18 dic 2012

Encarapuchadxs lanzan artefactos incendiarios a unha comisaría en Murcia

Recebemos no noso correo esta nova remitida por un compañeiro, quen à sua vez recebiuna dun outro compa de Murcia, e que agora ampliamos con o que hai publicado na rede ao respeito desta acción.

Na madrugada pasada, sobre as 4.00 horas, cinco persoas co rostro tapado lanzaron artefactos incendiarios por riba da porta de seguridade do aparcadoiro da comisaría de San Andrés en Murcia, provocando un lume que non foron quen de sofocar os axentes da polícia e tiveran que recorrer a unha dotación do corpo de bombeiros para apaga-lo. O lume afectou a varios vehículos e un deles, de tipo Z, ficou "completamente calcinado e inservible" tal como recoñeceu a Delegación do Goberno nun seu comunicado.

O delegado do Goberno español en Murcia, na sua sabiduria, considera que esta acción foi "premeditada e orquestrada", dado que, fronte ao aparcadoiro, atoparom sinais de lume que presuponen consecuencia de ter preparado todo o sistema incendiario con antelación e declarou textual: "Non estamos falando de nengunha gamberrada, estamos a falar de violencia de rua contra as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".
Semelha que as persoas que perpetraron esta acción contra as dependencias policiais aguardaron a que a rua ficara despexada e mesmo ninguén no vecindario escuitou nada nen veu nada; tan só o ruido dos bombeiros e, cando acordaron, olor a fume.

No hay comentarios:

Publicar un comentario