intermitente…”


Nistos tempos de recortes e subas de tasas no ensino público e das conseguintes movilizaçons na sua contra, fai-se necessário (mais ainda) deter-se a reflexonar sobre quê educaçom é a que se está defendendo e qual é a que realmente queremos. As palavras de Pedro García Olivo reproduzidas arriba (extracto de Educación obligatoria, no nº 3 da publicaçom En la Fila de Atrás) parecem-nos um bo ponto de partida para esta reflexom e crítica da instituiçom escolar.

A defensa muitas vezes (se bem nom todas) acrítica da “educaçom pública, gratuita e de qualidade” que vemos como consigna habitual nistos dias, é sinal de como a escola conseguiu situar-se no imaginário colectivo como instituiçom imprescindível, ostentando o monopólio da distribuiçom do conhecemento numha sociedade onde o ailhamento e individualismo som cada vez maiores e as relaçons comunitárias e a sua capacidade de transmissom de saberes forom destruidas. A escola é aceitada além como um elemento liberador, garante absoluto da igualdade de oportunidades e oásis salvador da miséria que ameaça o seu arredor. Em definitiva, sem escola nom há educaçom, e sem educaçom, há pobreza e exclussom social.

Pero a finalidade da escola, como sinala García Olivo, é bem distinta á de educar e emancipar. Estas condiçons de monopolizaçom da transmissom do saber e da aceptaçom popular da escola como necessária e liberadora, fam da mesma um instrumento de dominaçom e de perpetuaçom da ordem social tremendamente poderosa.

Até oito horas diárias de reclussom forçosa da infância nas que se lhe prepara para o futuro que lhe espera no mundo laboral e na sociedade adulta em geral, ensinando por riba de todo a obedecer á autoridade, a perseguir a obtençom de méritos e recompensas e competir por elos, e a delegar noutras pessoas a gestom e resoluçom das próprias necessidades (começando com a da própria aprendizagem) e do próprio tempo, mermando a sua capacidade de identi­ficar as motivaçons e intereses próprios.

Umha outra visom da aprendizagem

Fronte a este modelo oficial, existem e existirom ao longo dos anos outras formas de abordar a aprendizagem dos/as meninos/as, com diferências entre sí pero baseadas todas elas no respeto das suas necessidades e intereses próprios. Formas como as escolas libertárias, a nom escolarizaçom, as pedagogias nom directivas, etc., que amosam mediante a práctica que a aprendizagem nom tem que vir imposta desde fora e contra a vontade e os desejos dos/as crios/as.

Umha das premissas básicas em que se baseam estes modelos é o feito de que aprender é um impulso natural no ser humano e, polo tanto, para aprender nom fai fahta “ser ensinado”. A curiosidade natural é o principal motor da aprendizagem, de forma que o papel dos/as adultos/as (sejam as famílias ou as pessoas que ejercem a funçom de acompanhantes dos/as peques nestes espaços) nom deve ser o de impartir conhecementos, senom facilitar-lhes os medios e servir-lhes de apoio quando o necessitem.

Esta maneira de fazer supom umha individualizaçom do ensino, eliminando o currículum oficial que todos/as devem seguir ao mesmo ritmo na escola convêncional. O feito de que cada neno/a se interese mais por umhas áreas que outras e que aprenda cousas distintas segundo o seu próprio ritmo e curiosidade natural nom se considera como algo negativo, dado que o que se persegue nom é a acumulaçom de conheceimentos senom o desenvolvimento persoal de cada quem, tanto no plano intelectual como no afectivo, e a sua autonomia. Por isso facilitam-se espaços nos que as crianças poidam tomar as suas próprias decissons e resolver os seus problemas em colectivo, ademais de poder elegir a qué actividade adicarse, sendo eles/as os/as protagonistas do seu processo vital.

Disto deriva-se que nom tem sentido a evaluaçom de nengum tipo nem os juíços de valor, dado que nom se julga se umha actividade ou interés é melhor ou mais ajeitado que outro e nom há nengum estándar de conhecemento que se pretenda acadar.

Igualmente carece de sentido a segregaçom por idades. A convivência num mesmo espaço de nenos/as de distintas idades fai que o ambiente semelhe-se mais a um entorno social qualquer que ás aulas dumha escola convencional.

Estas características descritas som só alguns princípios básicos tomados como ponto de partida nos distintos tipos de escolas ou ambientes educativos nom autoritários, cada um deles com as suas particularidades e formas de funcionamento diferentes. Remata-se-nos o espaço e nom podemos entrar a descrever como gostariamos dalguns ejemplos que estám funcionando na atualidade, pero si queremos quanto menos nomear alguns deles para que quem esteja interesado/a poida informar-se mais em profundidade.

Tartaruga, projecto de pedagogia livre (Madrid) www.proyectotartaruga.blogspot.com (também podedes atopar umha entrevista ao projecto no nº18 desta publicaçom: www.todoporhacer.org/ entrevista-a-tartaruga-proyecto-de-pedagogia-libre).

Espacio Waslala (Zaragoza) www.espaciowaslala.wordpress.com

La Rueda, espaço de aprendizagem vivencial (Zaragoza) www.laruedablog.wordpress.com

Ojo de Agua, ambiente educativo (Alicante) www.ojodeagua.es

La Pinya, projecte d’educació lliure (Barcelona)
Leer más...

Nova chuva de dinheiro público para La Voz, Faro, El Correo, La Región e El Progreso

Recolhemos de Diário Liberdade:

Som 600.000 € do Povo Galego que entre junho e agosto deste ano fôrom às maos dessas empresas.

A Junta de Feijó sabe premiar as suas amizades, isso é algo que todo o mundo sabe. Mas quem sabe melhor que ninguém som os meios do regime, quem desfrutárom neste verao das delícias das administraçons burguesas, tam liberais para algumhas cousas e tam protecionistas para outras.

Especificiamente, os panfletos La Voz de Galicia (Corunha), El Faro de Vigo, El Correo Gallego (da Editorial Compostela), El Progreso de Lugo, e La Región (Ourense) enfrentárom o calor com 100.000 euros cada um, excepto no caso de La Voz e El Faro, que somárom 150.000 cada. A distribuiçom das generosas ajudas é tal que a Junta do PP assegura-se de ter "regado" a totalidade do território autónomo galego.

A chuva de dinheiro tem forma de "convénio de colaboraçom entre a Conselharia de Economia e Indústria" e cada um dos jornais "para a difusom nesse meio de conteúdos de interesse para a sociedade galega sobre atuaçons relacionadas com o ámbito competencial da conselharia".

Traduzido à prática: o PP fará propaganda das suas decisons à frente da Conselharia de Economia e Indústria, com cargo ao dinheiro público e premiando empresas que, com escassa viabilidade económica graças ao esgotamento do modelo de negócio baseado na imprensa em papel de péssima qualidade, sabem-se (e nom lhes provavelmente nom lhes importe ser) dependentes dos subsídios públicos para sobreviver.

Na hora de entregar os 600.000 € pouco importou ao governo ultradireitista que jornais como La Voz tenham sido condenados, fai menos de um ano, a devolver meio milhom de euros em ajudas cobradas de forma fraudulenta.

A resoluçom foi publicada no DOG de hoje, 22 de outubro, que se pode ler aqui.
Leer más...

[Lugo] 1 de Novembro no Ateneo "A Engranaxe" Charla "Defender a Terra, a Nova Loita de Clases" con Miquel Amorós


No vindeiro vennes, 1 Novembro as 20:00, terá lugar esta charla no local do Ateneo Libertario "A Engranaxe" (rua rio Sil nº 52 local 2) dentro do periplo que Miquel Amorós vai fazer na vindeira semana por Galiza.

Un periplo que comenzará na Biblioteca Anarquista "A Ghavilla" de Compostela o mércores 30 de novembro dentro das X Xornadas Anarquistas, seguirá o 31 en A Coruña, no CSO Palavea e depois, como apontamos, o día 1 en Lugo, para rematar ao día seguinte, sábado 2 de novembro, con a sua presencia en Ponteareas nas VI Tardes Libertarias , na Casa dos veciños e veciñas de Angoares onde celebrarán os 10 anos de existencia do Ateneo Libertario Lume Negro, e onde Amorós falará de "A crítica anarquista actual à partidocracia e ao estado".
Leer más...

Dereitos Humanos para as Non-Persoas?

Colamos de Salhaketa-Nafarroa:

O pasado luns 21 de outubro o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo derrogou a mal denominada "Doutrina Parot".

Sen dúbida, a "Doutrina Parot" non foi máis que unha obscena e maliciosa interpretación da aplicación de beneficios penitenciarios para atrasar a saída de prisión dunha persoa e que logo se estendeu a outras. En primeiro lugar hai que aclarar que esta doutrina se aplica soamente a aquelas persoas que se encontran cumprindo condena actualmente en prisión e que foron xulgadas co Código Penal de 1973 (aprobado 2 anos antes da morte do dictador Francisco Franco)e polo tanto, se aplica tamén a persoas presas condenadas por delitos diferentes ao de terrorismo. É curioso ver como ata o momento ningún medio de comunicación falaba destas persoas condenadas por delitos que non estivesen relacionados con ETA e non obstante agora, no seu afán de xerar alarma social, menciónanos sen parar.

Este Código Penal de 1973 recollía a figura da redención de penas polo traballo de tal forma que dous días de traballo en prisión restaba un día de condena. Esta diminución de tempo de condena aplicábase ao límite máximo de cumprimento, que no devandito Código Penal era de 30 anos. Así, ata o ano 2006, todas as persoas condenadas polo Código Penal de 1973 vían reducidas as súas condenas por debaixo dos 30 anos pola redención de penas por traballo e isto nunca supuxo alarma social, nin unha posta en perigo do Estado de dereito, nin un ataque ás vítimas. É a partir da sentenza n.º 197/2006 ditada polo Tribunal Supremo, que dá orixe a esta Doutrina, cando xorde a polémica, cando preténdese manexar a lei non como tal, senón como un algo que podemos modelar segundo nos interese, esquecendo o único que a fai valiosa, que ante ela todos somos iguais. Coa devandita sentenza a forma de descontar os días de prisión foi modificada, o que na práctica se traduce automaticamente, entre outras cousas, en que as persoas presas sairían de prisión sempre e en todo caso ao chegar ao cumprimento máximo da condena, isto é, aos 30 anos.

A estas alturas da película seguramente non hai ninguén que non soubese o anteriormente exposto. Non obstante, resulta (aínda que pareza mentira!), que á luz dos comentarios que se oíron no último período a conta desta cuestión, e, en concreto dende a sentenza do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos o que si se debe explicar é que son os dereitos humanos, que implican e en consecuencia, que non implican.

Os dereitos humanos son un conxunto de condicións que lle permiten a unha persoa o seu desenvolvemento nas esferas persoais e sociais da súa vida. Isto implica a construción dunha serie de dereitos, institucións, facultades, etc. que todas as persoas, por ser persoas e pola súa condición humana, teñen.Entre eles encóntranse unha serie de dereitos civís e políticos entre os que están expresamente recollidos os dereitos das persoas presas e detidas: dereito á proporcionalidade das penas, de reinserción das penas, dereito á irretroactividade das leis penais, principio de legalidade e un longo etc., porque, aínda que ás veces haxa a quen se lle esqueza, tamén as persoas que cometen delitos teñen dereitos básicos como persoas que son, porque son dereitos construídos en torno ao concepto de dignidade humana.

Con todo isto, o que non implican os dereitos humanos son cadeas perpetuas encubridas por ser unha execución a morte dunha persoa en vida; non implican políticas criminais de excepción; non implican que se poida abandonar a unha persoa nunha cela ata que lle chegue a morte; non implican renunciar ao principio de reinserción das penas; non implican políticas criminais baseadas nun Dereito penal do inimigo, non implican tratar as persoas que cometeron un delito como a "non-persoas " esquecéndosenos a súa condición humana.

E todo isto, se creemos de verdade nos dereitos humanos que tanto esforzo histórico custou recoñecer a todas as persoas, deberá ser así independentemente do delito que a persoa cometese. Temos de ser conscientes que se negamos eses dereitos aínda que sexa a unha soa persoa, entón, non seremos persoas respectuosas cos dereitos humanos. E isto é o que dixo o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por dúas veces: que o Estado español non foi respectuoso cos Dereitos Humanos. Pero lonxe de asumir a devandita resolución, continua sostendo que a Doutrina 197/2006 era correcta porque falamos de presos moi perigosos, de terroristas, de violadores, de asasinos... pero acatarana contra a súa vontade.

O grave é que esta vulneración dos dereitos humanos das persoas presas se vai perpetuar e a estender, entre outras cousas, coa introdución da cadea perpetua revisable, para que as horribles persoas que cometen delitos, ("os outros", nunca "nós") xamais volvan á sociedade ou que tarden moito moito en facelo. E así á sociedade a fan estúpida e facendo un enorme esforzo por crerse o que lle contan, e tras tantas ganas de crer o que lle din, remata por crer que só o cárcere a manterá a salvo de "os outros", que só a alarma na porta evitará que entren a matarte na súa cama, que só a represión bárbara soluciona os problemas políticos, que só eles saben o que é bo para nós, e finalmente decidirán quen son non-persoas e por tanto suxeitos carentes ata de que se respecten os seus dereitos coma humanos: e as persoas que cometen delitos son, ao perecer, non-persoas. E todos, co noso silencio, sen excepción, estaremos a vulnerar os dereitos humanos.
Leer más...