15 oct 2010

Sobre a loucura como ferramenta de subversiòn


“Hai que saìr das instituciòns e politizar a loucura. Hai que evitar que a loucura sexa recuperada polo sistema e que sexa asasinada como posibilidade subversiva”
David Cooper

A primeira vez que atopamos unha referencia ao termo antipsiquiatrìa è en 1967 na obra de David Cooper “Psiquiatrìa e antipsiquiatrìa”, aìnda que xa 10 anos antes o norteamericano T.Szasz puxera en evidencia as tradicionais tesis da psiquiatrìa, cuestionando a realidade da enfermidade mental e retratàndoa como un estado derivado doclima de represiòn social exixtente. A rasgos bàsicos, e unificando criterios de varios autores fundamentais (Laing, Cooper, Foucault, Marcuse...) para profundizar na materia, podemos soster que a enfermidade mental ven derivada das relaciòns de dominaciòn, e que a travès da psiquiatrìa tradicional (como ciencia ao servicio do poder) se perpetua o estigma social e a represiòn que o paciente clìnico sufre. Para facer fronte a esta situaciòn, a antipsiquiatrìa debìa rexeitar todas as estruturas tradicionais da psiquiatrìa oficial e profundizar no cuestionamento das mesmas mediante unha teorìa e unha pràctica revolucionaria, que tomarìa corpo fundamentalmente a travès do anarquismo. A praxe libertaria propoñìa liberdade, antagonista do sistema clásico de aillamento,encerro e tortura ao que o alienado social era abocado polo sistema. Foucault penetrou na análise da instituciòns totais a travès, entre outros, dos manicomios, cuxa figura contiña conceptos exportables a calquer outro tipo de instituciòn,como o panòptico de Bentham, unha figura arquitectònica que permitìa ve-lo todo sin ser visto, un dos mellores exemplos gràficos existentes para ilustrar a sociedade na que vivimos.

Mentres, Cooper adicaba os seus esforzos en tentar definir a loucura, distinguindo 3 tipos: a demenciua, como loucura social fruto do capitalismo e da sociedade espectacular-mercantil; a do viaxe interiro, que defendìa como medio de desestructuraciòn da experiencia alienada; e a demencia socia, surxida dos entornos represores por natureza, como a familia, o traballo ou a escola.

Laing seguiu esta ùltima liña para declarar a familia patriarcal como campo de cultivo para as enfermidades mentais, onde as interacciòns e as influencias entre os membros eran magnificadas. Asì, entendemos que a loucura non è se non unha adaptaciòn dramàtica do individuo forzado a sobrevivir. Laing propuxo como medio de combate individual e introspectivo a metanoia, un mètodo de acompañar ò suxeito nun viaxe ò interior como xeito de reconstruìr o seu concepto de si mesmo, probando con èxito sustancias como o LSD en numerosos experimentos. Pero Laing non se conformaba con isto e declarou: “màis que teorìas precisamos de experiencias, porque èstas son as fontes da teorìa”. Así, presentou o anti-hospital como negaciòn dos principios bàsicos da psiquiatrìa, opoñendo o asamblearismo, a liberdade e a horizontalidade que practicaban pacientes e cooperadores às oficiais formas do sistema, xa coñecidas. A pesar dos innumerables èxitos, o proxecto constaba de un imprevisible erro: os cooperadores comezaron a sufrir ataques de ansiedade ao comprobar con demasiada frecuencia que as barreiras que separan cordura de loucura eran menos evidentes do que supoñìan nun principio. Laing puxera en pràctica as sùas ideas inaugurando Kingsley House en 1965, mentres que Vila 21 de Cooper levaba 3 anos funcionando daquela.

Estes experimentos axudaron a fortalecer un movimento potenciado polas aportaciòns situacionistas francesas ou as feitas polos autònomos italianos, fusionando dunha vez por todas a luita antipsiquiàtrica cos demais conflictos revolucionarios da època. Isto cristaliza na creaciòn da Rede Internacional de Alternativa a Psiquiatrìa, de 1975, onde se expresa a necesidade de combatir as contradicciòns sociais, da que a loucura è unha expresiòn.

Pese a que estas tesis tiveron moita relevancia na època e incluso se proxectaron en leis como o caso italiano de 1978 no que se prometìa desmantelar os manicomios e desarmar o Sistema de Saùde Mental, todo quedou en papel mollado. E por suposto, a ofensiva contrarrevolucionaria contamina aìnda hoxe coas sùas teorìas, que cobran forza en universidades, clìnicas e demais instituciòns do poder, nas que chegan a declarar a delincuencia como un clarìsimo sìntoma de desviaciòn mental. Frente a isto, non podemos esquecer a A.M Bonnano, quen advertìa hai xa anos da progresiva transformaciòn de todas as cadeas en lùgubres manicomios. Algùns mètodos destes, tales como a medicaciòn forzosa xeneralizada para manter alienados òs presos, son tan correntes que a ninguèn escandaliza.

Un enaxenadx pola insurrecciòn

No hay comentarios:

Publicar un comentario