3 jul 2012

Xa son cinco os detidos con relación a mani de SEAGA (actualización da nova anterior)

Dous novos arrestos elevan a cinco as detencións destos últimos dous días en Santiago de Compostela. Se no momento de redactar a nova anterior aínda non tiñamos claro as motivacións destes golpes represivos, agora semella que poderían estar relacionados coa manifestación do persoal do SEAGA contra a reducción de contratacións e a privatización do servizo de extinción de incendios forestais que, convocada pola CIG, rematou co lanzamento de bengalas e obxectos contundentes contra a fachada da Xunta. Naquela protesta, e segundo o apuntado pola prensa comercial, un funcionario da consellería de medio rural resultou mancado por unha bengala e recibiu asistencia hospitalaria (extremo que testigos presenciais cos que tivemos contacto consideran unha montaxe).
Ningún dos detidos pasou a disposición policial aínda que esperamos que o fagan durante a mañá de mañá. Polo que sabemos as dilixencias non están pechadas así que non se descartan novas detencións.
Os cargos que lle imputan alomenos ao primeiro dos detidos (o arrestado onte) son de desordes publicas, alteración da orde e lesións.
Seguiremos informando.

No hay comentarios:

Publicar un comentario