3 sept 2012

Recordatorio: [Corme] Noite de Encantos en Solidariedade con Ruka Inche

Facemonos eco da convocatoria recebeda no noso correo da Noite de Encantos na Furna da praia do Osmo (Corme) que terá lugar este vindeiro venres 7 de setembro.

DESEMBARCO PIRATA NA FURNA CORME 2012

Doutra volta mais desfrutaremos na Furna do Osmo dunha xornada de cultura livre, onde coa maxia da Furna e coa arte dos músicos presentes nesta edición construiremos entre todas, outra Noite de Encantos.

Desembarcaremos o 7 de septembro na Furna para seguir mostrando que a cultura non e un negocio, que a arte non e unha mercadoria, que con poucos medios e muito corazón lograse, sen axuda oficial, gozar dunha xornada de variedade creativa que nos acercará a furna música dos mais variados estilos, títeres, maxia...

Na presente edición queremos mostrar a nosa solidariedade coa Casa de Acollida RUKA INCHE en Puerto Montt (sur do Chile) que traballan baixo o lema "Encerrando non se educa, máis educación, menos represión"; este proxecto naceu fai ano e medio traballando con rapaces en situación de "rúa", ofrecendolle dende o amor e o respecto, alternativas reais aos demais centros pechados que o estado mantén na rexión. As portas da Ruka sempre están abertas, tanto praos rapaces que alí viven, coma pra xente de corazón livre, que queiran aportar o seu gran de area nesta linda travesía educativa.

Máis info da Ruka en rukainche.blogspot.com ou en facebook.com/rukainche ; por todo isto esperamosvos nesta festa emblematica na vida da vila de Corme

Saude

Esta tarde-noite máxica con tintes solidarios é unha das citas máis especiais do verán costeiro.

A festa comezará a partir das 19:00h no chiringuito “Lixeiros de roupa”, na mesma praia do Osmo. Alí poderase disfrutar dun espectáculo de monicreques e maxia a cargo da Compañía Trecola.
A partir das 21:00h, e no mesmo chiringo, teremos os concertos do impresionante e impredecible Leo i Arremecaghona, e do genial "Home Orquestra" Ce Orquestra Pantasma, (estes 2 bravos da música galega de rúa tamén tocarán depois uns temas na Furna)

E a partir das 23:00h xá na Furna do Osmo actuarán:

Folkolikos (speed folk dende A Coruña).
Debito (hard core melódico dende A Coruña).
Furnier (rap compostelán).
Noé & The Bildelberg band (rap compostelán).
La Tercera Vencida (clasicos do rock dos anos 70′s).

Pero a festa non decaerá e logo dos concertos haberá Festa Hortera atá que o corpo aguante…

Ala pois, Vemonos na Furna

No hay comentarios:

Publicar un comentario