20 feb 2012

Ataque incendiario nunha empresa de Ponferrada

Na madrugada do pasado xoves, a sede que a empresa de frío industrial Friger ten na céntrica avenida de América de Ponferrada sufriu un ataque con cocteles molotov. A empresa atópase en conflicto cos seu traballadores dende agosto, xa que despois de reiterados impagos do salario a compañia presentou un Expediente de Regulación de Emplepo "de extinción" con 51 afectados.
A prensa apunta a que o atentado tería máis relación co mencionado conflicto laboral que con outros ataques de semellantes características ocurridos en Ponferrada nos últimos anos. Estas accións tiveron obxectivos diversos coma o sindicato UGT, a "Agencia Tributaria", a "Junta de Castilla y León" ou a mútua "Asepeyo".

Información extraída de diversos medios da prensa comercial, por exemplo aquí.
Outra noticia neste mesmo blog de sabotaxes en Ponferrada aquí.

No hay comentarios:

Publicar un comentario