22 sept 2012

Grupo insurreccionalista mexicano reivindica atentado mortal contra patrulla de policía

Un grupo anarquista mexicano, a Célula Insurreccional Mariano Sanchez Añon, adscrita á Federación Anarquista Informal, reivindicou mediante un comunicado o acribillamento dun coche patrulla da Policía Municipal de Valle de Chalco en Edo Mex e a morte dos seus tres ocupantes. No comunicado, que podedes atopar AQUÍ(en Liberación Total), sorprende o sangue frío co que o grupo armado refírese á suposta morte no atentado de "personal civil e familiares do policía municipal". Non obstante, segundo a información aparecida na prensa comercial mexicana, as tres persoas mortas no ataque resultarían finalmente pertencer a policía, aínda que unha soa delas iría uniformada. Os mortos, dous homes e unha muller, dirixíanse a bordo da patrulla 282 a denunciar o secuestro dun dos seus compañeiros, razón pola que nun primeiro momento a prensa atribuiu a desaparición dun cuarto policía aos perpetradores do ataque. Non é o único atentado sucedido nos últimos días contra a policía mexicana, pois tres coches patrulla foron atacados con artefactos incendiarios entre outras accións que podedes atopar AQUÍ (en Viva la Anarquía). Noutro orde de cousas, en Chile varios atentados con bomba foron reivindicados durante o presente mes de setembro: Varios grupos adscritos ao "Núcleo Autónomo del Crimen Revolucionario" adxudicáronse ataques contra a fiscalía de La Florida, o Club de la Unión e a Automotora One (AQUÍ, AQUÍ e AQUÍ en Viva la Anarquía) mentres que outro grupo distinto reivindicou un bombazo contra unha sucursal do Banco de Chile (AQUÍ tamén Viva la Anarquía) C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario