30 sept. 2013

Detención dunha compañeira nas proximidades de Mas Castelló (okupación anti-MAT) o pasado 16 de Setembro

A continuación reproducimos o Comunicado da compañeira que foi detida o pasado 16 de Setembro no que explica como a trataron os mossos d'esquadra e como ela viviu a situación nun contexto que ela entende como "Repressión cotiá na loita contra a MAT".
Fun parada pola policía no camiño da gasolineira. O que para min comezou como un control de identificación, se converteu no meu arresto debido a falsas alegacións por parte da policía, unha noite en custodia, e enfrontarme a un xuízo. O feito de non pertencer a esta zona xogou un papel importante ao longo da confrontación, e deu lugar a comentarios fascistas e violencia policial.

Só podo asumir que a razón que está por detrás desta detención é dividirnos e manter a protesta só a nivel local. Pero non é local, é unha loita global que nos afecta a todxs, e polo tanto non debe quedarse nun grupo pequeno de persoas que se sente responsable, senón de todxs os que teñen unha consciencia social e ambiental.

A resposta á masiva intimidación policial e represión non pode ser retroceder, senón organizar e apoiar mais fortemente en todos os niveis posibles.

Grazas por todo o apoio e a solidariedade que recibín, continuarei para dalo.

Memoria dos feitos:

O 16.9.2013 arredor das 7pm tomei o camiño da gasolineira para comprar bebidas. Había un control de Mossos e preguntáronme polo meu carné de identidade. Entregueilles o meu pasaporte e dixéronme que puxese todas as miñas cousas na fronte do coche, logo a unica axente muller quíxome cachear. Eu preguntei porqué e eles dixeron: "porque somos policías". Ao que respondín que iso non é unha razón. Cacheáronme e preguntáronme que estaba a facer alí e eu respondí: "deilles a miña identificación, non responderei ás vosas preguntas". Nese momento eles estaban moi agresivos. Un dos policias dixo: "toma as túas cousas e vaite!" eu sentín que eles non me querían deixar ir, pero tiñan que facelo. E dixen en con ironía: "gracias!, é moi bo da vosa parte"! Logo el chuspiume na cara e eu chuspinlle a el. El inmediatamente despois golpeoume na cabeza. Caín e tres policías sentáronse nas miñas costas, esposáronme, golpeáronme e o policía que me chuspiu díxome: "agora entendes catalán" e leváronme á comisaria. Alí díxenlle á oficial que fixo os trámites burocráticos que o seu colega me golpeara e por iso quería o seu número de placa, pero ela me ignorou. Logo encerráronme sen dicirme nada. Ao día seguinte tomaron as miñas pegadas, fotos e interrogáronme, pero negueime a contestar. Arredor do mediodía leváronme a xulgados e seguindo as instrucións do meu avogado de oficio só contestei as preguntas do xuíz. Deixáronme ir despois do xuízo, aparentemente os policías declararon ante o xuíz que eu lles golpeara. Logo púxenme en contacto co avogado que apoia a loita contra a M.A.T. Quen se encargara nun futuro do proceso.

Información recibida no correo
Máis información no blogue http://torresmasaltashancaido.espivblogs.net
Leer más...

[Libro] "Anarquismo y Cárceles": Píxeles para entender la critica antiautoritaria y abolicionista a las Prisiones

Na páxina web do proxecto editorial colombiano "Publicaciones Corazón de Fuego", ligado à cultura Faino tu mesmx, veñen a poñer a dispor de quen quixer, a leitura (e/ou descarga) deste interesante libro (en formato linea e/ou en pdf) escrito polo anarquista venezolano Rodolfo Montes de Oca (en castelán). Se estás interesadx en afondar un pouco na problemática dos cárceres dende unha perspectiva anarquista, este é un texto adecuado para que inicies a túa aventura por ese extenso tema; xa que é un documento que recompila, de forma sinxela e doada de entender, a crítica anarquista sobre a existencia dos cárceres e o papel que desempeñan na armazón social do espectáculo mercantil.

Nas suas conclusións finais ("apuntes finales")Rodolfo escrebe:

"Despois de tantas críticas o que se queda claro é que o movemento anarquista en xeral é bastante crítico con referencia á institución penitenciaria. Considérana como un dos produtos máis daniños e pérfidos creados pola sociedade capitalista e o estado.

Pero aínda que o movemento anarquista é moi crítico con referencia ás Prisións, tamén poderiamos dicir que é moi pouco imaxinativo, xa que fomos bastantes incompetentes para propoñer unha teoría ou idea abondo ben elaboradas e estructurada que poida contribuír a suplantar o actual sistema penitenciario por un máis humano e xusto.

De feito é frecuente que cando lle preguntan a calquera anarquista, de como van facer para substituír aos cárceres, ou que van facer coas persoas que cometan actos de vandalismo dentro dunha posible sociedade anarquista. Non saben que contestar, ou o máis seguro é que contesten, "que cando chegue o día da revolución a sociedade de forma libre decidirá que facer cos cárceres". Dende o meu punto de vista unha opinión moi lixeira e bastante ambigua. Xa que denota o grao de inxenuidade e frouxidade mental que reina na nosa idea.

Polo xeral os anarquistas consideramos que ao abolirse a propiedade privada e pasar a un sistema ben sexa mutualista, colectivista ou comunista de produción, se eliminarán de raíz todos os delitos contra a propiedade ou relacionados con esta.

Logo, non habería a necesidade de roubar, porque todo pertencería á colectividade e seria un absurdo roubar o que sería teu. Os únicos que quedaría sen resolver serían os denominados "crimes pasionais", que son produto de impulsos emocionais que levan a certos individuos en certas situacións a cometer actos de trasgresión contra outras persoas.

Pero para este caso, algúns anarquistas argumentan que a construción dunha nova sociedade máis xusta, civilizada e humana, impedirá en boa medida esta clase de actitudes dentro do individuo e aqueles que o lograsen cometer serían tratados pola colectividade dun xeito distinto e sen a necesidade da privación de liberdade. Como vemos bastante utópica e imaxinativa a resposta dalgúns compañeiros.

É necesario que como libertarios pensemos en novas formas de organización social, alleas a todo tipo de privación de liberdade. Xuntar, crear, combater, propoñer e sobre todo pensar e actualizar o pensamento libertario aos nosos días é unha tarefa fundamental e primordial que deben cumprir todos os antiautoritarios, o camiño é longo e os días curtos, así que como conclusión final me gustaría deixar claro que non pode haber cambio social sen un verdadeiro cuestionamento ao sistema carcerario. Pola contra, seguiremos camiñando en círculo".

Descarga libre en pdf (acá)
Leer más...

[A Coruña] Sábado 5 outubro ás 11h .- Asemblea de afectadas por desafiuzamento

Reproducimos a nota de prensa que recibimos de Stop Desafiuzamentos A Coruña:

Posto que nos últimos tempos son cada vez máis as persoas que acoden a nós na procura de axuda ante a ameaza de quedaren sen vivenda, dende STOP Desafiuzamentos A Coruña decidimos abrir un espazo de asesoría colectiva coma os que xa están a funcionar noutras comarcas galegas e tamén en moitas cidades do Estado español.

Así, convidamos a tódalas persoas afectadas por situacións de desafiuzamento á asemblea que imos facer o vindeiro sábado 5 de Outubro na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (R/ Olmos 16), ás 11:00hrs.

Con este encontro o que procuramos é reunir á xente ameazada por procedementos de desafiuzamento, compartir información sobre como facer fronte a esas ameazas, xerar un acompañamento afectivo ás persoas afectadas e pensarmos conxuntamente accións de denuncia colectiva desta situación.

A nosa intención é realizar estas asembleas periodicamente, para deste xeito fomentar a autoorganización e combater a sensación de vergoña que moitas veces invade ás persoas que, malia a seren vítimas da violencia estrutural [1], demasiado a miúdo optan por cargar con este abuso na súa intimidade.

Ca realización destas asembleas colectivas queremos tamén axudar a visibilizar que no contexto socioeconómico actual as situacións de desafiuzamento non se poden vincular estritamente á mala sorte ou a unha mala praxe persoal, senón que na maioría dos casos estamos ante exemplos persoais dun problema que xa é social e, polo tanto, contra o que cómpre loitar colectivamente.

..................................................................
[1] Grupo de Estudios de Paz y Desarrollo da Universidad de Alicante, Violencia Estructural: una ilustración del concepto. Máis información: http://www.ugr.es/~fentrena/Violen.pdf
Leer más...

[Grécia] Anarquistas colam cartazes pelas ruas de Ptolemaída contra o extermínio de animais que andam pelas ruas de Ptolemaída

Colamos esta notícia de ANA (Agência de Notícias Anarquistas):

Anarquistas de Ptolemaída organizaram recentemente umha colagem de cartazes contra o extermínio de animais que andam pelas ruas da cidade. A seguir, comunicado do grupo que explica essa violência contra animais:

Nos últimos tempos, na zona de Ptolemaída (norte da Grécia), foram assassinados mais de 70 animais. As fotos som a prova da sua morte assombrosa e maus tratos cometidos por bestas antropoides.

Para desaparecer com seus corpos, as bestas antropoides os arrastavam pelo cham e, em seguida, os jogavam fora. Alguns decidiram que a imagem de animais de rua é um insulto à estética da cidade e optaram por seu assassinato.

Até quanto os animais indefesos serám brutalmente maltratados, abusados e assassinados pelos seres humanos? Será que algum dia vam entender que os seres humanos som umha parte da existência neste planeta, nada mais ou nada menos?

Assassinos, os estamos procurando. Cedo ou tarde vocês comerám o veneno que tam generosamente dam aos animais.

Nós nom temos nengum dono e estamos cheios de raiva.

Anarquistas de Ptolemaída

O cartaz da imagem diz:

Para todos vostedes que ficam irritados ao ver os animais de rua - que a imagem desses animais ofende a estética de seu negócio e de seus clientes, que suas vidas esterilizadas propõem a morte aos que as “enojam”.

Para vostedes que têm a alma de merda, os estamos procurando.

E estamos raivosos, tirem suas mãos sujas dos animais sem dono.

Sua normalidade cheira a sadismo.

Lutar sem vacilar pela liberaçom total da natureza, dos animais e dos seres humanos.
Leer más...

[Euskadi] 4 e 5 outubro.- Jornadas contra a Repressom

Enviam-nos um correio com estas actividades anti-repressivas que se desenvolverám este venres 4 de outubro em Orbeko Etxea Laudio e em sábado 5 em Arrano Taberna de Zarautz.
O comunicante solicita expresamente ajuda para publicitar estas jornadas, e ainda que nom é costume publicitar convocatórias tam lonjanas da nossa terra (há muitas e nom dariamos abasto), imos fazer esta excepçom atendendo ao que nos contam ao respeito:

"Esta convocatória que cremos de importante difusom contra a repressom: Por unha parte Manolo, estivo preso nos cárceres do franquismo, por levar umha vida de luita constante rebelde e solidária, a ele e outros companheiros aplicaram-lhes a lei de vagos e maleantes que, a dia de hoje, seguem arrastrando na sua ficha judicial da "democracia do estado espanhol", e agora andam dando charlas, preparando um livro, etc.. na procura de abrir os olhos à luz do que as entranhas da justiça pretende ocultar, pelo que estám na sua mais máxima intençom de que se lhes escuite e se lhes conheça, a umha gente que deu muito que falar, em periódos do franquismo, pola sua resistência, incluso dentro do cárcere, dado que Manolo perteneceu a umha organizaçom criada em secreto desde dentro da prisom: a COPEL, e para elo se achegará em venres 4 e sábado 5 por terras euskaldunas, acompanhado de Ana Plaza, representando umha obra teatral de Michel Azama, na que se refreja a repressom na mulher, dentro dos centros penitenciários.

Neste cartaz, está toda a informaçom em castelám e euskera:

Um forte saudo e muitas graças e muitos eskerrik askos.

Leer más...

[Vigo] - Xoves 3 ás 20h.- Palestra "Qué é o Estado; Para que serve?"

Reproducimois esta convocatoria recibida de ECOAR))) (Espazo de (Contra)discurso, Coordinación e Construción de Alternativas e Resposta Social) Vigo:
O 3 de outubro ás 20h no Café De Catro a Catro (r/Girona, 16), terá lugar unha charla-debate onde representantes de diferentes asociacións, partidos e sindicatos darán resposta ás preguntas "Que é o estado?; Para que serve?" Posteriormente abrirase un debate entre as persoas que asistan e as participantes da mesa.

Agardamos contar coa vosa presencia e a vosa colaboración na difusión desta palestra!
Leer más...

[Vídeo]: "Vivir dignamente é un dereito”

Da Oficina Dereitos Sociais - Coia fanos chegar esta noticia:

"Vivir dignamente é un dereito" é o berro compartido que, desde a última imaxe do seguinte vídeo, nos fala do contido da campaña que desenvolvimos a ODS-Coia e a Parroquia Cristo da Victoria de Coia durante o 2013 cun dobre obxectivo: denunciar o crecente empobrecemento que padecemos unha gran parte da cidadanía e esixir ás administracións públicas que cumpran coa súa obriga de garantir os dereitos sociais de todas as persoas a través da implantación da renda básica.

Foi gravado durante a festa de A Bouza 2013.

Agardamos que o disfrutedes!
Leer más...

Mañán martes 1 de outubro.- Envío de faxes Campaña Cárcer=Tortura

As compas do Grupo de apoio á Campanha Cárcere = Tortura Galiza Sur lémbranos esta convocatoria mensual de apoio as persoas presas:

Coma todos os 1º de cada mes xs presxs da campanha Cárcere=Tortura fan axuns e folgas. Pra solidarizanos con elxs enviamos faxes aos xulgados de vixilancia penitenciaria pedindo mais defensa dos dereitos humans e o fin das torturas e os malos tratos.

Enviar un faxe non costa nada, e podese facer dende internet gratis, o link esta en http://afapp-gz.blogspot.com.es/.

Exemplo de fax:

"Al Juzgado de Vigilancia Penitenciaria de Pontevedra,

En la cárcel de A Lama se están practicando de forma sistemática torturas y malos tratos sobretodo a las personas clasificadas en Primer Grado como asi lo han afirmado las organizaciones en defensa de los Derechos Humanos.

BASTA DE TORTURAS Y MALOS TRATOS, BASTA DE AISLAMENTO Y DISPERSIÓN!!!"

Ademáis envianos o texto que se repartiu nos actos pola memoria dos ultimos fusilados polo franquismo en Vigo o pasado 27 de setembro que colamos á íntegra:

A REPRESIÓN E AS TORTURAS CONTINÚAN

Que mellor dia que no cabodano do asasinato dos últimos fusilados polo franquismo para lembrar a todxs aquelxs que están sufrindo nestes intres as torturas do estado.

Como aos loitadores antifascistas, no momento que estás a ler este texto, estanse realizando decenas de malos tratos e torturas que poñen os pelos de punta... Democracia, fascismo, nos cárceres da o mesmo... Os cárceres son centros afastados de miradas e da opinión pública, lonxe dos instrumentos xudiciais e da solidariedade, pero neles segue habendo moita xente que resiste, e incluso que protesta, contra os abusos de aqueles que, antes como agora, fan o que queren sen ter que dar explicacións, contra a inhumanidade de médicos que calan os golpes e as violacións, contra a corrupción dos xuíces de vixilancia penitenciaria que prefiren facer oídos xordos, e incluso condenar a aquelxs que defenden a súa integridade e a súa vida.

Dende outubro de 2011 decenas de presxs en todo o estado levan a cabo una campanha contra os malos tratos e a tortura en prisión. “Cárcere = Tortura” é o berro de presxs en todo o estado para parar a impunidade na que se atopan carcereirxs, médicxs, xuíces, traballadorxs sociais, etc.

Fan xaxúns e folgas todos os 1º de cada mes, fixeron denuncias conxuntas ao congreso dos deputados, solidarízanse con aquelxs que máis están sufrindo nos cárceres, debaten e difunden a loita contra as torturas... Por suposto, a represión por esta loita non tardou en aparecer, e aumentaron os malos tratos.

NOVAS BREVES DA LOITA CONTRA OS CÁRCERES:

- Queren condenar á presa galega Noelia Cotelo a 6 meses máis por denunciar a súa violación e tortura por parte dos carcereiros da prisión de Brieva despois dun xuízo sen garantías e sen avogado.

- Parabéns ao preso da Campanha Cárcere= Tortura en Teixeiro que saiu libre en agosto e continuará na campanha dende fora.

- J.Manrique, preso en loita (C. P. Brians), liberado fai uns meses por enfermidade terminal, morreu en setembro. A pesar da gravidade da súa enfermidade mantivo un enfrontamento directo coa prisión ata a súa morte. DEP.

- Continúan pedindo a liberdade do preso galego J.A. Vilasó Pardavila, preso no cárcere de Mansilla de Mulas onde, a pesar da súa enfermidade incurábel, o manteñen en illamento por loitar.

- Conseguido o traslado do preso galego anarquista Gabriel Pombo da Silva a Galiza. Dende Xulho atópase no cárcere de A Lama, despois de anos fóra da súa terra en cárceres de Alemanha e Espanha

- Solidariedade cxs presxs independentistas condenadxs salvaxemente pola Audiencia Nazional

- Imputado un médico do cárcere de Bonxe tras falecer un preso, por presuntos delitos de neglixencia médica e omisión do deber de socorro co resultado de morte

- Despois de 60 días, suspenden a folga de fame contra o illamento nos cárceres de California.

- O 10 de setembro comenzaron as movilizacions dxs presxs da Assemblea di lotta "Uniti contro la repressione" nas cadeas de todo o estado italiano contra os malos tratos e as torturas convocadas ata o 30 deste mesmo mes.

ATA QUE TODXS SEXAMOS CEIVES

ENVIO DE FAXES AOS XVP CONTRA OS MALOS TRATOS E A TORTURA CADA 1º DE MES
Vindeira data: martes 1 outubro


Fax XVP Pontevedra: 986 80 51 41

Mais info sobre loitas anticarcerarias en :


http://afapp-gz.blogspot.com.es/
http://boletintokata.wordpress.com/
http://carceligualtortura.blogspot.com.es/
http://www.ceivar.org
http://www.nodo50.org/cna/
http://puntodefuga.org/

Grupo de apoio á Campanha Cárcere = Tortura Galiza Sur noestansolxs@gmail.com



Leer más...

29 sept. 2013

[Video] Carta de Xose Humberto Baena, último galego executado polo fascismo español á súa nai e o seu pai

Colamos de La Haine (conservamos a ligua na que foi escrita):

Tenéis que consolaros pensando que tenéis muchos hijos, que todo el pueblo es vuestro hijo, al menos yo así os lo pido

"Papá, mamá: Me ejecutarán mañana de mañana [27 de septiembre de 1975]. Quiero daros ánimos. Pensad que yo muero pero que la vida sigue. Recuerdo que en tu última visita, papá, me habías dicho que fuese valiente, como un buen gallego. Lo he sido, te lo aseguro. Cuando me fusilen mañana pediré que no me tapen los ojos, para ver la muerte de frente.

Siento tener que dejaros. Lo siento por vosotros que sois viejos y sé que me queréis mucho, como yo os quiero. No por mí. Pero tenéis que consolaros pensando que tenéis muchos hijos, que todo el pueblo es vuestro hijo, al menos yo así os lo pido. ¿Recordáis lo que dije en el juicio? Que mi muerte sea la última que dicte un tribunal militar. Ese era mi deseo. Pero tengo la seguridad de que habrá muchos más. ¡Mala suerte! ¡Cuánto siento morir sin poder daros ni siquiera mi último abrazo! Pero no os preocupéis, cada vez que abracéis a Fernando, el niño de Mary, o a Manolo haceros a la idea de que yo continúo en ellos. Además, yo estaré siempre con vosotros, os lo aseguro. Una semana más y cumpliría 25 años. Muero joven pero estoy contento y convencido. Haced todo lo posible para llevarme a Vigo. Como los nichos de la familia están ocupados, enterradme, si podéis, en el cementerio civil, al lado de la tumba de Ricardo Mella. Nada más. Un abrazo muy fuerte, el último.

Adiós papá, adiós mamá.

Vuestro hijo José Humberto”
Leer más...

Entrevista a Carlos Taibo sobre "Repensar la Anarquía"

Carlos Taibo ven de publicar baixo a editorial independiente Catarata o libro: "Repensar la anarquía. Acción directa, autogestión, autonomía", que o mesmo Carlos Taibo comenta así: "Asistimos a un visible renacemento do pensamento libertario que tanto lle debe á quebra da socialdemocracia e dos modelos do socialismo real como á certificación de que o capitalismo se está a internar nunha fase de corrosión terminal que achega o momento do colapso. Neste volume examínanse moitos dos debates dos que participan os libertarios contemporáneos, e ao respecto se estudan, con vocación non dogmática, a proposta teórica do anarquismo, a súa crítica da democracia liberal e a súa defensa da democracia e a acción directas, a contestación do Estado e do capitalismo, a aposta pola xestación de espazos de autonomía autoxestionados e desmercantilizados, ou a relación do mundo libertario co feminismo, o ecoloxismo, o antimilitarismo e as loitas solidarias".

Na sua web Carlos Taibo recolle unha entrevista de P. Maceiras sobre este libro, que copiamos (unha vez traducida):

Hai tres anos publicaches, Carlos, unha antoloxía de pensamento libertario. Que ten que ver este libro con aquel?

Son traballos con obxectivos diferentes. Se en Libertari@s, que publicou Del Lince, o meu propósito maior era demostrar que os clásicos anarquistas, e con eles un puñado de pensadores afíns, tiñan que dicirnos moito á hora de iluminar o mundo no que estamos, neste traballo pretendo escarvar, dende unha visión que non pode ser senón persoal e non dogmática, nos grandes debates que rodean ao pensamento libertario: o Estado, o capitalismo, a loita de clases, a democracia e a acción directas, a autoxestión, as eleccións e os parlamentos, a propia cuestión nacional...

Nas páxinas de Repensar a anarquía volves sobre a distinción entre anarquistas e libertarios.
Volvo sobre esa distinción porque me serve para chamar a atención sobre unha idea importante, pero non me obstino en impoñela. O adxectivo anarquista ten unha condición ideolóxico-doutrinal máis forte que a que corresponde ao adxectivo libertario. Aínda que xa sei que forzo o argumento, un anarquista é alguén que leu Bakunin e Kropotkin, e que se identifica coas súas ideas. Aínda que esas lecturas son moi recomendables, o de libertario ten un sentido máis amplo, na medida que remite á condición de moitas xentes que, anarquistas ou non, apostan pola asemblea, pola democracia directa e pola autoxestión, e rexeitan xerarquías e liderados. Creo firmemente que cada vez hai máis libertarios, algo que pode comprobarse ao abeiro da expansión que entre nós están a experimentar os espazos autónomos que se reclaman da autoxestión e a desmercantilización.

Cres realmente que asistimos a un renacemento das ideas e das prácticas libertarias?

Paréceme que salta á vista, e que ten como pouco dúas explicacións principais. A primeira a configura a quebra sen fondo das propostas que carrexaron a socialdemocracia e o leninismo. A segunda é, ao meu entender, e non obstante, máis importante: para facer fronte aos problemas dun capitalismo que se interna nunha fase de corrosión terminal, e que nos conduce ao colapso, a proposta libertaria, que non é outra que a da organización da sociedade dende abaixo, en defensa aberta da autoxestión e da desmercantilización, que acabo de mencionar, ten hoxe máis actualidade que nunca. Creo que esa proposta se xustifica máis polo que se nos vén enriba que polo que puidese acontecer, que tamén, no pasado.

O teu libro é unha alegación contra os que seguen crendo en eleccións, partidos e parlamentos.

Ségueme producindo fascinación o eco que a vía electoral, e con ela a figura dos dirixentes políticos, ten en persoas polo demais intelixentes e respectables. Non sei se atribuílo ao ascendente poderoso que acabou por alcanzar a cultura ao uso do sistema que padecemos ou a unha sorte de cegueira provisional derivada do desespero. Pero aclararei que tampouco me sento moi cómodo nesa batalla: que cada quen faga o que considere conveniente. Aínda que teño a certeza de cales son as calexas sen saída ás que conduce a vía electoral, e en particular o que se traduce nun esquecemento inevitable de todo o que cheire a democracia directa e autoxestión, me interesa máis a parte propositiva da proposta libertaria. E permítome rescatar un argumento que utilizaba con frecuencia Ricardo Mella: se queren vostedes, voten, pero traballen pola emancipación, dende abaixo, os restantes 364 días do ano. Se é que o feitizo por eleccións e representacións llo permite.

É imaxinable un proxecto libertario se a loita de clases non corre constantemente polas súas veas?

Obviamente non. Nunca foi imaxinable sen a loita de clases, e menos serao agora que asistimos a unha manifestación ostentosa da loita de clases que libran os de arriba. Outra cousa distinta é que nos poñamos de acordo no que se refire aos retos que formula hoxe a loita de clases. Ao respecto síntome incómodo tanto cos que consideran que a clase obreira é un prescindible artefacto do pasado coma cos que estiman que esa mesma clase obreira non experimentou cambio ningún no transcurso do último século. As cousas como foren, afianzar un proxecto anarcosindicalista que teña o seu núcleo maior no mundo do traballo paréceme que é unha tarefa vital nun escenario no que as relacións laborais están a regresar ao século XIX. Éo polo menos se o noso propósito non é buscar unha saída social á crise, senón deixar atrás o capitalismo con urxencia.

Hai que revisar o papel do Estado na tradición anarquista?

Máis ben hai que actualizalo. Creo que nesa tradición se asentaron ao respecto dúas percepcións que merecen reflexión. A primeira é certa obsesión polo Estado que esquece que este último é ao cabo un instrumento, ben que central, de dominación ao servizo do capital. Moitas das opresións que hoxe padecemos non pasan necesaria e claramente pola canle do Estado. A segunda é, con todo, máis delicada, na medida que se asenta nunha inxenua identificación dunha suposta función protectora do Estado, ben materializada nos chamados Estados do benestar. É importante cuestionar o que significan estes como instancias exclusivas do capitalismo, hostís a toda perspectiva autoxestionaria, estreitamente vinculados coa socialdemocracia e o sindicalismo de pacto, a duras penas liberadores en relación cos problemas das mulleres, ecoloxicamente insostibles e insolidarios en relación cos problemas dos países do Sur. E é importante recordar, en paralelo, a dimensión represiva e controladora que corresponde, de sempre, ao Estado.

Dedicas un espazo notable no libro a procurar as relacións entre os clásicos do anarquismo e as propostas do que hoxe coñecemos como ecoloxía, feminismo e pacifismo.

A relación co pacifismo e o antimilitarismo é fluída, existe, ben que con atrancos e problemas, no caso do feminismo, e é moi débil, en cambio, no da ecoloxía. Aínda que, con algunha excepción menor, os clásicos do anarquismo foron, no que fai ao problema inxente dos límites ambientais e de recursos, pensadores ancorados no XIX, é certo que o seu rexeitamento dos grandes complexos produtivos e das formas de organización do traballo, inevitablemente opresivas, do seu tempo, xunto coa súa defensa da organización dende abaixo, prefiguraron a miúdo da súa parte un mecanismo de defensa case biolóxico fronte á idealización do desenvolvemento das forzas produtivas á que se entregaron Marx e os seus epígonos.

Os críticos da democracia directa subliñan que é unha forma por completo inadecuada para encarar os problemas de sociedades complexas.

E en parte teñen razón. O que acontece é que a reivindicación da democracia e da acción directas non aparece soa. Faise acompañar da defensa paralela dunha reestruturación radical das nosas sociedades que reclama, fronte ao colapso, decrecer, desurbanizar, destecnoloxizar, descentralizar e descomplexizar. Hai que tomar o paquete enteiro. Se a tarefa correspondente parece difícil, e sen dúbida o é, non está de máis que recorde o que rezaba con ironía un treito dunha canción anarquista francesa do XIX: abolamos, si, o capital, pero, se o facemos, quen nos pagará o xornal do sábado? Moitos dos problemas que hoxe nos parecen insorteables acaso non sexan un escollo tan severo cando nos poñamos á tarefa.
Leer más...

Xuizo inminente para o C.S.O. Palavea (A Coruña)

Reproducimos a continuación o comunicado emitido pola okupa coruñesa "C.S.O. Palavea" ante o xuízo civil que se lles aproxima e do que non eran conscientes ata hai poucas semanas. Extraemos a información do seu facebook, dende onde piden que estemos atentxs a futuras convocatorias e ampliacións de información polo perigo real dun próximo desaloxo do Centro Social:

Dende a asamblea do Centro Social Okupado de Palavea queremos facer público o seguinte comunicado:

En anteriores comunicados informamos da compra do edificio que xestionamos por parte dun empresario local que pretende montar un novo asilo privado. Tamén informamos dos intereses exclusivamente lucrativos que se agochan tras desa operación, así como do aproveitamento da nosa presenza no espazo para abaratar a compra.

Agora sabemos que, ademais do proceso penal pola okupación, xa hai máis de dous anos, do edificio, os novos “propietarios” iniciaron outro proceso pola vía civil buscando o desaloxo. Pese a que a denuncia penal aínda segue aberta, semella que o proceso civil, do que nós non tiñamos noticias ata hai apenas dúas semanas, adianta pola dereita ao outro proceso e fixa a data do xuízo, nun asombroso alarde de nostalxia fascista, para o vindeiro 20 de Novembro. Dúas persoas atópanse imputadas, xunto cunha terceira denuncia para os “ocupantes da casa”; pídese, como fianza para oporse ao xuizo, a desorbitada cantidade de 200.000 euros (ollo! é unha fianza para cubrir os posibles danos ou perxuizos, non unha multa nin unha sanción).

Evidentemente esta noticia entraña un inmediato perigo para a supervivencia do noso Centro Social, e por iso pedimos a todas aquelas persoas solidarias que permanezan atentas a futuras convocatorias; pedimos colaboración (individual ou en conxuto) para que o espazo siga aberto, para que non o reapropie o capital e siga sendo de todas.

O C.S.O. Palavea é unha ferramenta dos movementos disidentes e contestararios da Coruña na loita contra o capitalismo e contra a
autoridade. É un espazo liberado a experimentación dun outro mundo, non só posible, se non necesario. É un oasis no deserto do pensamento único e do demofascismo liberal. Os seus usuarios cremos no que facemos, e por iso debemos defender as nosas conquistas coa determinación dos que loitan por un mundo mellor.

O “C.S.O.PALAVEA” RESISTE.

Contra as agresións do capital

LOITA SOCIAL!!!!

Seguiremos informando.


Agora reproducimos, polo seu interese e a súa evidente relación co tema en cuestión, o anterior comunicado emitido polo mesmo Centro Social Okupado:

Ante a recente noticia da compra dos terreos do antigo internado das Oblatas del Santísimo Redentor para a súa conversión nun xeriátrico privado, dende a asemblea do Centro Social Okupado e Autoxestionado de Palavea, que dende hai máis de ano e medio xestiona o proxecto social, político e cultural que dá vida a este espazo, queremos facer público o seguinte comunicado:

Somos conscientes da manobra especulativa que permitiu que a propiedade do inmoble pasase de Nova Galicia Banco a outras mans do capital privado, por unha cantidade de diñeiro moi inferior á que no seu día se pagou polo terreo. Tendo en conta que Karpin, o empresario e ex futbolista do Celta que perdeu a propiedade do inmoble por non poder afrontar os pagamentos, pagara pola casa máis de sete millóns de euros, e que agora o empresario de Sada que a acaba de adquirir pagou só un millón e medio (cinco veces menos), faise evidente que a nosa presenza no espazo foi aproveitada con escuros fins especulativos para realizar un lucrativo negocio.

Sobre o feito de que o fin que agora se lle quere dar ao terreo sexa a construción dun asilo de anciáns queremos facer constar, para disipar posibles confusións, que o que aquí se está a cociñar é un negocio privado, non un filantrópico proxecto de utilidade pública. Aproveitando o paulatino envellecemento da poboación, así como a onda de privatizacións que entregan os máis elementais servizos públicos ás poutas do capital, avispados empresarios pretenden lucrarse a custa dos dramas familiares que supoñen o coidado e atención dos nosos maiores, cobrando prezos exorbitados ás familias e espoliando as pensións dos anciáns. Que se desengane o que pense que un asilo destas características é un equipamento social para o barrio; a veciñanza, de orgullosa orixe humilde, xamais poderá pagar os abusivos prezos dun negocio pensado para os podentes petos dos señoritos de Juan Florez.

O que este barrio necesita son equipamentos sociais públicos (centros de saúde, parques, colexios, centros sociais...) non elitistas negocios erixidos á sombra do desmantelamento do estado de benestar e da privatización dos servizos sanitarios. Unha residencia privada para ricos en nada vai axudar aos veciños, que terán que seguir coidando aos seus maiores na casa, gústelles ou non, por non poder pagar a xestión privada daquilo que nunca debeu de deixar de ser un servizo público ou comunitario.

Agora xa sabemos o que o barrio supostamente vai "gañar", agora toca saber o que lle queren quitar: Un centro social aberto e gratuíto de xestión horizontal e asemblearia. Xestionado á marxe de subvencións públicas ou de lucro privado, onde todos os que traballan e se relacionan nel o fan de forma libre, gratuíta e desinteresada. Un espazo que desenvolveu talleres gratuítos de guitarra, manualidades, artes marciais, artes plásticas, cociña... Un espazo onde se reúnen asociacións culturais do barrio e grupos de xogos infantís; onde se desenvolveron infinidade de encontros, charlas, reunións e asembleas dun sen número de grupos diferentes e heteroxéneos. Un espazo que ofrece un ximnasio, unha rampla de skate ou un estudo de tatuaxes nos que non hai que pagar máis que as achegas voluntarias necesarias para o seu mantemento. Un espazo que sostén unha horta ecolóxica e colectiva que nutre os abundantes comedores sociais dinamizados dende o centro social. Un espazo con sala de concertos ao servizo de calquera iniciativa solidaria, un taller de bicicletas, un ciber café gratuíto, unhas canchas de baloncesto a disposición do público e un sen número de cousas máis que pretende abrirse aos movementos sociais da urbe e a todxs aqueles que queiran experimentar unha vida libre e alternativa, á marxe do capitalismo e as súas institucións.

Que non vos enganen, aquí enfróntanse dúas concepcións distintas de xestionar o mundo: As afiadas poutas do capitalismo voraz e depredador contra o firme puño dos que loitamos por unha vida máis xusta, libre, comprometida e igualitaria.

A nosa okupación non é máis que a liberación dun pequeno espazo deste gris pesadelo ao necesario sono dun mundo mellor.


AQUÍ deixamos outra nova neste blog sobre a recente compra do edificio.
AQUÍ deixamos o enlace ao Blog da okupa.
Leer más...

28 sept. 2013

A defensa d@s 4 independentistas exixe a nulidade do xuízo por achar que ''se violaron dereitos fundamentais''

Colamos de SermosGaliza este artigo asinado por Beti Vázquez:

O dereito a un órgano xudicial imparcial, á contradición das probas achegadas pola acusación, á presunción de inocencia e á liberdade ideolóxica. Son catro das garantías que consideran que non se respectaron no xulgamento decorrido entre o 24 e o 27 de xuño na Audiencia Nacional española e do cal resultou unha condena a 56 anos de prisión e 36 de liberdade vixiada.

A defensa de María Osório, Antom Santos, Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo ten preparado xa o recurso de casación que na segunda feira, día 30, presentarán perante o Tribunal Supremo. Nel reclaman que o xuízo decorrido na Audiencia Nacional española entre o 24 e o 27 de xuño sexa declarado nulo porque, afirman, "non se respectaron as mínimas garantías".

Así o explicou Manuel Chao, avogado de Roberto R. Fialhega e Eduardo Vigo, ambos condenados a 18 anos de prisión --oito anos por "participación en organización terrorista", outros oito por "tenza de explosivos con fins terroristas" e dous por "falsificación de documento oficial"--. Chao compareceu acompañado de Borxa Colmenero (defensa de Santos) e Alejandro Cortizas (defensa de Osório) para explicar por que rexeitan a sentenza ditada polo tribunal. Fano, dixeron, "por razóns eminentemente xurídicas".

"Non se pode condenar ninguén polo que pensa"

Aseguran os letrados que durante o xulgamento foron "violados" varios dereitos fundamentais contemplados en textos legais como a Constitución española ou o Convenio europeo de dereitos humanos. "Toda persoa que vai ser enxuizada ten dereito a un órgano xudicial imparcial e a se defender", subliñou Manuel Chao, recalcando unha apreciación que a defensa observou durante todo o procesamento: "un desequilibrio favorábel ao Ministerio Fiscal, única parte acusadora".

Seguindo a enumeración de dereitos que a defensa considera vulnerados estaría a presunción de inocencia que asiste a todas as persoas imputadas, o dereito á liberdade de expresión e máis un que consideraron de especial relevancia: o dereito á liberdade ideolóxica. "Non se pode condenar ninguén polo que pensa e non se poden adaptar as probas", recalcou Manuel Chao.

Denuncian "interferencias do poder político no poder xudicial"

Con todo, tamén houbo mención á "interferencia do poder político no poder xudicial". Así cualificaron as declaracións realizadas polo ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, cadrando co segundo día de xuízo e que reproducimos de seguido: "agardo que a Audiencia Nacional teña o acerto de cualificar Resistencia Galega coma o que é, unha organización terrorista, e que impoña aos acusados as penas que lles correspondan".

Os tres letrados deixaron claro que esgotarán "todas as vías xudiciais", comezando no Supremo, seguindo polo Tribunal Constitucional e rematando no Tribunal de Estrasburgo se for preciso, malia confiaren en que a "violación de dereitos" que denuncian sexa apreciada xa co recurso de casación e o xulgamento sexa declarado nulo.

"En todo caso, Fialhega e Vigo serían culpábeis de depósito de artefacto incendiario"

Recalcou Chao que "unha das garantías para que unha proba sexa aceptada é a contradición", contradición que lles foi negada tanto aos peritos da defensa (Bernardo Máiz e Carlos Taibo) como aos propios avogados, que non puideron formular preguntas ao garda civil. Así mesmo, explicou que o facto de permitir que un funcionario da policía actúe como perito "só se dá cando se aplica a lexislación antiterrorista".

A defensa falou tamén dos artefactos incendiarios que a policía dixo ter incautados a Roberto R. Fialhega e a Eduardo Vigo: un deles no rexistro do domicilio do primeiro e outros dous no rexistro do carro en que viaxaba o segundo. "Ao non se teren causado lesións, en todo caso, de resultar probado, a Audiencia Nacional noutros casos o que estabeleceu foi un delito de depósito de artefacto incendiario con carácter de terrorismo individual".

A sentenza "fía unha serie de cousas insólitas"

Referiuse ás declaracións dos voceiros dos catro grupos parlamentares, do director do CIS e do propio delegado do Goberno español na Galiza. "Ningún deles foi quen de dar nin un só dado de persoas lesionadas, de persoas ameazadas", malia que a sentenza decorrene deste xuízo "fía unha serie de cousas insólitas para estabelecer que hai unha organización terrorista", recordando que até o de agora só foron cualificadas coma tales ETA, os GRAPO e o Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive, "mais nestes casos si houbo lesións, si houbo feridos, si houbo ameazas".

Por derradeiro, Manuel Chao denunciou que o informe "de máis de 800 folios" lles foi entregado dous días antes da vista, polo que non lles deu tempo nin a revisalo coa profundidade que requería unha proba destas características. Aliás, as traducións lingüísticas dos documentos escritos en galego-portugués e atribuídos aos ou á acusada "tiñan incorreccións e non foron feitas por peritos expertos".
Leer más...

27 sept. 2013

Lista incompleta de "Accidentes con CIANURO" en minas de OURO do Mundo só na última década

En primeiro lugar agradecerlle à persoa que nos fixo a traducción deste texto publicado en inglés na web rumana Add-Energy e que colamos acá:

Hoxe publicamos unha lista (incompleta) de derrames de cianuro en minas de ouro do mundo na última década.

Como veredes, aínda que as compañías son de países cun alto grao de civilización (EEUU, Canadá, Suecia, etc.), operan en países mais subdesenvolvidos en termos económicos e técnicos, as chamadas “repúblicas bananeiras” (Gana, Tanzania, Filipinas, etc.), se ben tampouco as minas de paises "ricos" salvaronse de "accidentes".

Aquí van algúns dos vertidos de cianuro que tiveron como consecuencia a destrucción de vida salvaxe do medio en grandes áreas (incluindo grandes cantidades de auga) e moitas veces a perda de vidas humanas.

Ano 2012 .- Segundo o informe anual, a compañía mineira (minas de ouro e polimetal) Boliden, a maior mina de europa de ouro, en Suecia tivo 9 accidentes nese ano. (esta compañía fora tambén a responsábel da maior catástrofe producida nunha mina do estado español: en Aznalcóllar na madrugada do 25 de abril de 1998, cando rachara a balsa de residuos de metais pesados moi contaminantes e se verqueran 4,5 millóns de metros cúbicos de residuos ao río Guadiamar e afectou ao Parque Natural de Doñana. (ver acá)

31 de outubro de 2011 e 29 de decembro do mesmo ano .– Na comañía mineira británica Hambledon Mining Kazakhstan prodúcese un verquido de cianuro nunha das presas de contención da balsa de residuos, en Kazakihstan.

8 de outubro de 2009 .- Newmont Mining Corpopration de Denver, unha das dúas maiores mineiras de ouro do mundo, neglixente verquido de cianuro na súa mina de ouro Ahafo Gold Mine, en Gana.

En maio de 2009 .- Nunha mina de Barrick Gold prodúcese unha filtración de lodos tóxicos ao río: 20 mortos, en Tanzania.

6 de abril a 11 de xullo de 2007 .- A mineira canadense Toronto Ventures Inc. (TVI) colapsa unha balsa de residuos e envelena o río Siocon con residuos tóxicos, en Zamboanga, Filipinas.

11 e 31 de outubro de 2005 .- A compañía Lafayette Mining 's Rapu Rapu, especializada na extracción de polimetal ten dúas fugas de auga de procesado e tratamento, tambén en Filipinas.

20 de xuño de 2005 .- Derrame de cianuro na mina de ouro Phu Bia, explotada por Pan Australian Resources, en Laos.

23 de outubro de 2004 .- Fuga nunha presa da compañía canadiense Bogoso Gold Limited ao río Aprepre, en Gana.

11 de Xaneiro de 2004 .- Bogoso Gold Limited, filial de Golden Star Resources, produce un verquido de cianuro ao río Kubekro, en Gana.

30 de xaneiro de 2004 .- Un informe do goberno confirma que a mina de ouro Kalgoorlie produciu verquidos de cianuro en acuíferos subterráneos, en Australia.

7 de agosto de 2004 .- Verquido de cianuro na isla de Misima durante o desmantelamento dunha mina, en Papúa Nova Guinea.

25 de xuño de 2004 .- O Consello de Estado informa de 7 casos de verquidos de produtos químicos mortais a semana anterior, causando un total de 21 mortos, en China.

29 de maio de 2003 .- Verquido de cianuro na mina de ouro Tarkwa no distrito Wassa Leste, en Gana.

14 de xaneiro de 2003 .- Envelenamento por cianuro en Bonanza, Nicaragua, na Rexión Autónoma do Atlántico Norte. A compañía canadiense Hemconic/Greenstone verte cianuro no río Bamban. Os informes falan de 12 nenos mortos por beber a auga do río.

Xaneiro de 2003 .- Honduras occidental: fuga masiva de cianuro da mina San Andrés.

2 de decembro de 2003 .- Estados Unidos: derrame de cianuro na mina Briggs, en Balleratt.

9 de xuño de 2002 .- Nevada, Estados Unidos: verquido de cianuro en Denton - Rawhide Mine

16 de maio de 2002 .- Nevada, Estados Unidos: fuga de solución de cianuro dunha unidade da mina Twin Creeks

Novembro de 2001 .- China: 11 toneladas de cianuro de sodio derrámanse nun afluente do Luohe na provincia de Henan.

Outubro de 2001 .- Gana: verquido de miles de metros cúbicos de residuos con cianuro e metais pesados dunha balsa durante unhas operacións mineiras no Distrito Occidental de Wassa.

30 de xuño de 2000 .- Papúa Nova Guinea: a mina de Río Tinto en Lihir verte cianuro no océano.

Ademais cabe destacar o accidente de Merriespruit, Sudáfrica, en 1994 cando a ruptura dunha balsa de residuos, despois dunhas chuvias torrenciais, produce 17 mortos.

Colado por eDu, traducido por Mon.
Leer más...

[Vigo] Crónica da Concentración Monarquia Non

Colamos tal como nos fixeron chegar as compas de Ecoar Vigo sobre a Concentración de onte:

RESUMO DA XORNADA

CONCENTRACIÓN MONARQUÍA NON!!!

Esta mañá tivo lugar en Vigo a concentración Monarquía Non!!! convocada por ECOAR))) e outros colectivos

Con motivo da visita dos príncipes á cidade de Vigo, esta mañá tivo lugar, na esquina da estación de bombeiros de Balaídos (a actividade estaba convocada na porta principal da empresa Citroënse ben non foi posible acceder), unha concentración, baixo o lema Monarquía Non!!! Con esta actividade, que tivo lugar de xeito pacífico e sen incidentes, a cidadanía viguesa pretende visibilizar o seu rexeitamento cara a unha institución, a Monarquía, que concibe que hai persoas con máis dereitos que outras; que hoxe ademais atópase azoutada por decenas de membros acusados por corrupción; e que, no caso do estado español, ten a gravísima cuestión de que a coroa foi elixida por un xenocida, recoñecido como tal internacionalmente.
Leer más...

Novo abuso xudicial contra a compañeira Noelia

Recollemos esta información do blogue da Asamblea de Familiares e Amigxs das Persoas Presas (AFAPP):

Copiamos de xeito literal as palabras da sua nai, Dolores, sobre os últimos acontecementos:

"Hola amigos , hoy es un dia muy malo parami , me llamo mi hija desde granada, albolote, le hicieron un juicio por videoconferencia sin tener un abogado, ella sola ante el juez ke es siempre el mismo, será el ke paga la prole. Mi hija no sabia de ke era el juicio, la debieron llevar media drogada con la metadona, ella cuando keria hablar el juez no la dejaba, le piden 60 euros diarios durante 3 meses y una condena de 6 meses, ella sabe ke es sobre alguna denuncia ke ella puso en brieva avila, está mal se siente desprotejida con tanta injusticia, kiso poner denuncia por estos hechos y la empujaron para la celda y le dijeron ke no habia denuncia ke no habia partes para cubrir, en granada kiere dejar la metadona porke ultimamente se encuentra muy mal y se la hacen tomar a la fuerza, no sale nada de la celda, antes aun salia una hora ahora nada de nada, están volviendola loca, hoy no hacia mas ke llorar, tenemos una gran justicia en españa ke vive de los pobres, mi hija cuando salió de brieva del juicio con el violador salió descalza, ahora le kitaron del pecunio 50 euros y le mandaron los zapatos y 7 cds, estos mal nacidos, ella no puede denunciar no le dan los partes para cubrir, pido justicia si es ke la hay, encima ke sale con un esjince de primer grado por reclamar el calzado ahora le cobran, las carceles son todas igual los mismos perros con distinto collar."



Este é o video-montaxe realizado polo colectivo "Rebelión Negra" con música de Paso a Paso ("laberintos negros") e La Polla Records ("ellos dicen mierda") e con imaxes de Noe e da súa xente e cartaces diversos anticarcerarios e anarquistas con o que a agasallan polo seu 26 aniversario (descoñecemos a data, se ben foi subido o 30 de agosto).

Ademáis copiamos o seu enderezo por se alguén se anima a escreberlle, pois como diciamos noutra entrada deste blogue: Se non se quere alongar o texto da carta e/ou non sabe ben o que dicir a alguén que non coñeces persoalmente, recordarlle que só duas lineas nunha postal son aire limpo que respirar nun sitio onde falta o aire e o pouco que hai ademáis está podre.

Animo a todxs a escreber as prisioneiras tambén cando non se lles coñece:

Noelia Cotelo Riveiro
CP Albolote
Ctra. Comarcal 220, Km.6, 18220 Albolote (Granada)
Módulo de Illamento

Secuestradxs ás rúas

Abolición dos carceres xa¡¡¡

e liberación inmediata para xs kompañeirxs secuestradxs polos estados fascistas


eDu
Leer más...

Ester Quintana utilizada por Peugeot-Citröen de Vigo como módelo de persoa inconsciente que non ten comportamentos seguros.

Ou sexa Citröen Vigo considera a Ester culpábel da perda do seu ollo esquerdo por non saber identificar os riscos nen ser quen de evitalos con comportamentos que cumpriran un standar garantista da sua seguridade. Supoño que para Citröen Vigo o policia que disparou a bala de goma non tivo culpa nen parte, foi un mero suxeito dunha acción casual que Ester non soubo evitar (se ben non difere muito esta versión da que mantén o ministerio de interior ocultando quen dos mozos d'esquadra disparou ao chou sobre a xente e quitoulle un ollo a Ester). É dizer que o cartaz da campaña suxire que Ester, de ter sido prudente, hoxe conservaría o seu ollo , mais ao colocar o seu ollo na traxectoria da bala de goma, é claramente culpable.

As redes sociais rexistraron onte multitude de mensaxes de indignación cando se soubo da utilización da imaxen de Ester Quintana para unha campaña da planta de produción de Vigo de Peugeot Citröen na que fan recaer sobre as traballadoras a responsabilidade da súa seguridade na empresa con o título "televisivo" de "12 meses 12 comportamentos seguros" e a lenda "Tú eres consciente, identifica los riesgos y evítalos con comportamientos seguros" (en castelán claro).

Foi tanta a indignación que en pouco tempo miles de persoas compartían a fotografía do cartaz da campaña, ao tempo que enviaban masivamente cartas e mensaxes aos responsabeis da fábrica repudiando a súa atitude e exixindo que retiraran a foto.

Evidentemente Citröen tirou de xeito case imediato un seu comunicado no que pretende minimizar o uso da imaxen criminalizante de Ester, sob a escusa de que o cartaz formara parte dunha campaña de prevención de riscos laborais realizada "exclusivamente" no interior das suas instalacións e que lamentan o "malestar" que "puido provocar" e pede desculpas a todos aqueles que se poideran sentir ofendidos (sen mencionar para nada o nome de Ester) e ademáis, cinicamente, confirma que estes cartaces xa foran retirados das suas instalacións (sen mencionar que o cartaz en cuestón correspondíase con o mes de xullo (estando acabando setembro, qué menos!!).

Vos colamos os contactos da planta de Peugot-Citröen Vigo, por se alguén ten algo que comunicarlles aos responsabeis de Citröen ao respecto, o teléfone é 986 215 000, o Fax 986 296 358 e o mail: centrodevigo@mpsa.com , ademáis colamos acá unha das cartas que rula pola rede dirixida ao director da planta Juan Antonio Muñoz Codina, por se alguén prefire copiar, colar e enviar:
............................................
(en galego)

"A D. Juan Antonio Muñoz Codina

Estimado señor, deséxolle no máis profundo do meu corazón que venda moitos coches pero menos do que lle desexo que algún día se de conta do que significa perder un ollo. E non por un accidente cun dos seus seguros coches, non. Se non por unha agresión dun desalmado que non valora as consecuencias dos seus actos, exactamente o mesmo ca vostede.

Sen máis, siga utilizando vostede a desgracia allea para encherse os petos, que o día que se lle rebente de tan cheos, veremos se sabe nadar o porco.

Con todo o meu respecto cara á señora Quintana e desexando que se de conta que un ollo humano vale máis que calquera dos seus coches e que vostede non é máis sucio, mentalmente, porque non existe tanta sucidade, se despide."

Seguida da miña firma co meu nome e apelidos.
..............................................
(en castelán)

"A D. Juan Antonio Muñoz Codina,

estimado señor, le deseo en lo más profundo de mi corazon que venda muchos coches pero menos de lo que le deseo que algún día se de cuenta de lo que significa perder un ojo. Y no por un accidente con uno de sus seguros coches, no. Si no por una agresión de un desalmado que no valora las consecuencias de sus actos, exactamente lo mismo que usted.

Sin más, siga usted utilizando la desgracia ajena para llenarse los bolsillos, que el día que se le revienten de tan llenos, veremos si sabe nadar el cerdo.

Con todo mi respeto hacia la señora Quintana y deseando que se de cuenta que un ojo humano vale más que cualquiera de sus coches y que usted no es más sucio, mentalmente, porque no existe tanta suciedad, se despide."


Seguida de la firma con mi nombre y apellidos.
..................................................

asdo. eDu
Leer más...

26 sept. 2013

Canárias está em África e é umha colónia!!

Este que subscreve, tivera a imensa sorte de, por circunstâncias laborais do meu pai, há já 32 anos, conhecer algumha das ilhas do arquipélago canário, e o mais importante, trabar amizade com várias moradoras destas ilhas que tinham um certo orgulho de ser canárias e africanas (algumhas antes que espanholas, outras nom querem nada com Espanha), mesmo o meu melhor amigo dos primeiros anos de Compostela é "canarión" (apelo com que se idéntifica as persoas da ilha de Gran Canaria), com quem nom era raro rematar de farra cantando o único hino independentista que conheço com ritmo bailável: "Me gusta la bandera, me gusta la bandera, ay, mamá, bandera tricolor; con siete estrellas verdes, con siete estrellas verdes, ay, mamá, bandera tricolor! ay ay ay ¡que divertido! ay ay ay ay ¡que vacilón!, ón ón ón ón" (nunca gostei nem de hinos nem de bandeiras, pero há que reconhecer que vacilóm se que é).

Umha das coisas que mais me chamara a atençom, era que ao falar da minha estância nas ilhas com gente da península (maiormente da Galiza, se bem, na altura eram mais desconhecidas que o de agora, pois ainda nom ocorrera a maciça migraçom de galegos chegados para colabourar a destruir as ilhas e amolar o seu ritmo pausado de vida trabalhando arreo a cámbeo de dinheiro), a gente de acá desconhecia (e desconhece) em grande medida a ubicaçom geográfica das Canárias e assim:

1.- Havia, e mesmo segue haver, quem as confunde com as Baleares (poidera ser porquê nalguns mapas, por aquilo de mete-las no mesmo enquadre do resto das espanhas, as ilhas Canárias ficavam ubicadas num quadro embaixo das Baleares)

2.- Havia, e mesmo segue haver quem, ainda que sabe que estám no Atlántico, vem a ubica-las moi perto da península, como se nom fossem africanas (motivadas por outros mapas ??)

3.- Havia, e por sorte segue haver e cada vez mais, quem sim sabia bem de-las e as ubica no lugar ajeitado, fruito da emigraçom ou do prazer:

E poida que alguém se esteja a pensar, quê é o que nos quere dizer este com tanto mapa? Pois a isso vou:

Por umha banda porque me anoja que este vrão voltara o manido tema de "Gibraltar Español" e que agora saia o Rajoy com a teima de que Gibraltar é a única colónia em território europeio. O Sr. Rajoy, como todos os políticos da Corona espanhola, inhora adrede o que di o Tratado de Utrecht, no que Espanha cedeu o penhom: Cessom de Gibraltar a Inglaterra. Artículo X. 13 de julho de 1713: "O Rei Católico (Felipe V, o 1º Borbom) por se e polos seus herdeiros e sucessores, cede por este tratado à Corona da Gram Bretanha a plena e enteira propriedade da cidade e castelos de Gibraltar, juntamente com o seu porto, defensas e fortaleças que lhe pertencem, dando a dita propriedade absolutamente para que a tenha e goce com enteiro direito e para sempre, sem excepçom nem impedimento algum". Além, por ter assinado esse tratado, a coroa espanhola recuperava a ilha de Menorca, ocupada polos ingleses com motivo da guerra de sucessom e abandonava por cessom e para sempre (forever) Gibraltar. Logo isto nom é um caso de colonialismo nem o roque de Gibraltar umha colónia quanto menos, entanto espanha sega a ser umha monarquia, senom que foi fruito dum mais dos tantos acordos entre coroas.

Pola contra, as ilhas Canárias, e isso haveria que lança-lo aos quatro ventos, antes que Gibraltar fosse cedida aos ingleses, já era umha vil colónia espanhola, como consequência dum cruento processo de conquista pola força das armas que durou cem anos, dada a resistência numantina dos aborígenes canários que foram invadidos polas hordas castelhanas e demais calanha espanhola, numhas acometidas cheias de crimens de lesa humanidade cometidos na genocida conquista e evangelizaçom das ilhas, ao estilo da practicada em tuda América. Polo tanto, Gibraltar nom é um território conquistado a sangue e lume em guerras coloniais, como si o forom Ceuta, Melilla, Canarias e o resto das praças de soberania em África.

Lembranças da minha infância, levam-me a recordar como, nos livros de texto do franquismo, fazia-se gala da grandeza de Espanha e nom se disimulavam as colónias e possessons dos territórios africanos e assim eram nomeados como "África Espanhola" tanto os territorios africanos baixo "protectorado" espanhol ( dependencias coloniais de Marrocos formado polas zonas do Rif ao norte e Cabo Juby ao sur), como as "prazas de soberania" ( as maiores, Ceuta e Melilla, e as minores as Ilhas Chafarinas, as Ilhas Alhucemas e o Penhom de Vélez de la Gomera), como os territórios baixo soberania (o Sáhara Espanhol, Guinea Espanhola e as ilhas Canarias). Mesmo, nos sorteios de quintos (singular lotaria anual onde rifavam-se os destinos dos moços para a mili) as praças de África eram as máis temidas (e assim eram como se denominavam todos estes destinos, incluidas as ilhas Canárias) em contrapartida com as praças da Península (a "sorte" se botava entre Africa e a Península, sendo os destinos de Africa os piores, enchendo de desgosto e pesar a familiares, noivas e amigos).

A teima dos governos espanhois com a devoluçom de Gibraltar, e que baseam tal direito a umha estratagema de Franco, quem, quando se formarom as Naçons Unidas e se pedira a todos os paises que deram o nome das suas colónias e territórios, respondera que nom tinham nengumha colónia, senom "províncias de ultramar"; entanto os ingleses, quem consideravam colónias todo território de ultramar, incluiram na listagem Gibraltar, se bem desde o ponto de vista de direito internacional, quem únicamente poderia solicitar algum dia à coroa inglesa a devoluçom de Gibraltar seria umha República espanhola, nom como sucede agora que a coroa española som herdeiros e sucessores do rei que cedeu o penhom.

Além ha outros motivos relaçonados com a minha "sensibilidade" com as ilhas Canárias e mais em cocreto com a ilha de La Palma (a ilha bonita que che chamam as gentes das outras ilhas e donde morei vários meses durante 7 anos), e como dizia ao princípio, ao falar do desconhecemento geográfico, um outro tanto se passava com a toponimia, sendo moi comum que a gente da península "misturara palmas", confundindo Palma de Mallorca com Las Palmas de Gran Canária e com a ilha de La Palma, nada preocupante, se nom es presidente do governo espanol, porque o de Rajoy deste vrão bate recordes de inhorância e despreocupaçom polo que solta pola sua boquinha quando nom tem diante um papel, e assim quando se foi de vissita a Mallorca a ve-lo rei, dias depois de que a ilha de Mallorca sofrera um grave incêndio (o pior da ilha em duas décadas), Rajoy confunde a ilha de Mallorca com a ilha de Palma:


E já para remate, e se quadra foi o que me motivou este artículo pessoal, foi escutar ao ministro de Indústria, Energia e Turismo, José Manuel Soria, repricar-lhe ao presidente do governo canário Paulino Rivero quando este, ao respeito da polémica criada agora com o de adoptar a todo o território espanhol ("províncias de ultramar" incluidas) o mesmo horário de Inglaterra (umha hora menos) para que "trabalhemos melhor" e "durmamos menos sexta", solicitara que se respeitara a diferência horária de Canárias, começando a súa réplica com estas suas palavras: “Le pediría que no dijera disparates”. Tuda umha "leçom de inhorància in crescendo" que vos convido a escutar à ìntegra:



"El meridiano de Greenwich va a seguir pasando por Canárias”!!!, pois nom ministro Soria, como bem se observa neste mapa escolar dos fusos horários:

A pouco que se mire, as ilhas Canárias (esses pontinhos moi próximos a Mauritánia na África), estám no seguinte fuso horário (ao igual que boa parte de Portugal e da Galiza, horário galego já!) e ademais, as Canárias estám justo no seguinte meridiano:

E isso sem contar que, como Canárias está em África e bastante mais perto do equador que Madrid, a diferência de horas de sol na meirande parte do ano é moi sinificante (no vrão as diferèncias som mínimas, pero por ejemplo em 6 de fevereiro deste ano, entanto o sol saeu em Las Palmas as 7:20 e ocultou-se as 20:20 (hora local, 1 mais em espanha), em Madrid saiu as 8:22 e ocultou-se às 18:36, case 3 horas mais de luz solar em Canárias do que em Madrid.

E já para rematar, o que mais me enervou é que o sr. ministro de Indústria, Energia e Turismo, José Manuel Soria "é CANARIÓN"!!, ademais de ser presidente rexional do PP canário desde 1999 !!! além dum sinfim de carrégos, álcalde, presidente do Cabildo, deputado autonómico, vicepresidente de Canárias, ou seja que estivo a chuchar
em Canárias desde o seu berçe até o 22 de dezembro de 2011, quando foi nomeado ministro (ver ficha)

E o sr Wert quê pensará dos seus compas de classe??

"perdom pola chapa"
eDu
Leer más...

A CNT de Tarragona e "Change.org"

Chegou-nos ao nosso correio umha notícia da Agência de Notícias Anarquistas - ANA que, além das conhecidas disputas que soem povoar este blogue em tudo quanto se critica da CNT, me deixarom "pasmado": "Da CNT Tarragona criam umha petiçom "change.org" para recolher assinaturas para que a alcaldia dessa cidade anule umha multa de 800€ aplicada à CNT por montar um stand com informaçons e livros".

Argumenta a CNT na sua petiçom "on line" que leva fazendo isso desde há mais de vinte anos, e que até este ano o concelho dera permiso para tal, mas agora, por vez primeira, exigira umha licência prévia gratuita para poder monta-lo posto, e pelo que se ve, a CNT passou de tudo ao igual que outros quince postos, se bem forom elxs xs únicxs que receberam a papeleta, o que consideram um caso de "repressom selectiva".

Nom sei eu qual foi o motivo pelo qual a CNT de Tarragona decidiu recorrer a esta plataforma "on line" para tentar convencer ao alcalde de que lhes seja retirada a multa, mas acho, e é umha opiniom persoal, que quem tomou essa iniciativa nom puido ser mais desatinado. E me explico:

Nom há muito e em diversos medios alternativos, saira publicada umha crítica moi atinada sobre change.org assinada por Jorge Izquierdo (ver acá), na que apontava e disparava que "Change.org é um site operado por Change.org Inc., umha corporaçom estadounidense com fins lucrativos, "umha empresa pura e dura" e rematava o artículo com esta reflexom num apartado intitulado: Activismo de sofá e na boca do lobo que di assim: "A situaçom actual da política espanhola, cum grao de corrupçom política e económica galopante que derivou num estado de indignaçom de campanha permanente, unido á nossa incultura digital, levounos -coa melhor das intençons- a utilizar plataformas digitais que cubertas de pel de ovelha escondem a mais dum lobo.(...) tempo é já de estar alerta (...) . No caso contrário, darase o paradoxo de estar a botar em saco roto legítimas reclamaçons que, ademais, enchem os petos de corporaçons multinacionais que vendem -numha sublimaçom do capitalismo mais selvagem- em forma de fume nossos desejos.

Poida que, as mentes preclaras da CNT de Tarragona, nom leram este artículo (ou poida que leram e consideraram que tampouco era como para toma-lo a sério), mas ao pouco que quigeram saber algo mais desta "Plataforma" atopariam com dados que dam nojo e que som doados de comprobar, como é o caso destoutro artículo que leva por títular: "Os perfis dos altos ejecutivos do conselho de administraçom da empresa estadounidense Change.org e a sua conexom com George Soros" (o gram gurú de ”esquerdas”, “solidariedade” e assistencialismo, o multimilhonário GEORGE SOROS).

Pero, bom, agora sairám escusas ou desputas tipo: "pois tu mais" e, no entanto, a CNT Tarragona colabourará com umha empresa com muito ánimo de lucro.

Asdo. eDu
Leer más...

A Xunta e a filial de Edgewater en Galicia sincronizan axendas en Corcoesto

Reproducimos (despois de traducido) esta Crónica publicada en AlertaMinera, onde fica clara a postura do goberno da Xunta, submisa aos anceios de Edgewater:

Mina a ceo aberto e central térmica de Meirama, un dos proxectos máis contaminantes de Europa

10 de setembro de 2013. É o inicio. Mineira de Corcoesto fai público nun comunicado a contratación de Francisco Aréchaga, presidente ata ese momento da Cámara Oficial Mineira, como director xeral corporativo da filial de Edgewater en Galicia. Dende entón, un aluvión de acontecementos marcaron o día a día do conflito, nunha campaña de promoción a favor do proxecto mineiro secundada fielmente pola Xunta de Galicia.

A contratación deste enxeñeiro de minas asturiano, ex-delegado territorial da multinacional Endesa para o noroeste español preséntase por parte da empresa como a panacea dun personaxe de "recoñecida traxectoria en Galicia" que "pon de manifesto o seu compromiso coa moderna minaría sostible" por parte do que tamén foi o director nos 90 da maior mina a ceo aberto da Península, sometida "a unha modélica rehabilitación ambiental" tras a conclusión das tarefas mineiras.

15 de setembro de 2013: "Non haberá ningún problema coa mina de Corcoesto. Ata eu iría a vivir alí".

A ofensiva mediática xa é unha realidade aos poucos días da súa presentación. Nunha entrevista concedida ao diario La Opinión da Coruña, Aréchaga aparece xa como un "férreo defensor" do concepto da "minaría sostible", onde as 546 toneladas anuais de cianuro empregados no proxecto de Corcoesto non entraña perigo ningún, dado que este elemento pode ser encontrado de xeito natural -nun máis que sorprendente argumento- en "peras, mazás e améndoas".

16 de setembro de 2013. A Xunta de Galicia secunda as teses do novo director xeral corporativo de Mineira de Corcoesto.

En máxima sintonía con Edgewater, o Presidente da Xunta de Galicia visita tan só un día máis tarde o lago artificial de As Pontes que é "a proba palpable de que existen actividades económicas compatibles co medio e demostra que existen explotacións mineiras que, cunha restauración e proxecto idóneos, se poden acabar convertendo en espazos cheos de oportunidades"

17 de setembro de 2013: "O documental dunha mina que se converteu en lago en plena crise".

O diario El Mundo -entre outros- fanse eco dun comunicado de axencia sobre da presentación do documental "Azul y verde sobre negro" e a "modélica" rehabilitación ambiental do lago de As Pontes, "un testemuño de como se poden explotar os recursos naturais de xeito sostible, de como se pode devolver á sociedade o que nos achegou".

20 de setembro: "Un museo en Meirama recorda o impacto positivo da minaría".

Os grandes medios que dependen das subvencións públicas da Xunta (de xeito especial La Voz de Galicia e El Correo Gallego) únense ao peculiar festín, ofrecendo un recital informativo sobre os 396.000 euros públicos investidos na rehabilitación da antiga estación de tren de Meirama para a instalación do "Museo dá Minaría".

22 de setembro. "Meirama prepárase para albergar o segundo lago máis grande de Galicia".

A Voz de Galicia ofrece, case a xeito de publirreportaxe, unha descrición pormenorizada das excelencias deste novo proxecto, que inclúe "estudos e proxeccións sobre a calidade da auga, os aspectos xeotécnicos para garantir a estabilidade dos taludes e o posible impacto desta enorme masa líquida no seu ámbito que foron elaborados polas universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, a politécnica de Madrid e a prestixiosa firma canadense Golder Associates, especialista en proxectos de enxeñaría e recuperación ambiental". Ademais toda unha garantía dado que "Fenosa non vai escatimar gastos para selar a mina. O proxecto ten un presuposto de 36 millóns de euros e foi tomado como un referente na empresa, que pretende que a restauración da mina se converta nun exemplo". Excelente exemplo si, pero de operación propagandística a favor da megaminaría en terras galegas.

O DURO TRANSO DA REALIDADE

O certo é que non houbo proxecto tan aborrecido, deostado e contestado na historia de Galicia como o da transnacional canadense Edgewater en Corcoesto. E por todas as vías, tanto a nivel social como científico demostrando que o ideario de "minaría responsable" e "minaría sostible" que defenden as grandes corporacións do sector é un mito creado unicamente en beneficio da propia industria.

Porque casos como o de As Pontes e Meirama apuntan nunha dirección ben distinta. O primeiro, porque creou o maior lago artificial de España, pero tamén o máis denunciado a nivel ambiental, debido ao alto nivel de acidez da auga procedente das entulleiras que derivan aos 18 km. de perímetro da auga do lago, os alarmantes niveis de metais pesados en determinados puntos, e mesmo, tal como alertou o Instituto Universitario de Xeoloxía da Universidade da Coruña, na ameaza de rotura do sistema de contención derivado dun movemento sísmico que puidese provocar un desprazamento da falla sobre o que está encravado.

Meirama, pola súa banda, recorda a Corcoesto, cando na década de 1970 se desenvolveu unha masiva oposición ao proxecto de minaría de carbón que lamentablemente rematou na desaparición da parroquia de As Encrobas, no corazón do concello coruñés de Cerceda.

En definitiva, nin As Pontes nin Meirama son exemplos de nada e menos a nivel ambiental, pois ambos os dous proxectos megamineiros estiveron dende sempre asociados a dúas das centrais térmicas máis contaminantes de Europa.

Destruír e contaminar primeiro para despois intentar paliar os efectos do desastre non parece un bo negocio. E moito menos en Corcoesto.
Leer más...

[Francia]: Faíscas nos Cárceres

Hai uns días publicamos en Abordaxe unha entrada que recolleramos do BoletínTokata con o título: "[Francia]: 5 Motíns en 4 Días...", no que dabamos conta de que "mentres que, como cada ano, no mes de agosto todo parece ir a ralentí, en prisión non hai vacacións e non as haberá xamais" e falamos de que en Francia, "na semana do 19 de agosto, os presos fixérono saber. 5 motíns en 4 días en 3 cárceres e un CIE (centro de internamento de estranxeiros)".

Agora, cheganos un outro artigo que abonda nesa realidade de que nos cárceres non hai vacacións de vran, e amplía a perspectiva do que se pasou durante o vran nos cárceres franceses, e que recollemos e traducimos de CointraInfo(es), quen à sua vez extrairon e traduciron de Lucioles nº11, Boletín Anarquista de París e a súa rexión, de setembro de 2013 :

A prisión é unha tortura continua e o verán non fai máis que empeorala. Ademais, hai que engadir a sobrepoboación dos cárceres franceses e as folgas de carcereiros que marcaron o final da primavera. A principios de maio, había uns 68.000 persoas presas nas prisións do Hexágono (esta cifra, a maior xamais habida, di moito da guerra que o Estado e a Xustiza levan contra xs pobres). Todo isto, en cárceres feitos para encerrar 57.300 presxs, é dicir, de media hai 120 presxs amontoadxs onde habería apenas espazo previsto para 100. Ademais, as "folgas" de carcereiros (que sen o dereito a absterse do seu centro de traballo, bloquearon as entradas dos cárceres durante o seu tempo libre) reducían ou facían perderse as visitas, actividades e paseos, atrasaban o comedor, etc. En dúas palabras, son xs prisioneirxs xs que pagan (de novo) cando os cans ladran por algunhas fragullas. Por suposto, a solución non é máis postos no cárcere, nin mellores condicións, nin máis carcereiros ou mellor pagados. As revoltas nos cárceres, en xeral, explotan por melloras parciais (traslados, mellores condicións de detención, acceso a medidas alternativas, etc.) ou fronte a abusos puntuais. Pero non se debe esquecer que o propio cárcere é unha abominación e que a única solución é a súa destrución. E nos últimos tempos, a pesar de que sexa a partir de reivindicacións e obxectivos parciais, algúns presos puxéronse a iso.

O verán comezou coa triste normalidade dos suicidios. O 14 de xuño, un home aforcouse na prisión de Nantes (é o cuarto en tres meses alí); un preso de Baumettes (Marsella) probou a mesma sorte o 8 de xullo. En Bois-d'Arcy (departamento de Yvelines, rexión de Isla de Francia), o 6 de agosto, aforcouse un mozo de 29 anos. O 29 de xullo, produciuse a "morte natural" dun preso en Béziers: caeu por unha escaleira e non se recuperou. Pero tamén os hai que dirixen a súa rabia cara aos máis próximos entre os responsables do seu encerro. Antes de nada, (polo que sabemos) un preso tomou unha pequena revancha cun carcereiro de Saint-Quentin-Fallavier (departamento de Jura, rexión de Franco Condado), reténdoo durante unha hora cunha coitela de afeitar. O sábado 20 de xullo, en Moulins-Yzeure (departamento de Allier, rexión de Auvernia) un home toma como refén un carcereiro grazas a un coitelo de cociña debidamente afiado. O rapaz, recentemente trasladado a Roanne por ser sospeitoso de preparar unha evasión, quería ver a súa muller e que o trasladasen a outro sitio. O mesmo pasou o mércores 14 de agosto, en Ensisheim (departamento de Alto Rin, rexión de Alsacia): un preso secuestra un carcereiro porque rexeitaran darlle tratamento médico. No centro de detención xuvenil de Porcheville (Yvelines), tres adolescentes presos nunha desas prisións para mozos devólvenlles a educación aos carcereiros por nada menos que a liberdade. O 5 de agosto, mallan e amarran un carcereiro antes de encerralo, inconsciente, no cuarto do lixo. Deseguida intentan evadirse polo tellado, pero desgraciadamente os atrapan. Dous prisioneiros do cárcere de Meaux (departamento de Sena e Marne, rexión de Isla de Francia) tiveron máis sorte. O 24 de xuño, durante unha actividade deportiva fóra da prisión, conseguiron despistar a vixilancia dos carcereiros do servizo de inserción e liberdade condicional e fuxir. Dous días máis tarde, no tribunal da mesma cidade, un preso consegue fuxir, mesturándose coas persoas chegadas como asistentes ao espectáculo da Xustiza. Sacárono de prisión para xulgalo por roubo e acababa de cumprir cinco anos de prisión...

En agosto, a temperatura segue subindo. Xoves 1 de agosto, en Bourg-en-Gresse (departamento de Ain, rexión de Ródano-Alpes), unha vintena de presos rebélanse. Toman unha á da prisión e destrúeno todo, especialmente, as cámaras de videovixilancia e as canalizacións de auga inundando dous pisos. O móbil deste motín é o comportamento particularmente autoritario dunha carcereira e o feito de que os Xuíces de Aplicación de Penas son moi estritos. Luns 19, en Blois (departamento de Loir e Cher, rexión de Centro), un preso é vítima da enésima "morte sospeitosa". Uns sesenta presos amotínanse saqueando un sector do cárcere. Sacan tamén outros presos das celas. Os super-carcereiros do ERIS (equipos rexionais de intervención e seguridade, unidade da policía militarizada creada en 2003 tras unha serie de motíns en prisións francesas) sufocan a revolta, pero a prisión sufriu danos importantes e teñen que ser parcialmente evacuada. Para continuar, martes 20, en Châteaudun (departamento de Eure e Loir, rexión de Centro), unha vintena de detidos asaltan a sala onde se encontra o centro informático da prisión e intentan incendiala. Despois, soben ao tellado e tíranlles lousas aos carcereiros. Ao día seguinte, a mediodía, outros 30 presos intentan unirse a eles dende o patio. Os ERIS, que levan alí dende o día interior, tardan tres horas en "restablecer a calma" (con pelotas de goma, lacrimóxenos e granadas aturdidoras...). Trasladan uns 20 presos e a Administración Penitenciaria, temendo que a revolta se poidera propagar a todos os 590 presos, pide reforzos a París, Rennes e Dijon. A mañá do xoves 22, en Bois-d'Arcy (Yvelines), un preso encóntrase mal e o médico non chega. En protesta, unha vintena doutros presos rexeita entrar despois do patio, ata que chegan os ERIS. Aínda o 22, tócalle a quenda aos retidos do CIE (centro de internamento de estranxeiros) do Mesnil-Amelot (departamento de Sena e Marne, rexión de Isla de Francia). Un deles é machucado brutalmente polos madeiros por saltar un valo para coller un balón de fútbol. Os demais comezaron a golpear unhas reixas que cederon. Os madeiros reaccionan con porras e lacrimóxenos. Máis tarde, comezarían dous incendios, aos que os madeiros responden con traslados a comisaría para abrir investigacións na sua contra e bloqueando a todo o mundo no patio. E o verán remata (polo momento) ben: cunha bonita evasión! Na noite do venres 30 de agosto, once presos do CIE de Vincennes conseguen serrar unha reixa e largarse.

Os motíns de agosto móstrannos que a determinación dalgunhas persoas pode levar a resultados concretos, tanto como para poñer ao cárcere de Blois nun estado de "inseguridade" (palabras de carcereiro). Ante estas rebelións, a Administración Penitenciaria responde co caldeiro, a violencia, denuncias e traslados.

E nós, inimigxs das prisións, que fixemos fóra? O valor e a determinación coa que xs amotinadxs se rebelan chaman a nosa solidariedade concreta, polo tanto, o noso odio contra as prisións e todo o que as fai existir, non deberá limitarse a facer eco das protestas dxs rebeldes dentro deses muros. Cada un/unha de nós ten mil razóns para detestar o cárcere e pode encontrar o seu propio momento e os seus propios medios para atacar a máquina do encarceramento. Se non temos a forza de atacar directamente a eses sucios muros, reflexionemos sobre o feito de que o cárcere non é máis que iso. Os carcereiros non deixan de ser verdugos cando quitan o uniforme. Isto é o que quizais pensasen xs anónimxs que rebentaron seis coches no aparcadoiro do persoal do Centro penitenciario de Gasquinoy (Béziers, departamento de Hérault, rexión de Languedoc-Rosellón) o 25 de maio de 2013, ou mesmo xs que incendiaron catro vehículos de carcereiros xusto ao lado do cárcere de Ploemeur (departamento de Morbihan, rexión de Bretaña) o 25 de outubro de 2012. Quizais é o que pensaron xs que en París, entre finais de xaneiro e principios de febreiro, romperon as lúas de dúas sedes da CGT, sindicato que, a parte doutras gilipolleces, afilía carcereiros(*). E como esquecer a todas as empresas que se enriquecen facendo funcionar os cárceres, por exemplo, levando comida, provendo o comedor, limpando, facendo o mantemento, explotando o traballo dxs presxs, etc. E tamén hai empresas que constrúen cárceres (e ás veces son propietarias, alugándollas ao Estado). Encargarse de todo isto podería ser moito máis doado que apuntar directamente ao cárcere. Non obstante, un enfoque deste tipo daríalles problemas a aquelxs que encerran. Quizais pensasen isto xs anónimxs que o 15 de abril de 2013 atacaron a Eiffage, unha das principais construtoras (e, ás veces, propietaria) de cárceres. O incendio da maquinaria de obras, en Pontcharra-sur-Turdine (departamento de Ródano, rexión Ródano-Alpes), causou ao redor de 500.000 euros en perdas a eses voitres.

Aquí trátanse algúns exemplos concretos de como todxs e cada un/unha de nós podemos loitar contra os cárceres.

En solidariedade cos motíns dentro, cando os hai; pero sobre todo, e todo o tempo, por un mundo de liberdade.

--------------------------
(*) A CGT (Confederación Xeral do Traballo) de Francia é unha organización sindical fundada en 1895 cunha praxe próxima ao anarcosindicalismo, que propugnaba a organización voluntaria da sociedade dende os sindicatos, e que posteriormente foi derivando posturas moi diferentes. Tras diversas escisiones e unificaciones (mesmo disolución e prohibición durante o goberno proto-nazista de Vichy), a CGT convirtiuse no principal sindicato francés. Con a chegada da guerra fría e a hexemonía comunista do PCF, a CGT fica como un sindicato claramente procomunista, e segue a ser o principal sindicato de Francia, se ben nos últimos anos foise librando parcialmente da tutela comunista achegándose á socialdemocracia. Con todo segue estando vinculado ao PCF.

Trad eDu
Leer más...

25 sept. 2013

O PP rexeita no Congreso español a proposta de proibir homenaxens ao fascismo e ao nazismo en territorio español

Se onte publicabamos a noticia de que Feijoo considera "un chiste" as exaltacións franquistas do alcalde de Beade, hoxe, abondando no claro proto-fascismo do PP, damos estoutra noticia que está a saltar os recordes de comentarios nas redes virtuais.

E así facemonos eco desta opinión, recollida por ai:

O PP argumenta para non aprobar esta petición no Congreso que: "Sinalar como nazis e fascistas aos exmembros da División Azul responde ao descoñecemento da historia".

Menos mal que temos ao PP para recordarnos que somos unha panda de iñorantes analfabetos e descoñecemos a Historia de España e da Segunda Guerra Mundial, porque só lemos tebeos.

Esta imaxen é da despedida da División Azul dende a estación de tren de Madrid en 1941 con destino a Alemania para luitar xunto aos nazis. Evidentemente as mans alzadas son para despedirse, non porque fosen fascistas, e as bandeiras do fundo con a svastica son para facer bonito, porque non quedaban bandeiras republicanas.

eDu
Leer más...