19 jun 2012

[A Coruña] Charla Transxénia. A historia do verme e o millo

Este xoves 21 de xuño às 20:00 no C.S.O. Palavea se pasará o documental realizado en 2007 polo Col·lectiu Serindípia que trata cómo os transxénicos, da man de pesticidas, fertilizantes e unha salvaxe industrialización da agricultura, están cada vez máis presentes nas nosas vidas. Chegaron sen facer moito ruido, desde o campo do productor ata o plato dos consumidores... A experiencia local de Cataluña e Aragón serve neste caso para explorar os distintos ámbitos de influencia dos transxénicos (consumo, saúde, coñecemento, o sistema productivo, o entorno)... e para describir o conflito que se desata cando esta nova e sinistra biotecnoloxía vai extendendo o seu poder e impedindo o desenvolvemento dun modelo ecolóxico alternativo de producción e consumo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario