9 abr 2013

[Lugo] A convocatoria mais esperada: 12,13 e 14 abril.- Xornadas de Inauguración Ateneo Libertario "A Engranaxe"

Recibimos con gran alborozo a seguinte noticia:

Despois de aproximadamente un ano da creacion da Asamblea Anarquista Lucense, por fin abrirá o Ateneo Libertario "A Engranaxe" un local horizontal e antiautoritario que se crea como ferramenta non coma un fin, para o desenvolvimento de actividades culturais e de loita social.

O local de "A Engranaxe" está ubicado no barrio "da Quinta de Pérez" na rúa Sil nº 52, baixo.

Convidan a inaguracion que terá lugar os días 12,13 e 14 e invitan a participar deste proxecto a colectivos e individualidades.

As "Actividades previstas" para estas "Xornadas de Inaguración" son as seguintes:
Venres 12 às 20:00'

Presentación do Local e posterior Debate: "Ateneos Libertarios, Escolas de Barrio"

Sábado 13 às 18:00'

Debate: "Asamblearismo e Organización Horizontal"

Dinámica de Grupo: "Toma de Decisións por Consenso"

Domingo 14 às 18:00'

Proxección Documental: "La Educación Prohibida"

Debate: "O Sistema Educativo: ¿Formación ou Domesticación?"

1 comentario:

  1. Pues si,ya tokava porfin un lugar en lugo donde kompartir tiempo y espacio kon lxs kompañerxs
    Saude e rebeldia

    ResponderEliminar