21 ago 2013

[Argentina] Video: "Rejas, Suspiros y Llaves"

Recollemos de Tokata.info:

É posible a desaparición do cárcere? É posible empezar a materializar un mundo sen sistema penal? É posible priorizar a imaxinación por sobre os muros?

Para xs protagonistas da realización arxentina "Rejas, Suspiros y Llaves" a resposta a todos estes interrogante é un SI escrito con maiúsculas. Esta longametraxe ten como obxectivo instalar o debate arredor dos cárceres dende unha perspectiva 100% abolicionista. Durante 70 minutos o/a espectador/a encontrarase con testemuños de persoas vinculadas dalgunha ou outra forma ao invisibilizado mundo das prisións.

Críticxs, sen eufemismos, asumindo riscos, fixando posición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario