12 nov 2010

Chamamento de solidariedade co preso anarquista Giannis Dimitrakis


*Asemblea de Solidariedade

A raiz da corte de apelacións do 6 de decembro de 2010, facemos un chamamento aos actos de solidariedade en todas partes.

LIBERDADE PARA Giannis Dimitrakis

O anarquista Giannis Dimitrakis foi detido, resultando gravemente ferido polas balas policiais, despois dun roubo nunha sucursal do Banco Nacional no centro de Atenas, o 16 de xaneiro de 2006.

Dende o principio a avalancha de información manipulada, alimentada pola policía, falaba dun suposto "grupo dos asaltantes de negro", para poder así criminalizar a outros compañeiros aos que poñían como "membros". Ademais de atribuirlles unha longa serie de asaltos, rápidamente foron vinculados con "grupos armados" e o movimento anarquista foi estreitamente relacionado co "crime organizado".

O estado, movido pola ira contra el e os demais compas, trata de aplicar un plan integral de criminalización contra os anarquistas, antiautoritarios e contra a luita de clases.

Nos anos que transcurriron dende o arresto de Gianni, a penalización das relacións sociais, a culpabilidade ata que se demostre o contrario, o castigo exemplar, dirixidas aos anti-autoritarios e a criminalización da totalidade dos seus espazos, non cesaron, nun intento de obstaculizar a propagación das ideas e a súa práctica.

O intento constante e maníaco do estado para calumniar, oprimir, marxinar e penalizar á xente que luita, está cada vez máis claro. Cero tolerancia cos antagonistas, os traballadores e os pobres, mentras que aqueles que descaradamente rouban e desinforman á sociedade, están protexidos polos exércitos de asasinos mercenarios.

As nosas armas principais en contra destas políticas son a auto-organización e a solidariedade con todos os medios posibles.

Liberdade para Dimitrakis

Liberdade para todos os presos en luita

Asemblea de Solidariedade (Atenas, Grecia)

[noticia extraída de Afilando nuestras vidas ]

No hay comentarios:

Publicar un comentario