7 jun 2013

[Grecia]: Comunicado do anarquista Kostas Sakkas sobre o seu inicio de Folga de Fame este martes 4 de xuño

Collemos e traducimos de ContraInfo:

O 4/12/2010 detéñenme xunto ao compañeiro Alexandros Mitrousias no barrio de Nea Smirni (Atenas) saíndo dun trasteiro alugado en cuxo interior había armas.

Admitín, dende o primeiro momento, a miña relación con este lugar, así como coas armas que había. Dende o primeiro momento, declarei que son anarquista e que a miña presenza no devandito lugar está relacionada coa miña identidade política e as eleccións que esta supón.

O 7/12/2010 lévanme ante o xuíz de instrución e encarcéranme acusado de participación en organización terrorista descoñecida e por posesión agravada de armas.

O 12/4/2011 e levando xa máis de catro meses encarcerado na prisión de Navplios, cítanme de novo os xuíces de instrución, Baltas e Mokkas, e sen que houbese ningunha proba nova, sen que houbese ningún desenvolvemento na investigación, encarcéranme por participación na O.R. CCL. Isto sucede, por suposto, sabendo os señores xuíces de instrución que non se podería soster nunha sala de xustiza a acusación de participación nunha organización en cuxo accionar non hai ningunha acción, en posesión dos seus membros non hai bombas, comunicados, armas utilizadas, unha organización que non ten nin nome.

Aclarei no pasado, como a propia O.R. CCL pola súa banda, que non pertenzo á tal organización. Non o fixen por evitar a odisea vingativa e represiva que reserva a xustiza burguesa a quen se encontra acusadx de participación nesta, senón porque simplemente é así. Tiña que aclaralo polo rexistro real da historia. Tanto por min mesmo coma pola O.R. CCL.

A acusación inicial de pertenza a organización terrorista descoñecida que se nos atribuía tanto a min e aos meus dous compañeiros (Mitrousias, Karagianidis), como ao resto de persoas detidas na mesma operación, á parte de que non tiñan absolutamente ningunha relación, foi a culminación dos fins políticos aos que servía a brigada antiterrorista naquel momento, en beneficio do entón ministro de orde pública Xristos Papoutsis que desexaba, como todos os seus homólogos, a desarticulación dunha organización terrorista a calquera prezo durante o seu mandato. É sabido que o ministro supervisou de forma directa a operación e valorou el mesmo os feitos que lle transmitía a brigada antiterrorista e, finalmente, deu a orde para que se realizasen as detencións. Calquera que lese os medios de comunicación aqueles días se acordará dos escenarios e as consideracións dos diferentes papagaios xornalistas sobre a que organización pertenciamos, cales eran os nosos obxectivos, etc. o que por suposto alimentaba a brigada antiterrorista ata que, claro, saíron os resultados dos exames balísticos para calalos... Máis tarde, o señor Papoutsis, nun intento de desculparse por este fracaso, nunha entrevista a unha coñecida revista declarou que "os servizos antiterroristas me tomaban o pelo"(¡!).

O 6/4/2012, sen ser xulgado aínda e, achegándose o límite dos 18 meses de prisión preventiva (cantidade límite de encerro sobre a base da lei), impónseme prisión preventiva de novo pola acusación de participación en 160 accións incendiarias e explosivas, cuxa responsabilidade foi asumida pola organización CCL. É característico como no sumario do devandito proceso, non só non existe ningunha proba contra min, nin sequera se molestaron en fabricalas esta vez, senón que non hai ningunha referencia ao meu nome, a excepción do apartado onde se presentan as acusacións. É un sumario que, sen esaxerar e baixo a lóxica que caracteriza os xuíces Baltas e Mokkas, poderíase atribuír a calquera. É tamén un signo característico e evidenciador da finalidade desta persecución o feito de que os señores xuíces de instrución tiñan nas súas mans xusto este sumario dende o primeiro momento da miña detención, feito que os obrigaba, sempre sobre a base da lei, a que se me entregase xunto co primeiro sumario. É dicir que, en poucas palabras, estes señores me aumentaron a prisión preventiva acusándome de pertenza a esta a organización dúas veces seguidas.(!!)

