29 nov 2011

Ponte Docu en Ponteareas


Chegou o noso correo o cartaz da programación das vindeiras proxeccións que terán lugar en Ponteareas dentro do ciclo "Ponte Docu" organizado polo Ateneo Libertario Lume Negro. Reproducimos a sinopse do documental "El Norte" que poderedes ver o xoves 1 de decembro no Enigma-Cafe Bar, rúa Real 27, Ponteareas, tal e como o recibimos no noso blog:

El Norte é unha investigación audiovisual realizada por Marcos Moreno e Altea Gómez no Istmo de Tehuantepec (Oaxaca, México 2008) sobre o mega proxecto eólico para a produción masiva de electricidade, no que participan multinacionais como Unión Fenosa, Iberdrola, Gamesa, Preneal, Electricité de France, etc.
É un traballo etnográfico que narra o choque de visións e intereses entre os habitantes do istmo e as grandes multinacionais, as contradicións internas nas formas de vida dos habitantes da rexión, pero tamén as suas loitas e as súas orixinais maneiras para resistir. Realizado cunha cámara dixital, unha computadora e unha banda sonora orixinal, El Norte é un traballo colaborativo que só foi posible grazas ó apoio desinteresado de numerosas persoas e organizacións.
Ateneo Libertario Lume Negro



Mais información no blog de Lume Negro (aquí)

No hay comentarios:

Publicar un comentario