18 feb 2012

A revisión do sistema de saúde mental declara enfermidade a rebeldía, a timidez, a excentricidade..


"A única diferenza entre alguén declarado enfermo mental e unha persoa mentalmente sana é que a segunda non acudiu ao psiquiatra"

A nova edición do Manual Diagnóstico Estatístico de Trastornos Mentais (DSM), unha biblia na psiquiatría, editada pola Asociación de Psiquiatría Americana, ven de introducir coma enfermidades numerosas conductas que saen do patrón de comportamento "normalizado". A desobediencia ("trastorno oposicional desafiante"),a timidez, a dor pola morte dun ser querido, unha vida amorosa non convencional... son agora actitudes que han de ser psiquiatrizadas, co conseguinte negocio para as compañías farmacéuticas e a represión e estigmatización da individualidade.


As enfermidades mentais etiquetadas non deixaron de medrar. Se a primeira edición do DSM de 1840 de Estados Unidos incluía só unha categoría de trastorno mental, en 1917 a APA xa recoñecía 59. Esa cifra aumentou a 128 en 1959, a 227 en 1980 y chegaronse a catalogar uns 350 trastornos diferentes nas revisións do DSM en 1994 e o 2000.

Máis info aquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario