9 abr 2012

Agravamento dos malos tratos no cárcere de A Lama (Galiza)

Según denunciou á prensa comercial o "observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades ESCULCA", tres novos casos de malleiras e malos tratos na Pontevedresa carcel de A Lama súmanse ao infame palmarés do novo subdirector de seguridade; pois dende o seu recente nomeamento se produciu "un progresivo deterioro do respecto aos dereitos fundamentais dos presos".

Tres novas denuncias por maltrato avalan esta recente "introducción de métodos expeditivos para abordar os problemas de convivencia", que, aínda que habituais en calquera centro penitenciario, se agravaron aquí co nomeamento deste suxeito:

"Juan José N.R. denuncia que o 23 de marzo, cando estaba convalecente dun grave episodio de convulsións epilépticas, e tras un rexistro na súa cela no que os funcionarios deitaron polo chan todas as súas pertenzas e rompéronlle obxectos persoais, como se demoraba en cumprir a orde de traslado a outro módulo, foi reiteradamente golpeado, e unha vez chegado o módulo de isolamento foi obrigado a espirse e facer flexións, ingresado nunha cela varias horas até que a médica ordenou o seu traslado á enfermería. Juan José N.R. presentou no Xulgado de Garda denuncia por torturas, maltrato e danos."

"Tamén Roberto F.P., enfermo con padecementos intestinais que perdeu 20 kilos en tres meses e a tratamento con medicación por padecementos psíquicos, foi levado a isolamento o 26 de marzo por un incidente leve con outro interno a pesares do seu estado de saúde, suprimíndolle de golpe toda a medicación que tiña pautada."

"Mais grave é o caso de Roi A.B., que o 27 de marzo foi golpeado e arrastrado polo chan por varios funcionarios, sofrendo feridas que precisaron puntos de sutura na cella esquerda, erosións graves na cara e hematomas nos pulsos e nocellos, sendo amarrado á cama polos pés e as mans e golpeado nas plantas dos pés e no estómago, permanecendo nesa situación 15 horas e despois ingresado nunha cela de isolamento, sen que fose visitado polo médico. O día 4 de abril Roi A. B. presentou no Xulgado de Garda denuncia por torturas, maltrato e lesións."

Segundo as declaracións feitas á prensa comercial polo avogado dos denunciantes e secretario de ESCULCA, Guillermo Presa, "os casos de maltratos nos cárceres galegos son moito máis frecuentes do que se poida pensar. De feito destaca que "España foi condenada en cinco ou seis ocasións polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos por non investigar denuncias de tortura", e que as poucas veces que o fixo con resultado de condena dalgún funcionario "o habitual é que o Goberno indulte o autor". Nese sentido sinalou que "Unha das peores cousas que se pode facer é que as persoas que se dedican a estas cousas -funcionarios de prisións, gardas civís e policías- teñan unha sensación de impunidade porque iso é un acicate para que se produzan".

O observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades, segundo o recollido polos medios empresariais, ten intención de comezar unha campaña de envio de Fax á Fiscalía de Pontevedra, ao Valedor do Pobo, ao "Defensor del Pueblo" e ao Xuíz de Vixilancia en protesta por este asunto.

Nova elaborada por C.R. con información da web de ESCULCA (aquí) e da prensa comercial (aquí).

No hay comentarios:

Publicar un comentario