30 ene 2012

Disturbios en Oakland tras dun intento de Okupación(E.E.U.U.)

O intento de okupación dun edificio por parte do movemento "occupy oakland", o pasado 28 de xaneiro, remata cunha batalla campal entre policías e manifestantes. A protesta saldouse con máis de catrocentos detidos, destrozos dentro do concello da cidade californiana e duros combates nas rúas contra as forzas de seguridade, desbordadas por máis dun millar de manifestantes provistos de escudos que desafiaron os gases lacrimóxenos, as pelostas de goma e as granadas "flash bangs" para respostarlles con pedras e bengalas ós antidisturbios.
A intención da protesta era a de okupar un edificio público en desuso para convertilo en centro social, nembargantes a policía impediu a okupación así coma os plans alternativos. Foi por iso que a protesta trasladouse ó concello da cidade onde algúns activistas causaron destrozos e incluso prenderonlle lume a unha bandeira americana.
"Okuppy Okland" xurdiu na bahía de San Francisco á calor do movemento "Okuppy Wall Street". Semella que estes indignados norteamericanos non teñen os mesmos escrúpulos no uso da forza que os seus homólogos ibéricos.

Nós atopámo-la nova na páxina en inglés anarchistnews.org (aquí) e a completamos con información do Indymedia da Bahía de San Francisco (aquí), do Occupied Oakland Tribune (aquí) e da prensa comercial Ianki.









1 comentario:

  1. A ver se aprenden algo xs indignadxs, que con tanta non-violencia non sei que carallo pretenden conseguir.

    ÁNIMO XS COMPAS DE OAKLAND!

    ResponderEliminar