8 ago 2011

Redadas racistas da Policía local na Coruña.

O pasado día 4 de agosto tivo lugar na Rúa Real de A Coruña unha nova redada contra os migrantes senegaleses, na que un policía local chegou a encañonar a un dos "manteiros". Os madeiros de paisano, pertencentes ó novo dispositivo da policia municipal nomeado "Yankie", achegáronse ó rapaz arrebatándolle as súas pertenzas que mantiña gardadas nunha bolsa, posto que nese intre non estaba a desenvolver nengunha actividade comercial.
A represion contra os migrantes, na maioría dos casos senegaleses, non é un feito novo xa que levan dándose situacións similares dende fai algún tempo motivo polo cal fundouse a Asociación Sen Papeis da Coruña en xaneiro deste ano. Estas persecucións recrudecéronse dende as últimas eleccións municipais,véndose apoiadas pola Asociación de comerciantes da Área comercial Obelisco, comandada polo seu presidente Antonio Amor, persoaxe que xa deleitáranos con declaracións de marcado caracter racista(declaracions na prensa comercial- aquí).
A Asociación sen papeis presentou no xulgado unha denuncia por eses feitos o venres 5 de agosto día no que tamén realizouse unha concentracion en repulsa e como apoio á comunidade de migrantes. A continuación reproducimos o seu comunicado por consideralo de interese, aínda que dende esta revista non concordamos cos métodos legalistas e cidadanistas que despréndense da utilización das canles establecidas.

Comunicado:


A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO AO RECRUDECEMENTO DA REPRESIÓN AO COLECTIVO SENEGALÉS
OS SUCESOS DO 4 DE AGOSTO NON SON MÁIS QUE UN EXEMPLO DA IRREGULAR ACTUACIÓN POLICIAL FRONTE AO COLECTIVO SENEGALES, PROBLEMA SOSTIDO NO TEMPO QUE COMEZA A RECRUDECERSE DENDE AS PASADAS ELECCIÓNS
A Asociación Sen Papeis presentou onte, día 5 de agosto, unha denuncia no Xulgado de Instrución nº3 de A Coruña polos seguintes feitos:
O día 4 de agosto de 2011, un rapaz que estaba sentado falando cos seus compañeiros no Cantón Grande, á altura do número 5, viu achegarse a dous descoñecidos. Un destes colleu de súpeto a bolsa do rapaz, que suxeitou para que non lla roubasen. Nese momento o outro individuo sacou unha pistola, pegoulle con ela na man e logo apuntoulla primeiro ao peito e logo á cabeza, afirmando posteriormente que era policía, ao tempo que ameazaba coa pistola aos compañeiros do rapaz. Despois, o suxeito empregou un transmisor.
Poucos minutos despois chegou un coche da Policía Local, do que baixaron dous axentes uniformados. Un deles colleu a bolsa do rapaz, ao que este non se negou. Nese momento o rapaz preguntoulle ao individuo que o ameazara coa pistola por que o fixera, e tivo esta resposta: “¿Tienes identificación? Si la tienes puedes denunciarme”, feitos tras os que o home marchou do lugar.
A situación non daba soporte para ningunha acción policial. No momento dos feitos o denunciante e os seus amigos estaba a falar, sentados nun banco. Non estaban a realizar ningunha actividade. A bolsa do denunciante estaba pechada, e era da súa propiedade, polo que nin sequera se podía coñecer o seu contido.
Os individuos que actuaron contra os agredidos nin levaban uniforme nin amosaron identificación algunha, polo que infrinxiron os requisitos legais de calquera actuación policial. O emprego dunha arma reglamentaria segue uns requisitos esixentes, que foron vulnerados polos actuantes. Nin a situación esixia o emprego da mesma nin a reacción do asaltado a lexitimou. Dado o transcorrer dos feitos, este dispositivo policial puido ter consumado delitos de abuso de poder, intimidación, detención ilegal e sustracción de pertenzas.
Non debemos tomar os feitos do 4 de agosto de forma isolada. E o exemplo da desproporción e agresividade que leva tomando a actuación policial fronte ao colectivo migrante dende hai anos na Coruña. A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes “de paisano” (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, sustraccións non documentadas… son prácticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo.
Os medios de comunicación da cidade falan dunha denominada operación “Yankie”, dirixida a asfixiar ao colectivo migrante, empregando medios fora dos legalmente permitidos.
A Asociación Sen Papeis da Coruña esixe a ruptura da Policía Local con estas prácticas ilegais, e a volta ao emprego de medios e procedementos adecuados á Lei. O novo goberno municipal é o responsábel de retomar a vía da legalidade, e deberá respostar destas actuacións ante a cidadanía.


Máis información na prensa comercial: aquí

Y.Z.

No hay comentarios:

Publicar un comentario