Hoxe, levando á espera de xuízo dous anos e medio, basicamente, por simple posesión de armas (posesión agravada de armas, aclarativamente, significa que as armas que posúe alguén, son destinadas ou á súa comercialización ou subministración a unha organización terrorista, algo que nin é nin acepto), os señores institucionalmente defensores da xustiza e da lei que me encerran porque a violei deciden pasar por alto mesmo a súa Constitución, a cal define que despois da primeira encarceración preventiva, o tempo máximo límite para as seguintes é de 12 meses, posto que non lles abonda para servir ao seu liderado político e para manterme seis meses máis secuestrado.

En esencia, o réxime de prisión preventiva exterminador que impón unha situación de cativerio prolongado constitúe unha contrapartida para as podres acusacións preparadas cutremente, que fagan o que fagan, son incapaces de evitar que se "desinchen" nas salas de xustiza a parte do réxime especial que as caracteriza (en todos os aspectos). Quen pasase por elas, mesmo se foi pouco, sábeo moi ben.

Está moi clara a súa táctica e delata a súa intención vingativa. Si, é verdade, o Estado víngase das suas adversarias políticas. Víngase de elas, pero nunca as recoñece como tal. Nunca o fixo doutro xeito. Infiltrados e traidores antes, terroristas e inimigos da sociedade agora.

É un feito que o sistema político vive o seu período máis crítico e inestable tras a ditadura, debido ás consecuencias internas da crise capitalista mundial. É tamén un feito que a represión e, en xeral, a actitude despótica do Estado, é a "última carta" que teñen na man, decidido a asegurar a escravizada paz social e evitar que a resistencia xeneralizada se exprese en formas insurreccionais máis significativas e organizadas.

O propio Ministro de Economía declarou que é a primeira vez que se chama un goberno a aplicar medidas tan extremas en período de paz. As leis que sempre expresaron a vontade dos poderosos, hoxe, non lles abondan aos representantes políticos do sistema ante o que están chamados a executar servíndoo.

Tendo a perspectiva e a posición de que o camiño á liberdade individual-colectiva está cheo de loita e resistencia, decidín que o martes 4/6, comezarei unha folga de fame data na que, segundo o réxime xurídico en vigor, expira o tempo máximo da miña prisión preventiva. Aclaro que, para min, a elección de comezar a folga de fame, non constitúe un movemento desesperado, senón a elección de continuar a loita. Unha loita que eu e os meus compañeiros levamos a cabo dende o primeiro momento do noso cativerio, resistindo a un enfrontamento vingativo sen precedentes por parte dos mecanismos xudiciais, os cales decidiran que, no noso caso, farían un descanso no seu labor de cobramentos, con intención de defender á sociedade dos seus supostos inimigos e ás leis daqueles que as violan. Son os mesmos mecanismos e as mesmas persoas que se encontran tras eles os que constitúen os autores materiais de que sexa legal mobilizar os folguistas, dos miles de desafiuzados e dos sen teito, da abolición das demandas laborais, dos despedimentos, da abolición das prestacións sociais, dxs miles que viven baixo o albor da pobreza, dos centos de persoas que se suicidan cada ano poñendo fin á súa vida porque non son capaces de enfrontarse a ela dignamente, da legalidade das persoas amontoadas en campos de concentración caracterizadas como clandestinas. Son os autores materiais da legalidade das torturas e as malleiras nas comisarías de policía, das pistolas que se disparan soas, do silenciamiento dos medios de información disidentes...

Son os autores materiais da creación dunha sociedade cemiterio en nome da lei.
Son os autores materiais da creación dunha sociedade cemiterio, se fai falta, mesmo, fóra da lei...
Cubertos de hipocrisía e miseria, desprezables tanto para os partidarios da xustiza burguesa, coma para os seus críticos e inimigos ideolóxicos.

"Morre lentamente [...] quen non arrisca o certo polo incerto para ir detrás dun sono, quen non se permite polo menos unha vez na vida, fuxir dos consellos sensatos. [...] Evitemos a morte en suaves cotas, recordando sempre que estar vivo esixe un esforzo moito maior que o simple feito de respirar". -Pablo Neruda

Kostas Sakkas
Módulo A, cárcere de Koridallos

No hay comentarios:

Publicar un comentario