13 ago 2011

Continúa a actividade no CSO coruñés

No novo espacio okupado de A coruña continúa o traballo intenso. Os okupas fixeron un chamado no indy e outros medios no que piden diversos materiais de construcción: lá de rocha, poliuretano, poliespan..(aquí)que precisan pra traballos tanto de insonorización da sala de concertos como para obras para o acondicionamento do espazo.
Actualmente, no CSO estanse a facer asembleas cada dous días, xa que ó atoparse nun momento tan primario teñense que xestionar obras e actividades, mais planease mudar isto a unha frecuencia semanal nun curto plazo. Os acordos ós que chegouse en asamblea pasan por ser un centro social autónomo en contraposición a partidos políticos e sindicatos; no que non teñen cabida actitudes sexistas, nin xenófobas, nin racistas nin autoritarias; o compromiso coa liberación animal e co veganismo de tal xeito que todo o cociñado nel será vegano; compromiso así mesmo co galego no conflicto lingüístico; tampouco vanse pedir,como é lóxico, subvenciones, nin se farán actividades que disfruten delas; e por último, aínda que non menos importante, a non colaboración cos mass media e sí coa prensa libre.
Hai que destacar a boa acollida entre a maior parte da veciñanza que non só falan moi ben dos okupas (-aquí-, entrevista ós vecinos en a3)senón que ademáis estánlles a doar tanto mobres coma todo tipo de materiais. De feito este venres 12 tivo lugar unha palestra a cargo dun veciño integrante da asamblea de indignados de palavea na que fixo un percorrido pola historia do barrio e o seu movemento asociativo. Tamén están a ter contactos satisfactorios con asociacións veciñais e estanse a pasar moitos nen@s do barrio moi interesados en traballar para levar a cabo as súas propias iniciativas.
En canto ó tema represivo, a policía non fixo moito acto de presenza nos últimos días nos que o dato máis salientable é, polo que nos contan, que hai varios días tiveron xusto enriba da casa un helicóptero da policía que sobrevoou durante uns 15 minutos a mesma facendo varias pasadas e voando bastante baixo. Feito que suponse un preparatorio para un futuro dispositivo de desaloxo (o mesmo feito xa sucederá no caso do cso Casa das atochas).
Estade atentos ás vindeiras convocatorias de actvidades deste novo centro social coruñes que , polo de agora, aínda non ten nome.

Y.Z.

No hay comentarios:

Publicar un comentario