14 ene 2011

Cartaz actividades Bloque Anticapitalista.


Aquí tedes o cartaz das actividades previas a folga do 27 de Xaneiro. Nos vindeiros días publicaremos a convocatoria para a xornada de folga.

Aquí reproducimos a nova tal e como saíu no Indymedia Galiza:

O Bloque Anticapitalista é unha iniciativa autónoma xurdida dos Movementos Sociais da Corunha enraizados no Centro Social Atreu! e o Centro Social Casa das Atochas, así coma en todas aquelas persoas que desexen participar. O seu significado non é outro que o de aportar unha dinámica asemblearia, autónoma e autoxestionada ás xornadas de movilización que, previsíbelmente, nos agardan de aquí á Folga Xeraldo 27 de Xaneiro.

A nosa intención é sumar esforzos, construir contrapoder, adherirnos á movilización xeral desde a nosa propia perspectiva e superar os atrancos que impiden o entendemento entre as diferentes identidades políticas presentes nos MM.SS.GG.

Saúde companheir@s
actividades. bloque anticapitalista



xoves 20_20.00h

pase do vídeo "autonomia obrera"

Pra descargar esta película:http://www.faunanocturna.net/tv/autonomia-obrera-documental/

venres 21_20.00h

ceador + debate sobre a folga do 27.

autonomía asemblearia frente á postura dos sindicatos.



no c.s.o casa das atochas

No hay comentarios:

Publicar un comentario