28 ago 2013

Dura folga no sector da recollida do lixo na Coruña

As notícias destes últimos días sorprendéronnos coa inusitada virulencia coa que estase a desenvolver a folga de traballadores da limpeza da Coruña. O que empezou xa fai varias semanas como un conflicto laboral dos traballadores da pranta de tratamento de residuos de Nostián, polas drásticas reduccións nas súas condicións laborais e pola readmisión dos despedidos, extendeuse agora ao resto das empresas do sector da recollida de basuras e arrastra perdas de ata un millón de euros en danos derivados do conflicto.

No día de onte, no que a folga volvíase conxunta, un incendio provocado causaba danos de máis de 600.000 euros na pranta de Nostián, mentres que dous puntos limpos e numerososos contentores ardían fruto de máis sabotaxes. Pero non son as primeiras accións directas de este conflicto laboral, posto que os ataques aos puntos limpos son unha práctica constante dende o inicio da folga e, para os coruñeses, xa non é novidade ver os camións de recollida de lixo escoltados por coches patrulla para evitar os ataques dos piquetes.

Sorprende tamén o feito de que as outras empresas do sector, aínda non afectadas polos recortes, sumáranse solidariamente a folga. Un clarividente xesto de apoio mutuo que anticipa os recortes aos que se verán eles mesmxs sometidxs de prosperar o órdago da patronal de Albada, empresa xestora de Nostián. Este tipo de expresións solidarias, de "se nos tocan a un tocannos a todxs", amosan un efectivo comportamento estratéxico ao que estábamos pouco acostumados ultimamente en cuestións de conflictos laborais (ou de calquera outra índole): Algo moi de agradecer, o mesmo que a extensión das sabotaxes, nestes tempos nos que os drásticos recortes e a destrucción das conquistas sociais respóstanse con sosegada protesta e indignada mansedumbre.

Redactado por C.R. segundo ás novas aparecidas na prensa comercial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario