28 sept 2012

Así trataron os amigos policias xs detidxs do 25S: "Menos mexar enriba de nós e poñernos unha capucha, fixéronnos de todo"

Copiamos e colamos de praza.com parte da entrevista, unha vez que está fora en liberdade condicional, a Miguel Quinteiro, viguês activista de Coop57 (entidade da que é socio promotor), Attac, ou a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos, onde fala do trato recebido durante a sua detención.

Como estás?

Estou ben, porque son duro (risas). Estou ben, pero o que estou é cabreado. Non sei se viches algún documental sobre o trato aos presos en Guantánamo, pero salvo mexar enriba de nós e poñernos unha capucha, fixeronnos de todo. Estar ás escuras, sen comunicación, sen onde mexar, sen onde cagar, sen auga, encerrados nunha habitación 30 persoas... Só podías estar de pé, algúns desmaiábanse pero éralles igual. Algo totalmente denigrante. Sacábanche da habitación e tiñas que ir coa cabeza gacha. Algo totalmente denigrante.

Que vos din os vosos avogados? Que vai pasar?

Son bastante pesimista. Nun comezo as cousas parecían ir ben, porque cando nós declaramos ante o xuíz, nunha declaración que se atrasou moitisimo porque estaban tratando de levarnos á Audiencia Nacional, a Audiencia Nacional rexeitou esa posiblidade porque os delitos que nos imputaban non eran delitos de terrorismo e o fiscal non se pronunciou. Pasaron horas e ao final chámannos para entregarnos o exorto no que nos din que estamos en liberdade condicional. E engaden aos delitos que tiñamos un novo delito de sedición e este si que o ten que resolver a Audiencia Nacional e con condicións máis duras e por exemplo poden ternos retidos 500 dias. Polo que ao final sairon coa súa. A súa intención é apabullarnos. Fixérono todo o tempo: cando estabamos chegando aos xulgados oiamos a xente manifestándose fóra e nós respondiamos. Asi que eles o que facian era acelerar e frear para que nos axitáramos como unha coctelera nese espazo metálico. Esa manobra repetirona catro veces.

Entrevista íntegra en praza.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario