9 nov 2012

Maquinaria pesada ameaza o C.S.O. Casa do Vento (Compostela)

Difundimos a seguinte información á que tivemos acceso mediante un correo:

Dende esta mañá, o CSO Casa do Vento en Santiago está sendo ameazado por duas escavadoras e unha denuncia en curso.

Sen previo aviso, pretenden escavar por riba da casa, no terreo colindante á leira para facer tres casas, garaxes e unha estrada. Todo baixo a ameaza da policía e do dono.

Na propia casa continúan concentrados diversos grupos de persoas, ás que tentan de coaccionar cunha posible orde de desaloxo.

A espera do que suceda nas próximas horas, continúa a resistenza.
Difundide!

Imaxe recibida xunto ao texto:


Blog da casa do vento aquí.

Continuaremos informando.

C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario