4 ene. 2013

manifestación en compostela


A continación reproducimos un panfleto repartido polas rúas de compostela sobre esta manifestación:

Este último ano os defensores da xustiza esforzaronse duramente. Máis ca nunca sentemos a cercanía deste estamento imprescindible para manter a orde. Os porrazos e pelotazos foron o máis vendible televisivamente, inda que temos que dicir que cos desahucios non escatimaron  esforzos.   Ata pretenden facernos crer que se preocupan polo tema, coma se non tivesen que protexer o mais sagrado para esta sociedade, o que perpetua esta maquinaria: a propiedade. Claramente estase a ver que soamente permanecen  en prisión os pringados que non teñen cartos para pagar o mantemento do tinglado.  Roma sí paga aos traidores, e non os esquece, que llo pregunten a familia real, aos policías torturadores amnistiados, ou aos politicos corruptos  de todas as cores que se pasean impunente pola rúa....

Condean a xente a miseria e teñen a coraxe para preguntarse porque se duplicaron en catro anos os atracos a bancos ¡hipócritas! O estado estase a financiar a base de multas, sancións e fianzas. Millons de euros manexanse diariamente só en esos conceptos. O negocio do castigo  é un valor rentable nun momento de incertidume. Dous anos despois de morrer o dictador había menos de 20,000 presos, hoxe son mais de 72,000. Non vos quero vender que todos son monxiñas da caridade, o que si que é verdade é que cerca dun 90% son pobres. Dous delitos congregan ao 78% da poboación reclusa,: os delitos contra a propiedade e contra a saude pública ¡Pobres pataqueiros! mellor tería sido que se fixeran malversadores de fondos.

A inxustiza da xustiza faise algo evidente, palpable. É por eso que a orde social que antes disfrazabase de protectora, benestarista,  deslexitímase agora mostrandose dura e cruel, coma sempre foi. A cadea sempre será a constante ameaza do castigo. Pero non sempre lles chega con esa ameaza para manter a sartén polo mango. A paisón pola liberdade é máis forte que todas a súas celdas.

Día 12 de Xaneiro
-As 12,00 Todas a Teixeiro.(saida ás 10.30 a.m. na parte de abaixo da estación de autobuses)
-As 18,00 Manifestación na praza do Toral en Compostela.

As anarquistas.

5 comentarios:

  1. As Anarquistas???

    tedes unha patente???

    ResponderEliminar
  2. Xentiña, respecto á marcha ó talego, ás 10:30 na parte de abaixo de que estación de autobuses?, Teixeiro ou...?

    ResponderEliminar
  3. Bom, tanto no cabeçalho da notícia como na entradilha fala-se de COMPOSTELA, "un panfleto repartido polas ruas de Compostela" . É óbvio que a saida ás 10:30' para depois sair de Teixeiro às 12, pois vai ser que a "estación de autobuses" está em....tachám, tacham:

    Compostela!!!

    O que eu nom sei é se também há saídas programadas noutras cidades ou vilas.

    ResponderEliminar
  4. Na Coruña as 10:00h na okupa C.S.O.A. Palavea (Rúa Río Quintas nº31, na N550 xunto a discoteca OH Coruña), para organizarnos entre os coches que teñamos e ir para Teixeiro.

    ResponderEliminar
  5. Penso que nom era precisso ese toninho pra respostar a dúvida do companheiro, Edu, mais suponho que hoje tambén te levantaches de mal humor. Que lhe imos facer?

    ResponderEliminar