31 dic. 2012

Hoxe envío de faxes en solidariedade con Noelia

Malia que xa informamos diso hai uns días, recordamos a convocatoria para hoxe 31 de decembro de envío masivo de fax en solidariedade con Noelia (Vídeo e noticia neste blog aquí).
Noelia Cotelo, de orixe coruñesa, é outra presa social que sofre o acoso e malos tratos dos carcereirxs pola súa actitude digna e combativa de resistencia aos abusos da institución penitenciaria.
Este é o modelo de fax a enviar e estas as direccións de institucións penitenciarias e do cárcere no que se atopa Noelia:
SGIP: 91 335 40 52
CP Brieva 92 025 90 34

Aquí tedes páxinas para enviar faxes gratis:
http://www.myfax.com/free/

http://www.freefaxbutton.com/free_fax_machine.php

E aquí o blog da Asamblea de Familiares e A migos das Persoas Presas
Leer más...

Xuiz pro-banqueiros para xulgar as preferentes no Tribunal Supremo

O goberno designa como novo titular da Sala Civil do Tribunal Supremo a Sebastián Sastre Papiol, avogado de banqueiros dende 1969 e home de confianza do presidente de La Caixa. Será o encargado de xulgar o caso das "preferentes", grande estafa bancaria contra cándidos investidores "de a pé" que evidentemente agora quedará impune.

Nada sorpresivo, dende logo, tendo en conta que o ministro de defensa era fabricante de armas, o de economía traballaba para Lehman Brothers e a directora da Axencia Española de Seguridade Alimentaria era flamante directiva de Coca Cola (neste blog -Aquí e -Aquí).

O palmarés do novo maxistrado supremo inclúe extensa relación laboral co Banco Atlántico(1969), o Banco de Europa (1973-1965) e La Caixa (dende 1985 ata agora). Agora no seu novo cargo poderá favorecer aínda mellor os seus amigos banqueiros.

Redactado por C.R. con información da prensa comercial e de La tercera Información (-Aquí).
Leer más...

29 dic. 2012

Mapa de centros de retención de migrantes


Unha mensaxe que nos chegou ao correo chamou a nosa atención sobre este mapa que mostra os principais lugares de retención de migrantes en europa (e outros sitios patrocinados pola U.E.).
O mapa elaborouno a rede Migreurop (a súa páxina aquí) que o difunde xunto cun texto explicativo que podedes atopar en PDF (en castelán) neste enlace: http://www.migreurop.org/IMG/pdf/Carte_Atlas_Migreurop_19122012_Version_espagnole_version_web.pdf

C.R.
Leer más...

28 dic. 2012

Novo blog da Asamblea de Familiares e Amigos das Persoas Presas e solidariedade con Noelia

Temos o placer de presentarvos o novo blog da A.F.A.P.P. (Asamblea de Familiares e Amigos das Persoas Presas) (-Aquí). Nas súas propias palabras: "Froito do encontro entre familiares e amigxs das persoas presas, manifestouse a necesidade de organizarse e dar resposta ás múltiples irregularidades que se comenten nos diversos lugares de encerro. A Asamblea pretende o desenvolvemento de actividades encamiñadas á reflexión, a concienciación social e a axuda a persoas e familiares afectadas polas políticas de encerro".
Eles mandaron unha mensaxe ao noso correo coas seguintes novas:

Primeiro este video da Madre Noelia explicando a situación actual pola que atravesa a súa filla (Máis info en Abordaxe -aquí)

Editado por Galiza Contrainfo.

Para este 31 de decembro convocouse un envío masivo de faxes a xeito de protesta polo caso de Noelia: Máis info no blog da A.F.A.P.P. -Aquí.

Modelo de FAX:
SOLIDARIEDADE CON NOELIA. 31 DECEMBRO ENVÍO MASIVO DE FAXES A:
SGIP: 91 335 40 52
CP Brieva 92 025 90 34


Colado por C.R. coa info chegada ao noso correo.
Leer más...

Interesantísima Proxección en Kanjas!!

Así como o recibimos no correo así servímosvolo:
Boas!

Este sábado 29, ás 20:15 imos facer unha proxección-debate contra o Nadal:
Plácido de Berlanga
na Casa do Pobo de Canjas (que ninguén coñece por este nome).
Está fronte á jasolineira (é o local no que ensaia a banda de música), unha casa de pedra, pejada ó supermercado Froiz.
Aí vos vai o cartel.

Salvtem!
Leer más...

27 dic. 2012

Un novo informe de Esculca revela as malas condicións agravadas actualmente no cárcere de Teixeiro

EsCULcA presenta novos informes que revelan problemas na prisión de Teixeiro, enviados á dirección de Teixeiro e á Defensoría del Pueblo, onde sinala as actuais deficiencias das infraestruturas, da asistencia sanitaria, así como a desatención do programa de atividades que todo cárcere supostamente debe ter para os presos.

Non é umha novidade que nos talegos haxa estas deficiencias, así que sobran os motivos para que vaiamos todas a teixeiro o 12 de xaneiro!!! [enlace da convocatoria nesta mesma web: http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2012/12/xiii-marcha-prision-de-teixeiro.html]

Ao final da noticia podedes pinchar nos enlaces que vos leva directamente aos informes.
[noticia extraída de galizalivre]


Deterioro das infraestruturas
O Observatorio ten constancia de que as celdas dos presos em primeiro grao están en total abandono por parte das autoridades penitenciarias. E no caso destes presos ven sendo especialmente preocupante, xa que debido à sua condición son as que pasan máis tempo encerradas, podendo resultar-lles problemas graves de saude.
A isto hai que engadir que o módulo das celdas está numha situación penosa, cun gran número de pingueiras aumentando notoriamente a humidade e o frío. Ao que tamén engadir, por fontes dunha persoa alí presa, que ate o pasado 21 de decembro, por orde de Institucións Penitenciarias e coa excusa de recortar gastos en "tempos de crise", non se acendía a calefacción.

Lecer inexistente
E outra vez atacando aos presos mais damnificados polo sistema xudicial, aos presos en primeiro grao, este cárcere non concede ningun tipo de actividades no programa que estabrece a lei. E mesmo os presos en situación de primeiro grao xa tenhen solicitado á dirección do penal a implantación dun programa de actividades, sendo secundados polo educador e maila escola que traballan no interior, mais todos eles ignorados por esta.

Carencias sanitarias
Tamen se recibiron numerosas queixas neste campo. Son moitos que tenhen que aguardar meses pola atención sanitaria básica.

A continuación as queixas orixinais mandadas polo Observatorio.

http://www.galizalivre.org/sites/default/files/noticia/2012/12/queixa%20teixeiro%20dp1.png
http://www.galizalivre.org/sites/default/files/noticia/2012/12/queixa%20teixeiro%20dp2.png
http://www.galizalivre.org/sites/default/files/noticia/2012/12/queixa%20teixeiro%20registada%201.png
http://www.galizalivre.org/sites/default/files/noticia/2012/12/queixa%20teixeiro%20registada.png
Leer más...

Documental sobre as okupas de A Coruña (provincia)


Aquí deixámosvos este breve documental (apenas 10 minutos de duración) sobre os centros sociais okupados da provincia de A Coruña. O filme realizárono persoas alleas ao movemento, o que se pode comprobar por algúns pequenos erros nos nomes das okupas ("A Palavea" en lugar de "Palavea" ou usar o feminino para referirse aos centros sociais...), pero non deixa ser sumamente interersante, de boa factura e bastante benintencionado.


Colado por C.R. e collido de -Aquí.
Leer más...

26 dic. 2012

O "Neno Xesus" roubado do Belén de Compostela aparece nun caixeiro


Nesta madrugada , pasado o día de nadal, a figura do Neno Xesus "secuestrada" hai uns días do Belén da praza do Obradoiro de Santiago de Compostela apareceu nun caixeiro automático dun banco da capital galega. O "desafiuzamento" desta tradicional figura do Nadal alcanzou moita relevancia mediática grazas aos comunicados cos que o grupo F.A.R.T.A.S.(Fomos Armala Raptando Temporalmente Ao Susinho) reivindicou o acto como unha medida de denuncia política do actual contexto de crise e precarización social.

Arriba deixamos o ultimo video-comunicado co que o grupo anuncia a liberación do seu refén; abaixo reproducimos o primeiro, no que reivindican o "desafiuzamento" da figura relixiosa. Ambos os dous comunicáronos ao colectivo STOP deshaucios de Compostela.



Elaborado por C.R. con información dos medios comerciais. Os videos os sacamos do Faceboock de STOP deshaucios Santiago de Compostela.
Máis info en medios alternativos -Aquí en "Diario Liberdade" e -Aquí en "Galizalivre"
Leer más...

25 dic. 2012

Desaloxada a okupa Villa Amalias (Grecia)

A quizais máis mítica okupa ateniense,Villa Amalias, con 22 anos de loita ás súas costas, foi desaloxada o pasado xoves 20 de decembro pola acción combinada de varios corpos policiais. Oito persoas resultaron detidas, saíndo en liberdade onte luns, cinco con cargos e tres sen eles (pois atopábanse de paso). O pretexto para o desaloxo foi unha suposta denuncia anónima por tráfico de drogas, non obstante os delitos que penden agora sobre os acusados se basean nunhas botellas baleiras (encontradas nunha okupa con cafetaría e sala de concertos) e unha mínima cantidade de petroleo atopado xunto a unha estufa; unhas máscaras anti-gas, uns tirafondas e uns lumes de artificio completarían o cadro.

A día de hoxe o edificio segue baixo protección policial para evitar a re-okupación por parte dos numerosos activistas que responderon nas rúas ao desaloxo (con varias manifestacións e concentracións de apoio aos detidos).

Noutra orde de cousas, a tamén okupa grega "Xanadú" de Xanthi, na rexión de Tracia, sufriu o pasado sábado un ataque incendiario. Este tipo de agresións a centros sociais son moi frecuentes en territorio heleno, onde os fascistas, con ou sen uniforme, fan pinza en contra do movemento antisitema combativo.

C.R.

Info sobre o desaloxo de Villa Amalias: En Verba Volant -Aquí, -Aquí e Aquí.
En ContraInfo: -Aquí e -Aquí.
Sobre o ataque a okupa Xanadú -Aquí.

Leer más...

23 dic. 2012

O valedor do Pobo inspecciona o cárcere de A Lama e recibe denuncias contra o de Teixeiro

Segundo o informado pola prensa comercial a semana pasada, unha delegación do valedor do pobo visitou a prisión pontevedresa de A Lama para inspeccionar algunhas instalacións e entrevistarse con internos. Investigarían, deste xeito, a excesiva mortalidade de reclusos a causa de sobredose e a utilización indiscriminada e abusiva de sancións de illamento.

Noutra orde de cousas, o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades ESCULCA denunciou ante o mesmo organismo as graves carencias nos programas de actividades así como nas infraestruturas da prisión coruñesa de Teixeiro.
A galería e as celas que ocupan os penados de primeiro grao atoparíanse nun estado insalubre e de total abandono, con abundantes goteiras, humidade e temperaturas excesivamente baixas en inverno.
No tocante aos programas de actividades nestes mesmos módulos serían totalmente inexistentes, malia as reiteradas peticións dos reclusos, que tamén se queixarían, noutra orde de cousas, das prolongadas esperas para recibir asistencia sanitaria. Noticia na páxina de ESCULCA aquí.

Volvendo á visita do Valedor do pobo á Lama, esta prolongouse por espazo de dous días e as súas conclusións comunicaránselle a Institucións Penitenciarias (os que, con toda seguridade, as ignorarán olimpicamente como teñen por costume). Pero en caso de que estas sexan favorables á institución, poderemos considerar como cómplice absoluta a Soidade Becerril (quen ostenta agora mesmo o cargo) das nefastas políticas de reiterados abusos penitenciarios que Álvaro Nuevo, director do penal,desenvolve dende o seu recente nombramento.

Como non queremos facerlle publicidade ao "Faro de Vigo", que publicou a nova, remitímosvos outra vez á páxina de ESCULCA que se fixo eco desta traducíndoa ao galego -AQUÍ.

C.R.
Leer más...

20 dic. 2012

[Marín] Sábado 22 às 20:30' Concerto Aniversario no CSO Liceo

Damos cumprida conta desta convocatoria das compas do CSO Liceo:

Dende o CSO Liceo invitan ao concerto do vindeiro sábado día 22 desde as 20:30'.

Actuarán:

- Komando Donete (versións punk)

- Komando Robalisa (punk)

- Alterazión (punk-rock)

Leer más...

19 dic. 2012

[Vigo] CRÓNICA Concentración no Concello: "Vítimas do sistema, das administracións, da inxustiza"

Reproducimos a crónica de ODS Coia enviada ao noso correo ao respeito da concentración de hoxe mesmo en Vigo
Convocadas pola parroquia do Cristo da Victoria de Coia, a ODS-Coia (Oficina de Dereitos Sociais -Coia) e as xentes do G.A.S. (Grupo de Axitación Social) máis dun cento de persoas concentrámonos diante do Concello de Vigo para pedir respostas polas “vítimas do sistema, as vítimas das administracións, as vítimas da inxustiza”.

Na entrada da casa de todas as viguesas apareceu un cemiterio cheo das vítimas que sofren ante a falta de recursos, ante o medo aos cortes de luz ou auga por non poderes asumir o pagamento dos recibos, ante os atrasos das axudas sociais, ante os desafiuzamentos...

Deste xeito, a praza do Rei encheuse de siluetas que nos lembraban estas mortes. Pero tamén lembraban que os poderes, hoxe apuntabamos ao concello, esquécense destas vítimas negándolle a unha maioría crecente os dereitos sociais necesarios para vivir con dignidade.

Na escenificación escoitamos unha marcha fúnebre que deu paso á lectura do manifesto. Tras volver a escoitar a música de Mozart as alí presentes collemos -para rematar- unha silueta e a tiramos ao lixo. É dicir, fixemos o mesmo que os poderes fan cos nosos dereitos, demostrando o pouco que lle importan as nosas vidas. E isto mentres os cartos que nos negan aparecen para pagar grandes infraestruturas, avións a Londres, humanizacións de rúas... Por iso preguntámonos por que deshumanizan ás persoas?

Rematamos coas mesmas palabras que limos no acto: “Por todos nós, polo noso presente e o noso futuro, máis recursos económicos, máis recursos sociais, máis dereitos para as persoas en situación de precariedade! Por un reparto xusto da nosa riqueza!"

Leer más...

Que teña coidado Feijóo que poderá ir a O Rosal, entrar entra, pero saír non sae, a non ser que vaia cun exército.

Afectados polas preferentes interrumperon hoxe o pleno do parlamentiño galego con berros de “ladróns”, “mintireiros” e "ata a morte". Avisan que como non reciban os seus cartos “haberá sangue e mortos”. Os deputados do PP abandonaron o hemiciclo.

“Quedei sen nada. Roubaronme todo e e isto non vai quedar así. Aquí vai a haber sangue”. Era o berro desesperado dun afectado polas preferentes. Era dono dun coñecido restaurante en Compostela. Primeiro foi expropiado para facer o trazado do AVE. Aínda non cobrou. Agora non pode quitar os seus aforros porque están no “corraliño” de NGB. “Estou sen nada. Perdín o meu negocio. Cinco persoas que estaban ao meu cargo están na rúa. Os meus fillos están desesperados”.

O home seguía berrando. A súa muller apoiabao. E, abaixo, no hemiciclo, o presidente en funcións, Miguel Santalices, decidía suspender a sesión. Os seus compañeiros de escano, con Pedro Puy á cabeza, decidiron deixar a Cámara. Só quedaron a escoitar os berros, as súplicas e as queixas dos afectados os deputados da oposición. Tamén Santalices, que foi o único do PPdeG, que aguantou as críticas que ían dirixidos ao seu partido e, especialmente, a Feijóo.

O home seguía berrando; "co pouco que teño vou comprar unha escopeta de caza e logo xa veremos. Logo non digan que facemos tolerías. Igual nos están obligando a facer isto... E se sorprenden dos que se matan porque non teñen nada". E continúaba coa súa desesperación; "e xa houbo a un que foi apuñalado", dixo en alusión a un director bancario apuñalado en Baiona.

De cando en cando asomaba pola porta do hemiciclo a cabeza dalgún deputado popular. Mesmo Puy Fraga saíu para encararse cos que protestaban. Pero, os afectados seguían alí, berrando, amosando o seu descontento por unha decisión do Goberno central que os deixa sen, polo menos, o 40% dos seus aforros. “E quen nos vai devolver o que nos roubaron?”, preguntaba outra das afectadas do Baixo Miño.

Finalmente, e logo de máis de dez minutos de protestas, o grupo, de sete persoas marchaba do Parlamento.

Previamente, Argimiro Martínez, voceiro da plataforma de afectados do Baixo Miño, xa advertía do que ía pasar. “Que teñan coidado, que imos comezar a irlle pola casa”, dicían en alusión aos políticos do PP. “E que teña coidado Feijóo que poderá ir a O Rosal. Entrar entra, pero saír non sae, a non ser que vaia cun exército”.

E é que os afectados responsabilizan ao presidente galego e español de parte do que lles está acontecendo por “mintireiros e manipuladores”. Ana Belén Álvarez, tamén da plataforma do Baixo Miño, foi máis alá. “Se ten que morrer alguén, vai morrer… Nós seguiremos loitando e non nos vai parar ninguén. Vai a haber sangue e o río Miño vai correr cheo dela”.

Notícia colada de Galicia Confidencial
Leer más...

EsCULcA presenta queixa polas pésimas condicións do C.P. de Teixeiro

Se hai apenas unha semana que publicabamos neste mesmo blogue a queixa de Esculca sobre as condiçons do penal de A Lama (ler acá), agora é a quenda doutro macrocárcere galego: Teixeiro.

Asín este "Observatorio para a Defensa dos Direitos e Liberdades" ven de enviar à "Defensoría del Pueblo" e Á "Dirección do Penal" sendos escritos nos que denúncia as pésimas condicións de Teixeiro e que copiamos e colamos acá:

No cadro do seu traballo de observación nos centros penitenciarios situados na Galiza, EsCULcA comprobou recentemente graves deficiencias nas infraestruturas do de Teixeiro e serias carencias nos programas de actividades que o penal debe proporcionar ás persoas presas, o que motivou a presentación de queixas perante a dirección do centro e a Defensoría del Pueblo.

En materia de infraestruturas, as queixas recollen a preocupación do noso Observatório polo estado de absoluto abandono en que se encontran as celas que ocupan os penados clasificados en primeiro grao, réxime de vida pechado, o que supón un grave risco para a saúde e mesmo a vida destas persoas por canto –en virtude do réxime em que foron clasificadas- pasan a maior parte do tempo encerradas. A isto é preciso sumar a situación da propia galeria, con numerosas goteiras que provocan que a humidade sexa intensa e as temperaturas extremadamente baixas en inverno.

Por outra parte, o noso Observatorio ten coñecemento da inexistencia des programas de actividades para os presos clasificados en primeiro grao de tratamento, o que repercute negativamente nestas persoas que, polo seu grao de clasificación, son precisamente as que mais necesitadas están de actividades tratamentais. Segundo as nosas noticias, os propios internos solicitaron á Dirección do penal a implantación e desenvolvemento dun programa de actividades en reiteradas ocasións, e o mesmo fixeron o educador e a escola que funciona no interior, mais até agora non foi tomada medida algunha para solucionar tan grave carencia.

Tamén en materia de asistencia sanitaria, o noso observatorio recibiu numerosas queixas que igualmente se fan constar na denuncia. Moitas delas referidas aos prolongados períodos de tempo que as persoas internas deben agardar antes de seren examinadas e tratadas por especialistas en psiquiatria ou odontoloxía. Tendo en conta que estas persoas carecen doutras alternativas sanitarias, EsCULcA entende que é inadmisíbel que sexan obrigadas a esperar meses sen recibir a adecuada atención médica.

EsCULcA reclama nos seus escritos a adopción inmediata das medidas precisas para subsanar tan graves deficiencias.

Ver aqui e aqui o texto dirixido á dirección do centro.

Ver aqui e aquí o texto dirixido á Defensoría del Pueblo.
Leer más...

Centos de pessoas secundam a convocatória do Foro Galego de Imigraçom contra o racismo institucional

Ontem martes 18 e coincidindo com o Dia Internacional das Migraçons houvo concentraçons, convocadas polo Foro Galego da Inmigraçom (rede de mais de quarenta asociaçons e entidades de apoio às pessoas inmigrantes), às portas da Subdelegaçom do governo em Corunha e diante das comisarias de polícia em Compostela e Ferrol para denunciar o razismo instituçonal e dar a conhecer à cidadania a persecuiçom policial da que estám sendo vítimas em forma de contínuas identificaçons razistas (especialmente em Compostela e Ferrol) por parte das "forças da ordem" pola rua, em centros de saude ou estaçons de autocarros co galho de intentar “caçar” às pessoas que vivem sem papeis na Galiza e encirra-las nos CIES e/ou deporta-las, e também denúnciam as agressons gratuitas destas forças policiais as pessoas migrantes que si tenhem documentaçom.

Nestes aspectos Miguel Fernández, um dos vozeiros do Foro, afirmou que "esta-se a produzir um processo importante de persecuiçom do colectivo inmigrante" no caso de "pessoas em situaçom irregular que levam vários anos vivendo acá" e que "estám sendo detidas e estám a ser ejecutadas procedimentos de expulsom". O Foro tem constância duns 12 casos de expulsom só nos últimos dous ou tres meses.

Além, num seu comuncidao lido ao remate das concentraçons, denunciam a perda de direitos básicos laborais e sociais como consequência da política neo-liberal dos governos estatal e autonómico e em particular a exclussom sanitária deste colectivo.

Rubén Sánchez, um outro dos seus vozeiros, declarou que “o governo deveria adecuar a normativa á sentenza do TC ainda que só se refira ao Pais Vasco. O que está claro é que o TC dijo que se tem que atender gratuitamente às pessoas migrantes”. E concluíu que “deveriamos tratar a estas pessoas inmigrantes como queremos que tratem òs nossos emigrantes agora que os nossos filhos estám marchando fóra”.

Nesta ligaçom tedes acesso ao Comunicado à ìntegra.

Notícia redactada por Edu
Leer más...

HipHop Ateneu informa: Noé & Skillful presentan o novo L.P. "Dual"

Primeiro traballo en solitario de Noé, xestionado conxuntamente con Skillful. Coas colaboracións de NinguemMelide, Santi LaRock, e Area. Realizado, gravado e mesturado por SkillFul & Noé no ano 2o12. Deseñado por SkillFul. Outra creación da factoría do HipHop Ateneu.

Descargao debalde nos links:
http://hiphopateneu.blogspot.com.es/
http://noedual.blogspot.com.es/

Recomendamos para quen queira saber mais sobre o HipHop Ateneu visitar o seu blogue e mesmo ler a Entrevista que as compas de "El Retroceso" (Diario Libertario de Lugo e Galaxia) lles fixeran alá por setembro deste ano.
Leer más...

18 dic. 2012

STOP Desafiuzamentos Compostela condena manipulación informativa da TVG

No pasado 11 de decembro a TVG emitira unhas imaxes dunha acción da Plataforma STOP Desafiuzamentos de Compostela e informaba que esta Plataforma apoiaba a Marcha Basca Solidaria con as Persoas Presas da ETA que se vai realizar o 12 de xaneiro en Bilbo e que si apoia o colectivo basco Stop-desahucios. As imaxes da plataforma galega contra as execucións hipotecarias nunha acción diante das oficinas centrais de Novagalicia Banco en Compostela foron emitidas co rótulo 'Polo achegamento a Euskadi'.

Primeiro as activistas composteláns, tal como conta o portal Sermos Galiza exixiran unha rectificación à TVG e reclamaran que se lle dedique a emendar o erro a mesma franxa horaria e o mesmo tempo no informativo, mais a TVG negouse a rectificar.

Agora emitiron na sua páxina de facebook un seu comunicado onde denuncian a criminalización desta plataforma e que copiamos e colamos acá:


Non á criminalización dos movimentos sociais.

A recente nova emitida pola RTVG segundo a cal STOP Desafiuzamentos Compostela vai participar/apoiar a manifestación do dia 14 de xaneiro en Bilbo, ademais de ser un claro exemplo de des-información, vai na liña da nova estratexia do poder cara a enfrontarse co desafío social que o movemento antidesafiuzamentos representa.

Todxs sabemos xa a constante criminalización e demonización que por parte do Estado vense exercendo sobre os dereitos dxs presxs vascxs e as súas familias. Por desgracia, esta estratexia acadou un enorme éxito, de xeito que a maioría da sociedade galega asumiu por completo esta visión criminalizante que se difunde dende os órganos do poder.

¿Que ten isto que ver con nós? Pois é ben sinxelo, a forza de STOP Desafiuzamentos Compostela cremos que xurde da lexitimidade social que o movemento ten. Lexitimidade social que, a través da presión na rúa, é a que nos da a capacidade de defender os dereitos das persoas que quedan sen vivenda. Nas últimas datas isto fíxose especialmente notable, sendo quen de erixirse coma un desafío serio a entidades coma o Banco Santander ou Novagalicia Banco. E é precisamente esta lexitimidade social a que buscan atacar, a través do intento de vincular a STOP Desafiuzamentos Compostela cun movemento tan criminalizado coma é o das familias dxas presxs vascxs. A intención última e criminalizar STOP Desafiuzamentos Compostela, de tal xeito que as persoas afectadas polas execucións hipotecarias non se acheguen nunca a este colectivo.

STOP Desafiuzamentos Compostela non é mais que un grupo de persoas, pero tristemente, é tamén a única ferramenta que as persoas afectadas teñen á súa disposición para defender, de verdade, os seus dereitos. Non queremos ser tan pretenciosxs como para pensar que este colectivo é o único que traballa polos dereitos das persoas desafiuzadas, pero si somos conscientes dos logros e o valor que están a ter as reivindicacións do noso traballo, un traballo que nace da solidariedade entre a propia cidadanía e afectadxs. A nós pouco nos importa que nos vinculen con tal ou cal movemento social, ou que nos intenten criminalizar a xeito individual; pero si que hai unha cousa que nos importa: intentar atacar STOP Desafiuzamentos Compostela é atacar a todas as persoas que están sendo sometidas á gran estafa inmobiliaria, que se ven día a día na rúa e sen futuro, e para as que un movemento coma STOP Desafiuzamentos Compostela é a única ferramenta da que dispoñen para intentar mellorar, aínda que sexa só un pouco, a súa situación. E isto é o que nós non imos permitir.

STOP Desafiuzamentos Compostela
Leer más...

[ A Valenzá ].- Venres 21 às 20:30' - Ceador Vegano Anti-Consumismo

Damos cumprida conta desta convocatória das compas de "A Zalenvá":

O vindouro venres 21 de dezembro temos cita.

Contamos com todxs vós a partir das oito e meia!!


Lembrade q mudamos de ubicaçom: Local da "Asociación de Veciñ@s das Lamas", para chegar lá seguide a Avda de Celanova (A Valenzá) tudo recto e ó passar por baixo da ponte da autovia tomade a primeira a direita e seguide recto até atopar-nos na praça do povo.

Apertas veganas
Leer más...

[Vigo] Mércores 19 às 12:00' - Acto de rúa: "Vítimas do sistema, vítimas das administracións, vítimas da inxustiza"

Recebemos na nosa caixa de correo ata tres convites a esta protesta, e damos cumprida conta do texto e cartaz enviado, que colamos de seguido:
Seguindo o camiño iniciado coa cadea humana celebrada en Coia, volvemos a saír á rúa. A parroquia do Cristo da Victoria - Coia, a xente do GAS e a ODS de Coia. convocamos un acto de rúa diante do concello de Vigo baixo o lema "VÍTIMAS DO SISTEMA,VÍTIMAS DAS ADMINISTRACIÓNS, VÍTIMAS DA INXUSTIZA. Polo dereito a unha vida digna, polo dereito á nosa humanidade".

No acto representaremos un cemiterio coas vítimas que os diferentes poderes van deixando. O acto será o mércores 19 de decembro a partires das 12h00 na praza do Rei (diante do concello de Vigo). No acto daremos lectura a este texto:

Reunímonos hoxe aquí, ante o Concello de Vigo, a casa de toda a veciñanza da nosa cidade, para lembrar ás vítimas desta crise e denunciar que non se está a apoiar, a acoller, a coidar, a aquelas persoas que peor o están a pasar nestes duros tempos que estamos a vivir.

Atopámonos ante un cemiterio de vítimas da crise e do sistema, si, pero tamén da inoperancia e o desinterese dos nosos representantes: vítimas dunha axuda de emerxencia que nunca chega ou que chega cun retraso insoportable, vítimas das trabas para acceder a unha vivenda digna ou da imposibilidade de conservala nun momento de desafiuzamentos xeneralizados, vítimas das dificultades para percibir á RISGA ou dos retrasos na súa tramitación... e, por todo iso, vítimas da precariedade, do frío, da fame, da soidade, da pobreza...

Denunciamos que non se están a respectar os dereitos sociais máis básicos, os primeiros que deberiamos defender porque son os que nos garanten unha vida digna a todas e a todos. So cun reparto xusto da nosa riqueza colectiva poderemos aspirar a construír unha comunidade de iguais onde a palabra solidariedade alcance un sentido pleno, onde a igualdade entre as persoas sexa algo máis que un pé de páxina no texto das leis. As administracións local e autonómica non poden seguir xogando a pasarse a pelota uns aos outros coas súas estratexias de desinformación, coas súas marañas burócraticas interminables, coas súas esixencias insoportables: isto non é un xogo, e nós estamos fartas de tanta fartura de gastos inútiles e de tanta miseria de investimentos sociais para quen máis os necesita. Gustarianos que nos respondesen desde o concello a este paradoxo: Por que se humanizan as rúas mentres se deshumaniza ás persoas?.

Se o primeiro dereito humano é o dereito á vida, o segundo é o dereito a unha vida digna. Se carecemos deste é como se carecesemos daquel. As administracións públicas, comezando polas máis achegadas a nós, deben garantir con carácter prioritario o dereito a unha vida digna, porque quen non pode gozar dos dereitos máis elementais está a ser desposeído da súa humanidade, está a ser invisibilizado, está a engrosar as filas dos ninguéns que falaba Galeano: “Que non son seres humanos, senón recursos humanos. / Que non teñen cara, senón brazos. / Que non teñen nome, senón número”.

Pois ben: nós queremos proclamar aquí, alto e claro, que eses 'ninguéns' si teñen rostro, si teñen nome, si teñen humanidade. Son os nosos conveciños e conveciñas, somos nós, que nos negamos a agochar a testa e a permanecer calados ante tantas desfeitas. Por iso esiximos agora, diante do concello de Vigo, a casa común, xustiza para todas, porque se as persoas máis empobrecidas non son as primeiras para os nosos representantes xa sabemos onde están os deshumanizados nesta cidade...

Por todos nós, polo noso presente e o noso futuro, máis recursos económicos, máis recursos sociais, máis dereitos para as persoas en situación de precariedade! Por un reparto xusto da nosa riqueza!

Leer más...

Encarapuchadxs lanzan artefactos incendiarios a unha comisaría en Murcia

Recebemos no noso correo esta nova remitida por un compañeiro, quen à sua vez recebiuna dun outro compa de Murcia, e que agora ampliamos con o que hai publicado na rede ao respeito desta acción.

Na madrugada pasada, sobre as 4.00 horas, cinco persoas co rostro tapado lanzaron artefactos incendiarios por riba da porta de seguridade do aparcadoiro da comisaría de San Andrés en Murcia, provocando un lume que non foron quen de sofocar os axentes da polícia e tiveran que recorrer a unha dotación do corpo de bombeiros para apaga-lo. O lume afectou a varios vehículos e un deles, de tipo Z, ficou "completamente calcinado e inservible" tal como recoñeceu a Delegación do Goberno nun seu comunicado.

O delegado do Goberno español en Murcia, na sua sabiduria, considera que esta acción foi "premeditada e orquestrada", dado que, fronte ao aparcadoiro, atoparom sinais de lume que presuponen consecuencia de ter preparado todo o sistema incendiario con antelación e declarou textual: "Non estamos falando de nengunha gamberrada, estamos a falar de violencia de rua contra as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado".
Semelha que as persoas que perpetraron esta acción contra as dependencias policiais aguardaron a que a rua ficara despexada e mesmo ninguén no vecindario escuitou nada nen veu nada; tan só o ruido dos bombeiros e, cando acordaron, olor a fume.
Leer más...

17 dic. 2012

A SGAE e a EGEDA .- Crueis empresas de dramas humanos irreparáveis.

Acolhemos acá a denúncia do "Grupo Migración y Convivencia Asamblea Popular de Lavapiés" ao respeito dos abusos destas duas entidades de gestom de direitos de autoria sobre a vizinhança migrante deste popular bairro madrilenho e do seu Chamado ao Boicote. O director geral da SGAE Antón Reixa estará a cantar com ironia a letra do seu tema "fai un sol de carallo, ao negro non lle chega".

Dim desde o "Grupo de Trabajo de Migración y Convivencia de la Asamblea Popular de Lavapiés" que se atopam cada semana com casos de companheiros que sufrem os abusos destas entidades gestoras, SGAE e EGEDA.

O perfil da vítima soe ser sempre o mesmo: pessoa migrante com escasos recursos, residente no bairro durante anos, pero imposibilitada para aceder a permiso de residência, ve-se forçada a trabalhar na venda ambulante de cedés e deuvedés polas praças ou às saidas de estaçons de metro e intercambiadores. A Polícia acosa-lhe e fustiga-lhe a diário polas ruas, um bo dia apresa-lhe, rouba-lhe as suas mercadurias, mete-lhe nos seus imundos calabouços durante 48 horas e, quando nom lhe envia preso ao CIE de Aluche, fai-lhe assinar um documento que nom entende e deixam-no em liberdade. Nos casos nos que os e as agentes nom decidem ficar com a mercancia e reparti-la entre as suas familiares e amizades (algo especialmente comum nas datas próximas ao Nadal, ao Dia do Pai, etc.) a Polícia Local remite umha denúncia ao Decanato dos Julgados de Instruiçom de Madrid e informa ao Ministério Fiscal, acussando ao migrante dum delito contra a propriedade intelectual.

As denúncias da Polícia soem-se tramitar nos julgados como delitos, e as diligências prévias realizam-se case sempre em base à comissom dum suposto delito contra da propriedade intelectual e nom dumha falha administrativa. Fica a critério do juíz ou a juíza de quenda que se faga umha peritagem do suposto valor do material incautado e que o juízo penal se passe a convertir num juízo de falhas ou numha multa. Em tudo caso, e no suposto de que nom vaiam ó cárcere, a multa que os nossos companheiros vem-se na obriga de pagar é inacessível para eles. No Grupo de Migraçom levamos meses afrontando multas de 600, 900 e incluso mais de 1.000 euros em concepto de responsabilidade civil subsidiária. Os receptores dessas quantidades abusivas som a SGAE ou a EGEDA, que com os seus advogados e advogadas apresentam-se como acusaçom particular nos juízos contra os nossos companheiros migrantes. Ainda que se consiga um pago adiado das multas, o feito de ter que pagar 50 ou 100 euros mensuais converte-se numha lousa que impede sair da precariedade mais absoluta aos nossos vizinhos. Se nom pagam, existe o risco de que o julgado emita umha orde de busca e captura contra eles (já temos conhecido vários casos) e acabem dando com os seus ossos no cárcere, como estamos comprovando últimamente no Grupo de Migraçom. E o que para os nossos companheiros migrantes é ainda mais grave: cada umha destas falhas, cada umha dessas multas, paguem-se ou nom, gera antecedentes policiais (quando nom penais), manchas nos seus expedientes que implicarám indefectivelmente a revocaçom de qualquer solicitude de permiso de residência por arraigo que tentem apresentar nos vindouros anos.

Assim pois, as sociedades de gestom de direitos de autor SGAE e EGEDA som direitamente culpáveis destas atrocidades que se cometem contra os nossos vizinhos em situaçom mais vulnerável. Ainda que depois tentem lavar as mãos com colabouraçons com fundaçons de carácter “social” como a "Fundación de Ayuda contra la Drogadicción" [1] ou financiando campanhas para a prevençom do cáncer infantil [2], no nosso bairro comprovamos a diário que a SGAE e a EGEDA na realidade som crueis empresas direitamente causantes de dramas humanos irreparáveis. Cada um dos nossos vizinhos convertidos em escravos de por vida por ter-se visto na obriga de vender cedés piratas nas ruas é umha razom mais que suficiente para ejercer um boicote consciente contra ditas entidades e contra todos as e os artistas que lhes cedem os seus direitos e engrossam as suas odiosas listas. Desde o "Grupo de Migración y Convivencia de la Asamblea Popular de Lavapiés" cremos que nom só som culpáveis desta sem-razom os directivos, as advogadas ou as caras mais vissíveis da SGAE e a EGEDA. Cremos que qualquer músico, qualquer director ou directora de cinema, qualquer artista que, a sabendas do que lhes está a passar aos nossos companheiros migrantes por culpa destas maquiavélicas entidades, deve chantar-lhes na cara e, quanto menos, borrar-se para sempre das suas listas.

Recomendamos consultar também os seguintes textos elaborados para ampliar informaçom sobre o tema:

-A SGAE. Um ejemplo.

-Alternativas à SGAE

Grupo Migración y Convivencia Asamblea Popular de Lavapiés – Diciembre 2012

Notas:

[1] http://www.egeda.es/EGE_MostrarNoticia.asp?NmNoticia=370

[2] http://www.fundacionautor.org/noticias/143/Prevencion-del-cancer-en-ninos

Informaçom relaçonada neste mesmo blogue de Abordaxe:

-A policia madrilena acosa os sen papeis
-A ONU confirma que no CIE de Aluche ha torturas, discriminaçom e detençons arbitrárias
-Redadas racistas da policia local na Coruña
-Continua o acoso policial aos migrantes nas ruas da Coruña
Leer más...

Sem Mais Palavras...


Original em planetakike
Leer más...

A conselharia de Meio Ambiente da o seu visto bom à desfeita da Mina de Corcoesto

Fazemo-nos eco desta preocupante notícia recolhida do blogue de "Nom à Mina de Corcoesto" na que a vizinihança desse lugar paradisiaco denuncia que, como vem sendo habitual, a Conselharia de Meio Ambiente, Território e Infraestruturas actua como se no canto dum órgano da administraçom galega fosse umha delegaçom da empresa canadiana que vai explorar a mina, e consideram inadmisível que tiraram umha nota de imprensa louvando as bondades deste megaprojecto de mina de ouro a ceu aberto tratado com cianuro, mas que nom figera pública a pertinente Declaraçom de Impacto Ambiental.

Denunciam também que já a exposiçom pública do projecto fora no seu dia um despropósito, e que umha lei publicada este ano, que regula os projectos industriais estratégicos, foi a que permitira aos empresários canadianos acadar a tramitaçom conjunta do projecto e o seu estudo de impacto ambiental num tempo récord. E assim, a dia de hoje, a vizinahnça segue a desconhecer o estado das concesons mineiras (e mesmo suspeitam de que poideram estar caducadas) a pesar de ter demandada esta informaçom reiteradas vezes desde o passado mês de agosto, e mesmo ter solicitado o amparo do Valedor do Povo.

Consideram além, que é ridículo que a Conselharia manifeste que para garantir a integridade do espaço natural protegido Río Anlhons e salvagardar os seus valores naturais de possíveis afecçons vam manter o projecto de minaria ao aberto com cianuro a umha distância de só 140 metros de dito espaço e declaram que desde já convidam ao Senhor Hernández e ao Senhor Feijoo a se passar as suas feiras de vrão nalgumha das vivendas de Corcoesto que estejam a pouco mais de 140 metros da mina quando esta esteja em exploraçom e desejam-lhes que gocem da Rede Natura do Rio Anlhons, que escuitem a sua sonoridade natural e que respirem o seu puro ar entanto levam-se a termo algumha dos centos de voaduras anuais projectadas para arrincar mais de 37 mil metros cúbicos de material dumha sentada; convida-lhes também a que bebam das límpidas augas dos mananciais de Corcoesto (se é que ficara algum) quando o Arsénico esteja já devidamente disolvido neles, e mesmo que gocem do marisco do estuário do Anlhons quando a balsa com resíduos de Cianuro esteja a pleno rendemento, ou mesmo a dar-se um banho nas augas hiperácidas com altos contidos de metais pesados no lago-pucharca que pensam construir num dos buratos...

A Plataforma pola Defensa de Corcoesto dim que vam estudar com detalhe a declaraçom de impacto ambiental umha vez seja publicada (segundo a Junta ia estar hoje mesmo publicada na sua web, mas até agora nom há nada de nada), e vai solicitar os informes que avaliem dita declaraçom, e dim que, se como se pensam, ditos informes nom som congruentes com a protecçom do meio ambiente, vam denuncia-lo diante de todas as instâncias, e pedirám as responsabilidades que corresponda, mesmo penalmente, se há indícios de prevaricaçom ou corrupçom.

Como remate declaram que "Em Corcoesto nom imos permitir que os inhorantes, féridos e duros, imbéciles e escuros destrúam o nosso entorno e o nosso modo de viver".

Mais informaçom sobre a mina:

Neste mesmo blogue: acá

No blogue da Plataforma: acolá
Leer más...

538 pessoas com vínculos na Galiza prisioneiras e dispersadas em cárceres de fora.

Segundo o governo espanhol, das 3.066 pessoas presas no estado de origem ou residência habitual na Galiza, 538 estám prisioneiras em cárceres de fora da nossa terra, 84 delas em situaçom de prisom preventiva e 454 penadas. Estes dados figuram na resposta a umha pergunta parlamentar dumha deputada do BNG no Congresso espanhol, à que, como é habitual, o governo nom entra a explicar quais som as razons destas medidas de dispersom, e resolve a questom argumentando que “o destino dos internos a um determinado centro penitenciário está condiçonado por diversos critérios que venhem previstos na normativa penitenciária e que estám ligados á resoluçom da clasificaçom penitenciária”; que é como dizer: "porque nos peta e ponto".

Assim com esta argumentaçom evitam esclarecer o porquê estas pessoas sofrem o afastamento da sua gente, algo que vai contra da própria lei penitenciária que estabelece que se deve evitar o desarraigo social das pessoas encirradas, além de provocar complicaçons e problemas para os seus à hora de ir vissita-los.

Indicam em Esculca que este organismo solicitara estes dados há já um ano sem obter resposta algumha do governo, pelo que encaminharom tal pergunta via esta deputada, quem na mesma salienta que esta política de dispersom nom se justifica por falha de disponibilidade de praças na Galiza dado que o total de pessoas penadas ou preventivas de orige ou residência galega ( as 3.066 segundo os dados do próprio governo espanhol) nom ultrapassa a capacidade teórica dos cárceres galegos (3.105 praças) e é claramente inferior á ocupaçom real dos mesmos (um mínimo de 4.861 pessoas).

Informaçom redactada por Edu de informaçom recolhida de Esculca
Leer más...

14 dic. 2012

Pagar por comer no cárcere????

Coma non esperamos nada desa institución á que nun alarde de irónico eufemismo decidiron chamar "Xustiza" pois é xa dificil que nos sorprenda. Pero as veces supéranse a si mesmos acumulando arbitrariedades difícilmente maquillables de democráticas nun tempo record.

Pois resulta que despois da aberrante reforma prevista para o código penal (que introduce a cadena perpetua revisable no país europeo no que xa de por sí cúmprense as penas máis longas); despois dos indultos encadeados aos membros dos corpos represivos, incluso cando fica probada a sua participacion en feitos de tortura (que aínda que é certo que aquí sempre foi así, nunca o deixaran tan meridianamente claro enmendándolle a plana aos xuices dúas veces seguidas nun mesmo caso); e despois do novo sistema de tasas xudiciais que converten o uso da “xustiza”(¿?) en patrimonio exclusivo dos máis pudientes; pois agora, por si o resto fose pouco, o Constitucional ratifica o cobro dos gastos de manutención aos propios reclusos. Coma o oides (ou máis ben coma o ledes), non contentos con privarte da tua liberdade, secuestrándote, humillándote e torturándote durante o período que eles decidan, agora, aínda por riba, terás que pagar por elo!

Deste xeito, o Tribunal Constitucional valida o cobro da manutención dos reclusos extraéndoo das pensións non contributivas. O fallo corresponde ao caso dun preso dunha cadea andaluza que vira reducida a súa pensión de 301 a 147 euros polo desconto do suposto prezo da súa comida. Evidentemente esta sentenza abre a porta a un sinfín de interpretacións torticeras do dereito, tanto nas prisións coma fora delas, que terán como directos perxudicados aos máis desfavorecidos. Pois se os presos teñen que pagar pola súa estancia nas cadeas coma se se hospedasen en hoteis, que pasará cos enfermos dos hospitais ou os que comen en xantadores sociais?

O peor de todo é que mentres acontece todo isto, mentres arrasan cos nosos dereitos, lexislando a golpe de maza e avanzando ao paso da oca cara a o máis descarnado totalitarismo, a xente de a pé acata submisa ou, como moito, regala flores en sinal de protesta aos seus verdugos.


C.R.

Maís info sobre o tema dos indultos neste blog: -Aquí e -Aquí.
Sobre o rechazo a reforma do código penal: na páxina de Esculaca aquí, e en "Tokata" aquí.
Sobre as novas tasas da xustiza -AQUÍ tedes o B.O.E.
Sobre o tema de pagar por comer no cárcere: -AQUÍ no "Tokata", -AQUÍ na páxina de ESCULCA e -AQUÍ no "Galiza Livre".
Leer más...

Bildu concede a O'Belén a xestión de dous centros de menores.

Recebemos no noso correio esta noticia enviada polo compa do blogue "La Rebelión de las Palabras", da que damos conta:

Esta vez, a deputación de Guipúzkoa, onde ten a palabra o partido abertzale Bildu (tan pintado de disidente por segundo que sectores), ven de conceder a xestión de dous novos centros de menores ("Irisasi" e "Uralde") a O'Belén, fundación que acumula no seu historial un número importante de denuncias e investigacións por malos tratos, ademáis de contar xa con tres adolescentes mortxs baixo custodia e en "extranas circunstancias", dxs cales o máis novo tiña só 12 anos e a máis vella 14.

Unha vez máis fica ben claro que a represión ten moitas formas e cores, e pode servir a moitas bandeiras, pero no fondo, segue a ser represión.

En este enlace de La Haine tedes o comunicado do colectivo "No a O'Belén" onde solicitan a Bildu que rectifique.

Nestoutro enlace podedes atopar un artigo sobre Emilio Pinto o desgraciadado que actualmente se atopa ó frente da devandita fundación torturadora. Un tipo que entre outras "lindezas" apoiou a reducción da idade penal ós 12 anos (!!!) e aprobou ademáis reiteradas veces o uso de psicofármacos para tratamento de nenxs e crianzas "demasiado rebeldes" para o seu gusto.

Aquí e máis aquí pódense atopar testemuñas de rapaces que pasaron por centros xestionados por O'Belén.

E para rematar, neste enlace do Colectivo No a O'Belen hai un artigo que fala sobre a fundación e a mafia que teñen montada

Leer más...

Solidariedade con David e Noelia. STOP Inxusta Xustiza

En 10 de decembro unhas 200 persoas concentraranse con os ollos vendados nas escaleiras do Marco de Vigo para reclamar o indulto do seu viziño e amigo David Reboredo. Lá, compas implicados na luta contra os cárceres, defundiron entre asistentes e paseantes este panfleto solidario con David e Noelia (a moza que sofreu unha malleira e tentos de violación por parte de carceleiros do CP Brieva de Ávila, e da que falamos acá e acolá en abordaxe) e que nos fixeron chegar ao noso correo e que colamos e publicamos à ìntegra depois do vídeo realizado por GalizaContraInfo:


SOLIDARIEDADE CON NOELIA E DAVID

A dramática e inxusta sentencia imposta a David evidencia de novo a inxusta xustiza capitalista que exercen sobre nós aqueles que din ser os nosos líderes e nos gobernan.

Condenan a sete anos de prisión a David por vender unha papela fai tres anos. Condenaron a nove anos e medio a José Manuel Jurado por roubar cuatro móviles, un rapaz de 25 anos que, meses despois, aparece morto na súa cela. A súa nai berra desesperada para que se faga xustiza, pero non a inxusta xustiza burguesa. Xustiza de verdade, saber quen foi o culpable, ¿o sistema?, ¿un carcereiro?, ¿a prisión? ¿o xuíz que o encerrou? ¿ou tod@s nós por permitilo? Cada ano morren en prisión centos de persoas e non hai ningunha investigación. ¿Por que tanto silencio? ¿Por que tanta impunidade?.

A David encérrano 3 anos por vender droga, agora que está limpo e axudando a outras persoas aplícanlle esta inxusta sentencia e, aínda por riba, encérrano onde morre xente continuamente de sobredose, cárceres nos que se administra de xeito masivo e descontrolado droga ás persoas presas para que estén tranquilas e non lles dean problemas. ¿Quenes son eles para encerrar á xente e destrozar familias? ¿Que pretenden, que volva a engancharse no cárcere pola desesperación que xera estar longos días sen ningún tipo de actividade? ¿Ou é que o van reinsertar na sociedade enganchándoo á Metadona, sustancia máis aditiva que a Heroína? ¿É esta a famosa reinserción da que tanto falan? A súa xustiza é inxusta e non a queremos. Mentres tanto, o goberno indulta a policías torturadores, policías que torturan mulleres embarazadas e meten pistolas na boca de veciños por ter pinta de “sospeitosos”. ¿Sospeitosos de que?, DE SER POBRES, DE SER POBO. Non queremos a súa inxusta xustiza burguesa.

Falemos de Noelia, veciña de A Coruña, entra na cadea con 20 anos por roubar un coche para subir ao poboado a pillar, cáelle ano e medio. No cárcere a cousa complícase, cun carácter forte deféndese das agresións dos carcereiros, e agora, 5 anos despois, segue en prisión. As últimas novas que temos son da prisión de Ávila, onde establece contacto coa súa nai por teléfono e, mentres lle explica o que acontece alí dentro, aparece unha “funcionaria” berrándolle “ESCORIA HIJA DE PUTA, SUELTA EL TELÉFONO”, insultos escoitados pola súa nai. Tras unha liorta coa carcereira na que lle rompen o pulso intentando quitarlle o teléfono, a pesar de levar só un minuto de comunicación cando lle correspondían cinco, lévana á súa cela e alí átana á cama sen asistencia médica. Esa noite complícase se cadra máis. Mentres durme co pulso roto e atada, aparece un carcereiro na cela e prodúcese un INTENTO DE VIOLACIÓN (tócalle os peitos e demais zonas corporais). Noelia esperta, resístese e berra. O carceriero ponse nervioso e marcha. Agora Noelia denunciou os feitos e a institución castígaa pola súa actitude rebelde, non lle permiten ir ao médico a revisar a fractura no pulso, non lle permiten bañarse con auga quente, e quérena alonxar máis de Galiza levándoa a Granada, destrozando a súa nai que non pode sequera ver á súa filla. Lembremos: roubou un coche para pillar. Esa é a súa reinserción, ó que axudan estes tribunaies e os seus cárceres. Queremos que traian a Noelia a Galiza, preto da súa familia e d@s amig@s para que poida comezar un proceso de sociabilización real, co cariño de todos nós e a comprensión e solidariedade que xamais lle dará a institución carceraria nin os tribunais, e sí o pobo. ¿O taxista ó que lle roubou o coche querería isto para Noelia? Ningunha muller presa debe sufrir malos tratos e violacións.

O pai de David, a nai de Noelia, e tantas nais, pais, irmás e solidari@s son mostra da forza do amor e da verdade. Por riba dos tribunais e das inxustas leis capitalistas están a razón e o sentido común, e este último dinos que algo está moi mal, a xustiza defende ós poderosos e agora, coa excusa da crise, en Andalucía quitáronlles ás persoas presas a posibilidade de recurrir a un avogado de oficio, ¿alguén o entende? Será que as persoas presas están mellor presas que libres.

Prisión, unha das principais ferramentas do Estado para amedrentar á poboación, encarcerar a pobreza e castigar a rebeldía, xera desamparo, illamento, dispersión, marxinalidade, odio, tortura e morte. A reinserción é unha mentira máis, as novas da prensa sobre o ben que viven @s pres@s, un lavado de cara. Falta de recursos para desenvolver talleres, falta de persoal para tratamentos axeitados, amoreamento, pres@s sen escolarizar pola falta de profesores, e falta de transparencia: mortes, torturas e malos tratos continuados son silenciados en celas de illamento baixo a calor das súas porras e as súas camas de suxeición mecánica.

Incumpren as súas leis continuamente e a nós nolas aplican con dureza, enferm@s terminais morren desatendid@s nas celas, enferm@s mentais pasan longos anos en illamento, 20 horas ó día encerrados entre paredes de 2m x 3m, ¿é iso reinserción? No primeiro caso, ¿como pode ser que por traficar ou consumir drogas recluan e deixen morrer a alguén nunha cela, cando as farmacéuticas e o goberno trafican millóns de euros en drogas legais e ilegais? Esa é a humanidade da democracia, puro castigo e negocio. No segundo caso, todo o mundo sabe que os cárceres non son o lugar axeitado para ningún tipo de terapia, entón ¿por que están aí estes enfermos? ¿Por que existen os cárceres se non son quen de axudar nin ás vítimas nin ás persoas que delinquiron (ou, como din os tribunais, “mostraron ou desenvolveron conducta anti-social”).

Recuperemos o sentimento de pobo, recuperemos as nosas sinais de identidade, defendámonos do encerro e das agresións que sufrimos nós e as nosas irmás e fillas que apodrecen en cárceres horribeis.

Queremos ser nós os que solucionemos os nosos problemas, non queremos que xuices que viven nunha burbulla e fora da realidade encerren á nosa xente, non cremos na súa xustiza, a historia, o tempo e os feitos dannos a razón, o sistema está podre e hai que desfacerse de el para poder crear algo novo, algo que verdadeiramente nos axude e se basee na cooperación, na axuda mutua, o respeto e a solidariedade entre irmáns e irmás.

Somos pueblo, y queremos ser nosotros quienes nos hagamos cargo de nuestros problemas.

LIBERDADE INMEDIATA PARA DAVID. BASTA DE AGRESIÓNS E MALOS TRATOS A NOELIA
OS CÁRCERES NON SON A SOLUCIÓN, SON PARTE DO PROBLEMA
SOLIDARIEDADE CON TODAS AS PERSOAS PRESAS QUE LOITAN PARA DENUNCIAR ESTA BARBARIE

Asamblea de Familiares e Achegados das Persoas Presas
noestansolxs@gmail.com

Ademais facilitamos para quen quixer esta ligación para asinar pola petición de indulto criada polo pai de David Reboredo (neste momento van mais de 61000 sinaturas)

Colamos também este video do programa de tv "El Informal", onde destacamos as palabras do pai de David: "O indulto é unha grácia que se concede para os amiguetes"
Leer más...

11 dic. 2012

Carta de Marcos Martín Ponce sobre a brutal malheira recebeda no cárcere de Morón

Dias atrás recolhiamos acá em Abordaxe a crónica redactada polos "Comités por um Socorro Vermelho Internacional" quem denunciavam a malheira recebeda por Marcos e ao mesmo tempo destacavam a manipulaçom informativa dos falsimédios ao respeito. Agora recomendamos a leitura desta carta escrita por Marcos falando distos feitos e da situaçom que o levou a declarar-se em greve de fame. Podedes aceder a sua leitura à íntegra nesta ligaçom de Tokata
Leer más...

[Grécia] Texto publicado por umha estudante durante os distúrbios de 2008

Recolhemos de ContraInfo este texto, traduzimo-lo e publicamo-lo acá em Abordaxe para a sua defussom, por considera-lo um texto digno de ser lido e de reflexom. Vos diredes...


Comunicado ao meu pai e à minha nai

Sei que vos devo muito. Tivestedes-me, dichedes-me de comer e de beber, criastedes-me. Até amastedes-me. Ou, quanto menos, isso dezides. Porque as coisas som um pouco distintas.

Trouxestes-me a um mundo onde cada dia viades-vos na obriga de deixar-me e correr aos vossos trabalhos. Trouxestes-me acá e despois, buscavades onde aparcar-me. Levastedes-me à escola e, como nom vos bastava com isso, levastedes-me a umha série de tutorias e aulas especiais, e criastedes-me a angústia por um futuro incerto. Dado que o meu futuro era tam incerto, dado que figestedes deste planeta um lugar perigoso, porquê me trouxestedes acá? Que é a minha vida? As duas horas de tele e videojogos ao dia?

Quero conhecer o mundo, abrir as minhas ás e voar e ve-lo tudo num instante. Quero sair, conhecer às demais, jogar, divertir-me, sentir-me feliz e nom me preocupar de se amanhã vou ir ao cole sem as minhas tarefas feitas. Quero sonhar com um mundo onde nom busquedes onde aparcar-me, onde nom tenhades sempre trabalho, onde nom seja perigoso conhecer às demais, onde nom me assuste o futuro, onde nom haxa nem amxs nem escravxs.

Vejo a vossa miséria, pero nom me afago a ela, nem quero acostumar-me. Nom baixarei a cabeça porque vos o figerades. Nom me quero converter nem em escrava nem em patroa de ninguém; quero que me deixedes em paz.

Estes cans guardiáns de uniforme que vos assustam, nom me dam medo. Vos vedes neles algo de ordem e seguridade. Deixade de reir-vos de mim, porque vejo perfeitamente o que é essa ordem: hipocrisia, ao igual que a seguridade, ambas som o meirande perigo. Som símbolos do Poder. Dos vossos, dos professores, dos políticos, dos maiores que vivem assim. Vos aprendestedes a viver assim, eu nom. Se querem meter-se comigo, que venham. Nom tenhem nengumha possibilidade e mais lhes vale te-lo em mente. Estou enfadada e som perigosa. Somos muitxs, estamos em tudas partes, estamos até nas casas dos assassinos. Lá onde estejam, nom poderám agochar-se de nos. Dum jeito ou outro, nos seguiremos em pê, nom eles.

Nom vos cabreedes comigo, fago o que me aprendestedes. Diziades que a revolta é desordem e destruiçom. Agora que me rebelo, tederes desordem e destruiçom. Quero-vos. À minha maneira, pero vos quero.

Ainda que tenho que construir o meu próprio mundo para poder viver a minha vida em liberdade e, para elo, devo destruir o vosso mundo. É o mais importante para mim. Para dize-lo com as vossas próprias palavras: este é o meu trabalho.

Dezembro de 2008
Leer más...

Queixa de ESCULCA .- Graves deficiencias no penal da Lama


Recollemos da web de ESCULCA esta queixa ao respeito da situación deste penal galego:


As graves deficiencias na asistencia sanitaria e de infraestruturas no CP da Lama -onde non hai infraestruturas adecuadas para as horas reservadas ao lecer, faltan programas de actividades e a atención odontolóxica e psiquiátrica é pésima- motivou que EsCULcA enviase escrito de queixa ao director do penal e a Defensoría del Pueblo.

A queixa foi presentada o 10 de decembro e nela descríbense as deficientas observadas no decurso dun exame rotineiro dos centros penais ubicados na Galiza realizado polo Observatório.

“En materia de infraestruturas, os penados que se achan clasificados en primeiro grao, réxime de vida pechado, segunda fase, modulo XV, durante o tempo que gozan reglamentariamente de patio (catro horas) teñen acceso a un patio descuberto, o que determina que, dada a climatoloxía de Galiza no inverno, o gozar do tempo de “patio” se vexa ás veces impedido, sen que se teña instalado algunha estrutura material para impedir as adversas condicións climatolóxicas. A posibilidade de pór a disposición dos penados unha sala interior en substitución do patio nos devanditos días de climatoloxía adversa tamén foi recusada. Estes feitos, se graves en calquera colectivo penado, sonno máis naqueles penados cuxo réxime de vida comporta unha limitación de actividades en común, dado que estás á súa vez ven restrinxidas polas deficiencias estruturais para a súa goce, coa negativa incidencia no tratamento dos penados. Quere destacar o noso Observatorio que a aposta da Institución Penal polos chamados “módulos convivenciais ou de respecto” non debe facer esquecer as necesidades tratamentais do conxunto de penados e, sinaladamente, daqueles en primeiro grao de tratamento.

Igualmente, o noso Observatorio tivo coñecemento de que non hai un programa de actividades para os presos clasificados en primeiro grao de tratamento, concretamente, os que se achan no citado módulo XV. Ausencia dun programa de actividades que ten unha indubidábel repercusión negativa nos presos que, polo seu grao de clasificación, mais precisados están de actividades tratamentais.

En materia de asistencia sanitaria, recibimos queixas en relación á asistencia sanitaria, en concreto, sinalando listas de espera de meses para consulta con psiquiatra e odontólogo. Ignora o noso Observatorio o sistema de prestación de servizos destes profesionais (convenio co SERGAS, convenio privado ,...) mais en todo caso, non é de recibo que persoas sen ningunha alternativa sanitaria sufran listas de espera de meses para consultar cos citados profesionais. Non cabe descoñecer o elevado número de penados que teñen pautada medicación psiquiátrica, así como a frecuencia con que os médicos de asistencia primaria da Sanidade Penal modifican as citadas pautas, polo que unha asistencia especializada puntual devén esencial e de non existir, supón unha efectiva denegación do dereito á saúde da persoa presa.

Á vista destas graves deficiencias, EsCULcA solicita da Defensoría del Pueblo a incoación do pertinente expediente para que sexan investigados os feitos obxecto da queixa e lle sexan notificadas as resolucións que veñan a adoptarse.
Leer más...

10 dic. 2012

[Compostela] .- Venres 14 às 20:00' Palestra en "A Ghavilla" sobre a COPEL e a loita nos cárceres nos anos 70

A experiencia das luitas que a Coordinadora de Presos en Luita (COPEL) levara a termo no interior das prisións do estado español a finais da década dos anos 70 será o tema desta palestra-encontro con Daniel Pont, un dos participantes mais activos nas luitas anticarcerarias daquel axitado periodo.

Depois habrá un ceador vegano.

Información recebeda da Biblioteca Anarquista "A Ghavilla"
Leer más...

[Ourense] I Jornadas Veganas no CSO A Kasa Negra

Neste vindouro fim-de-semana em Ourense (14 e 15) podedes acudir a esta moi interesante cita relaçonada com o veganismo no CSO "A Kasa Negra", da que as convocantes que nos enviaram a informaçom consideram importante dada a incessante massacre de animais nom humanxs. Em "Leer más" acederedes a umha completa informaçom sobre as actividades previstas: desde um roteiro com colheita de vegetais até talheres de cozinha, projecçons de filmes, apresentaçons de livros, concerto, e claro está riquíssimas ceias veganas

14 DE DEZEMBRO:

15 h. -> Roteiro e colheita de vegetais.
17 h. -> Talher de cozinha vegana.
19 h. -> Projecções:
+“Earthlings” (Terrícolas)
+Devorar a Terra.
21 h. -> Apresentações livros:
+“Veganismo: de la teoría a la acción”
+“Introducción a la experimentación animal” e conversa.
21:30 h. -> Ceia vegana.

15 DE DEZEMBRO:

17 h. -> Talher de cozinha vegana.
19 h. -> Projecçom:
+Detrás do passa-montanhas (“Behind the mask”) e conversa.
21 h. -> Ceia vegana.
22 h. -> Concerto:
+Mess
+El Coyote
Leer más...

[Compostela] 14 e 15 dezembro II Aniversario da Casa do Vento

Recebemos na nossa caixa de correio este cartaz com a actividades programadas neste II Aniversário do CSO A Casa do Vento de Compostela que defundemos para o seu conhecemento e desfrute. Além em "leer más" podedes consultar estas actividades tal e como copiamos do defundido no seu próprio blogue.





II ANIVERSARIO DA CASA DO VENTO:

Venres 14:

14.30: Como que coa comida non se xoga? Xantar vegano… con sorpresas!
16.30: Obradoiro de agarimos.
19.00: Obradoiro de serigrafía e gamberrismo ilustrado.
Ceador na Cafeta
21.30: Match de improvisación.

Sábado 15:

De 11 a 13h: Mural colectivo: conmemoración 2 anos de Casa do Vento.
12.00: Campionatos de futbolín, dardos, pink-punk (ping-pong), escalada en caixas…
14.00: Xantar vegano.
17.00: Gymcana de Okupación.
19.00: Concertos:
THE FE KAOS (Ribeira) + STYLO BASTARDO (Kompostela)
Ceador na Cafeta: pintxos e bocatas
22.00: Bingo Musical
00.00: Kara-okey + música

Esperámosvos para celebrar os dous anos de funcionamento do CSO Casa do Vento, dous anos de espazo liberado, de cultura libre, de loitas e de facer realidade as nosas inquedanzas.

Esperámosvos cos brazos ben abertos.
Leer más...

Xornada solidaria con Ruka Inche (Vigo)

Aquí tedes o cartaz das vindeiras xornadas de apoio ao proxecto educativo libertario chileno Ruka Inche (máis info aquí). Prevista para este sábado 15 de decembro no "C.S.O.A. Xuntas" de Vigo (Rúa do Carmen 1), haberá xantador vegano, proxección dun documental explicativo do proxecto, unha charla de Daniel Pont sobre a COPEL e as loitas nas cadeas nos anos 70 (que o día anterior poderedes ver na biblioteca A Ghavilla de Compostela) e, finalmente, un concerto de "Ben sen medo", "Psicofenomenostrópicos" e Bitxo Bola a beneficio da "Ruka Inche".

Leer más...

9 dic. 2012

[Compostela] dia 13 às 19:00' .- Magusto da rádio Kalimera

Recebemos da rádio livre de Compostela "A Kalimera" a notificaçom do começo dum novo curso Radiofónico, nova web, novo software,… e dim com acerto que "agora máis que nunca precissa-se de Contra-Informaçom, de um lugar onde expressar-se, ponhemos os medios, a voz, ou a túa.

E engadem que para sacalo adiante fazemos um último magusto de ano, porque sempre agradam uns castanhazos. Já sabedes o día 13 de Dezembro, quinta feira (xoves), das 19 horas numhas quantas em diante, estaremos na Praça 8 de Março (Porta do Caminho).
Leer más...

[Vigo] Proxeccións de decembro na Cova dos Ratos

Damos cumplida conta deste correo do colectivo GAS de Vigo sobre os filmes a proxectar os xoves deste mes de decembro às 20:30'en A Cova dos Ratos. Clicando en "leer más" teredes aceso ao publicitado ao respeito no seu blogue

XOVES 13 ÁS 20:30h
“THE WICKER MAN, o home de vimbio”

Reino Unido. 1973. Director: Robin Hardy.
Película de terror protagonizada por Edward Woodward, Christopher Lee, Diane Cilento, Ingrid Pitt e Britt Ekland.

Un sarxento de policía chega á illa de Summerisle (nas Hébridas), para resolver a desaparición dunha nena chamada Rowan Morrison, que levaba algúns meses perdida na illa.
Alí a xente nega mesmo a existencia da nena e o detective escandalízase, ao ver os rituais e costumes de orixe celta que practican.

XOVES 20 ÁS 20:30h
“SILENÍ (insania)”

República checa 2005. Director:Jan Svankmajer.

Película surrealista de “horror filosófico”, que combina pasaxes de animación e con actores, predominando os segundos nesta ocasión. O guión está inspirado lixeiramente nos contos de E. A. Poe “O enterro prematuro”e “O sistema do Dr. Tarr e o profesor Fether” así como na obra do Marqués de Sade “A filosofía no tocador”. A película confronta dúas formas de levar o tratamento psicolóxico: cunha liberdade absoluta ou mediante a represión.

XOVES 27 ÁS 20:30h
“72 HORAS, Autonomía obreira na Barcelona dos anos sesenta"

Catalunya, 2012. Director: Oriol Murcia.
Ver ou descargar

Trala detención dun presunto militante obreiro por parte da Brigada Político Social, trasladarémonos á Barcelona de finais dos sesenta. Sentiremos os testimonios destes anos escuros relatados por persoas que os viviron intensamente. As entrevistadas son hoxe xente anónima, que quedou á marxe da construcción do consenso social sobre a Transición. “Setenta e dúas horas” trata de recuperar o seu discurso e a súa memoria case medio século despois.
Organiza: Grupo Axitación Social.
Leer más...

Julio Saians em liberdade com fiança

A teor do publicitado em GalizaLivre que cita ao organismo anti-repressivo CEIVAR coma fonte, o Júlio sairá hoje mesmo de prisom de Soto del Real baixo fiança de 6000 €.

O juíz decretou a súa liberdade polo recurso apresentado polos avogados de Ceivar, já que "nom concorre no seu caso risco de fuga, o seu procedimento está fechado e nom há indicio de que puidera alterar nengumha prova".

No portal GalizaLivre dim que esta posta em liberdade vem de dar umha nova mostra da montagem policial que no caso de Júlio e Silvia vivimos, já que um mes e umha semana depois, Júlio pode volver junto a sua familia e as suas amigas e amigos, porque nom tenhem provas nem justificaçons para manter ao Júlio em prisom preventiva.

Além, lembram o linchamento mediático que se viviu nas datas da sua detençom, onde os jornalistas acusarom e sentençarom à parelha, só com as notas de imprensa da Policia Nacional e o Ministério de Interior como argumento, e dim agardar que a nova da sua posta em liberdade ocupe o mesmo espaço na TVG ou nos jornais que nom duvidarom em atacar a Júlio e Silvia.

Leer más...

Recopilatóiro de actividades programadas e recebedas para esta fim-de-semana

COMPOSTELA
- Hoje Venres 14 às 20:00' em A Ghavilla .- "Palestra sobre a COPEL e a loita nos cárceres nos anos 70" a cárrego dum dos seus protagonistas,Daniel Pont". Também haverá Ceador Vegano. Mais informaçom no blogue de A Ghavilla
- Hoje 14 e Amanhã 15 II Aniversário da Casa do Vento.- Desde as 14:00' de hoje venres até passadas as 24:00' do sábado, haverá comidas veganas, obradoiros, murais, jogos, concertos, e mais actividades que podedes consultar neste enlace do CSO A Casa do Vento

OURENSE
- Hoje 14 e Amanhã 15 I Jornadas Veganas no CSO A Kasa Negra.- Com roteiros de recolhida de vegetais, talheres de cozinha, projecçons de filmes, apresentaçons de livros, concerto, e claro está riquíssimas ceias veganas.Mais informaçom no blogue de A Kasa Negra

VIGO
- Amanhã Sábado 15 .- Jornada Solidária com o Ruka Incha no C.S.O.A. Xuntas, desde as 14 horas com um comedor vegano, projecçom de documentários, palestra sobre a COPEL e concertos de "Ben sen medo", "Psicofenomenostrópicos" e Bitxo Bola. Mais informaçom neste mesmo blogue de Abordaxe
Leer más...

8 dic. 2012

[Compostela] Festa - Concerto a favor de "A Ghavilla"

Comunícannos dende a Biblioteca Anarquista de Compostela "A Ghavilla" a celebración desta Festa - Concerto este mércores (4ª feira) dia 12 no pub Avante desta cidade

A cita será a partires das 22:30' e no propio blogue de "A Ghavilla" din que os motivos da festa son seguir autoxerindo este proxecto e para elo precisan da nosa colaboración económica, e con ese motivo convidánnos a pasar un moi bo rato con Folkólicos, esta banda de A Coruña que nos trasmitirán boas ondas de folk e rock.

Leer más...

5 dic. 2012

Um livro, um perigo !!!

Isto aconteceu em México na toma de possessom do novo presidente (notícia da que falamos recém acá) mas vistas as similitudes na repressom, é claro que se pode passar em qualquer estado "democrático": Leer más...