23 nov 2011

MAROMAFEST Festival feminista no C.S.O. Palavea (A Coruña)


Aquí tedes o calendario provisional de actividades e o vídeo promocional do "Maromafest", festival de temática feminista que terá lugar entre o 2 e o 4 de decembro na okupa coruñesa C.S.O. Palavea (N-525 Rúa Rio Quintas Nº31 A Coruña)

MAROMAFEST (2, 3 e 4 de decembro):

SEMANA DO 27 Ó 1:
C.S. Própolis--> Palestra: “Muller e inmigración”
C.S Atreu!--> Palestra sobre prostitución (a confirmar)
C.S. Gomes Gaioso--> Palestra sobre linguaxe sexista
C.S.O Casa do Vento--> Palestra ou obradoiro (a confirmar)

VENRES 2:
17:00--> Presentación
Palestra sobre apostasía
Ginkana temática feminista
Petiscos
21:00--> Gran Espectáculo de variedades + Ceador
Kafeta

SÁBADO 3:
11:00--> Obradoiro de defensa persoal

14:00--> Xantador

16:00--> Charla-debate: “Perpectivas de xénero e movementos sociais”

18:30--> Obradoiro de sexo tántrico

21:00--> CONCERTOS (por confirmar):

DOMINGO 4:
16:00--> Palestras “Movemento Queer”:
- “Palestra informal e anormal: introdución ó movemento queer”

- Palestra Maribolheras Precarias
18:30--> Palestra “Arquetipos femininos ha historia do cinema”
Pase de cine

21:00--> Cocktail Queer e fin de festi.

Prégase difusión, e animamos a todos os colectivos e individualidades a sumarse ó evento.
Como xa vedes no calendario provisional de actividades, durante a semana do 28 ó 1de Novembro esperamos charlas, palestras e actividades para completar unha semana enteira de debacle antisexista!!

Pregamos que se tendes algunha actividade que engadir, variedade artística coa que participar ou palestra/actividade que organizar no voso propio espazo ou centro social nos informedes ó mail antipatriarcais@gmail.com para que o engadamos ó cartaz.
Pregamos tamén que aquelas persoas que veñades de fora de Corunha e necesitedes espazo para durmir, nolo confirmedes a ese mismo mail para prever o espazo que imos necesitar.

http://okupacorunha.wordpress.com/2011/11/22/maroma-fest/

No hay comentarios:

Publicar un comentario