7 dic 2011

Sobre a operación contra "Resistência Galega"

Finalmente só catro das seis persoas que a policía levou á audiencia nacional acusadas de pertenza a "Resistência Galega" ingresaron na cadea. Dúas das detidas ficaron en liberdade, Jessica R, que continúa imputada por pertenza a banda armada e terá que comparecer no xulgado mensualmente, e Catalina A., que saiu sen cargos de ningún tipo.
O xuíz Eloy Velasco, non obstante, decretou o pasado lúns o ingreso en prisión de Eduardo V. e Roberto R. "Teto" baixo as acusacións de pertenza a banda armada, posesión de explosivos e tentativa de danos terroristas; mentres que Antón S. e María O. entraron na cadea por pertenza a banda armada e falsificación de documentación.
Segundo informa a páxina contrainformativa independentista "GalizaLivre" a operación semella ter rematado, en opinión dun avogado dos procesados. Tamén informan de que Jessica R. non foi torturada, como se temía (e non sen motivos), e ela pensa que os demais tampouco padeceron desa lacra, tan de moda polas mazmorras da audiencia nacional.
Malia todo, os encarcelados continúan baixo incomunicación e con segredo sumarial nas prisións onde se atopan, polo que non poderán comunicar coas súas familias.

Hoxe a prensa comercial facía referencia á posible ilegalización da A.M.I. (Assembleia da Mocidade Independentista) seguindo a lei de partidos. Inda que poderíase tratar simplemente da típica intoxicación mediática con vistas á criminalización do movemento independentista, temos que lembrar que no 2005 xa miraron de facelo coa "operación castiñeiras" que, daquela, quedou sobreseída.

A información tirámola de diversas novas da páxina "GalizaLivre" (aquí, aquí e aquí) e de varios artigos da prensa comercial, o mesmo ca foto.

2 comentarios:

  1. Creo que sería máis práctico que poñerades o enlace na palabra "Galizalivre" e despois xa cada quen sabe ler as noticias referidas ao asunto que tres veces a palabra "aqui".
    Simplemente un consello.

    ResponderEliminar
  2. A vantaxe de poñer o dos "aquis" e que, se enlazas directamente a páxina, cando pasa o tempo (por exemplo un mes mais tarde) xa non hai deus que atope as novas en cuestión, pois pérdense no historial e tes que clicar mil veces en "páxinas antigas". En cambio se enlazas directamente a nova na que se fala do tema, ainda que pasen dez anos atopas ó momento o que procuras.

    ResponderEliminar