22 ago 2011

Cargos de terrorismo contra cinco anarquistas de Dinamarca

O día 18 de agosto coñecéronse os cargos contra os cinco compañeiros daneses detidos o 26 de abril deste ano. Se lles acusa de levar a cabo unha serie de ataques contra dúas compañías peleteiras, a sede do banco Nordea (segundo en importancia no país), a estación central de policía, a embaixada grega, unha academia de policía, así como o ataque a certo número de bancos en Copenhague. Aínda que os cargos susténtanse en declaración policiaís previas, a peor nova chegou cando os simples actos de incendio transformaronse ,incrementando a gravidade, en cargos de terrorismo segundo as leis danesas do “terror ” do 2002.
Ós cinco acúsaselles de tentar desestabilizar ó estado e a policía de Dinamarca. Tamén se lles imputa tentativas de incendio e ataques , que non puideron realizar posto que xa estaban no cárcere, contra o edificio do parlamento, a garda real da raíña, o edificio xudicial e contra unha secta fundamentalista cristiana responsable do desaloxo da Ungdomshuset no 2007.O absurdo dos cargos reforza a idea da utilización do caso como ferramenta política por parte da policía. Unha investigación recente de grupos antifascistas de Dinamarca destapou a existencia dun grupo de extrema dereita con moitos vínculos coa policía, o goberno, os partidos nazis, e mesmo con grupos hooligan fascistas. A policía fabricou este grupo de “terroristas de izquierda” para desviar a atención destes hallazgos e asustar á poboación antes das vindeiras eleccións xerais danesas.Os cinco seguen declarándose inocentes, especialmente despois das ultimas ridículas acusacións.
Chámase á solidariedade internacional con estes compañeiros presos, que seguirán nesta situación polo menos un mes máis ata a celebración do seu xuízo. Non se divulgou os seus nomes por petición dos seus abogados. Podese contactar con eles vía correo electrónico (solidaritetshilsner@gmail.com) tanto en danés como en inglés, aínda que tanto éste como as súas visitas estan a ser controladas pola policía.

Información traducida e resumida dun comunicado de “Algúns anarquistas de Copenhague”, atopado na páxina en inglés Anarchistnewsdotorg (aquí)

1 comentario: